Sábado, 31 Maio de 2025

Os colexios de Redondela participan no programa «Educando na Igualdade»

0

Alumnas e alumnos de 1º de primaria do CEIP Igrexa-Chapela participaron onte nun dos obradoiros do programa ‘Educando na Igualdade’, unha iniciativa do Concello de Redondela, desenvolvida través das concellerías de Igualdade e Servizos Sociais, e a Asociación Érguete, que ten a finalidade de proporcionar aos nenos e nenas ferramentas de sensibilización, implicación e actuación baseadas nunha verdadeira relación de igualdade cos demais.

Na mañá de hoxe, as concelleiras de Servizos Sociais, Marta Alonso e Ensino, Olga García Ballesteros, visitaban aos nenos e nenas que participaban nesta actividade e que amosaban a ámbalas dúas concelleiras os traballos que estaban a realizar.

Educando na Igualdade, como explicaba a alcaldesa e concelleira de Igualdade, Digna Rivas, é un proxecto que forma parte “desa transversalidade que dende, o Goberno de Redondela, queremos aplicar a todas as áreas”. Rivas aseguraba a iniciativa que se desenvolvía nos colexios “é fundamental xa que a loita pola igualdade real e pola erradicación da violencia de xénero, ten que comezar pola educación”.

O programa, dende esa perspectiva, está dirixido ao alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria e consta dun total de 10 horas por aula distribuídos en dúas sesións grupais de catro horas dedicadas aos nenos e nenas e unha sesión final, de 1 hora de duración dedicada ás familias do alumnado participante.

Digna Rivas subliñaba a importancia da sesión dirixida as familias “que serve para darlles a coñecer as conclusións extraídas do traballo realizado cos nenos e nenas e, ao mesmo tempo, propoñer pautas de actuación e resolver as dúbidas que poidan ter as nais e pais”.

Unha vez rematada a actividade con nenos e nenas no CEIP Igrexa-Chapela, a reunión coas familias terá lugar o 18 de febreiro.

Os obradoiros Educando na Igualdade continuarán no CEIP Reboreda e no CEIP Alexandre Bóveda, os días 4 e 11 de marzo, sendo a reunión coas familias, en ámbolos dous casos, o 17 de marzo.

Os días 18 e 25 de marzo desenvolverase o obradoiro no CEIP Cedeira e as reunións coas familias, o 21 de marzo.

O CEIP Laredo e o CEIP Outeiro das Penas, participarán no programa Educando na Igualdade os días 15 e 22 de abril e a reunión para as familias será, en ambos casos, o 28 de abril.

O CEIP Santa Mariña acolle esta iniciativa os días 29 de abril e 12 de maio e a reunión cos pais queda fixada para o 12 de maio.

Pola súa banda, o CEIP Quintela terá os seus obradoiros os días 13 e 20 de maio e a reunión coas familias o 26 de maio e, finalmente, o CEIP Porto Cabeiro pechará o programa os días 20 e 27 de maio quedando fixada a reunión coas familias o día 2 de xuño.

O programa Educando na Igualdade financiase cos fondos propios da Concellería de Servizos Sociais e da Concellería de Igualdade, neste caso a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

A Deputación promociona a Ruta das Camelias cunha visita guiada aos xardíns do Castelo de Soutomaior

A deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, participou hoxe nunha das visitas guiadas aos xardíns do castelo de Soutomaior co obxectivo de promocionar a ‘Ruta das Camelias’, un dos programas turísticos máis característicos da Deputación. O acto, ao que se sumaron os deputados e deputadas Noemí Outeda, Olga García Ballesteros, Victoria Alonso e Manuel González, contou coa presencia de varios visitantes, entre eles unha parella de turistas alemáns que está a percorrer a provincia.

Durante a visita guiada ofrecéronse explicacións sobre os máis de 500 exemplares de camelia existentes no recinto, a meirande parte da variedade japónica, pero tamén exemplares de reticulata moi valiosos. O guía detívose especialmente diante dalgúns dos exemplares que ofrecen as flores máis curiosas como a Sangue de pichón, Eugenia de Montijo, Plena Alba, Cidade de Vigo ou a camelia olorosa (Sasanqua). A ruta concluíu cun paseo polo xardín inglés do castelo, onde poden apreciarse 19 exemplares de camelias centenarias nun espazo compartido coas catro árbores senlleiras existentes no recinto.

Na súa intervención, Ana Laura Iglesias, destacou os valores da camelia como flor representativa das Rías Baixas, unha vez que foi introducida dende Oriente hai uns 200 anos, e subliñou a beleza dos xardíns galegos nos que cobra protagonismo. Destacou a boa acollida que están a ter as visitas guiadas e deu a benvida aos participantes. Ademais congratulouse de que se estean a producir visitas de persoas chegadas doutros países, como foi o caso de hoxe.

[su_image_carousel source=”media: 11878,11879,11880″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Ruta das Camelias é un produto turístico que engloba os xardíns do Castelo de Soutomaior, o Pazo de Rubiáns (Vilagarcía), o Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia), o Pazo de Lourizán (Pontevedra), o Pazo Quiñones de León (Vigo), o Pazo Gandarón (Pontevedra), o Pazo A Saleta (Meis), Pazo de Oca (A Estrada) e o Parque do Castro (Vigo). Entre todos ofrecen a posibilidade de gozar de 80 especies distintas e dos milleiros de variedades de camelia presentes en Galicia. Catro deles están declarados Xardíns de Excelencia Internacional pola Sociedade Internacional da Camelia. O primeiro deles foi, a finais de 2012, o Castelo de Soutomaior.

As visitas guiadas aos xardíns do castelo, que se ofrecen tódolos martes e xoves, comezaron a ofrecerse este mes de febreiro aproveitando a etapa de floración desta árbore en inverno. A iniciativa, que durará ata finais do próximo mes de marzo, está a ter unha gran acollida entre o público, pois supón unha oportunidade única de contemplar algúns dos exemplares máis raros, antigos e fermosos de Galicia.

Deste xeito, o castelo ofrece agora diferentes modalidades de visitas guiadas ao público, dado que visita conxunta ás instalacións musealizadas do castelo e mailos xardíns, tamén se celebran martes e xoves, pero en horario de 16 horas. Por outra banda, tamén é posible acceder ao recinto sen visita guiada. As persoas interesadas en participar poderán adquirir as entradas tanto de forma presencial coma nesta ligazón.

Gonzalo Caballero afirma na Guarda que a aposta pola sanidade pública será a súa “principal bandeira”

0

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, comprometeu hoxe que a defensa da sanidade pública será “a principal bandeira dos consellos da Xunta despois do 5 de abril cun goberno progresista”. Así o dixo nunha visita ao concello da Guarda, onde participou xunto co alcalde, Antonio Lomba, na concentración para reclamar o reforzo dos servizos sanitarios e a fin do “desmantelamento” da sanidade pública.

Dende alí, Gonzalo Caballero prometeu “mudar as políticas de recortes e privatizacións por políticas de aposta e de defensa pola sanidade pública”. Subliñou que, en 11 anos de goberno, Feijóo “recortou os servizos sanitarios, precarizou o traballo dos empregados do sector sanitario, deixou de facer investimentos en Atención Primaria, non cubriu baixas en Pediatría e permitiu que colapsaran as urxencias”.

Por iso, engadiu o candidato socialista, “como en tantos concellos de Galicia, cada xoves ás 12,00 hai concentracións na Guarda para defender unha sanidade pública galega de calidade para todos e para todas”. De feito, puxo este caso como “epicentro” destas protestas e do impulso para defender a sanidade pública, co exemplo da “loita en Verín para que non se pechara o paridoiro”.

O líder dos socialistas galegos recolleu as demandas dos veciños e veciñas da Guarda para establecer un segundo equipo de PAC para urxencias

O líder dos socialistas galegos recolleu as demandas dos veciños e veciñas da Guarda para establecer un segundo equipo de PAC para urxencias que remate cos “problemas na atención médica porque a Xunta non dota de persoal sanitario necesario ao centro de saúde”. Tamén sinalou a necesidade de “máis servizos sanitarios, como radiografía ou atención especializada”.

Gonzalo Caballero recolleu tamén a “demanda histórica de infraestruturas” para A Guarda, unha localidade illada “nunha punta de Galicia” pola negativa do goberno galego a construír o corredor que conecte con Tui, que lle impide “converterse en eixo tractor do desenvolvemento”.

Gonzalo Caballero fala cunha facultativa do centro de saúde en presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e da tenenta de alcalde, Montserrat Magallanes

Fotos de Feijóo

En paralelo, o secretario xeral do PSdeG-PSOE afeoulle a Feijóo as súas “fotos cun prófugo da xustiza detido onte por corrupción e suborno”, en alusión á detención do exdirector xeral de Pemex con quen Feijóo acordara o desembarco da petroleira en Galicia.

Gonzalo Caballero recordou que Feijóo utilizou a última sesión de control para criticar as súas fotos co presidente do goberno, Pedro Sánchez. “Todas as fotos que teño podo amosalas con tranquilidade, mentres quen saca fotos con Feijóo ten problemas”, contrastou.

“Feijóo non nos dá leccións de dignidade nin de decencia política aos socialistas galegos” que “podemos estar orgullosos do noso historial”, recalcou, e agregou que “Feijóo é quen debe explicar as súas relacións políticas e por que fixo aquelas fotos e por que nunca chegaron os 20 buques cos que intentou gañar unhas eleccións, dos que somentes chegaron dous, un deles aínda en Barreras nunha situación moi complexa”.

Na mesma liña, o líder dos socialistas galegos sinalou que “Feijóo non puido resolver os problemas do naval de Galicia despois de enganarnos a todos cando foi firmar contratos para traer 20 buques, e o único salientable é que os buques aínda están pendentes, pero o que si temos é unha foto de Feijóo cun prófugo detido por corrupción”.

Pactos da dereita

Finalmente, a preguntas dos xornalistas, Gonzalo Caballero asegurou que “estamos como motos” de cara ás eleccións. “Nós temos todos os deberes feitos e temos a forza do cambio, e saímos a gañar e a acadar un cambio político que xubile a Feijóo”, destacou.

Enfrente, o candidato socialista á Xunta sinalou que “o PP está tendo moitos problemas para acordar con Vox e con Ciudadanos”, aínda que Ortega Smith xa dixera que viñan “para salvar a Feijóo”.

“Menudo lío ten a dereita, que vai dividida ás eleccións!”, incidiu Gonzalo Caballero, consciente de que “veñen competir entre eles para unirse despois e facer os desastres que fan en Madrid, Andalucía ou Murcia”.

Concello e adegueiros comezan a preparación dunha nova edición da Feira do Viño do Rosal

0

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, reuniuse a semana pasada con representantes dos adegueiros e adegueiras da contorna para comezar a traballar de forma conxunta na vindeira Feira do Viño do Rosal, que este ano 2020 celebra a súa XXVIII edición. Durante o encontro comezaron a sentarse as bases para introducir e implantar melloras nesta festa de interese turístico, sempre dende unha perspectiva de “estreitar lazos de colaboración e seguir a liña de traballo marcada para conseguir que a Feira do Viño non soamente manteña a súa calidade, senón que a incremente ano a ano”, salientou Fernández.

Para o Goberno local esta feira “é un instrumento único para poñer en valor un dos nosos distintivos de calidade, como é o feito de ser Denominación de Orixe Rías Baixas subzona do Rosal”, como destacou a alcaldesa.

A XXVIII Feira do Viño do Rosal celebrarase os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo a Praza do Calvario, tres días nos que a exaltación do viño rosaleiro e dos produtos típicos da zona convivirán con un amplo programa lúdico para todos os públicos. A DO Rías Baixas subzona do Rosal conta cun gran recoñecemento por parte de profesionais do sector e consumidores grazas a especial mestura da uva albariño con variedades propias da comarca como a loureira, a treixadura ou o caíño branco.

Víctor Arufe, “A primeira clave para unha boa educación radica na actitude coa que afrontamos a vida”

0

“Non é nada doado educar na sociedade actual, superficial, dividida e enfrontada, cambiante, tecnolóxica, normalizadora e na que prima non esforzarse e a inmediatez”. Para Víctor Arufe, protagonista da terceira xornada da V Semana da Educación de Tomiño, é nesta idea onde radica unha das claves para unha boa educación hoxe en día, unha educación que debe ten os seus piares na sociedade, na escola e na familia. Apaixoado da educación e premio como mellor profesor universitario en 2017, Arufe abordou dunha forma moi práctica, orixinal e sinxela as bases que deben primar na educación dos nenos e nenas.

Unha educación que comeza na familia e na propia actitude dos pais e nais ante a vida. “A morte non é que se pare o corazón, é deixar de desfrutar da vida. Temos que ter en conta que o éxito hoxe en día radica en conxugar a vida laboral coa familiar e social. E a primeira base da educación dos nosos fillos e fillas sairá da casa, que vexan que desfrutamos da vida é a mellor herdanza que lles podemos deixar”, resaltou Arufe.

Pero tan importante como transmitir esa actitude positiva é conseguir comunicarllo aos nenos e nenas, aos adolescentes… e para iso é fundamental “falar a mesma linguaxe que os nosos fillos e fillas. Hai moitos pais e nais que non son capaces de empregar a mesma canle de comunicación que os seus cativos e cativas e se non se fala o mesmo idioma a comunicación será inviable”.

Como salientou o profesor durante o encontro, os cambios na sociedade fan que educar sexa “unha tarefa complexa. Antes tiñas que obrigar aos nenos e nenas a volver a casa ás 9 da noite, agora tes que darlle un premio cada vez que saen á rúa a xogar. Agora non saben aburrirse, cando o aburrimento é unha das claves para fomentar a creatividade”. Son soamente algúns dos principais problemas que Arufe repasou e tentou atallar coas nais, pais, persoal educador… que acudiu ao Auditorio de Goián a desfrutar da xornada.

Alfonso Porto, “González Carrera non ten autoridade moral algunha para dar leccións a ninguén”

A portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ponteareas, Chus Garrote, ratifocouse hoxe no que compromiso que vén de manifestar públicamente o seu “compromiso e responsabilidade co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como sempre fixemos, tanto cos veciños e veciñas de Ponteareas como coas empresas asentadas na nosa vila”.

“Ponteareas contará co Plan Xeral cando á Xunta de Galicia lle dea a aprobación definitiva”, engadiu a portavoz socialista que matiza que “a aprobación pasa pola corrección de diversos aspectos técnicos para o que se consensua coa Consellería de Urbanismo a suspensión temporal do Plal”.

Máis contundente amosouse o presidente da xestora socialista, Alfonso Porto, que indicou que “o señor Juan Carlos González Carrera non ten autoridade moral algunha para dar leccións a ninguén cando el foi membro dun goberno que levou a este concello ao desastre urbanísitico que sufrimos hoxe en día”.

Porto non dubida en afirmar que “a inseguridade xurídica de moitas empresas da nosa vila teñen nome e apelidos: Juan Carlos González Carrera e Nava Castro Domínguez” que engade, “deberían asumir responsabilidades políticas pola desfeita que sufrimos os veciños e veciñas de Ponteareas da súa xestión en tódolos anos que estiveron no goberno”.

