Sábado, 19 Xullo de 2025

Mos inicia por oitavo ano consecutivo un novo exercicio orzamentario coa conxelación de impostos

0

O goberno de Mos segue coa a súa política fiscal, iniciada hai oito anos, tendente  a non incrementar a presión fiscal da cidadanía. As cotas que se pagan polos tributos municipais son as mesma dende hai case unha década. Este ano, o goberno tivo moi en conta a situación de crise económica que se está a vivir por mor da Covid-19, e decidiu non modificar os impostos locais  de tal xeito que non se aumentasen ningún dos tributos (IBI, IAE, Imposto de vehículos ou taxa de lixo), a pesar das necesidades que cada ano se ven incrementadas: tales como:  maior gasto social, mais e mellores instalacións deportivas e lúdicas, novas inversións, entre outras.

Ao mesmo tempo cumpre lembrar que ao longo do ano 2020 se tiveron suprimido unha serie de tributos que no ano 2021 non se van recuperar. Nos referimos á taxa de terrazas, quioscos, venda ambulante, publicidade, ocupación de voo en vías públicas, etc. Isto vai reverter especialmente, nos autónomos e pequenas empresas, sobre todo na hostalería, que teñen unha menor carga fiscal para poder continuar coa súa actividade económica.

De igual xeito o Concello de Mos ven de aprobar en Pleno importantes cambios para ofrecerlle á veciñanza facilidades de pago nos tributos que xestiona directamente.

O obxectivo é dar continuidade ás datas de cobro que se veñen empregando nos derradeiros anos para garantir que o cidadán coñece as mesmas e facilitar o pago destes conceptos. Agora ben, ao mesmo tempo quere ampliarse o prazo en cada tributo local que cobramos directamente de xeito periódico, de tal forma que se dean maiores opcións de pagamento segundo as necesidades e interese de cada contribuínte.

Así amplíase un mes o prazo para o pago nos tres tributos periódicos que se cobran polo Concello e que son a taxa por recollida de lixo, taxa de vaos e imposto de vehículos de tracción mecánica.

O Concello tamén vai por en marcha unha campaña de domiciliación, ofrecendo á veciñanza a posibilidade de poder fraccionar o pago en 2 prazos co Plan Especial de Pagos (PEP) que actualmente posúe a administración local mosense. Isto é completamente gratuíto e non xerará ningún tipo de recargo ou interese para o administrados.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama á ciudadanía a doar nesta ponte festiva de decembro

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da ponte festiva do mes de decembro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns do tipo A Positivo, xa que, no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades deste grupo sanguíneo. Neste sentido, lembrar, ademais, a importancia da necesidade de incrementar nos vindeiros días o número de doazóns dos demais grupos, e especialmente do Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal.

Os períodos vacacionais e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación da cidanía, xa que pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Neste sentido, lembrar que, todos os días do ano, precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir os compoñentes sanguíneos que necesitan os nosos hospitais.

Desprazamentos

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, ao longo destes días, máis de 40 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración da cidadanía e efectuará os seguintes desprazamentos:

DATACONCELLOS
Luns 7 de decembroPraza de España (Ferrol), Cambre, Oseiro e Pastoriza (Arteixo), Bertamiráns (Ames), Arzua, Marín, Nigrán, Baiona, Alfoz, Ronda das Fontiñas (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense)
Mércores 9 de decembroAlcampo (Ferrol), Campus de Elviña e Barrio de Labañou (A Coruña), Ponteceso, Santa Comba, Palmeira (Ribeira), Cuntis, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Pazos de Borbén, Chantada, Petín, Larouco, Barrio do Vinteún (Ourense)
Xoves 10 de decembroMiño, Repsol A Coruña, Urbanización Matogrande (A Coruña), Carral, Milladoiro (Ames), Praza de Galicia (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra), Moraña, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Zona As Travesas (Vigo), Ribadeo, Campus de Ourense
Venres 11 de decembroAs Pontes,  Repsol A Coruña, Cantón-Obelisco (A Coruña), Barrio do Ventorrillo (A Coruña), Noia, Centro comercial As Cancelas (Santiago), Ribadumia, Porriño, Zona As Travesas (Vigo), Viveiro, Ribadavia
Sábado 12 de decembroAs Pontes, Cantón-Obelisco (A Coruña), Noia, Catoira, Porriño, San Cosme de Barreiros

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGOLuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑALuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROLLuns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGOLuns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSELuns e venres das 15:00 ás 22:00 horas Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRALuns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGOLuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Pode atopar máis información no seguinte código QR:

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

Empresarios tudenses e o Concello promoven unha campaña de bonos agasallo coma alternativa as ceas e aguinaldos de Nadal das empresas

0

“En Nadal Tui QuereTui” é o lema da campaña de bonos agasallo presentada na Casa do Concello de Tui. Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, o representante de EMPRETUI, Abel Vila, o presidente da Asociación de empresarios/as de Areas, Giorgio Casoni, e interviu Jesús Vaz e Manuel González da empresa Coplegal S.L.

O obxectivo da Campaña “En Nadal Tui QuereTui” é contribuír a paliar os efectos do peche da hostalería, as perdas no sector turístico e a baixada de ventas no comercio. As empresas que, tradicionalmente veñen celebrando as ceas de Nadal e que este ano non se poderán celebrar, poderán nestes tempos de pandemia agasallar aos seus traballadores e traballadoras con bonos para desfrutar en establecementos comerciais e de restauración e aloxamento de Tui. A iniciativa partiu dos empresarios de Coplegal S.L, Jesús Vaz e Manuel González.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asegurou que “esta iniciativa tan solidaria chega nun momento moi difícil para Tui no que, debido ao peche perimetral e ao peche da hostalería, está en risco a vialibilidade de moitos negocios”. Agradeceu tamén aos empresarios de Coplegal S.L e as asociacións participantes a súa colaboración. Afirmou tamén que “a responsabilidade social das empresas é fundamental na recuperación económica”.

