14.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Biblioteca de Ponteareas propón para o mércores 1 de setembro xogos...

    A Biblioteca de Ponteareas propón para o mércores 1 de setembro xogos e contacontos

    A xornada desenvolverase entre as 11.30 e as 13.30 horas, é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en bibliotecamuseo@ponteareas.gal

    A Biblioteca Municipal de Ponteareas continúa ofrecendo actividades para os máis pequenos e pequenas da vila. O vindeiro xoves entre as 11:30 e as 13:30 acollerá unha xornada de xogos e contacontos para incentivar a lectura dende a diversión. A participación está dirixida a nenas e nenos entre 3 e 12 anos, é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en bibliotecamuseo@ponteareas.gal.

    O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que esta xornada forma parte do programa Ao arredor do conto co que se pretende “animar aos nenos e nenas, e tamén as súas familias, a ler, a contar historias, e a desfrutar da literatura”. Ademais o edil quere dar os parabéns ao persoal da biblioteca “polo seu gran traballo organizando e impulsando estas actividades tan importantes para a cultura da nosa vila”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.