11.8 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasA Concellería de Mobilidade de Ponteareas revisa a regulación de estacionamentos e...

    A Concellería de Mobilidade de Ponteareas revisa a regulación de estacionamentos e o acceso de vehículos ás áreas peonís

    A concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera está realizando unha revisión e análise do funcionamento dos aparcamentos ubicados na vila e proximidades así como do acceso de vehículos a zonas peonís ou restrinxidas. Ademais dos estacionamentos situados en terreos cedidos ao Concello, nos que se realizaron controis para coñecer o nivel de ocupación en horarios e días diferentes, estase revisando o funcionamento da zona azul, para avaliar melloras a introducir e a súa posíbel ampliación a outras rúas.

    Ao anterior engádese a revisión do funcionamento do aparcamento do Mercado Municipal, que se modificará en breve para asegurar que sexa empregado só por clientes desta área comercial e evitar a fraude xeralizada que se ten detectado na utilización desta área, a revisión tamén do aparcamento do Centro de Saúde onde se observan tamén problemas de saturación e estacionamentos indebidos que dificultan a circulación de vehículos ou o aparcamento do complexo deportivo Álvaro Pino, utilizado para estacionamentos de longa duración por parte de vehículos alleos ao uso desas instalacións.

    Rúa Oriente

    Tamén se abordará o estacionamento nas inmediacións dos centros de ensino, tal e como xa se fixo no IES O Barral, “onde hai un mes se mellorou sustancialmente a mobilidade e seguridade”, salienta Mera. Ademais, estudaranse posibeis formas de colaboración estábel coas áreas comerciais que dispoñen de aparcadoiros privados na vila.

    En canto a accesos a zonas de tráfico restrinxido estase revisando a regulación actual de accesibilidade en vehículo a motor e estacionamento en zonas restrinxidas como Rúa de Oriente, Praza Maior, Rúa da Esperanza e Rúa Rogelio Groba. A concellaría pretende establecer unha regulación clara e precisa nestes espazos e crear os mecanismos e instrumentos necesarios que permitan á Policía Local controlar o cumprimento da regulación.

    En canto ás queixas de peóns pola presenza indebida de vehículos en zonas como a rúa de Oriente e Praza Maior, Mera adiantou que “na revisión que faremos destes espazos escoitaremos todas as opinións, pero este goberno aposta claramente por poñer estes espazos públicos ao servizo da xente restrinxindo ao mínimo imprescindíbel a presenza de vehículos”.

    O edil de Tráfico e Mobilidade non comparte as queixas dalgúns comerciantes da zona, pois “existe un aparcadoiro a 50 metros da Praza Maior” e dacordo cos controis feitos pola Policía Local nos últimos tres meses, ese aparcadoiro polas tardes apenas acada o 30 % de ocupación e polas mañás nunca supera o 70 % agás os sábados de mercado que en ocasións puntuais chega ao 100 %”.

    A revisión que está realizando desde hai varios meses a área de Mobilidade e Tráfico é paralela á redacción e próxima aprobación do Plan de Mobilidade de Ponteareas, que xa foi entregado por parte da empresa redactora do mesmo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.