A concelleira de Comercio, Ana Núñez, explicaba que esta campaña “fai unha chamada a solidaridade das empresas para que agasallen os seus traballadores tarxetas regalo como alternativa ao tradicional aguinaldo e as comidas e ceas de empresa no nadal, co obxectivo de contribuir a paliar os efectos do peche continuado no sector hostaleiro, as perdas no sector turístico e a baixada de vendas no comercio”. Engadía a concelleira que “este xesto solidario  permitirá axudar a moitas familias que levan moito tempo cos seus locais pechados ou baixo mínimos”.

Na presentación os representantes de ACITUI, Juan Carlos Blanco, e o de EMPRETUI, Abel Vila, explicaron o funcionamento destes bonos. As empresas que queiran agasallar cun destes vales aos seus empregados e empregadas, poderán facelo dirixíndose a ACITUI se o que desexan é regalar un bono para o comercio local, e a EMPRETUI se o que queren é agasallar cun bono de hostalería e aloxamento. Os beneficiarios destes cheques terán até o 30 de xuño para desfrutar do seu bono en Tui. As papeletas son numeradas e en ningún caso poden ser intercambiadas por diñeiro en efectivo.

Jesus Vaz da empresa Coplegal S.L, de quen partiu a idea xunto ao seu socio Manuel González,  que plantexaron esta iniciativa para non perder as tradicións de Nadal das empresas  ao tempo contribuír  á mellora da economía tudense.

O presidente da Asociación de empresarios e empresarias do Polígono de Areas, Giorgio Casoni, asegurou que a iniciativa está a ter unha moi boa acollida no tecido empresarial de Tui, con varias empresas xa interesadas en participar.

Os establecementos  de Tui que estean interesados en participar nesta iniciativa poden adherirse até o domingo 13 de decembro cumprimentando o formulario dispoñible na web municipal www.tui.gal. Mentres as empresas que desexen agasallar aos seus traballadores e traballadoras con este bonos poderán optar entre AGASALLA COMERCIO LOCAL, para o que se deben pór en contacto con ACITUI (986 60 75 56 – [email protected]), ou AGASALLA HOSTALERÍA E ALOXAMENTO para o que se deben dirixir a EMPRETUI (604 03 27 31 – [email protected]) solicitando o número de tarxetas que precise co importe que desexe. Logo a persoa beneficiara terá até xuño de 2021 para consumir o importe íntegro da tarxeta nun único establecemento entre os que figuren na listaxe de adheridos á campaña.

A Xunta concede una axuda de 300.000 euros para a adquisición da Casa Peralba en Gondomar

0

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concede unha axuda de 300.000 euros ao Concello de Gondomar do programa Fondo de Cooperación, para adquirir a Casa Peralba co fin de rehabilitala.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira González, veñen de asinar telematicamente un convenio de colaboración que lle dará acceso a este municipio ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento para apoiar aos concellos de menos de 50.000 habitantes no financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

En concreto, a achega económica comprometida pola Xunta permitiralle ao Concello dispoñer deste orzamento para financiar facerse propietario deste inmoble, unha mostra interesante da arquitectura civil da vila, construída aproximadamente no ano 1919.

O conxunto está constituído por unha edificación principal destinada a vivenda principal e unha serie de construcións auxiliares e vivenda do servizo ou garda. A parcela de bastante amplitude e acondicionada, como complemento da vivenda; conserva un lavadoiro, un pombal, hórreo e franxas de terreo en socalcos con restos de columnas de pedra, para emparrados. Todo o conxunto constitúe un inmoble de gran interese para a súa posterior rehabilitación como equipamento municipal.

Novas solicitudes de financiamento por 2,2 millóns

Cómpre lembrar que o Fondo de Cooperación do IGVS se puxo en marcha no ano 2017, cunha dotación inicial de 10 millóns de euros e co obxectivo de facilitarlle aos concellos o financiamento necesario para acometer proxectos de rehabilitación mediante a concesión de préstamos sen xuros. Grazas aos compromisos asumidos vía convenio durante o período 2017-2019, outorgáronse xa 4,98 millóns de euros para garantir a execución de 18 actuacións de rehabilitación e conservación de inmobles nunha decena de municipios. Ademais, ao abeiro da convocatoria do Fondo realizada este ano –cuxo prazo para a presentación de solicitudes abriuse o 7 de xullo e rematou o pasado 1 de outubro- estanse tramitando peticións por un importe global de 2,2 millóns de euros.

O proxecto Manufactur 4.0, no que participa a Xunta, permitiu incentivar a implantación das tecnoloxías 4.0 no sector naval e metalúrxico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou na xornada en liña de peche do proxecto europeo Manufactur 4.0, que lidera a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño e que está financiado a través de fondos Feder do programa Interreg VA España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). O obxectivo deste proxecto é transferir de xeito efectivo as novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo á industria do sector naval e metalmecánico.

A directora de Gain explicou que esta iniciativa acadou un efecto incentivador da implantación das tecnoloxías 4.0 na industria naval e metalmecánica da Eurorrexión
Galicia-Norte de Portugal grazas á intensificación das relacións entre os centros tecnolóxicos e as empresas. Concretamente, desenvolvéronse sete proxectos piloto demostradores en dez empresas da Eurorrexión para validar a transferibilidade dos resultados do proxecto cara a industria.