Denuncia o PSdeG-PSOE o que cualifica de “falsidade do voceiro de ACIP, Juan Carlos Gonzalez Carrera” que nas reunións mantidas co goberno municipal sobre a situación do PXOM “amosa a súa cara máis amable, entendendo a situación actual do Plan Xeral e non mostrando discrepancias nin plantexando unha posibilidade alternativa”. Esa postura, engade Porto, contrasta coa que adoita fora das reunións “acudindo aos medios de comunicación para xerar alarma social, e como leva feito todos estes meses xerar confusión con referencia ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. Resulta evidente que o que quere o señor González Carrera é que este Concello se funda na miseria. Non ten proxecto de futuro para Ponteareas e o único que fai e enganar aos veciños e pedir dimisións absurdas”.

«Camiño A Dentro» completa a súa posta en valor do Camiño Portugués con un catalogo de todas as accións artísticas

O proxecto ‘Camiño a dentro’, promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través do programa ‘O teu Xacobeo’, pechouse esta mañá no Palacete de las Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, coa presentación dun catálogo e un vídeo-resumo de todas as accións enmarcadas nesta iniciativa.

‘Camiño A Dentro’ é un proxecto de posta en valor do Camiño Portugués na provincia de Pontevedra e do Camiño Portugués da Costa. Entre o 3 e o 25 de outubro pasados trece artistas, todas elas mulleres, realizaron accións en dez concellos para promocionar o Camiño. “Foi un proxecto dinámico, creativo e participativo que acadou os obxectivos de divulgar o noso patrimonio, dar a coñecer o traballo e o talento das mulleres, interactuar coa veciñanza, implicar aos colectivos sociais e culturais dos concellos e xerar un diálogo coas peregrinas e peregrinos”, salientou a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, durante a presentación do catálogo e o vídeo.

A deputada agradeceu o seu traballo a todas as artistas que participaron no proxecto, ao alumnado de Belas Artes da Universidade de Vigo e do Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior (que colaboraron na iniciativa) e á comisaria do proxecto, Paula Cabaleiro. As artistas participantes son Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, Marta Figueiredo e Sabela Caridad (ambas integrantes de Dúas), Noelia Blanco, Celina Fernández e Pia Nicoletti (as tres integrantes de Inherente Teatro), María Meijide, Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. “Todas elas son grandes artistas recoñecidas que evocaron o Camiño a través de distintas expresións e linguaxes”, subliñou Ana Laura Iglesias.

Ademais, a deputada fixo extensivo o seu agradecemento á Xunta de Galicia. “O proxecto ‘Camiño A Dentro’ é a demostración palpable dos bos resultados que pode ter a colaboración institucional, neste caso cun proxecto que actúa de xeito transversal entre o patrimonio, a igualdade, a arte contemporánea e a participación pública”, indicou.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, destacou que o proxecto “teceu redes no territorio, implicando a alcaldes e a alcaldesas, e a entidades do ámbito educativo e sociocultural”. Ademais cualificou de “moi completo” o programa de ‘Camiño A Dentro’ e explicou que as diferentes accións artísticas supuxeron “un estimulo cultural que acadou a implicación da cidadanía da provincia de Pontevedra”. O director xeral tamén agradeceu á Deputación de Pontevedra a súa colaboración institucional para levar adiante este proxecto.

Entre os e as asistentes ao acto estaban o alcalde de Nigrán, Juan González; o rexedor de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey; varias das artistas participantes en ‘Camiño A Dentro’, e alumnado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

A comisaria, Paula Cabaleiro, manifestou que “foi un proxecto fermoso” e engadiu que, á hora de abordalo, tivo en consideración varios factores. Así, citou que quixo “incluír a artistas de distintas disciplinas que coas súas creacións puidesen poñer en valor o Camiño, que fixeran un traballo moi vencellado ao territorio, que lograsen unha interacción coa cidadanía, e que puxesen en valor a creación artística contemporánea a través da danza, a música, a fotografía, o teatro e outras expresións”.

Catálogo e video

Do catálogo de ‘Camiño A Dentro’ imprimíronse 500 exemplares que se distribuirán entre os concellos participantes, as oficinas de turismo dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago na provincia de Pontevedra e os colectivos relacionados coas rutas xacobeas que o soliciten. Ademais estará dispoñible nas oficinas de Turismo Rías Baixas. No volume recóllese a traxectoria das artistas e tamén explícanse con detalle cada un dos proxectos que se desenvolveron dentro de Camiño A Dentro, ilustrados con fotografías das accións.

Impacto mediático

Desde a súa presentación ata a última acción artística ‘Camiño A Dentro’ tivo un importante eco social, acadando unha ampla difusión pública tanto nos concellos nos que se organizaron as accións como no resto da provincia. Ademais tivo un gran seguimento tanto na prensa escrita e dixital galega como nas redes sociais.

Así, publicáronse 50 noticias en prensa dixital, desde medios xeralistas ata blogs, e 35 en prensa escrita. Nas redes sociais publicáronse 400 tuits e posts entre Twitter, Facebook e Instagram. Implicáronse nas súas contas as artistas, a comisaria, alcaldes e alcaldesas, a presidenta da Deputación, o director xeral de Políticas Culturais, medios de comunicación e colectivos de amigos do Camiño de Santiago, entre outros moitos e moitas usuarias. Os canais da Deputación e Turismo Rías Baixas deron cobertura a todas as accións e publicaron vídeos en directo. Logrouse o impacto en vivo durante todas e cada unha das accións, e o impacto social a través dos medios de comunicación e as redes.

“Sumáronse moitas sinerxías e vontades no proxecto ‘Camiño A Dentro’ e vense os resultados da cooperación e a participación. Sigamos redescubrindo, interpretando e vivindo o Camiño’, concluíu a deputada de Turismo.

Marina Vidal, “é importante que nenos e nenas coñezan o traballo dos científicos en xeral e das científicas en particular”

0

O Concello de Nigrán achega, durante toda esta semana, a ciencia aos centros escolares e o fai da man de recoñecidas investigadoras que teñen unha vinculación directa co municipio. Marina Vidal é, amais de concelleira de Ensino, mestra en activo e iso nótase á hora de falar de temas relacionados coa educación e o papel que, como neste caso, os Concellos poden xogar á hora de ‘ampliar horizontes’ aos nenos e nenas.

Como xurde a idea de Namórate da Ciencia?
Era unha idea que me rondaba a cabeza dende que tomei posesión como concelleira porque sempre crin que unha concellería como esta, ten que actual a modo de complemento cos colexios. Unha concellería de Educación ten que ser algo así como ‘un profe itinerante’ que forma parte de todos os centros e, dese xeito, axudar á labor dos colexios.

Dende esa perspectiva, considerabamos importantísimo que os nenos e nenas coñezan o traballo que fan os científicos en xeral e as científicas en particular; que as nenas poidan ver que aí, na ciencia, teñen unha saída profesional á que poden acceder nas mesmas condicións que os nenos.

Así que, coa idea na cabeza, Luisa Martínez, investigadora do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) propuxo facer “algo bonito” con motivo do Día Internacional da Muller e a Ciencia e, como adoita acontecer nestes casos, a idea foi crecendo e plasmouse en toda unha marabillosa semana de actividades.

Unha vez que a idea está esbozada, preséntase aos colexios?
Así é. Presentámoslla aos colexios e teño que dicir que a acollida, tanto nos centros de primaria coma nos institutos, foi marabillosa.

Namórate das ciencias está cinguida aos centros escolares
Si pero, de cara a implicar e interesar a toda a veciñanza, temos preparada unha xornada final que sirva, por unha banda, para unir a todos os centros escolares que participaron na iniciativa e, doutra banda, para que a cidadanía poida participar.

Para iso, o que faremos será montar uns ‘pequenos laboratorios’ no Auditorio Municipal para que as veciñas e veciños poidan mirar a ciencia ‘de preto’. Logo, para rematar, faremos unha chocolatada que contribúa a pasar unha tarde dinámica, próxima e na que todo o mundo se interrelacione e participe.

A Escola Infantil As Dunas, tamén estaba incluída neste proxecto, non?
Si e a verdade é que dubidei á hora de facelo cos máis pequenos, hai que ter en conta que teñen de 3 a 6 anos, así que lle expuxen a idea á directora e lle dixen que tiña á persoa idónea para esa actividade, para explicarlles aos máis peques que era a ciencia e a investigación.

E como resultou?
Extraordinariamente ben. Tiven a oportunidade de estar alí, e as nenas e nenos estaban entusiasmados coas cousas que estaban a mirar e que lles estaban explicando. Foi unha actividade preciosa.

Namorate da ciencia en Nigrán, Semana das Ciencias en Ponteareas, Semana da Educación en Tomiño… os concellos, pese a non ter competencias estritas en ensino, parece que se implican moito máis na educación…
Iso é indubidable. Ademais da implicación enorme das mestras e mestres, as administracións cada vez toman máis conciencia da necesidade de aportar medios que contribúan a impartir unha educación en valores, unha educación que nos permita camiñar cara a unha sociedade mellor.

Namórate das ciencias, nace con vocación de continuidade?
O certo é que naceu como unha actividade puntual para este curso escolar pero logo, durante todo o traballo de planificación, chegamos a ter clarísimo que tiña que ser unha actividade con proxección de futuro. De feito, temos a idea de amplialo a outros campos que non sexan estrictamente a investigación, como neste caso, e abrir as portas a outras áreas como as matemáticas pero poñendo o foco de atención en Nigrán e o Val Miñor, con persoas vinculadas ao municipio ou á comarca.

“O noso traballo ten que ser ensinarlles a ser persoas críticas, competentes, que saiban desenvolverse na sociedade, que respecten a diversidade e as opinión dos demáis”

Vista esta iniciativa, demóstrase que a educación e moito máis que impartir asignaturas.
Moito máis, non. Moitísimo máis. A educación e formar personas, transmitir valores e as e os ‘profes’ temos aí un traballo importante. Aportar coñecementos é relativamente doado, pero o noso traballo ten que ser ensinarlles a ser persoas críticas, competentes, que saiban desenvolverse na sociedade, que respecten a diversidade e as opinión dos demáis. Creo que esa é a labor máis importante que temos as mestras e mestres.

Ademáis agora, nestes momentos en que algúns defenden que “aos nenos e nenas non hay que darlles demasiada información” e acusan aos profesores e profesoras de “manipulalos”, ante eso, estou plenamente convencida que manipular é precisamente o contrario, é non darlles toda a información.

Dende esa perspectiva, o noso traballo é amosarlles o que hai e logo eles e elas, de xeito crítico, terán que ser os que elixan o que queren ser ou o que queren facer coas súas vidas pero, para iso, precisan coñecer. Se se lles oculta parte da información, aí si que hai manipulación. As mestras e mestres temos, nese sentido, unha labor extraordinariamente importante á hora de, repito, transmitirlles valores, ensinarlles o diverso que é o mundo… iso é case máis importante que ensinarlles as capitais do mundo que iso xa está nos libros e na internet.

Juan Lorca, “temos acceso a demasiada información e non temos por que saber cal é correcta e cal non”

0

Falar de alimentación e saúde é ter en mente unhas cifras moi alarmantes: 44.000 persoas morren cada ano en España por unha mala alimentación, unha taxa de mortandade máis alta que o tabaco; o 59 % das enfermidades crónicas teñen a súa orixe na falta dunha dieta saudable; no 2030 máis de 27 millóns de españoles e españolas padecerán obesidade ou sobrepeso e, hoxe en día, xa o 34 % dos nenos e nenas sofren sobrepeso e o 18% son obesos… “Todas estas cifras deberían facernos parar a reflexionar e replantexarnos o que está a pasar”.

Así de contundente se amosou o chef Juan Llorca durante a súa conferencia na segunda xornada da V Semana da Educación de Tomiño, na que desgranou os erros e problemas máis frecuentes que se atopan en materia de alimentación infantil e posibles solucións para afrontalos.

O chef, que abandonou as estrelas Michelín por cocinar nun centro Montesori, aproveitou a charla para desmitificar moita das afirmacións que chegan a nais, pais ou educadores por diferentes medios e que se toman como bases da educación alimentaria dos e das máis pequenas da casa. “Hoxe en día temos demasiada información, boa e mala, temos acceso a demasiadas opinións externas e non temos por que saber se son correctas ou non”, explicou Llorca, quen salientou aspectos como a importancia de ensinar aos nenos e nenas a cociñar para “darlles máis ferramentas á hora de elixir que comer ou non comer” ou a necesidade de dispoñer na sanidade pública dun especialista en nutrición.

Galicia é unha das zonas de España con maior índice de prevalencia da obesidade en idade adulta, unha taxa elevada que tamén se reflicte en idades temperás e que “non deixa de ser unha enfermidade”. “Hai moitos factores que inflúen en que cada vez haxa máis nenos e nenas con sobrepeso. Por exemplo, o sedentarismo é unha parte importante da ecuación, porque por moi ben que nos alimentemos se non temos actividade física estamos prexudicando á nosa saúde. Pero hai que ter unha cousa clara, como dicía Margaret Chan, ex directora da OMS: ningún dos factores que interveñen nas causas da obesidade infantil están baixo o control do neno ou da nena”, destacou.

Unha charla didáctica e esclarecedora que, como salientou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “serve para darnos unha orientación, unha pauta, de como alimentar de forma saudable aos nosos fillos e fillas”.

Pepa Horno: “O medo non protexe, paraliza. Para garantir o seu desenvolvemento temos que xerar en nenas e nenos fortaleza emocional”

A Semana da Educación de Tomiño arrancaba o luns falando dunha preocupación real no ámbito educativo e familiar: “estamos inoculando medos ás nenas e nenos”. Así comezaba a súa conferencia a psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección Pepa Horno, unha charla coa que fixo entender ao público que ateigou o Auditorio de Goián que “dividimos a vida en brancos e negros. E cando traballamos dende a perspectiva da protección debemos ser conscientes de que o medo paraliza e que o que realmente axuda a garantir o desenvolvemento dos nenos e nenas é xerarlles fortaleza emocional, facelos máis forte”. Unha fortaleza que, segundo Horno, chega da man de tres elementos claves que se deben de ter en conta á hora de educar: a autorregulación emocional, a integración emocional e a capacidade de resiliencia.

Pepa Horno fixo especial fincapé no presente que está o medo nas vidas de pais, nais, educadores… porque “criar e educar implica vivir con medo, a que lles pase algo, a equivocarnos… a moitas cousas e moi diferentes, pero medo”. “Temos que saber como xestionar os nosos medos porque non educamos no que dicimos nin no que facemos, educamos no que vivimos. Por iso é imprescindible o autocoidado e o benestar propio, porque é un investimento que facemos tamén no seu benestar e no seu desenvolvemento. Irse a tomar unha cervexa, anotarse a clases de ioga, saír de excursión sen fillos e fillas… iso tamén é ser bo pai ou nai, porque esas vivencias van facer que esteamos mellor. E ten que haber congruencia entre o que dicimos, o que facemos e como estamos”, destacou a psicóloga.

