8.7 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasSabela Losada presenta o seu contacontos este xoves ás 12.00 h na...

    Sabela Losada presenta o seu contacontos este xoves ás 12.00 h na Biblioteca Municipal de Ponteareas

    Para asistir ao acto fai falta inscrición, que se pode realizar na biblioteca, en bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou no teléfono 986 660 765

    A Biblioteca Municipal de Ponteareas acollerá o vindeiro xoves ás 12.00 horas un espectáculo de contacontos da man da artista Sabela Losada. Os nenos e nenas que asistan poderán xogar a ‘O xogo das escritoras’, unha divertida oca no que amais de subir e baixar polo taboleiro, as persoas participantes buscarán nos libros da biblioteca, escribirán, debuxarán e espremerán os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres. O xogo, cuxo obxectivo é visibilizar ás escritoras, é adaptable á idade das participantes.

    O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima á veciñanza a asistir a unha actividade que é “moi divertida e instrutiva”, ademais destaca que é de balde, pero fai falta inscrición, que se pode realizar na biblioteca, a través do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou no teléfono 986 660 765.

    Sabela Losada é experta en xénero, cooperación para o desenvolvemento e xestión cultural. É a creadora de Dalúa Libros onde ten publicadas varias obras para crianzas e foi premiada no Certame Internacional Encarna León polo seu relato sobre a relación entre Rosalía de Castro e María Cardarelly, autora das súas primeiras fotografías. Foi parte de Mulheres Livres e outros colectivos, e ten escrito sobre rebelións populares en Sudamérica, identidade e autocoñecemento feminista, maternidade, crianza e educación libres.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.