10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoLola López Mondéjar, “o século XXI estanos amosando unha ensinanza moi desvalorizada”

    Lola López Mondéjar, “o século XXI estanos amosando unha ensinanza moi desvalorizada”

    A psicoanalista, escritora e docente Lola López Mondéjar puxo este xoves o broche de ouro á 'V Semana da Educación de Tomiño'

    A psicoanalista, escritora e docente Lola López Mondéjar puxo este xoves o broche de ouro á V Semana da Educación de Tomiño nun auditorio de Goián ateigado ante o que fixo unha diagnose da “educación antropocénica que está a sufrir a sociedade contemporánea”. E foi moi contundente: “Non estamos preparando aos individuos para o mundo que se aveciña, un mundo que non terá nada que ver co que estamos a vivir nós agora mesmo”.

    Os tempos cambian e con eles o tipo de educación que se lle da a nenos e nenas. López Mondéjar recordou ao público asistente a educación autoritaria do século XIX, unha educación “cunha trastenda escura pero na que se recalcaban valores de pertenza á familia, ao matrimonio… sempre dende a represión”. Mentres, como explicou a psicoanalista, “o século XXI estanos amosando unha ensinanza moi desvalorizada na que os únicos valores que se impoñen son os do capitalismo voraz, cunha ideoloxía de consecuencias dramáticas. A sociedade actual identifica a felicidade co consumismo, cunha fame de obxectos que cremos que se somos capaces de satisfacer acadaremos o noso benestar”.

    López Mondéjar sinalou dous conceptos fundamentais que definen hoxe en día a educación en familia: por unha banda a sobreprotección e, por outra, a percepción de nenos e nenas da indiferenza parental, “porque ao abandonar o autoritarismo e entrar nun sistema de educación ultra tolerante os nenos e nenas experimentan esa sensación de abandono ou son realmente abandonados e acaban refuxiándose nas pantallas”.

    Neste sentido, a escritora recalcou unha idea clave: os nenos deben aburrirse. “O aburrimento é unha ferramenta fantástica para a exploración persoal que desemboca en fantasía, en creatividade… Impoñemos aos nenos e nenas un sistema no que en lugar de ofrecer un goce que debería pasar pola imaxinación e o xogo creativo, ofrecemos un desfrute máis semellante ao das persoas adultas, un desfrute que deixa cativos e cativas hiperconectados, nos que aumenta o individualismo e o narcisismo infantil e que impide que xurda o pensamento crítico”, salientou Mondéjar.

    Un sistema, que como quixo destacar Lola López Mondéjar, que deixa futuras persoas adultas “carentes de mundo interno, que son guiados dende fóra, extremadamente manipulables” que están hiperadaptados, hiperconectados, hiperdiagnosticados e hipersexualizados.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.