Horno explicou ao público que errar é inevitable porque “é imposible facelo ben 24 horas ao día 365 días ao ano. É importante rematar co mito de que como coidadores non podemos equivocarnos e ser conscientes de que cometeremos erros e que temos que aprender a perdoarnos. Non se trata de xerar unha burbulla arredor das nosas fillas e fillos, senón de darlles as ferramentas para que sexan capaces de enfrontarse á vida”.

Traballo a prol da infancia e da adolescencia

A alcaldesa Sandra González foi a encargada de presentar á conferenciante na xornada inaugural da V Semana da Educación, un evento anual que fai que Tomiño “sexa coñecido máis alá das nosas fronteiras polo noso traballo a prol da infancia e da adolescencia. Para nós é un orgullo ser capaces de organizar a tanta xente e ver a tanta xente interesada en escoitar e en aprender en todo o que rodea á educación”. A alcaldesa quixo resaltar unha das máximas de Pepa Horno: quen nunca recibiu amor non é capaz de dar amor. “ Ser uns pais e nais capaces de dar afecto para moitos de nós é algo tan cotiá que nos esquecemos que para outras persoas non é doado de dar se nunca o recibiches. Debemos reflexionar como queremos que sexa o futuro, se queremos unha sociedade baseada no amor ou na violencia, unha sociedade baseada na ledicia ou no medo. E debemos animar ás nosas fillas e fillos a equivocarse, a cometer os seus propios erros”.

Fernando Seadur presenta en Tui a súa mostra «As raigañas do Entroido»

0

O anexo da Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica acolle até o sábado, 29 de febreiro, a mostra ‘As raigañas do Entroido’ do fotógrafo Fernando Seadur. Mañá mércores, 12 de febreiro, ás 10:30 h haberá unha visita guiada á mostra a cargo do propio autor, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.

Nesta exposición reúnese unha pequena escolma do amplo arquivo, integrado por máis de 80 mil fotografías, sobre o Entroido galego realizadas por Fernando Seadur.

Fernando Seadur ten percorrido durante anos cada recuncho de Galicia inmortalizando coa súa cámara o Entroido máis rural e tradicional. Pero tamén ten fotografado romarías, curros e outras tradicións.

Este fotógrafo é natural da aldea de Seadur, no concello ourensán de Larouco, nome que emprega coma apelido profesional, e na actualidade está afincado en Gondomar.

A mostra está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, dependente da Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui.

A exposición pode visitarse de luns a venres de 9:30 h a 14:00 h e de 15:30 h a 21:00 h, e os sábados de 9:30 h a 14:00 h.

ACiP asegura que o Goberno local “condea a Ponteareas a seguir sen Plan Xeral”

Mañá día 13 de Febreiro termina o prazo para que a Xunta de Galicia aprobe ou rexeite a aprobación do Plan Xeral e a decisión do Concello de Ponteareas de solicitar a suspensión temporal do prazo de aprobación é cualificado polo portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, como unha “fuxida para adiante”.

González Carrera lembra que cando en Pleno aprobouse o documento, se asegurou que “en menos de 3 meses estaría definitivamente aprobado”, pero no mes de outubro tiveron que repetir dita aprobación xa que “non enviaran a documentación completa”, e volveron a asegurar “que antes de Nadal”.

A petición dunha suspensión do prazo é, para o portavoz de ACiP “algo inaudito”, e asegura que logo de consultar ao secretario municipal “a suspensión non pode pedila o Alcalde xa que é competencia de pleno”.

Doutra banda, González Carrera afirma que “a Xunta non requeriu nada” e que na reunión cos grupos municipais “o único documento que nos entregou é o escrito seu de solicitar a suspensión”. Logo de pedir a dimisión da concelleira de Urbanismo, González Carrera matiza que “a suspensión solicitada é sen prazo concreto” e afirma que o tempo dalles a razón “cando asegurabamos que o documento non é válido” e que “era un desastre para as parroquias”.

Lembra González Carrera que o seu grupo “foi o único que percorreu parroquia a parroquia informando os veciños” e non se corta o portavoz independente asegurando que o Goberno “quedou inhabilitado moralmente para aprobar este documento”.

O PP de Ponteareas afirma que se pide unha prórroga á Xunta “para que aínda non se pronuncie sobre o PXOM”

O PP de Ponteareas, que asegura ter sido informado “por fontes autonómicas”, que o Concello de Ponteareas solicitou unha prórroga á Xunta para que a administración non se pronuncie en relación ao PXOM, desmentiu que por parte da admistración autonómica “non se queira informar” sobre o documento e que tan so concederon máis tempo “para que solucione os problemas” que ao entender do PP, ten o documento.

“A Xunta tiña obrigación de aprobar ou tombar o documento o día 13”, afirman os populares ponteareáns que engaden que advertido o Concello “por varios técnicos que falta documentación e que non tería a aprobación da administración autonómica, pediu unha prórroga”.

O PP pídelle ao Goberno que lle explique aos veciños e veciñas os motivos polos que non se aproba o PXOM “ou que lle diga aos traballadores e traballadoras do Eroski que o PXOM está pendente do Concello”.

Defenden os populares a postura da Xunta de Galicia ao sinalar que esta “decidiu conceder esa prórroga porque a vontade de todos é sacar o documento adiante” e matiza que “se a Xunta quixese, tal e como se presentou o documento, podería informar desfavorablemente. Pola contra, decidiron darlle un novo prazo a Represas para que enmiende todos os erros que contén o documento. Erros dos que nosa portavoz, Belén Villar, advertiu no pleno da súa aprobación”.

Comezan os traballos para a mellora de accesos á Praia do Muíño na Guarda

0

O pasado luns día 10 de febrero de 2020 iniciáronse os traballos para o acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, visitaron o inicio dos traballos acompañados pola concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, así coma representantes da empresa adxudicataria e a arquitecta que deseñou este proxecto.

O acondicionamento dos accesos á praia do Muíño forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Río Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, en concreto dentro das actuacións comprendidas para a creación do ‘Anel Verde do Miño’, que consiste nunha “rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galiza e Portugal e é, sen dúbida, un dos maiores atractivos deste territorio e de todo o sur da provincia”.

O orzamento do proxecto ascende a 192.190 €. As actuacións previstas teñen unha dobre finalidade, por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro lado, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía.

[su_image_carousel source=”media: 11821,11818,11819″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

As obras inclúen a regulación do tráfico mediante unha rotonda, a instalación dunha nova pasarela de madeira, a creación dunha plataforma peonil de acceso a praia e a rexeneración do areal mediante o retranqueo do muro de contención existente.

Antonio Lomba, manifestou a súa satisfacción co inicio destas obras, destacando que “permitirán rexenerar unha das zonas máis importantes para o Concello dende un punto de vista turístico e medioambiental.” Segundo explicou, o actual acceso ao areal “rompía a conexión co entorno natural”. Con estas actuacións “recuperaremos esta área converténdoa nunha paisaxe moi coidada, onde as persoas prevalecerán sobre os coches”, evitando que os vehículos poidan chegar ata a beira da praia e que permitirán á cidadanía “gozar aínda máis se cabe deste entorno inigualable”.

Visit Río Miño é un proxecto de cooperación transfronteriza, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocarotia de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POPTEC) 2014-2020

Augas de Galicia acometerá a reparación das sendas fluviais do Tea en Mondariz

0

Na última sesión ordinaria do Pleno, a Corporación Municipal de Mondariz aprobou por unanimidade un convenio de colaboración entre o Concello e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a reparación das sendas fluviais dos ríos Tea e Xabriña que resultaron danadas polas riadas de 2016.

O convenio, valorado en 86.964,93 €, foi pechado conxuntamente polos Concellos de Mondariz e Ponteareas nos últimos meses, despois de varios intentos frustrados de acadar un acordo. Augas de Galicia, que xa executara as obras de creación das sendas fluviais entre Mondariz e Ponteareas en 2013, farase cargo da reparación, eliminando elementos estruturais danados para devolver a un estado máis natural aquelas zonas da ribeira do río que se ven afectadas anualmente polas riadas.

“Este convenio favorece a recuperación dos entornos naturais do río Tea e da desembocadura do Xabriña. Agardamos que estas obras de reparación poidan ser completadas este ano, preferiblemente antes do verán, xa que as sendas fluviais son moi importantes para promover a actividade física da veciñanza e o propio turismo de natureza en Mondariz”, comenta o alcalde, Xosé Emilio Barros.

O mantemento e a limpeza da senda fluvial corre a cargo do Concello de Mondariz, que xa está planificando estas labores.

Nigrán achega a Ciencia aos colexios no «Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia»

0

O Concello de Nigrán iniciou este luns a programación con motivo do ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’ (11 de febreiro) coa charla de Luísa Martínez (responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC) na Escola Infantil ‘As Dunas’. Ao longo da semana, Luísa e outras cinco científicas de referencia vinculadas a Nigrán acudirán a todos os centros educativos públicos do municipio. Son Elena Ojea (directora do grupo de investigación Future Ocean Labs da Universidad de Vigo), Aurkene Belasco (investigadora na Ecimat), África González (catedrática de inmunoloxía na Universidad de Vigo), Silvia Torres (Unidad de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar) e a propia Luísa Martínez. Estas cinco científicas de referencia e vinculadas a Nigrán (por nacemento ou residencia) protagonizarán o venres 14 desde as 19:30 no Auditorio Municipal o encontro participativo ‘Namórate da Ciencia’.

O fin desta programación municipal é visibilizar o traballo das investigadoras e, ao mesmo tempo, promover no alumnado feminino a dedicación profesional a este coñecemento. O Concello de Nigrán recoñece tamén deste xeito a traxectoria de cinco das súas veciñas máis respectadas no eido científico e grazas ás cales se poden levar a cabo estes encontros.

A Deputación recupera para as persoas o antigo Campo da Feira da Devesa de Salceda

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe xunto á alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira; aos deputados de infraestruturas e Cooperación, Gregorio Agís e Santos Héctor, amais da tenenta de alcalde, Verónica Tourón e integrantes do Goberno local, dúas obras levadas a cabo con achegas da institución provincial neste concello cun investimento próximo ao millón de euros, a urbanización do antigo Campo da Feira da Devesa, incluída no Plan DepoRemse, e a actuación de mobilidade sostible na estrada provincial EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano.

En ambos casos, como subliñou Silva, son obras destinadas a mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade peonil, dentro da aposta da Deputación por un modelo de mobilidade “do século XXI, onde as persoas teñen que ser o centro, e as decisións máis relevantes para que isto sexa verdade pasan pola recuperación do espazo público para a xente, para que sinta que o pobo é dela”.

A presidenta reivindica a mellora do Fondo de Cooperación Local: “É imprescindible que na Comunidade Autónoma haxa un financiamento adecuado aos concellos, con recursos incondicionados suficientes”

Carmela Silva destacou que a reforma levada a cabo no antigo Campo da Feira da Devesa (a zona de entrada e saída da localidade), que fora o centro neurálxico e histórico da vila, permitiu habilitar “un espazo totalmente distinto e aberto, onde os peóns son os protagonistas e os vehículos son accesorios, porque é a xente a que vai desfrutar de todo esta zona”. A obra, cun orzamento de máis de 480.000 euros, permitiu dotar á vila, como engadiu a alcaldesa Dolores Castiñeiras, dunha nova praza “de estética fermosa” de 4.000 metros cadrados, que conta cunha área de xogos infantís e equipamentos para maiores. Amais, renováronse as redes de abastecemento e electricidade, e dotouse á contorna dunha nova iluminación en LED. Carmela Silva destacou así mesmo que neste novo espazo “pódense realizar múltiples actividades” e subliñou a iniciativa do Concello de dotalo dun punto de Libro Viaxeiro “para que as nenas e os nenos poden levar e deixar os seus libros”. “É unha gran idea do que se pode facer nun espazo público”, apuntou.

A presidenta tamén visitou a mellora realizada na EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano de Salceda (rúa Gándara), na que a Deputación investiu medio millón de euros. O obxectivo era humanizar esta contorna, habilitando espazos seguros para os peóns. A actuación realizouse nun tramo de 350 metros e incluíu tamén a reordenación da intersección entre a rúa Gándara e a avenida de Galicia cunha glorieta. A obra, conecta de maneira segura o centro urbano co espazo de lecer nas beiras do río Landres.

Silva destacou de xeito especial a transformación que está a vivir Salceda de Caselas, “que ten un modelo de pobo” para o seu territorio e cun “goberno en feminino” que é un referente en cuestións como “a loita pola igualdade, as políticas sociais, en seguir traballando para ser un deses concellos que ten ratios de natalidade que son un exemplo a seguir, e unha referencia a nivel cultural e medio ambiental”. “Salceda parece outra Salceda e a provincia parece outra provincia, porque hai un proxecto de transformación do territorio –indicou– . Espero que a Deputación poida seguir sendo esa administración que permite dotar de recursos aos proxectos que queren transformar os pobos”.

A presidenta provincial volveu a insistir que a Comunidade Autónoma “entenda que é imprescindible que os concellos teñan recursos incondicionados, que haxa un Fondo Local dotado con recursos suficientes que permita que os gobernos locais poidan facer os investimentos que decidan eles, que son os que a xente votou para transformar os seus pobos, porque a verdade nesta provincia hai moitísimas ideas”. “Que todos aqueles e todas aquelas que queiran gobernar este grande pais que é Galicia –engadiu– teñan en conta que un Fondo local incondicionado é fundamental. Cousas como as que hoxe vemos aquí ocorren cando hai recursos. Deberiamos apostar por este modelo de que os gobernos locais teñan máis capacidade de poder transformar”.

Pola súa banda, a alcaldesa Dolores Castiñeiras, agradeceu a colaboración da institución provincial para “seguir dotando aos concellos pequenos como o noso dos recursos suficientes para transformar a nosa vila”. Destacou que a nova praza do antigo Campo da Feira da Devesa presta especial atención a colectivos como os maiores e a infancia, amais das persoas con mobilidade reducida: “A infancia para nós é un baluarte –destacou– , con máis 1.600 nenos e nenas en idade pediátrica que garante que Salceda sexa un pobo ten garantía de futuro. Sabemos que por parte da Deputación esa aposta vai estar garantida”.

Redondela presenta un Entroido de referencia en toda a comarca

0

A Casa do Concello de Redondela acolleu, na mañá de hoxe, a presentación do programa do Entroido 2020, unha programación que, en palabras da alcaldesa Digna Rivas, “é variada e para toda a familia” e que busca “seguir manténdose como unha festa de referencia de Redondela e da súa contorna e unha das de maior afluencia de público do municipio”.

A alcaldesa, que estaba acompañada polo concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa e pola concelleira de Eventos, Marta Alonso, adiantou o contido dun programa que engloba “tradicións, festa, animación e moita diversión”.