Argerey confirmou que ao longo dos tres anos de execución do proxecto se puideron evidenciar os beneficios da adopción da Fábrica 4.0 no cambio, crecemento e modernización do sector transfronteirizo. Por este motivo, a directora de Gain anunciou que a Xunta de Galicia se compromete a seguir impulsando medidas que aumenten a competitividade do sector, a través do aumento da súa intensidade tecnolóxica, diversificación, especialización e innovación, a través de instrumentos como o programa de Fábrica Intelixente ou os Hubs de Innovación Dixital, que contarán cun orzamento para 2021 de 45 millóns de euros.  

Presentación de resultados

Ao longo da xornada presentáronse os resultados do proxecto europeo e o vicerreitor de   Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Salvador  Naya Fernández, expuxo a experiencia práctica da Unidade Mixta de Investigación promovida por  Navantia e a  Universidade da Coruña, co apoio da Xunta de Galicia, en torno ao Estaleiro do Futuro.

En canto á presentación dos resultados acadados polas entidades socias, explicouse o deseño, validación e tecnoloxías desenvolvidas no proxecto para impulsar ao sector naval e metalúrxico, os perfís profesionais necesarios e contidos formativos elaborados sobre as tecnoloxías impulsadas no marco do proxecto, así como as misións tecnolóxicas directas e inversas para compartir o coñecemento e coñecer outras boas prácticas fóra da Eurorrexión.

Este evento finalizou cunha mesa de debate na que participaron representantes de  Aclunaga e Aimen, entre outros, xunto a Salvador Naya Fernández  para reflexionar sobre o futuro próximo do sector naval galego. No proxecto participaron seis socios de Galicia e Norte de Portugal: Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM), Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnologia e Ciência (INESC TEC) e a Agência Nacional de Inovação (ANI) -procedentes de Portugal- e a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Asociación de Investigación Metalúrgica do Noroeste (Aimen) e a Asociación Clúster Naval Galego (Aclunaga) –pola parte galega-.

Arranca a campaña solidaria de Nadal de recollida de alimentos coas primeiras doazóns de empresas mosenses

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, recibiron na Casa Consistorial aos primeiros empresarios en sumarse un ano máis a esta campaña de aportación de alimentos destinados á campaña Nadal Solidario de Mos Axuda.

Nadal Solidario é unha campaña anual de recollida de alimentos que o Concello de Mos organiza para que ningunha familia mosense quede sen celebrar as festas navideñas.

Mos Axuda é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.

As empresas presentes: Noribériva, Recoclajes Avi e Afamsa son tres empresas que ademáis de colabora todos os anos nas campañas de nadal, véñeno a facer de xeito habitual desde o mes de marzo, cando comezou a pamdemia, volcados completamente en axudar ao Concello a paliar as necesidades das familias. Ao longo de 2020 repartíronse 40 toneladas de alimentos e tarxetas para compra de producto fresco nos supermercados de Mos valoradas nun total de 21.000€

Ademais da doazón por parte destas tres empresas, cóntase tamen coa incondicional colaboración da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, e moitas outras empresas tales como Pesca Puerta, Autos Rivada, Tecdisma… que xa confirmaron a súa participación nesta especial edición  2020.

Seguindo coa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, dende o concello solicitan a colaboración de toda a sociedade nesta campaña de nadal 2020 que ademais é unha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias provocada pola crise sanitaria da Covid-19; deste xeito a recollida faise extensiva tamén aos colexios de Mos, ao Instituto, ás asociacións veciñais e culturais e ó Belén do Pazo de Mos; onde as persoas interesadas en colaborar con esta campaña solidaria poderán depositar a súa doazón de alimentos ata o vindeiro día 18 de decembro.

Grazas a todas estas aportacións as familias beneficiarias poderán celebrar o Nadal como merecen.

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, declararon esta que “dende o Concello estamos moi agradecidos e satisfeitos de como arranca a campaña de doazón de alimentos deste ano”, e aproveitaron a ocasión para “agradecer a colaboración cidadá dos veciños e veciñas de Mos que, edición tras edición, veñen a demostrar que Mos é un pobo solidario”.

A rexedora local mosense e a edil de Política Social explicaron que “para poder levar a cabo este proxecto solidario e que todas as familias de Mos poidan gozar destas festas tamen contamos ca axuda dun pilar fundamental; os voluntarios e voluntarias, tanto de MosAxuda como de Protección Civil, e que son un orgullo para o municipio”.

A entrega dos alimentos recopilados e de cheques para compra de alimento fresco nos supermercados de Mos, realizarase na sede de Mos Axuda, sita en Puxeiros, o día 22 de decembro.

En total son preto de 100 familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, que en número de persoas pode alcanzar preto de 250.

Ponteareas súmase á ‘Iniciativa Xabarín’ para a difusión de programación infantil e xuvenil en galego

O Concello de Ponteareas vén de sumarse á campaña popular para pedir a través dunha proposición no Parlamento Galego que a TVG se dote dunha maior oferta de contidos para a infancia e a mocidade, retomando a labor que no seu día efectuaba o ‘Xabarín Club’.

Esta campaña, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística tras unha iniciativa particular, pretende ademais que a programación infantil e xuvenil estea dispoñible en todas as plataformas de contidos audiovisuais, así como App actualizadas con presenza de programas, xogos e contidos educativos atractivos e de éxito.

Así mesmo, solicita que a Xunta chegue a acordos para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión e que realice as accións necesarias para a recepción mutua RTP–TVG en Galicia e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias. A iniciativa propón tamén a opción da dobraxe ao galego nos contidos da canle específica infantil da CRTVE, así como na súa App.

