14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasConcerto da Banda da Escola de Música de Xinzo no Auditorio Municipal...

    Concerto da Banda da Escola de Música de Xinzo no Auditorio Municipal de Ponteareas

    A Banda da Escola de Música de Xinzo desembarcará este domingo 27 na sala multiusos do auditorio municipal de Ponteareas para ofrecer un concerto dirixido baixo a batuta de Ángel Antonio Montes.

    A actuación será ás 12:30 horas e de balde, aínda que contará con prazas limitadas e será preciso reservar entrada a través do enderezo electrónico auditoriomunicipal@ponteareas.gal.

    Dende a Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba invítase a toda a veciñanza a participar nesta actividade cultural protagonizada por unha banda con preto de 15 anos de historia e numerosos premios ás súas costas.

    A Banda da Escola de Música de Xinzo naceu ao abeiro da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, que conta cunha escola de música propia con máis de 60 alumnas e alumnos matriculados e na que se imparten todas as disciplinas instrumentais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.