O programa de Entroido arrancará na tarde do sábado 22 de febreiro coa programación infantil xa que, para os nenos e nenas, haberá inchables, obradoiros e unha actividade musical a cargo de Paco Nogueiras que fará as delicias dos máis pequenos e pequenas co espectáculo Brica Vai.

O domingo 23 chega unha das novidades da programación, co concerto de Cé Orquestra Pantasma e a grabación dun flashmob. Xa pola tarde, o programa dará paso ao tradicional desfile de comparsas dende o Campo da Feira ata Vilavella, un desfile que, afirmaba Digna Rivas, “encherá as rúas de vida, animación e cor”.

O programa reforzarase o martes 25, Martes de Entroido, con animación dende primeiras horas da tarde coa charanga Mekánica Rolling Band e Latexo Percusión, mentres o público goza do concurso de disfraces. As 19 horas dará comezo o espectáculo Vatra da compañía de performances de Pablo Méndez, un espectáculo que, como sinala o propio Méndez, “mestura acrobacias, baile e música en directo”. Vatra recalcaba Pablo Méndez, “está ideado expresamente para este Entroido de Redondela 2020” e polo tanto é un espectáculo totalmente novo que nada ten que ver con os que a mesma compañía desenvolveu en anteriores ocasións.

Unha das novidades da programación será o concerto que, despois da queima do meco terá lugar na Alameda Castelao e que correrá a cargo do grupo ferrolán Nuevo Plan. Este concerto, sinalaron Digna Rivas e Daniel Boullosa, reforzará a programación do martes de Entroido “alongando o fin de festa con respecto a anteriores edicións”.

A sorte que ten o municipio de Redondela é a de contar, entre outras cousas, con dous Entroidos. Rematado o da vila, o sábado 29 terá lugar en Chapela o tradicional enterro do Berete que, tristemente e entre mostras de dor do público, será queimado na praia de Arealonga acompañado polo espectáculo Vatra.

Ao igual que en Redondela, Chapela tamén contará cun concerto de fin de festa que correrá a cargo de Boken Peach e que terá lugar no paseo marítimo.

Digna Rivas, Daniel Boullosa e Marta Alonso explicaron tamén a figura reivindicativa do Meco. Sinalábase na presentación do programa que o Goberno local “tiña moi claro cal tiña que ser esa reivindicación que non é outra que o destrozo que a Autoridade Portuaria de Vigo pretende facer na parroquia de Rande coa intención de facer un depósito de contedores”.

O meco quedará exposto na Praza do Concello dende o vindeiro 17 de febreiro e quere ser “a visibilización da rotunda oposición do Concello a esa obra que –sinalou a alcaldesa Digna Rivas– atenta contra o noso patrimonio industrial, cultural, contra a rede natura e a calidade de vida dos veciños e veciñas da parroquia de Rande”.

Daniel Boullosa sinalaba, pola súa banda “a boa marcha” das inscricións no concurso de comparsas “que xa superan as 20” cando aínda non rematou o prazo, que permanecerá aberto ata o 14 de febreiro. Este ano, preséntase como novidade entre os premios que se outorgarán, o Premio Retranca que valora á comparsa que mellor exprese con segundas intencións e humor a actualidade, “dentro dun marco de respecto e educación” sinalou o concelleiro.

Digna Rivas agradecía, finalmente, o traballo desenvolvido polo alumnado do obradoiro de deseño gráfico, que foron os encargados de elaborar o cartaz anunciador e o díptico, un traballo que beneficia ao Concello, sinalouse, “ao mesmo tempo que se forman nunha nova disciplina”.

Ampliado o prazo para revisar e aprobar definitivamente o PXOM de Ponteareas

O Goberno municipal de Ponteareas vén de informar da ampliación do prazo para que a Xunta aprobe definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Desde que se iniciou na Xunta de Galicia a revisión do documento urbanístico, aprobado provisionalmente polo Pleno o pasado mes de outubro, mantivéronse diferentes reunións entre responsabeis políticos e persoal técnico das dúas administracións.

A Xunta debía tomar unha decisión sobre o PXOM antes do 13 de febreiro, data na que conclúen os tres meses estipulados por lei, pero ambas as dúas administracións observaron que, dada a complexidade e volume do traballo e a necesidade de aclarar e unificar criterios de carácter técnico, era preciso contar con máis prazo para asegurar a aprobación definitiva do Plan.

Para dispor dese tempo engadido o Concello cumpríu coa formalidade administrativa de solicitar á Xunta a ampliación do prazo para que os equipos técnicos das dúas administracións pechen os flecos que conducirán á aprobación definitiva do Plan no máis breve prazo posíbel.

O Goberno local sinalou que “nas reunións mantidas nestes meses, as dúas administracións coincidimos na imperiosa necesidade de concluir este proceso que se iniciou en 2002 e a Xunta nos transmitíu a súa vontade inequívoca de aprobar o PXOM, por iso estamos traballando conxuntamente e con intensidade na revisión final do Plan e a previsión é que a apobación definitiva se produza nun prazo moi breve de tempo”.

Digna Rivas reivindicará na reunión de Madrid os temas que o Mitma “ten pendentes” con Redondela

0

A alcaldesa de Redondela Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, viaxará o mércores a Madrid para, nunha apretada axenda, manter reunións con responsables do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana “de cara a afondar na solución daqueles temas que o Ministerio ten pendentes co municipio”.

Rivas e Villar manterán xuntanzas de traballo con Julián López Milla, secretario xeral de Infraestruturas; Javier Herrero, director xeral de Estradas; Carmen Sánchez, subdelegada do Goberno de Autoestradas e Javier Anibarro García, asesor do ministro de Transportes.

Sobre a mesa os problemas da AP9, dende a reclamación de gratuidade da peaxe con Vigo ata os problemas que leva ocasionados á veciñanza “que se alongan no tempo e que precisan dunha solución áxil e axeitada”.

A seguridade viaria na N-555 “unha reclamación case que histórica por parte de veciños e veciñas” apuntaba Digna Rivas, tamén será posta sobre a mesa de traballo de cara a que se realicen actuacións concretas “que garantan a seguridade das numerosas persoas que, diariamente, percorren o treito de estrada que lles leva ao centro urbano e que non posúe beirarrúas”, lembra a alcaldesa que demandará, asi mesmo, “unha solución á demanda dun semáforo nas inmediacións do colexio de Cesantes, logamente demandado tanto polos veciños e veciñas como pola comunidade escolar”.

Digna Rivas e Roberto Villar manterán tamén, durante a súa estancia en Madrid, unha reunión con responsables de Portos do Estado para reafirmar o rexeitamento do Goberno local ao depósito de contedores que planea a Autoridade Portuaria e para trasladarlle tamén o sentir da Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón sobre ese proxecto que, apuntou Rivas “conta con informes claros sobre o prexuízo medioambiental sobre un espazo incluído na Rede Natura 2000, como económico aos centos de familias que teñen o seu sustento nas labores mariñeiras”.

Digna Rivas, agradeceu “a rapidez” con que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana respondeu a súa solicitude de reunión e non dubida “a predisposición dos organismos competentes nas distintas materias, para resolver temas prioritarios e urxentes para o noso municipio”

O CPA Condado de Salvaterra subcampión galego en Grupos Show Pequenos

O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño, coa coreografía Detrás de la piel revalidaba onte domingo, 9 de febreiro, o seu título de subcampión galego na modalidade de ‘Grupos Show Pequenos’ no transcurso do campionato celebrado en Vigo e organizado polo C.A.R.P.A. Viqueira.

O Ánfora PA de Cangas facíase co ouro da competición mentre que o Axel, de Arteixo acadaba a medalla de bronce.

[su_image_carousel source=”media: 11782,11783,11781″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Na modalidade de Grupos Grandes, a medalla de ouro e título de campión galego ía para o Valadares, ao que acompañaban no podio o Ribex de Tui e o club anfitrión, o C.A.R.P.A. Viqueira de Vigo.

Un total de 8 grupos galegos participarán no Campionato de España que se celebrará en Lleida os próximos 14 e 15 de marzo. Mentres, a próxima cita para as patinadoras de show será o 29 de febreiro en Tui onde se celebrará o Campionato Galego de Grupos Show Junior e Cuartetos.

AER lémbralle Bas que o recurso á PassVigo foi presentado polo Concello, “nin polo PP nin por Javier Bas como persoa física”

0

A sentenza pola que o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo declara que a esixencia de empadroamento como condición para a obtención da nova tarxeta de transporte PassVigo e as declaracións do exalcalde de Redondela, Javier Bas, nas que sinalaba que “que a sentenza era unha vitoria do seu equipo, e que seguira adiante sen o apoio de ninguén”, foron hoxe obxecto de matización, clara e precisa, por parte da Agrupación de Electores de Redondela (AER).

Lembra AER que con esta sentenza “toda a veciñanza de Redondela resulta beneficiada ao poder obter a tarxeta de transporte urbano”. Entre os diversos motivos polos que se estima a sentenza, alégase que na normativa do Concello de Vigo (ordenanza, ou acto administrativo) “non se establece a condición de estar empadroado para ter acceso á tarxeta de pago para ter acceso ao transporte urbano de viaxeiros”.

Pero, explica a Agrupación de Electores, o motivo principal para a estimación da demanda é que na diversa normativa que regula o transporte público de persoas é que este pode ser utilizado por calquera persoa sen que poida “limitarse” ou “discriminarse” o seu uso por calquera razón, entre elas por cuestión de empadroamento.

Cautela e prudencia

Porén, engade AER, “hai que ser cautelosos” porque contra dita sentenza pode interpoñerse recurso de apelación. En todo caso, e mentres non se dite outra sentenza, os veciños e veciñas de Redondela poden obter a tarxeta PassVigo para poder usar e desfrutar do transporte urbano colectivo de viaxeiros.

AER “reaclara” a súa postura

Chegados a este punto, a Agrupación de Electores de Redondela 2015 e 2019 lembra que “sempre fomos claros coa nosa postura en relación a este tema” e así lla transmitiron estes días a alcaldesa Digna Rivas do mesmo xeito que, no seu mdía, transmitíronlla ao anterior alcalde Javier Bas.

Lamenta AER que Javier Bas saíra esta semana no seu Facebook declarando, “antes que ninguén” –o que leva á Agrupación de Electores de Redondela a preguntarse “como puido coñecer o texto da sentenza privada antes de que chegara ao propio Concello”–, que a sentenza “era unha vitoria do seu equipo, e que seguira adiante sen o apoio de ninguén”.

“E non” di AER, e lémbralle a Javier Bas que o recurso foi presentado “polo Concello de Redondela, non polo Partido Popular de Redondela, nin por Javier Bas coma persoa física”. Durante os seu 8 anos no Goberno, engade a Agrupación, “esta confusión pola vosa parte foi constante, pero parécenos chamativo que sigan a estar confundidos, incluso, cando xa non están no Goberno”.

Pídenlle os independentes redondeláns ao exalcalde prudencia porque, lembran “tamén saíu unha sentenza esta mesma semana en contra do Concello de Redondela, polas malas praxes do seu equipo anterior de Goberno” e preguntan se esa circunstancia “vai saír no seu Facebook tamén dicindo que grazas á xestión de D. Javier Bas Corugeira o Concello vai ter, probablemente, que pagar cartos a unha extraballadora,… ou vai pagar eses cartos dos seus peto?”. AER, nese sentido o ten claro ao sinalar que “cando vostede foi alcalde foi só un traballador do Concello de Redondela. E é o Concello de Redondela quen responde polo seu traballo, quen paga ou quen se beneficia das sentenzas, estea vostede ou non no poder”.

Doutra banda, desminte AER que a postura do entón Goberno do PP fora unha postura “en solitario” xa que a Agrupación de Electores, “dende o minuto cero”, tamén entendeu coma un argumento discriminatorio o requisito de estar empadroado en Vigo para recibir unha exención no transporte e remiten ao seu Boletín informativo onde AER explicaba tanto a historia da Área Metropolitana coma a súa postura en relación a PassVigo e que se pode consultar nesta ligazón.

AER é rotundo ao explicar que para a Agrupación, “esta sentenza non é favorable a Javier Bas nin contraria a Digna Rivas. Non é unha loita política entre a Xunta de Galiza (hoxe PP) e o Concello de Vigo (hoxe PSOE) con Redondela coma campamento base”. Para os independentes, a sentenza “é unha realidade que nos afecta aos veciños e ás veciñas do municipio que temos a Vigo coma unha cidade referencia á que nos trasladar para traballar ou gastar do noso tempo de ocio”.

Remata AER sinalando a súa postura contraria “a politizar as xestións administrativas e xudiciais e a deber favores que condicionen as nosas posturas” xa que, afirman, “traballamos por ideas, non por amizades”.

A Eurocidade Tui-Valença celebra o oitavo aniversario cun pleno conxunto de ambas corporacións municipais

0

Hoxe ás 21 h a Câmara Municipal de Valença celebrou un pleno histórico con motivo do oitavo aniversario da constitución da Eurocidade entre os dous municipios, no que participaron a Corporación Municipal de Tui e a Assembleia Municipal de Valença.

Sobre a mesa, na Orde do Día, tres puntos: unha proposta de intercambio das bandeiras, proxecto Unicidade e, por último, desafíos da Eurocidade.

En concreto no punto primeiro a proposta que se someteu a debate foi que as bandeiras dos dous municipios sexan colocadas conxuntamente nos actos municipais que se celebren en cada concello.

No segundo punto abordouse o proxecto Unicidade, financiado polo Interreg V España–Portugal 2014-2020 (POCTEP), do que son beneficiarios os dous municipios. Entre os seus obxectivos está a creación dun balcón da Eurocidade; dinamizar unha axenda estratéxica da Eurocidade para o período 2019-2021, e elaborar un estudo do futuro da Eurocidade 2030. Con estas accións perséguese construír unha Eurocidade coma espazo singular de convivencia e exemplo de cooperación na Península Ibérica e en Europa.

Xa no punto terceiro abordarase o futuro da Eurocidade no horizonte temporal do ano 2030.

Era esta a primeira vez que as corporacións municipais de dous municipios de dous países da Unión Europea celebraban unha reunión conxunta para abordar o seu futuro. Dende Tui e Valença fixouse unha periodicidade anual para estas sesións, con carácter rotatorio de tal xeito que cada ano será acollida por un dos municipios, e se rexerá pola normativa aplicada no país onde ten lugar.

Comeza o acondicionamento do acceso a praia do Muíño na Guarda ao abeiro do proxecto «Visit Rio Minho»

0

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, anunciou hoxe o inicio das obras de acondicionamento do acceso á praia guardesa de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, durante unha visita a este enclave onde estivo acompañado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba. Segundo explicou o deputado provincial, esta actuación insírese no proxecto Visit Rio Minho, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, e permitirá a conexión dos dous sendeiros que desembocan no areal, un marítimo e outro fluvial, consolidando un novo treito da rede de sendeiros galego–portugueses do Río Miño.

