15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas será este sábado a capital da música tradicional do país

    Ponteareas será este sábado a capital da música tradicional do país

    O Concello organiza a 54 edición do Concurso de Gaitas do País, unha festa musical que pechará ao grande coa actuación de Milladoiro ás 22.00 horas no parque da Feira Vella

    Ponteareas volverá a converterse este sábado na capital da música tradicional do país. O Concello organiza a 54 edición do Concurso de Gaitas do País, a festa musical desta especialidade máis antiga de Galicia, e que coloca a vila como referente na promoción do folclore musical galego. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, afirma que “para Ponteareas é un orgullo acoller estes eventos”, e expón que o Concurso “é unha mostra máis da nosa decidida aposta pola música que se fai no país”.

    Os grupos participantes mostrarán os seus traxes tradicionais e as súas melodías nun pasarrúas que comeza ás 16.00 horas e que vai do Concello ao Auditorio Municipal. Durante o pase o xurado decidirá os gañadores dos catro premios que reparte o concurso, os primeiros recibirán 1.800 euros, os segundos 1.200, os terceiros 900, e os cuartos 600. Ademais, cada grupo participante, agás os gañadores, recibirá unha gratificación de 300 euros. No xurado participa Xosé Ferreiros, integrante do histórico grupo galego Milladoiro.

    Esta edición cumpre cun estrito protocolo sanitario e, para evitar aglomeracións, o Concello prepara un sistema en streaming para que todas as persoas interesadas poidan desfrutar do concurso dende os seus fogares dunha maneira segura e cómoda. O evento poderá visualizarse por Youtube e no Facebook da Concellaría de Cultura do Concello.

    “Para Ponteareas é unha gran oportunidade acoller este tipo de evento, xa que reforza e difunde a nosa cultura, ademais de axudar ao comercio local”, destaca Fernando Groba. No Concello quixeron reforzar o Concurso de Gaitas ofrecendo á veciñanza “un peche ao grande” co concerto do grupo gañador do concurso e de Milladoiro, unha das formacións con máis relevancia do panorama musical galego, e que compartirá as súas melodías ás 22.00 horas no parque da Feira Vella. A entrada é de balde, pero debe ser adquirida a través dunha plataforma online.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.