As Concellerías de Lingua e de Mocidade, que dirixen Fernando Groba e Miguel Bouzó, amosan o seu apoio a esta iniciativa e poñen a disposición da cidadanía un punto de recolla de sinaturas para implementar a colaboración activa coa dita iniciativa. Así, todas aquelas persoas que se quixeren adherir á petición poden asinala na Biblioteca Pública Municipal, entre as 9:00 e as 21:00 horas.

“Moitas e moitos dos mozos do noso país falamos tamén galego porque xogamos e crecemos felices vendo os debuxos do Xabarín Club e escoitando e cantando as súas músicas” indicou Miguel Bouzó. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, asegurou que “é importantísimo que dispoñamos de máis oferta televisiva e mediática na nosa lingua para paliar a inmensa desproporción que existe hogano entre o emprego das dúas linguas que conviven na nosa sociedade nos medios de comunicación. Unha relevancia que aínda se ve máis agravada ao ser unha campaña dirixida a un sector –o público infantil e xuvenil– en que descendeu o uso da lingua oral nas últimas décadas” puntualizou Groba.

Para asinar, é necesario ser maior de 18 anos e posuír empadroamento en calquera concello galego. Só se pode asinar unha vez e, aínda que se asinase no sitio web da Mesa, débese asinar o documento en papel.

A Deputación adxudica por preto dun millón de euros o mantemento e atención a incidencias invernais nas estradas do sur da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o servizo de mantemento e atención a incidencias invernais na rede provincial de estradas na zona Sur por un orzamento de 906.153 euros. Este é o último dos lotes que quedaba por contratar despois de que en novembro se adxudicasen os correspondentes ás zonas Norte e Centro, e inclúe os viarios que transcorren polos concellos de Salceda de Caselas, Tui, Ponteareas, Salvaterra, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente.

Estes contratos, que teñen unha duración de dous anos, permitirán o reforzo das brigadas propias da institución que cobren o territorio para acadar un mantemento óptimo da rede viaria provincial, garantindo o tránsito durante os temporais invernais, a redución dos tempos de resposta a incidencias, así como a posta a disposición de novos medios e maquinaria especializada e a mellora da eficacia na xestión de residuos.

O investimento para estas tarefas no total da provincia alcanza os 3,2 millóns de euros, que se reparten entre os 1,5 millóns da zona Norte (Silleda, A Estrada, Cerdedo, Forcarei, Caldas, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira), outros 800.000 euros para a zona centro (Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade, Pazos de Borbén, Fornelos, Redondela e Soutomaior) e os 906.153 euros adxudicados agora para as estradas provinciais da zona Sur.

Nigrán sufragou os custes de 115 servizos de envío de comida a domicilio durante o mes no que a hostalaría estivo pechada

0

O Concello de Nigrán sufragou desde o 4 de novembro 115 servizos de envío a domicilio de negocios hostaleiros do municipio, 10 veces máis que a media mensual ata agora. Paralelamente, desde o consistorio levouse a cabo unha campaña promovendo o consumo nestes locais baixo o slogan ‘Agora, máis que nunca, a hostalaría precisa de nós’. Esta iniciativa do Goberno local manterase igual mentres duren as restriccións ao sector como unha medida máis de apoio xunto á xa anunciada liña de axudas directas por valor de 120.000 € (1.000 € a autónomos e 600 € a desempregados sen dereito a prestación) ou a bonificación íntegra do recibo trimestral de auga e a parte proporcional do lixo e manter a gratuidade das terrazas no 2021.

O Concello iniciou este transporte gratis en xuño asociado á app de envío a domicilio Dbarrio tras a solicitude de Ovalmi de abonar o custe de 70 licencias para negocios de todo tipo que quixeron adherirse a esta plataforma de comercio electrónico. Como medida adicional para ofrecer unha vantaxe competitiva, o Concello decidíu sufragar o transporte dos pedidos dentro do municipio de luns a sábado, de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 22:00 horas.

“A raíz do 4 de novembro decidimos concentrar o servizo só na hostalaría para que estivese a súa plena disposición en toda a franxa horaria e, ademais, abrimos esta posibilidade aos establecementos adheridos a Dbarrio ou non. Como as circunstancias adversas continúan, o Concello seguirá concentrando o reparto gratuíto só neste sector porque está especialmente prexudicado fronte aos demais”, incide González. “Agora é unha urxencia contar con repartidor, pero o que realmente buscamos desde o Concello é afianzar o consumo local e que permaneza como o xeito máis sostible e responsable de mercar. Subvencionando o transporte, facemos que realmente sexa moi interesante para o cliente de Nigrán”, resume.

Igualmente, o Concello de Nigrán iniciou coa colaboracón de Ovalmi a campaña de promoción do comercio local ‘Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán’ e o hashtag ‘#VivoEnNigránComproEnNigrán’. A iniciativa municipal inclúe diferentes aspectos, entre os que destaca o sorteo de 1.300 € en vales de 50 € entre os clientes dos establecementos adheridos a Ovalmi para consumir en 26 locais hostaleiros do municipio durante todo o 2021. O Concello de Nigrán continúa así co seu esforzo para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza, tal e como xa o fixo durante o confinamento coas pequenas tendas de alimentación, as panaderías en Pascua ou o Día da Nai.