O director do AECT Rio Minho lembrou que “esta rede de sendeiros transfronteirizos é un dos maiores atractivos do territorio e dos que máis interese suscita, con máis de 100 km de rutas verdes que van dende os concellos de Crecente e Melgaço ata a desembocadura do río”. Así mesmo, Benítez aproveitou a ocasión para reivindicar “novos fondos europeos que permitan completar o acondicionamento do resto de sendeiros, e levar a cabo este ambicioso proxecto de valorización e promoción do territorio, que abrirá as portas á chegada dun turismo sostible e de calidade”.

Na actualidade, o acceso á praia do Muíño consiste nunha plataforma de recheo e un muro, así como un aparcamento a pé de praia. O proxecto de mellora e recuperación do acceso ao areal ten unha dobre finalidade, por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía.

As obras inclúen a construción dunha rotonda cunha zona de carga e descarga, a creación dunha parada de bus, a ampliación das entradas ao areal con dúas pasarelas de madeira e a rexeneración da praia mediante o retranqueo do muro de contención existente.

O orzamento de adxudicación da obra foi finalmente de 168.287,34 euros, o que supuxo un 12,44 % de baixa con respecto á licitación, resultando gañadora a empresa Marconsa S.L.

Visit Rio Minho é un proxecto de cooperación transfronteiriza, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A Guarda percorre a vida de Rosalía de Castro a través das fotografías de Xurxo Lobato

0

A Casa dos Alonso acolleu o pasado sábado o acto de inauguración da Exposición ‘Airiños aires, Rosalía’ unha mostra na que a través das fotografías e Xurxo Lobato, faise un percorrido pola vida e obra da poetisa. No acto inaugural contouse coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, así coma o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e máis de medio cento de asistentes.

‘Airiños aires, Rosalía’, é unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela

A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán ata o 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade. ‘Airiños Aires, Rosalía’, permítenos emprender unha viaxe singular a partires das primeiras constancias da vida da escritora, como a pía de Santiago de Compostela onde recibiu o bautismo, localizada no Hostal dos Reis Católicos, para avanzar cara os seus referentes clásicos, o terreo rosaliano por excelencia: Compostela, Lestrobe, Padrón…, as Terras de Iria que en tantos poemas cantou.

[su_image_carousel source=”media: 11758,11759,11760,11757,11755,11761″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Casa da Matanza, espazo senlleiro na vida de Rosalía e epicentro actual da cultura rosaliana, ocupa tamén un importante espazo nunha mostra que rexistra tamén reflexos máis fugaces da súa vida froito das súas estadías en Madrid e Simancas, seguindo os pasos profesionais do seu marido, Manuel Murguía.

Na última parte, ‘Airiños Aires, Rosalía’ distánciase dos emprazamentos físicos para atender as recreación artísticas desta icona da cultura galega. Desde figuracións clásicas en forma de retratos e esculturas, ata outras creacións máis apegadas á modernidade, que dan conta da profunda pegada que a autora deixou na nosa cultura e da continua reinterpretación que provoca a súa figura para adaptarse aos novos usos e costumes.

O autor da obra, Xurxo Lobato, fixo unha visita guiada aos asistentes da inauguración, explicando cada imaxe e indicando que é “a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela… E unha muller que tamén ama a natureza”.

O fotógrafo manifestou que “nestes tempos cómpre reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade”. E sinala que estas fotos “queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra”.

Xurxo Lobato é un fotógrafo galego nado no ano 1956 na Coruña e que ten publicado fotografías en numerosos medios e axencias de comunicación a nivel nacional e internacional, recibindo varios premios polo seu traballo de periodismo gráfico ou fotoperiodismo.

Anxo Angueira nado en Dodro no ano 1961 é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro dende o ano 2012. É o autor de varios libros de diferentes xéneros como a narrativa, a poesía e o ensaio, destacando pola súa obra Pensa Nao(1999), pola que recebe o Premio Xerais na categoría de novelas. Na súa intervención valorou moi positivamente esta exposición e o traballo do fotografo para plasmar a vida e os lugares rosalianos, indicando a súa satisfacción por que, cada día, máis concellos “fagan súa” a Rosalía e ao seu legado.

A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo en horario de Luns a Venres de 8:00 h a 15:00 h e as fins de semana en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h

SEA e Zona Franca estudan colaborar na promoción de solo industrial

A xerente da sociedade pública ‘Suelo Empresarial del Atlántico’ (SEA), Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión esta pasado en Vigo co delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades de cara a estudar as posibilidades de colaboración entre ámbolos dous organismos, ante as sinerxias comúns existentes no ámbito empresarial e económico.

Na reunión participaron tamén o director comercial de SEA, José Rey e a directora de Promoción Económica de Zona Franca, Rosa Eguizábal.

Beatriz Sestayo avanzou que a Zona Franca prestará a súa colaboración na elaboración do Primeiro Plan Estratéxico de SEA, achegando “a súa experiencia no ámbito da promoción empresarial e industrial”. Así mesmo, acordouse avanzar en buscar sinerxias para a atracción de investidores en ámbitos comúns.

A Zona Franca é o principal organismo impulsor de solo industrial no sur de Galicia, con 6 millóns de metros cadrados. A súa incidencia no tecido económico reflíctese no dato de que unha de cada catro persoas que traballa na área de Vigo faio nalgún dos parques empresariais de Zona Franca, que contan con 670 empresas instaladas.

A entidade Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., S.M.E., é unha sociedade participada nun 83,44 % polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26 % pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65 % por ABANCA e un 0,65 % pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.

Chan Empresarial do Atlántico xestiona na actualidade 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo –Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade–, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo– e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira–.

A Deputación aproba concertos para 58 concellos ao abeiro do «Musigal 2020»

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno as actuacións autorizadas ós concellos dentro do programa ‘Musigal 2020’, orientado a municipios de menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, aceptáronse as actuacións dos 58 concellos solicitantes, polo que o custe total para o ente provincial ascende a 614.045,25 euros, o que supón unha ampliación en relación cos 600.000€ que se proxectaran nun primeiro momento. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou con respecto a isto: “Foi preciso aumentar o presuposto en 14.000 euros porque non podíamos deixar a ningún concello sen actuación”.

Tal e como anunciou, “cada concello ten dereito a unha única actuación de grupos profesionais galegos”. Así, este ano houbo limitacións á hora de solicitar as formacións musicais para que as mesmas bandas copasen a maioría de actuacións. “Non soamente queremos que haxa cultura de alto nivel e calidade en todos os concellos, senón que tamén queremos que todos os grupos teñan as mesmas oportunidades”, dixo a presidenta do ente provincial en rolda de prensa.

Carmela Silva: “É moi complicado que un concello pequeno poida ter unha actuación de calidade se non hai unha institución que o fomente”

O concerto encargado de abrir a programación do ‘Musigal 2020’ correrá a cargo de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e terá lugar o 10 de abril no concello das Neves, mentres que a última cita será o 20 de decembro en Portas, con Andrea Pousa. Non obstante, a maioría das actuacións terán lugar no verán, xa que en xullo hai programados 20 eventos e en agosto 17. Polo demais, en abril haberá dúas citas e en maio catro. Tanto en xuño como en setembro terán lugar seis concertos e, finalmente, haberá unha actuación en outubro, outra en novembro e a última en decembro.

Entre as 21 formacións musicais que foron solicitadas polos concellos, os grupos que contarán cun maior número de eventos son Óscar Ibáñez & Tribo, Sés e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, posto que estes tres grupos actuarán en cinco concellos diferentes. Todos os grupos que actuarán con ‘Musigal 2020’ están enmarcados nas seguintes categorías: ‘Son Muller’, ‘Son Crianza’, ‘Son tradición’, ‘Son Clásico’ e ‘Son Actual’.

O programa ‘Musigal 2020’ ten como obxecto contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra, así como fomentar a defensa da igualdade e favorecer a programación artística nos concellos da provincia, posibilitando que conten cos grupos adheridos a Musigal 2020. “É moi complicado que un concello pequeno poida ter unha actuación de calidade se non hai unha institución que o fomente”, sentenciou Carmela Silva sobre a relevancia do proxecto cultural. Xunto a isto, ‘Musigal 2020’ ten por obxectivos dinamizar a lingua galega, favorecer a vivencia positiva no noso idioma, contribuír á posta en valor da lingua e incremento do seu emprego, socialización en galego da infancia e toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia.

O Porriño, plató da curtametraxe «Para sempre, Malévich» dirixido por Antón Veiga

Dende o domingo, e durante catro días, O Porriño convertirase nun plató para levar ao cine un dos libros do escritor porriñés Diego Giráldez. O director e guionista Antón Veiga, logo de anos de traballo, conseguiu poñer en marcha a rodaxe desta curtametraxe baseada no libro de relatos ‘Galería de saldos’ (Xerais), do porriñés Diego Giráldez, un dos títulos máis aplaudidos pola crítica e o público galegos en 2016.

O escritor Diego Giráldez e o director Antón Veiga

A curtametraxe, titulada ‘Para sempre, Malévich’, é unha adaptación concreta dun dos relatos do libro, aínda que haberá tamén diversas diferencias a outros personaxes da obra. O filme ten dous protagonista principais: por unha banda, á actriz galega Iria Sobrado coñecida polo seu traballo en distintas películas e series de televisión como ‘Pazo de familia’ ou ‘Rías Baixas’; tamén ten unha longa traxectoria en teatro. O outro actor protagonista é Felipe Cotelo. Cotelo é un actor cego da compañía de teatro Valacar, da ONCE, organización que dende o principio apoiou a idea. A aposta do proxecto por contar cun actor cego pon de manifesto o interese por visibilizar e normalizar a diversidade funcional.

[su_image_carousel source=”media: 11746,11745,11742,11739,11744″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Durante estes catro días, o equipo da curtametraxe dirixida por Antón Veiga, rodará o filme en distintas localizacións da vila: o hostal ‘Maracaibo’, o cemiterio municipal, a Sala Ingrávida, os exteriores do centro de saúde e o pub Bumba.

Unha historia de 8 minutos intensos

‘Para sempre, Malévich’ é unha historia de dous personaxes –Mara Vega, directora dunha galería de arte, e Bertram Herzog, marchante de arte– que se coñecen grazas a unha obra do pintor ruso Kasimir Malévich. Ese encontro e a enfermidade de Mara cambiarán para sempre as súas vidas.

A curtametraxe, producida por Elemental Chefs, que conta coa colaboración da ONCE e Gadis, vai participar en multitude de certames nacionais e internacionáis. Cun especial foco nos de cinema inclusivo.

O PP solicitará á Deputación a reforma dos campos de Pardellas e a creción dunha pista de atletismo

 
Os deputados populares, Miguel Domínguez e Alejandro Lorenzo, visitaron esta pasada semana as instalacións de Pardellas, en Ponteareas, acompañados pola portavoz popular no Concello ponteareán, Belén Villar, para coñecer de primeira man a situación das instalacións deportivas municipais.

A presidenta e portavoz do PP de Ponteareas, Belén Villar, que estaba acompañada por Francisco Represas e Lina Limeres, concelleiros do grupo municipal popular, agradeceu a visita dos seus compañeiros que mantiveron unha reunión coas directivas dos clubs que fan uso do campo “para que fosen eles os que explicasen a situación”.

Villar asegurou que de todos es coñecida “a deterioración que sofre, dende hai anos, o campo de herba artificial e os problemas co de terra”. Os populares presentarán unha moción na Deputación para instar á administración provincial a que invista no municipio no ámbito deportivo.

“Non hai un só euro no orzamento 2020, que acaba de aprobar o Goberno local, destinado a instalacións deportivas”, asegurou Belén Villar que afirma “tampouco se incrementan as axudas aos clubs na proporción que eles din. Por iso decidimos tirar doutras administracións para conseguir liquidar estes problemas. Agora mesmo Pardellas é a prioridade para nós”.

Os populares esixirán que se reforme o campo de terra, renóvese a herba sintética danada e a maiores se dote de novos servizos como é a creación dunha pista de atletismo.

Lento languidecer

Esta semana salió en la prensa que la oficina de correos de un pueblo de nuestra comarca, había cerrado definitivamente. Es una triste noticia que no hace más que ahondar en el gran problema de nuestras comarcas, la despoblación que vienen sufriendo desde hace muchos años y que va haciendo que cada vez tengan menos servicios. Esa falta de servicios es la mejor excusa para que la gente que vive en ellos opte por buscar otras alternativas en poblaciones de mayor tamaño, normalmente en la costa de Galicia o cerca de la misma.

La oficina en cuestión la conozco perfectamente, –no en vano es la de mi pueblo– una oficina que recuerdo de toda la vida pero que, en los últimos años, tenía ya un horario de atención al público muy reducido… pero al menos estaba abierta. El hecho de haber cerrado lleva consigo que la gente tenga que desplazarse aún más para poder acceder al servicio postal y, a este paso dentro de muy poco, ni siquiera existirá el cartero, porque correos ya había indicado hace años su deseo de ahorrar costes y que eso pasaba por reducir oficinas y carteros en el rural.

No es rentable y menos ahora que los paquetes de esa archiconocida compañía estadounidense de venta por internet los puede repartir usted mismo (su publicidad dice… “Gana hasta 28 € por un bloque de 2 horas entregando paquetes. Sé tu propio jefe. Ingresos adicionales. Horario flexible”).

En el fondo, lo de correos no es más que una nueva puntilla al rural, porque podemos empezar a enumerar todos los servicios que se han eliminado, comenzando por los principales y básicos, cómo una buena asistencia sanitaria, con falta de médicos, enfermeros, pediatras, ambulancias,… siguiendo por la educación con cierres de colegios, falta de profesorado,… continuando con el acceso a las nuevas tecnologías con inexistentes o precarios accesos a internet, siguiendo con el pésimo mantenimiento de las infraestructuras cómo carreteras, alcantarillado, y ahora también el correo, con el que parece que volveremos a los tiempos antiguos en los que se iba a la tienda del pueblo a buscar el correo, pero… ¿a la tienda? ¿a cúal? Porque la mayoría han cerrado por falta de clientes.

El lento languidecer de los pueblos continúa, aunque por desgracia creo que ya no es lento, sino que cada vez más acelerado y ni hay vías de solución ni se buscan medios para solucionarlo, los jóvenes se han marchado, la gente mayor va desapareciendo o se va con los jóvenes, porque no sino, estarían solos. No hay industria, la agricultura con el minifundio no es rentable, además, entre los animales salvajes y los salvajes que tienen a los animales domésticos a su libre albedrío, han acabado con la poco que había, los montes quemados por los incendios… pues está claro cual es el destino muy a pesar nuestro.

Para mitigar las penas, no hay nada mejor que escuchar buena música y eso es lo que os vamos a proponer. Por un lado, un proyecto que llega desde Suecia y que muchos amantes a las series reconocerán cuando lo escuchen, hablamos de ‘Fever Ray’ y por otro lado, un clásico de la música electrónica como el proyecto ‘Neuronium‘, espero que los disfrutéis.


Fever Ray

Fever Ray

2009

En ocasiones descubres proyectos o compositores casi de casualidad, eso es lo que ocurrió en mi caso con éste proyecto, ‘Fever Ray’.

