11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiMagín Blanco e Teatro Ghazafelhos presentan o sábado «A nena e o...

    Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos presentan o sábado «A nena e o grilo do máis aló» no Teatro Municipal de Tui

    Este espectáculo músico teatral vai dirixido a público familiar dende os 3 anos

    Un espectáculo musico-teatral é o que chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos. O público poderá gozar dende ás 18:30 h con ‘A nena e o grilo máis aló’, a última entrega de ‘A nena e o grilo’ o musical infantil galego que presenta novas aventuras dos seus protagonistas.

    A nena o grilo, esmagan a súa amiga Xertrude, unha araña, polo que buscarán o xeito de devolvela á vida. Uns artistas ambulantes vannos guiar a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. O resultado é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Sobre o escenario estarán Magin Blanco, Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, Magín Blanco e Cristian Legiero.

    Magín Blanco iniciou hai uns anos co álbum ‘O país das Apertas’ o proxecto musical de A Nena e o grilo. Continuou con ‘A nena e o grilo nun Barquiño’ xa coa colaboración de Teatro Ghazafelhos. Pepablo Patiño, o autor desta peza, no texto abre a porta aos soños e a explorar, a traballar sobre a amizade, o medo e a importancia de recoñecer os erros e afrontar os medos.

    O espectáculo, cunha duración de 60 minutos, vai dirixido a público infantil e familiar dende os 3 anos e as entradas están xa a venda en www.culturatui.info até o sábado ás 12 h e o sábado dende ás 17 h no despacho de billetes aos prezos de 4 € e 3 €.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.