A Deputación destina máis de 130.000 euros a 83 entidades da provincia para o desenvolvemento de actividades deportivas

O goberno da Deputación vén de aprobar a concesión das axudas por valor de 132.235 euros para que 83 entidades da provincia poidan impulsar actividades deportivas. Estas subvencións, en concorrencia competitiva, distribúense entre asociacións de 25 concellos e permitirán organizar campionatos, eventos de relevancia deportiva ou iniciativas para dinamizar o deporte contribuíndo á promoción da provincia no ámbito deportivo.

En total as entidades beneficiadas recibirán achegas que oscilan entre os 4.000 € de contía máxima e os 500 € de mínima. As 83 asociacións pertencen aos concellos de Cambados, Cangas, A Estrada, Fornelos, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Marín, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Ponteareas, Pontevedra, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Os concellos cunha entidade beneficiada son Cambados (Club de Pesca As Joritas), A Estrada (Club Bádminton A Estrada), Fornelos (Waka Waka Galicia), Gondomar (Agrupación Deportiva Vincios), A Guarda (Club de Tenis Codesal), A Illa de Arousa (Club de Ximnasia Rítmica de Arousa), Moaña (Sociedade Deportiva Samertolameu), Mondariz (Club Tea de Mondariz Balneario), As Neves (Club Bádminton As Neves), Ponteareas (Club Bádminton Ponteareas), Ribadumia (Club Náutico O Muiño), O Rosal (Sociedade Deportiva Atlética Novás), Salceda de Caselas (Club Caselas FC) e Tomiño (Asociación Deportiva Tomiño Alevín e Infantil).

Con dúas entidades beneficiadas atópanse os concellos do Grove (Club de Remo Mecos e Club Deportivo Ría de Arousa), Mos (Club Tenis de Mesa e Master da Louriña), Oia (Asociación Recreativa Ciclismo Oiense e Asociación Recreativa de Veteranos Embutidos), Sanxenxo (Club Náutico de Portonovo e Portonovo Sociedade Deportiva) e Vilagarcía de Arousa (Asociación Deportiva Cultural Vilagarcía Esgrima e Motoclub VFM).

Cangas, Marín e Tui contan con tres entidades beneficiadas en cada concello. No caso do primeiro trátanse da Asociación Galega de Billar, o Club de Billar Pooleros do Morrazo e o Club Náutico de Cangas. En Marín recibirán achegas os clubs Ancorad´Ouro FS, a Asociación Educativa Cultural Lúdica e Deportiva O Fisgón e o Real Club Mar de Aguete. No caso de Tui son o Kayak Tudense, o Club Badminton Tui e o Club Padel 8.

Pola súa banda Nigrán conta con cinco entidades beneficiadas entre as que se atopan o Club Bolos Camos, Club Bolos Santa Eulalia, Club de Tenis A Tobeira, Club de Bolos San Roque e o Club Gallego de Surf.

En Pontevedra recibirán axudas 28 entidades entre as que se atopan a Agrupación Deportiva Cortegada, a Asociación Club de Bolos URGAL, Asociación de Criadores de Cabalos Españoles de Galicia, a Asociación Xuvenil Saraiva do Mar, Atletismo Rías Baixas, Baloncesto Estudiantes, Club Boa Vila de Tiro con Arco, Club Deportivo Escola Hungaresa de Esgrima, Club Deportivo Nieto, Club de Tiro Río Lérez, Club Escola Rosalía, Club Galaico Sincro, Club Número Phi, Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, Escola Municipal de Xadrez, Federación Galega de Piragüismo, Federación Galega de Ciclismo, Oiense CF, Tumetapersonal, Xadrez Lucena, Club Ciclista Ponteareas, Club de Piragüismo Olívico, Club Deportivo Padel Feminino Cíes, Club Deportivo Coia, Club do Mar Bueu, Club Balonmán Atlético Guardés, Club Natación Ponteareas e Club Náutico Pontecesures.

No caso de Vigo son 16 os clubs beneficiados entre os que se atopan +Enduro MTB, Agrupación Deportiva SODIM, Club Baile Deportivo Pasos, Club Bolos Valladares San Bartolomé, Club Ciclista Rías Baixas, Club Deportivo Freestyle Slalom, Club Remo Vigo, Escolas Deportivas Vigo, Federación Galega de Balonmán, Federación Galega de Bolos, Federación Galega de Motonáutica, Real Federación Galega de Vela, SDAtletismo San Miguel, Sares TKD Cangas, Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida e Unión Balonmán Lavadores.

Baiona presenta a súa programación do Nadal con máis de trinta actividades

0

O Concello de Baiona ofrece durante a época do Nadal unha programación completa e variada con máis dunha trintena actuacións en artes escénicas e musicais. O Goberno local aposta nestas datas pola dinamización da vila cunha programación que comezar cunha serie de concertos iniciábanse este vernes día 4 e rematarán o 13 de decembro, achegando música en directo na que participarán un total de 16 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, funk, flamenco, rock, pop, etc. que buscarán encher de música a Vila.

A estes concertos seguiranlle unha serie de actuacións en artes escénicas, cine, monicreques, espectáculos para todos o públicos pero cun guiño especial ao público infantil que se alongarán até 10 de xaneiro. O palco instalado na carpa da Praza do Concello albergará as actuacións da programación cultural xunto co Auditorio V Centenario e a Alameda Carabela Pinta.

El xoves, 17 de decembro, ás 18:30 h, na praza do concello terá lugar o a actividade de Teatro Cómico Saaabor, de Culturactiva. O venres será a quenda do cine no camiño coa película Arima, no auditorio V Centenario ás 20:00 h coa asistencia da directora Jaione Camborda.