Viendo algunos capítulos de la serie ‘Vikingos’, banda sonora que ya presentamos en estas páginas, nos encontramos que el tema con el que abre la misma es ‘If A Had A Heart’ y que buscando más información sobre el mismo, pertenece a éste proyecto llegado desde Suecia y que fue formado por Karin Dreijer Andersson que abandonó ‘The Knife’ para publicar en solitario bajo el nombre de Fever Ray.

Cómo podemos descubrir en el tema mencionado, estamos ante música electrónica, por momentos, oscura, con esos sonidos que también nos saben transmitir las formaciones nórdicas, pero también nos encontramos con temas más festivos cómo ‘Seven’ o bizarros cómo ‘Now The Only Time I Know’.

Con la peculiar voz de la cantante, éste trabajo con el que se presentó allá por el 2009 nos enseña algo diferente y al mismo tiempo, que nos sigue enamorando, porque siempre nos ha gustado todos aquellos que hacen cosas que se salen de los cánones habituales.


Neuronium

Chromium Echoes

1982

Neuronium y su máximo exponente en la actualidad, Michel Huygen, es toda una referencia dentro de la música electrónica, un belga afincado hasta hace unos años en España que puso a nuestro país en el más alto nivel de estos estilos musicales y trabajos cómo éste contribuyeron a ello.

Publicado en 1982, éste trabajo consta de tres piezas en las que además de Michel Huygen, también está Carlos Guirao, y sin lugar a dudas, la combinación de éste dúo dio lugar a un fantástico disco de música electrónica, con momentos ambientales y momentos secuenciales de esos que van increscendo lentamente y que tanto nos gustan a los seguidores de éste estilo.

Sin lugar a dudas, un disco que no puede faltar en nuestra colección.

Loli Castiñeira: “chegar a acordos a través do diálogo é fundamental e aquí, en Salceda, demos exemplo”

Loli Castiñeira é a primeira alcaldesa da historia de Salceda de Caselas. Pase o que pase así quedará reflectida na historia do municipio. Dáse nela a circunstancia, non habitual, de chegar á alcaldía trala renuncia do alcalde electo, Marcos Besada, quen abría con este xesto a posibilidade de pactos que finalmente fraguaron para dar ao municipio, por primeira vez en anos, unha maioría estable.

O seu carácter firme –moi firme– pero aberto ao diálogo e a procura de consensos, fixo posible algo que no mandato anterior parecía impensable, un pacto de Goberno co PSdeG-PSOE encabezado por Verónica Tourón quen collerá a vara de mando da alcaldía nos dous últimos anos de Goberno.

Sempre que fala do Goberno que encabeza, fala de “equipo”, sen distincións e porque sabe perfectamente –Movemento Salceda e PSOE o saben– que so traballando coordinados e cunha relación baseada na confianza mutua, poderán acadar os obxectivos de facer avanzar un dos municipios con máis potencial de Galicia.

Transcorridos seis meses de mandato, como mira agora a súa chegada á alcaldía?
As chegadas sempre son difíciles porque unha ten que adaptarse. Ben é certo que xa teño experiencia como concelleira con oito anos as costas, pero a responsabilidade de levar unha Alcaldía, indubidablemente, pesa.

Dáse unha situación moi especial neste mandato e é o feito que temos maioría, que temos un excelente equipo de persoas novas e formadas pero, sobre todo, de persoas moi produtivas. Esa produtividade transformase en feitos como o demostra que fomos quen de rematar moitas obras que estaban en marcha e poñer servizos en marcha, como o de Atención Temperá, nun período de tempo moi pequeno.

Falaba vostede de maioría… maioría estable?
Moi, pero que moi estable. Nestes últimos seis meses esa xa é unha pregunta recorrente: “como vai a relación? como traballades?” e a resposta sempre é a mesma porque non pode ser outra: traballamos excelentemente, o equipo funciona e a relación é moi boa e moi fluida. Evidentemente hai discrepancias e discusións pero, lonxe de ser un problema, serven para mellorar as relacións. A relación, repito, é moi boa e ter ese sentimento de maioría e a garantía de que o interesante e importante para toda a veciñanza pode saír adiante da moitísima tranquilidade.

Así que cando fala ‘da miña xente’…
Pois cando falo ‘da miña xente’ falo do equipo de Goberno en global e iso o teño máis que claro. Para min, ‘a miña xente’, son as sete persoas do Goberno. Nesta mesa tómanse ás decisións en equipo. É máis, na sinatura dos acordos falábase dun reparto de fondos en función da representatividade. A mostra evidente que somos un equipo é que nas decisións que tomamos obviamos iso. Se o que se necesita é un proxecto como o Servizo de Atención Temperá, por moito que esa área a leve o Partido Socialista ou noutro caso Movemento Salceda, se é prioritario é prioritario para o equipo e esa será a clave do éxito do noso traballo. A capacidade de facer equipo.

Parece que había quen non entendía moi ben o de alcaldía repartida en dous períodos de dous anos.
É novidosa. Pola zona non se dan moitos casos pero si que empezaron a tomalo un pouco como exemplo. O que se trataba de chegar a un punto de acordo. Creo que en política hai que entender que o diálogo é posible sobre todo entre forzas progresistas e esa é unha situación que cada día veremos máis, precisamente pola diversidade de forzas que hai. Chegar a acordos a través do diálogo é fundamental e aquí, en Salceda, creo que demos exemplo. É un acordo atípico?, pode, pero iso non significa que non sexa bo para a cidadanía que ao final é o que realmente importa.

O dixemos en máis dunha ocasión e, evidentemente non será a última, somos un equipo novo e temos unha maneira diferente de facer as cousas.

Nin mellor nin peor, diferente… creo que era a frase.
Si. Esa foi a frase que utilicei cando fixemos a presentación do programa de Nadal, que xurdiu de xeito espontáneo, pero creo que a podemos seguir utilizando para máis cousas porque define perfectamente a liña de traballo de todo o equipo de Goberno.

Cambia moito a situación de cando vostede estaba de tenenta de alcalde a agora?
A principal diferencia é que un Goberno en feminino. Por primeira vez o equipo está formado por máis mulleres que homes e por primeira vez na historia de Salceda a alcaldía é dunha muller e iso marca a diferencia.

En que cousas?
Pois en moitas, comezando polo feito de que se fan políticas transversais pensando na igualdade.

Gobernar un concello cunha das poboacións máis novas de Galicia, supón unha complexidade engadida?
A verdade é un reto, pero un reto absolutamente apaixonante. Ben é certo que ás veces supón unha maior complicación sobre todo se temos en conta que estamos nese punto en que os servizos se nos quedan escasos.

Unha poboación infantil tan numerosa, unha poboación cunha media de idade tan baixa fai que o dinamismo e as necesidades sociais sexan moitísimas. A xente quere establecerse en Salceda e iso obriga a potenciar os nosos servizos. Somos un pobo con futuro.

Servizos como cales?
Pois por exemplo precisaríamos xa dunha segunda escola infantil da Galiña Azul, necesitaríamos un segundo pavillón e menos mal que xa está en construción o centro de saúde novo que vai marcar un antes e un despois na calidade de vida da veciñanza. Pero si que é certo que estamos nese punto no que, ou ben pasamos dos 10.000 habitantes e polo tanto seríamos considerados nos ingresos do estado doutro xeito, e nos permitiría reverter ese diñeiro na cidadanía e así dispoñer deses espazos tan necesarios.

Aínda así facemos un esforzo tremendo para que ese dinamismo social teña resposta por parte do equipo de Goberno, por este equipo que ten unha media de idade que non supera os coarenta e poucos anos e que, polo tanto, representa fielmente á sociedade de Salceda. Así que percibimos o que a veciñanza quere, sabemos escoitar e transformamos esas necesidades da cidadanía en solucións e en feitos.

De aquí a que vostede deixe a alcaldía, que proxecto lle gustaría deixar feito?
Podemos falar de dous cousas ben diferentes. En canto a obras desexo en que chegue o día en que o Centro de Saúde estea aberto, en servizo e cun Plan Dotacional axeitado porque, non nos chamemos a engano, de nada serve que teñamos un edificio magnífico se logo non temos a dotación tanto medica como pediátrica que precisa este concello. Ademais diso, neste primeiro tramo de mandato hai dúas obras que son prioritarias que son comezar saneamento de dúas parroquias que carecen totalmente del –Soutelo e Entenza– e a rotonda da Lagoela, unha obra que permite derivar o tráfico cara a Salvaterra e O Porriño. Así, o peso do tránsito pola nosa vila quedaría reducido e permitiría un casco urbano máis seguro, máis accesible e máis axeitado para os colectivos que máis nos interesa coidar como son a infancia, os nosos maiores e as persoas con discapacidade.

Amais das obras, que outro obxectivo que lle gustaría deixar cumprido?
Pois un que, ao mellor, podería parecer menos importante pero que para min é fundamental: saír a escoitar aos veciños e veciñas, a eles e aos colectivos que os representan como centros culturais, comunidades de montes, traídas, asociacións veciñais…

Xa tivemos varia saídas e temos que seguir nesa liña. Como alcaldesa teño que saber que é o que necesitan os meus veciños e veciñas, sobre todo as parroquias e que, entre todos e todas, sexamos quen de facer a Salceda que queremos. Pero que quede claro, non só dende o Goberno, senón coa implicación e a complicidade da veciñanza.

Son consciente de que as últimas obras producíronnos moito desgaste por duración e incomodidades que supuxeron e, polo tanto, de agora en adiante quero contar coa opinión e o acordo da veciñanza para ver cales son as prioridades a acometer, nas parroquias e no centro da vila…

Sempre foi vostede unha defensora da participación veciñal…
É que non pode ser doutro xeito. Ti podes ter a túa idea de Salceda. Eu, persoalmente, teño o meu proxecto para Salceda, un proxecto que comezou o meu compañeiro Marcos Besada que fixo un traballo excepcional que permitiu facer esta Salceda que temos que é fermosa. Eu pretendo seguir nesa liña de cambio, pero o que quero é que a xente sexa partícipe. Teño a miña idea, temos o noso proxecto como equipo pero quero, porque é necesario, que a xente síntase identificada con este proxecto.

Un proxecto seu?
Un proxecto do meu equipo. Eu sempre falo de equipo. As decisións que tomamos son transversais en todas as áreas e se deciden en equipo.

Goberno de coalición ou bipartito?
De coalición. Bipartito ten unha connotación case que peiorativa, de división. E este Goberno é xustamente o contrario, unir polo ben de Salceda, eu chámolle equipo en todo momento porque realmente é o que somos e o tempo encargarase de demostralo para desgusto duns poucos. Eu confío plenamente neste equipo, sei que vai durar e sei que vai traer grandísimos resultados para Salceda. Temos por diante retos máis que importantes nos que traballar unidos como son o PXOM ou a modificación puntual do Cerquido que son fundamentais para o desenvolvemento do municipio.

Como acolle a cidadanía non soamente o cambio de goberno, senón que sexa unha muller a que o preside e que se converta na primeira muller na alcaldía na historia de Salceda.
Creo que non fun consciente dese feito ata que cheguei a casa. Xantaba co meu sobriño, que tamén e o meu afillado, e me dixo “madriña, ti sabes que es a primeira alcaldesa de Salceda?”. Nese momento decateime da importancia dese feito… Penso que esta alcaldesa está a ter unha boa acollida na cidadanía.

Creo que non hai cousa da que te poidas sentir máis orgullosa que, primeiro ser galega e segundo ser alcaldesa do teu pobo

Da vértigo?
Si claro, moito. Pero ao mesmo tempo a min emocióname dun xeito incrible. Creo que non hai cousa da que te poidas sentir máis orgullosa que, primeiro ser galega e segundo ser alcaldesa do teu pobo. Pódenche pasar moitas cousas boas na vida, pero eu creo que esta é unha das máis importantes sobre todo para alguén a quen lle apaixona a política como a min.

Como definiría a Marcos Besada?
Marcos Besada como político é un auténtico monstro. Foi a persoa que transformou esta vila. Foi capaz de reunir un equipo que creu no seu proxecto e o fixo común e con el transformamos Salceda. Para min vai ser o alcalde do ‘cambio’ cada día.

O saber apartarse para que o proxecto que tiña pensado para Salceda puidera continuar adiante, é un exemplo de honestidade política?
Marcos político e Marcos persoa é, fundamentalmente, unha persoa honrada. Tan honrada que foi quen de dar ese difícil paso. Para min, a nivel persoal, resultoume moi difícil aceptar que quixera tomar esa decisión, pero é unha decisión que lle honra. Poucos saen da política coa cabeza tan alta como Marcos Besada. Tanto no eido político como no persoal. Para min é unha persoa á que quero especialmente, é meu amigo antes que o meu compañeiro en política e ao que lle estou tremendamente agradecida.

Aprendín moitísimo del. Cando outros, coa absurda intención de ofenderme, din que son a súa copia, pois que queres que che diga, que estou moi orgullosa de ser unha persoa que aprendeu de Marcos. Evidentemente coa miña personalidade e a miña idea á hora de desenvolver proxectos, pero si é certo que é unha persoa á que hai que imitar porque o bo, hai que imitalo.

Como lle gustaría ser recordada, como primeira alcaldesa de Salceda, dentro dun tempo?
Pois non o sei porque é algo no que nunca pensei. Gustaríame que me lembraran como unha persoa que soubo escoitar, que cometeu algún que outro erro porque errar é inherente ao ser humano, que fixo un bo traballo e como unha persoa que foi quen de achegar certa paz e tranquilidade na vila, que creo que é un pouco o que está a acontecer agora.

Esta tranquilidade que se percibe agora socialmente ten un pouco que ver tamén coa miña personalidade, porque son unha persoa de diálogo, de consensos, con carácter ben é certo, pero que sempre tenta buscar o diálogo para sumar. Quero que se me recorde como unha boa alcaldesa.

A tensión municipal dos primeiros meses diminuíu?
Pois todo apunta a que si. E una das preguntas que fago cando me reúno cos colectivos e o que se percibe é certa calma despois de moita tensión e presión social como a provocada polas obras como falabamos hai uns momentos. Agora respirase unha certa paz e me trasladan de xeito positivo o que se está a facer.

Relacións con outras administracións?
Con algunha comecei cos seus máis e cos seus menos, pero agora estamos nun punto bo. Tanto coa Deputación coa que mantemos unha relación excelente, coma coa Xunta que espero sexa igual. Non estou para ver cores políticas, estou para ver o avance do meu pobo e para iso son quen de falar con calquera administración independentemente da súa cor política. Teño solicitadas tres entrevistas con tres Consellerías para levar adiante proxectos, e no que fai referencia ao progreso do meu municipio e mellora do benestar dos meus veciños e veciñas, non me doen prendas en falar con quen sexa.

Cada día máis alcaldesas, cada día se fala máis de igualdade pero, hai unha certa sensación social de involución neste problema?
Ben, igual podemos ter esa sensación pero só polo feito de que se fala máis de Igualdade. Somos conscientes de que existe un problema social e iso non é malo porque polo menos témolo identificado.

Falabamos outro día que de 61 concellos da provincia, 14 teñen alcaldesas. Certo é que nos últimos anos o salto cuantitativo é moi importante pero queda moito por facer. E eu creo que imos seguir avanzando porque sempre digo que a igualdade non é cuestión de ser máis, ou que se nos recoñeza mais, trátase de ser e ter unha democracia máis xusta. Eu creo que esa é a cuestión.

Se somos unha poboación incluso maior que a dos homes, deberemos ter as mesmas oportunidades e o día que alcancemos esa realidade de unha sociedade igualitaria será, sen dúbida, unha sociedade máis democrática e máis xusta.

Non. Non creo que haxa involución, o que pasa que están moito máis identificados tanto as e os que estamos a favor desa igualdade coma as persoas que están en contra. Estes agora, polo menos, teñen cara, teñen apelidos e están identificados cunha siglas. Como case que todo na vida, cando tes identificado o amigo e o inimigo os teus esforzos e o teu traballo está mellor enfocado e é máis produtivo.

As mulleres para medrar na política teñen que estar mellor preparadas que un home porque lles é moito máis difícil chegar?
Non só en política. En todas as cousas. A nosa dificultade na vida é, básicamente, en que tes que ser nai, tes que ser parella, tes que levar unha casa, en casos tes que encargarte de familiares dependentes e a iso tes que engadirlle moitas horas no traballo e, tradicionalmente, todo iso recae na figura da muller. Esa dificultade, tamén é certo, que nos fai máis fortes e á vez máis sensibles. Por iso que nos custa chegar, pero cando chegamos nótase. Utilizamos a frase unha vez máis, non somos nin mellores nin peores, somos distintas.

Non é que non me gusten as redes sociais pero creo que, agora mesmo, nas redes sociais falta unha parte de verdade. As redes sociais amosan unha realidade a medias

Debe ser a única alcaldesa que non utiliza as redes sociais, non lle gustan?
Non teño redes sociais persoais, teño a do Concello e incluso a de Movemento Salceda como órgano político. Non é que non me gusten as redes sociais pero creo que, agora mesmo, nas redes sociais falta unha parte de verdade. As redes sociais amosan unha realidade a medias.

Na vida política como na persoal, hai cousas boas e cousas malas e a xente ten que ser amosada na súa totalidade. Na vida política non todo son éxitos, hai cousas do día a día que supoñen un esforzo tremendo que son difíciles e que non se exhiben nas redes sociais.

Na vida persoal pasa o mesmo. Parécenme un escaparate co que non estou totalmente de acordo pero é unha visión miña, particular e persoal. A xente que me coñece sabe cal é o meu punto de vista nese sentido. Paréceme correcto institucionalmente porque a cidadanía ten que saber, en cada momento, en que se está a investir o seu diñeiro pero, a nivel persoal, non as considero importantes.

Nós, nestes últimos anos sufrimos un auténtico acoso e derrubo por perfís falsos e creo que detrás das redes sociais e destes perfís ocultase a destrución. Unha cousa é a liberdade de expresión e outra moi diferente utilizar as redes para ataques persoais, para denigrar, mentir e non podo estar de acordo con esta liña. Para min en política, non vale todo.

Sei que a cidadanía de Salceda é intelixente para saber distinguir estas cousas. Eu confío na intelixencia dos meus veciños e veciñas para discernir o que hai detrás desas informacións.

Que conste, o quero deixar claro, que a min moléstame igual a que cor insulten, é algo igualmente rexeitable e algo que nunca vou apoiar nin entrar nese xogo sucio. De feito nin a través das redes de Movemento Salceda e moito menos dende as do Concello, fixen este tipo de ataques e polo tanto non os consinto.

E certo que, nos momentos máis duros de acoso que tivemos, en Movemento Salceda vímonos na obriga de saír ás redes para informar da realidade, pero sen entrar na bola de ataques e inxurias.

Moléstanlle os ataques puramente políticos?
Molestarme non, dóenme porque son moi sensible. Dóenme no momento pero son unha persoa que pensa moito, que analiza e que lle da as cousas a importancia que teñen. A vida é marabillosa, fermosa, composta de un montón de cousas importantes que a min me equilibran e si, os ataques políticos doen, pero nada máis.

Apréndese dos erros?
Por suposto. É fundamental, pero non só en política. Na vida mesma unha ten que aprender dos erros e ten que asumilos. Aquí ninguén é perfecta. Cometes un erro e tes que pensar que para a próxima vez tes que estar máis atenta para que non volva a acontecer.

O PXOM para cando?
Pois ese un dos dous aspectos fundamentais do urbanismo de Salceda, o PXOM e a modificación puntual do Cerquido, onde están concentradas a maior parte das nosas industrias. Son dous temas moi ligados porque a modificación puntual do Cerquido sería unha peza do propio PXOM que é un documento importantísimo para este municipio. Esta ten que ser a lexislatura de impulso do PXOM.

Un municipio que crece…
Esa é a historia. Escoitaba datos alarmantes de que somos a autonomía que máis poboación perde de toda España e eu, mentres escoitaba estas novas, pensaba que en Salceda temos futuro e un futuro extraordinario que, ás veces como dicía antes, me inquieta polo de ‘morrer de éxito’, pero por outra prodúceme unha alegría tremenda porque nos di que estamos vivos. En Salceda hai moitísima vida. Polo tanto é necesario aprobar este Plan Xeral que nos permita ter pavillóns novos, espazos para a súa instalación, estabilizar unha zona tan importante no industrial, laboral e formativo como é O Cerquido.

Temos por diante un reto apaixonante e que cremos que, neste mandato, ten que ir. Temos que aproveitar esta estabilidade, a compenetración deste equipo, a concordancia entre as dúas partes que formamos parte do Goberno e impulsalo. Temos claro que é unha parte fundamental dos acordos de Goberno e sacarémolo adiante.

Gustaríalle que fora por unanimidade?
Encantaríame.

Pero é un desexo máis utópico que real, ou non?
Pois non o sei. Ao mellor neste mandato incluso cambia esa forma de ver as cousas. Eu teño que ver o ben dos meus veciños e veciñas. Poñamos por exemplo o caso do saneamento de Soutelo e Entenza. Se eu teño que ir da man de Santiago Rodríguez Davila, (portavoz do PP), á Xunta á que nos reciba a conselleira, eu non teño ningún problema porque sei que o obxectivo é conseguir un servizo para os meus veciños e veciñas. Alá cada quen para que logo faga a venta política que queira. Ao mellor, igual non me é rendible políticamente a min, pero iso dáme igual. Eu o que vou conseguir é que a veciñanza teña un servizo fundamental e iso, como alcaldesa, é o traballo que teño que facer.

Como son as relacións coa oposición?
A relación é boa. Fan o seu traballo de oposición. As veces me gustaría que fora máis doado para chegar a puntos de acordo e proxectos comúns que beneficien ao municipio e trataremos que así sexa, a través do diálogo, facéndoos partícipes da toma de decisións, cousa que as veces por falta de tempo non é posible, pero eu, repito, son persoa de diálogo, gústame a política de xestos.

Por exemplo, nesta pasada Festa dos Callos invitei a Chicho (José Manuel Fernández Rodríguez, alcalde de Salceda do PP durante 31 anos) a formar parte dos actos institucionais e foi un xesto porque, honradamente, creo hai que ver a política dende outro punto de vista.

Hoxe tócame a min ser alcaldesa, pero os alcaldes como Chicho e Marcos teñen que estar presentes na vida política deste concello porque forman parte da súa historia. Con erros, con acertos e que, independentemente das cores políticas, formaron parte desta vila, seguen a formar parte dela e se eu podo seguir facéndoos participes, o seguirei facendo.

Nigrán amosa á Xunta os beneficios do proxecto de mellora da seguridade viaria na contorna de Ureca

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, visitou o remate das obras de mellora da seguridade peonil na contorna de Ureca (PO-552). Este acondicionamente non se contemplaba no proxecto inicial da Consellería de Infraestruturas, pero grazas ás alegacións realizadas polo Concello de Nigrán posteriormente incorporouse a realización dun itinerario peonil na zona.

“Estamos moi satisfeitos de que se teñan escoitado as nosas reclamacións e non temos dúbida de que deste xeito, falando entre as dúas administracións, este proxecto é máis beneficiosos para Nigrán”, indicou o rexedor en referencia á realización dun itinerario peonil seguro desde a rotonda de Ureca ata a rúa Rans ou ao mantemento da regulación semafórica á altura de La Pintora (así como a conservación da zona de aparcamentos).

“Ata agora esta zona só dispoñía dun único itinerario peonil moi complexo a pesares de ser unha zona moi transitada, dado que desde aí se entra ao sendeiro do Río Muíños ou ás instalacións deportivas. Para o Concello resultaba imprescindible que quedase conectado mediante beiravías coa rúa Rans. Ao fin se crea un tramo seguro e accesible que une A Ramallosa co centro de Nigrán, xa que ata agora era discontinuo e inviable”, subliña González.

Paralelamente, tamén a través das alegacións, o Concello acadou que se manteñan os semáforos instalados hai máis de catro anos á altura de La Pintora, xa que como medida de seguridade demostraron funcionar moi ben, mentras que o aparcamento próximo é vital para todos os negocios alí existentes.

Ponteareas adianta unha nova convocatoria de axudas de 150.000 euros ás traídas de augas

O alcalde de Ponteareas, o nacionalista Xosé Represas, adiantou este venres que o Concello ten previsto realizar nas vindeiras semanas, unha nova convocatoria de axudas para obras nas traídas veciñais de augas por importe de 150.000 euros, axudas que se financian con fondos propios do Concello.

Represas, que fixo balance desta pioneira convocatoria de axudas, destacou a excelente acollida que tivo esta iniciativa que permitíu realizar investimentos por importe superior a 400.000 euros en 28 traídas veciñais de 14 parroquias, sumando as axudas do Concello 299.000 euros. Entre as obras realizadas figuran melloras nos sistemas de captación de auga, sistemas de almacenamento e potabilización (depósitos, filtración, decantación, etc.) e melloras nas redes de distribución de augas.

O alcalde ponteareán, que salientou a “labor desinteresada que realizan estes colectivos para contar cun servizo básico e de calidade”, convocará ás Xuntas Directivas das traídas veciñais de augas para dar a coñecer a nova convocatoria, antes da apertura do prazo de presentación de solicitudes. Un dos principais obxectivos neste ano 2020 é beneficiar as traídas que non percibiron axudas nestes anos, priorizando nas bases as obras nas comunidades de usuarios que estén nesta situación.

Igual que nos últimos dous anos, o Concello subvencionará cun 80 % o importe das obras. A convocatoria será de forma transparente e por concurrencia competitiva, “estas axudas son unha obriga para o Concello e un dereito para os veciños, por tratarse dun servizo prioritario”.

«Salvaterra sen barreiras» ou como permitir a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora

O IES Salvaterra de Miño fixo entrega ao Concello de Salvaterra de Miño dun estudo titulado ‘Salvaterra sen barreiras’, sobre a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora no casco urbano de Salvaterra de Miño. A iniciativa desenvolveuse dentro do Proxecto  Erasmus + KA3, ACT (Active Citizenship Projects to Enhance Pupils Social and Civic Competenced), un proxecto de Cidadanía Activa para mellorar as competencias social e cívica.

O estudo foi realizado polo alumnado de 3º da ESO da materia de Valores Éticos, coordinado polo profesor de Filosofía e consistiu nun traballo de campo feito polo alumnado de 3º da ESO no curso 2018-2019. Alumnos e alumnas foron observando nas rúas do casco urbano as necesidades e barreiras que podían impedir a mobilidade das persoas con algún tipo de discapacidade. Neste curso 2019-2020 acabaron a redacción e a maquetación do proxecto.

‘Salvaterra sen Barreiras, xurdiu despois dunhas xornadas de formación tanto de alumnado coma do profesorado. Unha vez redactado e entregado o estudo ao Concello, servirá de base para efectuar as posibles modificacións que se precisen para mellorar a mobilidade en Salvaterra de Miño e contribuír a mellorar a calidade de vida de persoas con algunha discapacidade.

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, salientaba que “a habitual colaboración entre as entidades educativas e o Concello dan como froito, unha vez máis, un proxecto conxunto que reverte na calidade de vida da veciñanza de Salvaterra”.

Valcárcel, fixo fincapé na gran importancia deste tipo de iniciativas, “que se enmarcan dentro das liñas de acción do propio Equipo de Goberno que nos últimos meses veñen de invertir na instalación dun salvaescaleiras na Casa de Cultura de Salvaterra, de adaptar os baños, podar as árbores para poder transitar dunha maneira máis segura polas beirarrúas ou a instalación de beirarrúas na PO-400”.

O Entroido do Rosal contará cun premio especial de cara a recuperar esta celebración nos barrios

0

Recuperar as raíces ancestrais sen renunciar ás novas tradicións. Ese é o obxectivo do Concello do Rosal, que este ano ten traballado para que Carnaval e Entroido tradicional convivan dun xeito harmonioso nunha festa “con grande arraigo, trascendencia e seguimento social, unha festa que alimenta o bo ambiente e materializa esa retranca que tanto nos caracteriza”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Por este motivo, ademais do habitual concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se fallará tras o desfile do domingo 23 (11:00 h), este ano haberá un premio especial ao entroido tradicional do Rosal. “Queremos recuperar o entroido por barrios e recoñecer e visibilizar o gran traballo que fai toda a veciñanza implicada, xerando inercias positivas que se trasladen ao ámbito social e educativo. E para conseguir que o entroido perdure é fundamental que o sintamos como parte das nosas vidas, como parte de nós mesmos”, recalca a rexedora local.

Dúas realidades que conviven xa hoxe en día, grazas ao entroido tradicional que se celebra en barrios como Fornelos e Novás, que comezarán coa programación de carnaval o domingo pola tarde. Grazas á implicación da veciñanza e das comisións de festas, en Fornelos haberá ao longo da tarde pasarrúas, inchables, toro mecánico e verbena, mentres que en Novás a subida do maio, os xogos populares e o chocolate quente e a rosca serán os protagonistas da tarde do domingo. Luns e martes estes barrios celebran ademais dúas das actividades tradicionais máis esperadas por veciños e veciñas, a ‘Corrida do galo’ (luns) e as ‘Frixidelas’ (martes).

Dende o Concello quérese “agradecer á veciñanza o labor por conservar estas festas e toda a historia que teñen detrás, con actividades tradicionais que foron capaces de sobrevivir e manterse co paso do tempo, con rivalidades curiosas e sans ente barrios que aínda hoxe perduran, como a coñecida entre Fornelos e Novás”.

As persoas interesadas en inscribirse nalgunha das modalidades do concurso deste Entroido 2020 poderán facelo ata as 14:00 h do venres 14 de febreiro.