O sábado, 19, o Grupo Puzzle ofrecerá o espectáculo Noite de Verbena. O domingo, 20, é a quenda da representación teatral ‘Lixo’ da compañía ‘O Baúl dá Tía Tola’ no Auditorio V Centenario ás 18:00 h. O luns, 21, ás 18:00 h a praza do Concello acollerá o espectáculo de monicreques Cocer e Cantar non Camiño de Santiago da compañía ‘Monicreques Seis Dedos’.

O martes, cine na praza ás 19:00 h coa película Santa Claus e Cía. O mércores 23 o triciclo de Papá Noel de ‘Pablo Méndez Performances’ sairá da Alameda Carabela Pinta e percorrerá as principais rúas de Baiona ao longo da tarde. Xa as 18:00 h a Alameda Carabela Pinta acollerá o concerto do Nadal Cherry Sweet.

O sábado 26 o Auditorio V Centenario acollerá ás 20:00 h o concerto de Lucía Pérez. O domingo 27 ás 18:00 h os máis pequenos e pequenas da casa poderán gozar do espectáculo infantil A Bailar no Nadal do Grupo ‘Animar-t’. O martes 29 proxectarase a película Animais fantásticos: Os crimes de Grindelwald na praza do Concello ás 19:00 h. O mércores 30 Troula animación levará a cabo a actuación dos trasnos Din Don ás 18:00 h na praza do Concello.

No mes de xaneiro, o sábado día 2, o carro do Carteiro Real de Pablo Méndez Performances percorrerá as principais rúas de Baiona con saída da rúa Carabela Pinta ás 18:00 h e ata as 20 horas.

O broche de ouro da programación terá lugar o luns 4 coa visita dos Reis Magos ás distintas parroquias e o martes 5 coa cabalgata estática instalada no parque da Palma de 17:00 a 21:00 h. O punto e final a esta completa programación do Nadal o pon un festival de maxia do venres 8 ao domingo 10.

Los ciclistas…

Ante todo señalar que, con éste comentario, no es mi intención ofender a ningún ciclista ni mucho menos. Tengo buenos amigos que en su tiempo de ocio cogen la bicicleta y, yo mismo, hace muchos años también la utilicé (espero que sea cierto lo que dicen de que nunca se olvida lo de montar en bicicleta, que hace ya tantos años que no subo en una que no lo tengo yo muy claro…), pero es que a veces se miran situaciones en nuestra calles que me hacen pensar.

Siempre se nos están recordando, nuestra obligaciones cómo conductores cuando pasamos al lado de un ciclista; es decir, guardar la distancia de seguridad (que curioso que coincide con la famosa distancia social, ¿será que el dichoso virus se leyó antes la normativa de conducción?), no realizar movimientos bruscos con el coche, señalizar correctamente las maniobras que se van a realizar,… es decir, todas esas normas que un conductor debería de saber y por supuesto, cumplir.

Pero me pregunto, ¿y los ciclistas saben las suyas?, la mayor parte de los ciclistas ¿no son también conductores y no saben cómo se deben de comportar? Es que cuando va uno por la carretera, se miran situaciones como ciclistas en paralelo en vías en las que no podrían ir, circulando por la carretera cuando la vía tiene arcenes practicables o incluso, lo más sangrante, cuando tienen carriles bici y van por las vías de los automóviles, no señalizando las maniobras que van a hacer, invadiendo carriles sin motivo, hablando con otros ciclistas o incluso por el móvil y no prestando atención al tráfico…

Y cuando vas como peatón, ya ni te cuento, empezando con la cantidad de ciclistas que te encuentras circulando por la aceras, y en muchas ocasiones, no van precisamente despacio, no respetando a los peatones (aún estoy esperando el primer día, que cruzando un paso de cebra, algún ciclista haga el ademán de parar, ya no digo lo de detenerse, solamente la intención de parar  y es que los pasos de cebra para ellos parecen no existir y ni si te ocurra decirles algo, porque sino, escuchas a lo lejos el sonido de que se están acordando de tú familia o observas una mano levantada con el dedo corazón señalando el cielo (será para ver si viene la lluvia, me supongo) y por encima, con el dichoso covid, que si hay que guardar la distancia social, que si hay que llevar mascarilla… ¿alguien ha visto alguno de ellos con la mascarilla puesta cuando van en la bicicleta? ¿será que con la velocidad el virus se desvanece? Si es así, pues habrá que darle alguna idea a los investigadores…

Con todo esto, lo que quiero decir es que todos deberíamos de reflexionar y mejorar nuestro comportamiento, porque la mayor parte de nosotros, al final, utilizamos las vías de uso público, de una forma o de otra y en diversos medios dependiendo de la ocasión, por lo que, deberíamos de mostrar respeto tanto por unos como por otros, pero creo que esa palabra, hace tiempo que perdió su significado…

Lo que si no hemos perdido, es nuestras ganas de recomendar buena música, por eso esta semana lo vamos a hacer con música ambient, para relajarnos un poco en estos tiempos convulsos, por un lado, ambient contemporáneo de la mano de Martin Nonstatic y el sello Ultima Records y por otro lado, con todo un clásico del ambient cómo Robert Rich, espero que disfrutéis de ambas recomendaciones.


Martin Nonstatic

Nebulae Live At the Plantarium

2016

Martin Nonstatic es el proyecto tras el que se encuentra el compositor de origien holandés Martin Van Rossum, un hombre que se ha especialidad en performance en directo y precisamente, gracias al fantástico sello francés Ultimae Records, nos llega éste trabajo.

Nebulae Live At Planetarium es precisamente una sesión que tuvo lugar en Febrero del 2016 en el Zeiss Planetariums de Bochum en Alemania, donde estuvieron varios de los artistas del sello Ultimae.