Cinco recoñecidas investigadoras vinculadas a Nigrán poñerán en valor o papel da muller nas ciencias

0

A aposta de Nigrán tanto pola igualdade como pola ciencia é indubidable. Así que, dende esa perspectiva, non ía tardar moito o Concello en unir as dúas cousas e organizar unha actividade que servira para poñer en valor o papel da muller na investigación científica. Aproveitando o marco da celebración do ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’ (11 de febreiro), o Concello de Nigrán desenvolverá unha programación especial que, amais dun recoñecemento ao traballo das científicas, é tamén un xeito de promover no alumnado feminino a dedicación profesional a este coñecemento.

A programación, a desenvolver do 10 ao 14 de febreiro, chegará a todos os centros educativos públicos e constará dunha xornada final aberta á participación o venres día 14. Esta última cita será tamén a ocasión na que o Concello de Nigrán recoñeza públicamente a traxectoria de cinco das súas veciñas máis respectadas no eido científico e grazas ás cales se pode levar a cabo a programación: Elena Ojea (directora do grupo de investigación Future Ocean Labs da Universidad de Vigo), Aurkene Belasco (investigadora na Ecimat), África González (catedrática de inmunoloxía na Universidad de Vigo), Luísa Martínez (responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC) e Silvia Torres (Unidad de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar).

Estas cinco investigadoras vinculadas a Nigrán –por nacemento ou residencia–, protagonizarán o día 14 de febreiro desde as 19:30 horas no Auditorio Municipal a xornada de participación e convivencia ‘Namórate da Ciencia’. Este día, cada unha delas contará con cadanseu pequeno laboratorio para amosar ás e aos asistentes o seu traballo dun xeito eminentemente práctico (por exemplo, elaboración de vacinas no caso de África González). Ademais, estarán dispoñibles para responder todas as preguntas que se lles formule durante a sesión. Neste ambiente desenfadado e dirixido a todos os públicos, servirase rosca e chocolate (co obxectivo de reducir residuos recoméndase traer un vaso da casa).

A programación do Concello non remata aquí, paralelamente, desde o luns 10 ao venres 14, as científicas se repartirán para acudir en horario escolar a todos os centros educativos públicos do municipio a ofrecer unha charla na que analizarán o seu traballo desde unha perspectiva de xénero. Luísa Martínez estará o luns 10 na Escola Infantil ‘As Dunas’; o xoves 13, Elena Ojea asistirá ao CEIP Mallón; Silvia Torres ao CEIP Humberto Juanes; Aurkene Belasco e Luisa Martínez ao CEE Panxón, CPI Arquitecto Palacios e CEIP Carlos Casares; e, finalmente, o venres 14, África González acudirá ao IES Proval e IES Val Miñor e Elena Ojea ao CEIP A Cruz (Camos).

“É unha honra para o Concello de Nigrán ofrecer unha programación especial na que as protagonistas son científicas de Nigrán recoñecidas internacionalmente. Estamos moi agradecidas de que nos regalen o seu tempo para achegar o seu exemplo a todo o alumnado de Nigrán e ao resto da veciñanza”, sinala Marina Vidal, edil de Educación. “Neste ‘Nigrán para todos’ que estamos a construír queremos romper todas as barreiras que nos separan e, por suposto, incluímos a fenda de xénero, como é o caso”, engade o alcalde, Juan González.

Elena Ojea

Directora do grupo de investigación Future Ocean Labs da Universidade de Vigo

Curriculum

Aukerne Belasco

Investigadora na Ecimat

Curriculum

África González

Catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo

Curriculum

Luisa Martínez

Responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC

Curriculum

Silvia Torres

Unidade de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar

Curriculum

A Guarda e Povoa de Varzím inician os trámites para o irmandamento entre os dous municipios

0

O Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Póvoa de Varzím comezaron a dar, este pasado mercores, os primeiros pasos do irmandamento entre ámbalas dúas localidades ou o que é o mesmo, facer oficial un sentimento de proximidade e vinculación existente dende hai anos, de xeito ‘non oficial’, entre as poboacións das dúas localidades.

Nesta xuntanza oficial estiveron presentes por parte da Guarda, o alcalde Antonio Lomba, e a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes e, pola parte de Póvoa de Varzín, o presidente da Câmara municipal, Aires Henrique do Couto Pereira e o vicepresidente, Luís Diamantino Carvalho Batista.

A vinculación existente entre os dous municipios remóntase a moitos anos atrás, principalmente a través da actividade pesqueira, onde os mariñeiros refuxiábanse dos temporais de inverno cando saían a faenar nos portos destes municipios, establecendo fortes lazos de amizade e mesmo familiares, destacando moitos nexos de unión coma as marcas dos mariñeiros, os ditos e cancións populares ou a gran devoción existente entre os mariñeiros da Povoa pola Virxe de Santa Trega.

Representantes da Asociación Piueiro, fixeron unha proposta para a creación dunha Comisión Organizadora para o Irmanamento con Povoa de Varzim e esta foi ben recibida polas dúas vilas, iniciando dende xa os trámites para facer efectivo este irmanamento, que fixará as bases para futuras accións entre os dous municipios.

Salceda prepárase para vivir o que é, posiblemente, o entroido máis antigo da provincia

A Casa da Cultura de Salceda foi o escenario elixido para presentar, na mañá de hoxe, o programa do Entroido 2020 do municipio, posiblemente un dos máis antigos da provincia e que dende hai máis de 130 anos mantén o enfrontamento, tan encarnizado coma incruento, entre dos barrios da mesma parroquia: A Feira e Castro Barreiro, do que existe unha primeira referencia escrita en 1888 o que fai pensar que é bastante máis antigo que esa data.

O programa, que se desenvolverá entre o 21 e o 25 de febreiro foi presentado pola alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, acompañada polo concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, e representantes dos dous barrios –Sofía Carracedo e Félix Méndez pola Feira e Arancha Rodríguez e Ana Troncoso polo Barreiro–.

En todo caso, o entroido de Salceda, sabe adaptarse aos tempos sen perder nin unha migalla da súa esencia tradicional. Cambios como poden ser permitir aos ‘maiores’ participar nas comparsas xa que, noutros tempos, só podían participar os mozos e mozas e deixaban de facelo no momento no momento de se casar. Agora, a eliminación dese ‘requisito’ fai que se teña conseguido a implicación, no seu conxunto, de toda a veciñanza.

Outras cousas, tal e como se deixou patente na rolda de prensa, non cambian. Ni cambian nin cambiarán. O secreto que rodea á elaboración das carrozas de ámbolos dous barrios é tal que “so saben como serán as persoas que traballan nela”. Ese ‘secretismo’ marabilloso fai que, ano tras ano, as carrozas e as comparsas de Castro Barreiro e A Feira ou A Feira e Castro Barreiro, sorprendan a propios e estranos. Por se fora pouco, engádese a música en directo que contribúe a darlle un ambiente tan marabilloso como único.

Na rolda de prensa, ámbolos dous barrios, quixeron agradecer “o traballo dos nosos maiores que fai posible manter esta tradición”. Maiores que, co seu saber acumulado e a súa experiencia, contribúen a facer “o mellor carnaval do mundo”.

Todos estes elementos fan que Salceda goce dun Entroido que segue loitando, dende hai anos, por ser declarada Festa de Interese Turístico (outros con menos méritos e historia as costas teñen este recoñecemento). Pero, polo que parece, nin contar cun Entroido centenario nin posuír elementos patrimoniais únicos como os cabaleiros os danzantes e as damas, –antiga tradición felizmente recuperada dende 2018– son ‘méritos suficientes’ para dita declaración.

Un Entroido de ‘tres en un’

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, amosaba a súa satisfacción polo feito de que un pobo ‘pequeno’ de preto de 10.000 habitantes “poida ter tres entroidos en un” xa que, lembraba a rexedora local “contamos cun Entroido Infantil no que participan máis de 1.200 nenos e nenas de 0 a 16 anos desfilando polas rúas; o Entroido ‘institucional’ con máis dun cento de participantes que desfilan o domingo e o Entroido tradiciona co enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira”.

Loli Castiñeira quixo agradecer ao concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, o seu traballo e lembrou tamén que un acontecemento deste calibre “precisa, amais do traballo da Concellería de Cultura, un traballo transversal e coordinado de todos e cada un dos departamentos municipais”. Ese agradecemento quixo a alcaldesa de Salceda, facelo extensivo “aos voluntarios e voluntarias, á Policía Local e Protección Civil sen os que sería imposible poder gozar destes eventos multitudinarios”.

Programa

Venres 21 de febreiro

  • 11:00 Desfile de entroido dos centros escolares.
    • Escola Infantil Xoaniña
    • Escola Infantil A Galiña Azul
    • CRA Raíña Aragonta
    • Cep Altamira
    • IES Pedras Rubias
  • 19:00 Aula aberta de danzas do mundo con Mercedes Prieto. Praza do Concello
  • 20:00 Desfile polas rúas do grupo de batucada OS ESPANTARRATOS da Feira

Sábado 22 de febreiro

  • 16:30 Festa Infantil de disfraces. Parque Raíña Aragonta.
  • 18:30 Actuación do Coliño Bailongo. Parque Raíña Aragonta
  • 20:00 Concerto da Banda Cultural de Salceda. Auditorio Municipal.

Domingo 23 de febreiro

  • 12:30 Rancho de Entroido da Feira acompañado dos Cabaleiros. Praza do Concello
  • 13:00 Desfile dos Cabaleiros polas rúas da vila ata o Parque Raíña Aragonta.
  • 17:00 XXII Desfile de carrozas e comparsas. Saída da Praza da Devesa
  • 19:00 XII Concurso de coplas de Entroido. Praza do Concello.
  • 20:30 Verbena co grupo Nebraska

Luns 24 e martes 25 de febreiro

  • Centenario enfrontamento entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro, con verbenas no dous lados.

Martes 25 de febreiro

  • 17:00 Presentación das Carrozas e Comparsas de A Feira e Castro Barreiro na Praza do Concello, e ás 19:00 no cruceiro de Fontedapedra.

O Concello de Ponteareas elimina un vertedoiro incontrolado en Xinzo

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, procedeu nestes días á eliminación dun vertedoiro incontrolado no barrio de Confurco en Xinzo. “A cidadanía non precisa verter na vía pública porque para iso dispón dun servizo gratuíto de recollida e dun punto limpo cun amplo horario. A día de hoxe cos servizos de recollida e tratamento de lixo dos que dispón a cidadanía, non se poden consentir estas actitudes incívicas”, sinalou a responsable de Medio Ambiente.

Covelo pediu a colaboración da cidadanía “para conseguir unha vila máis limpa e rematar coa estampa dos enseres abandonados na contorna dos colectores de lixo fóra do día sinalado para a recollida”. A concelleira lembrou que os venres a primeira hora da mañá “o servizo de recollida de enseres atende á demanda da veciñanza polo que os obxectos non deben ser depositados xunto aos contedores antes dos xoves ás 21 horas”.

O servizo de recollida de enseres é totalmente de balde e ofrécese de xeito semanal tan só tendo que chamar ao teléfono 986 640 307.

Finalmente, Rosa Covelo solicitou tamén a colaboración cidadá “para denunciar este tipo de actitudes que afectan á boa convivencia e atacan ao medio ambiente”.

Quince persoas desempregadas de Salceda formaránse en servizos de bar e cafetería

O Concello de Salceda vén de abrir o prazo de presentación de ofertas para a contratación da acción formativa denominada Certificado de profesionalidade HOT327_2 Servizos de bar e cafetería, enmarcada dentro do Programa Integrado de Emprego do Concello de Salceda de Caselas. Así, ata o vindeiro 18 de febreiro, as empresas que o desexen poderán presentar as súas ofertas para a realización da totalidade dos trámites de xestión da mencionada acción.

Garantindo absoluta transparencia no proceso, o Concello ven de facer públicas as bases da convocatoria na Plataforma de Contratos de Galicia (www.contratosdegalicia.gal), e conta cun orzamento base de licitación de 25.280 €, lembrado ademais que se trata dunha actividade exenta de IVE.

Trátase dun módulo formativo de 640 horas, nas que se inclúen 80 horas de prácticas en empresas. A finalidade é que as 15 persoas que poderán acceder a esta formación poidan solicitar a expedición do título oficial ante a Xunta de Galicia, mellorando deste xeito a súa empregabilidade. A formación desenvolverase no CDL O Torrón, no que o Concello de Salceda centraliza tódalas actividades da área de formación e emprego.

A concelleira de Formación e Emprego, Verónica Tourón, non dubidou en cualificar esta formación como “unha grande oportunidade para persoas desempregadas, nun sector como o da hostalería que o que demanda é a profesionalización”. Tourón fixo tamén especial fincapé no feito que “a licitación de servizos forma parte da liña marcada por este goberno de transparencia e participación”.

O Programa Integrado de Emprego atende a 100 persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificadas, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes.

As persoas beneficiarias participan nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante os 12 meses de duración do programa. Ademais da formación que se agrupa en catro itinerarios formativos: Administración e atención ao cliente, almacén, produción industrial e hostalería, ademais prácticas en empresas da zona coas que o Concello establecerá convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, que cualificaba de “prioridade” para o Goberno que preside “as políticas de benestar, incluídas as de emprego”, lembraba que Proxecto Integrado de Emprego “supón un importante esforzo administrativo para este Concello, pero seguiremos a poñer todo da nosa parte na busca dos mellores datos para a nosa veciñanza”.

A alcaldesa do Porriño cualifica a licitación do proxecto para suprimir o paso a nivel “o maior avance ata agora acadado”

Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, recibiu “con moita satisfacción” a nova comunicada este mediodía polo ADIF que resolveu licitar o contrato para a redacción do proxecto de supresión do paso a nivel polo centro do Porriño. A rexedora local porriñesa valorou esta licitación como “o maior avance acadado ata de agora polo Concello do Porriño nas xestións realizadas ante o Ministerio de Fomento”, declarou.

O orzamento do contrato de licitación “xa acredita a complexidade da actuación” dixo Eva Garcia que din entender que “o ADIF queira revisar todas as posibilidades para a supresión do paso a nivel”.

A alcaldesa indicou ó respecto que “satisfacenos que o ADIF tomase en consideración a complexidade do enclave, extremo que nos transmitimos nas sucesivas reunión e que polo tanto busque a mellor solución técnica posible”. Ainda que a rexidora aclarou que “Porriño considera irrenunciable acadar o soterramento da liña férrea”.

A alcaldesa porriñesa lembrou que “o avance de hoxe conectase coas xestións realizadas por mín ante o ADIF en 2018 e no pasado mes de setembro de 2019”.

A nota do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias licita o contrato para a redacción do estudo xeotécnico, de alternativas, proxecto básico e proxecto de construcción. O comunicado engade que “debido á proximidade de vivendas e a súa densidade, a supresión do paso entrana unha especial dificultade técnica e ten sido obxeto de debate no que atinxe a plantexamentos e propostas anteriores”.

O ADIF cita que diariamente cruzan o paso a nivel con dobres semibarreras 6.500 vehículos diarios, ademáis de que xcruzan numerosos peons e hai 33 circulacións ferroviarias diarias.