Durante alrededor de sesenta minutos, el compositor nos introduce en mundo espacial, un mundo que nos mimetiza perfectamente con el contorno, hay que recordar que se trata de un planetario y es que si ya de por si es un lugar especial, con la música que nos presenta el compositor ésto aún se refleja más.

Ultimae es uno de los grandes especialistas del momento en música ambinet contemporánea y todos los compositores que aquí publican, llevan ése sello de calidad y en el caso de Martin no podía ser menos.

Estamos ante un gran álbum, especialmente para los amantes de la música ambient espacial.


Robert Rich

Below Zero

1998

Robert Rich no necesita presentación, es uno de los grandes compositores dentro del ambient, uno hombre que ha sabido llevar los sonidos espaciales, ambientales y profundos a un lugar difícil de alcanzar.

‘Below Zero’ es un trabajo publicado en 1998, un disco recomendado para todos aquellos que no conocen al compositor y que quieran ver cómo eran sus piezas de final del siglo pasado, ya que estamos ante un recopilatorio que incluye un tema inédito, pero que al mismo tiempo, recoge algunas piezas publicadas por el compositor a principios de la década de lo 90, un trabajo que nos permite conocer a la perfección la música del compositor además de adentrarnos en esos mundos espaciales del cual es un verdadero maestro.

Cualquier de los temas son muy recomendables, pero especial atención al ‘Star Maker’, dividido en cinco partes, es una auténtica maravilla.

‘Fóra de plano’, a nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación centrada nas mulleres do audiovisual

Co obxectivo de reflexionar sobre a situación da muller no cinema e producción audiovisual, a Deputación de Pontevedra lanza ‘Fóra de plano’, unha nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals, que terá lugar o xoves, 10 de decembro. Durante a actividade, que será por streaming e para a que xa está aberta a inscrición en www.depo.gal, presentarase o informe de CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, e se anunciará a primeira edición dos premios #Mulleresnofoco, impulsados pola Deputación e a Asociación, para poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego.

A xornada centrará o debate sobre a falta de visibilización das mulleres dun sector estratéxico cando, como asegura a presidenta provincial, Carmela Silva, “son a punta de lanza do extraordinario momento que vive o audiovisual galego e temos que reclamar o seu protagonismo porque lles pertence por dereito”. “Queremos, como o propio nome da xornada indica, poñer o aceno nas mulleres do cinema para facelas entrar nun plano que é seu, e máis cando o sector está en pleno auxe pero que segue lonxe da paridade real”, asegurou. Silva indicou que reflexionarase sobre “a invisibilidade e infravaloración das mulleres profesionais nun eido onde amosan cada vez máis talento, con proxectos con grande transcendencia, compromiso e unha forte implicación social”.

‘Fóra de plano: as mulleres no audiovisual’ comezará o xoves, ás 11 da mañá, coa inauguración da presidenta Carmela Silva e da presidenta de CIMA Cristina Andreu. A presidenta provincial presentará a I edición dos Premios #Mulleresnofoco, promovidos pola Deputación en colaboración con CIMA, que se convocarán de cara ao 2021. Estes premios nacen co obxectivo de incentivar o talento, traxectoria persoal e profesional, así como perfís con perspectiva de xénero, activistas polo recoñecemento da muller no sector audiovisual ou impulsoras do emprego feminino no audiovisual galego. Están previstos entregar tres galardóns que porán o foco nas mulleres, situando nun lugar privilexiado o posto que ocupan: ben sexan directoras, produtoras, guionistas ou cámaras.

Posteriormente a socióloga Sara Cuenca presentará o Informe Anual de CIMA 2020, no que se analizan os datos estatísticos da presenza da muller no sector audiovisual en España. Tamén Chelo Loureiro, vogal de CIMA e representante da asociación en Galicia, fará un contraste dos datos estatais cos relativos a Galicia e aproveitarase a ocasión para explicar o “Decálogo das Boas Prácticas para combater o sexismo nos relatos audiovisuais”, dirixido á ensinanza e recurso útil para familias e docentes.

Ás 12.00 haberá unha mesa de debate, ‘Onde estamos as mulleres no audiovisual? Cuestión de plano’, moderada por Chelo Loureiro, directora de Abano Producións, na que participarán Beli Martínez, produtora e representante de Cinema e Muller; Mónica Camaño, protagonista de “Nación”, un dos filmes patrocinados polo proxecto Pontevedra, Plató de Cinema; e Noemí Chantada, realizadora, fundadora de Islandia Producciones e directora da curta Sorrisos transformadores, que tamén impulsou a Deputación.

Como complemento da xornada terá lugar unha selección de curtas con perspectiva de xénero que estarán dispoñibles en www.depo.gal, do 10 ao 13 de decembro, para as persoas participantes na xornada, ás que se lle facilitará unha clave de acceso para o seu visionado. Amais, tres das curtas que se poderán ver son candidatas aos Goya 2021: Carne de Camila Kater, curta de animación que leva recibido máis de 40 premios internacionais; Beef de Ingride Santos, que recolle un retrato adolescente postmillenial; e Reflejo de Juan Carlos Mostaza, curta de animación que trata sobre os trastornos de alimentación. Tamén poderase ver Xoves de comadres de Noemí Chantada, grande triunfadora do Festival de Cans e Premio do Público no Festival de Málaga; e Familias de Sara Bamba e Iván Martín, centrada na violencia na infancia.

O BNG de Redondela esixe a reapertura do Skatepark

0

O BNG de Redondela vén de pedir ao Goberno local a reapertura do Skatepark pechado hai unhas semanas “ante o aumento de casos detectados da COVID-19 que estamos a sufrir”. Porén os nacionalistas aseguran que a única nova medida que se tomou polo aumento de casos foi o peche deste espazo da que son usuarios e usuarias rapazas novas.

O BNG considera que este “é un dos espazos máis seguros e recomendables nestes momentos” xa que se trata dun lugar onde se pode facer deporte individual ao aire libre. Doutra banda, engaden os nacionalistas redondeláns, “nunha situación de pandemia coma esta, as institucións deben dar vías de ocio seguro a nosa mocidade, e neste caso, o Skatepark é dos poucos espazos gratuítos, deportivos e de ocio ao que a xuventude de Redondela ten acceso”.

Lemban que “as mozas e mozos de Redondela asumen tódolos días nos centros de ensino as súas responsabilidades individuais e colectivas para amainar a propagación do virus, polo que precisan de espazos ao aire libre para desenvolver a súa actividade social igual que as persoas adultas”.

O BNG de Redondela entende que “se está responsabilizando á mocidade dos contaxios da COVID-19″ polo que a concelleira Jessica García xa demandou información por escrito para que o Goberno local explique “en base a que datos concretos tomaron a decisión de pechar unicamente este espazo de ocio urbano”.

As socialistas de Tomiño reafirman a súa aposta polo comercio local

0

“Sen comercio local, desaparece a vida e a identidade dun pobo”, así de claras expersáronse as concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa que, acompañadas por Ana Silva, iniciaron onte sábado un percorrido polo comercio e a hostalaría local.

“Tratamos, simplemente, de expresarlles o noso apoio e agarimo e de dicirlles que non están sós e soas”, sinalan as socialistas tomiñesas. “Está sendo un ano especialmente complicado e convulso para o sector –engaden– polo que era de xustiza non só visibilizar ese apoio, senón tamén escoitar as súas demandas, xa que teñen moito que dicir”.

As socialistas foron “moi ben acollidas” e continuarán o luns visitando os establecementos de Tomiño. “Queremos expresar o noso agradecemento polo recibimento dispensado”, sinalaron Violeta de Santiago e Mirta Misa que reafírmanse na súa postura “de pleno apoio ao comercio e hostalaría de Tomiño”.

Galicia baixa ata os 6.726 casos activos por coronavirus, 3.550 menos que hai un mes

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.726 deles 1.376 son da área da Coruña, 788 da de Lugo, 402 da de Ourense, 990 da de Pontevedra, 1.800 da área de Vigo, 784 da de Santiago, e 586 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 64 están en UCI, 342 en unidades de hospitalización e 6.320 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 46.226 persoas curadas, rexistrándose 1.250 falecementos. O número de PCR realizadas é de 934.532

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Toma de contacto cos Figaro no ‘Trofeo Loterías y Apuestas del Estado’

0

Santander 05/12/2020.- A borrasca Doura obrigou a aprazar ata mañá o comezo das probas da segunda e definitiva fase do Trofeo Loterías e Apostas do Estado, que ata o vindeiro luns 7 estase celebrado en augas da Ría de Pontevedra, con base no Monte Real Club de Iates de Baiona.

O mal estado da mar aconsellou ás autoridades declarar a alerta laranxa en toda a costa galega, impedindo con ela a celebración de competicións deportivas. Pero ao abrigo da ría, os once equipos que participan nesta segunda edición da liga Española de Vela realizaron unha sesión libre de adestramentos, familiarizándose así cos monotipos Figaro cos que a partir de mañá disputaranse as probas.

Durante a primeira fase da edición 2020 do Trofeo Loterías e Apostas do Estado, celebrado no Real Club Náutico Calpe, os enfrontamentos realizáronse en unidades Tom28, moi diferentes dos Figaro, como nos comenta Axel Rodger, patrón do equipo do Real Club Náutico Valencia, actual líder da clasificación xeral: “É un barco máis de cruceiro, é máis pesado, ten máis desprazamento, é máis grande, o cal require máis forza física. Nós somos unha tripulación lixeira, polo que coa habilidade teremos que suplir a nosa falta de forza e peso”.

O equipo do Real Club Náutico Valencia conta con sete puntos de vantaxe sobre a súa máis directo perseguidor, o Real Club Náutico de Arrecife de Gonzalo Morais, e trece sobre o Real Club Náutico de Gran Canaria de Onán Barreiros, unha superioridade que, con todo, non permite relaxarse ao equipo de Rodger: “Estamos contentos de partir líderes, pero quedan moitas probas por diante e para nós isto é un campionato novo. É un barco no que non navegamos nunca, o mar é moi diferente ao Mediterráneo e hai moi bos competidores, así que temos que afrontalo coma se fose volver empezar, cunha vantaxe, obviamente, que valoramos”.

Tras aproveitar ben esta oportunidade de coñecer as súas monturas, os equipos están listos para comezar os enfrontamentos, reforzando en moitos casos as súas tripulacións con vistas a esta batalla final para facerse co Trofeo Loterías e Apostas do Estado, a liga Española de Vela, e ser un dos designados para representar a España na liga Europea.

Como estaba previsto, as regatas de mañá domingo comezarán ás 11:00 horas e, como comenta o director de regata, Luky Serrano, “a intención é facer todas as regatas posibles para recuperar as de hoxe, aínda que co “apertado” da programación é moi complicado. O luns arrincaremos pronto con regatas clasificatorias e, a partir das 12:30 h, as finais, con tres regatas que puntúan dobre e ás que acceden os seis primeiros clasificados”.

Clasificación Trofeo Loterías e Apostas de Estado, tras a regata do Real Club Náutico Calpe

  1. RCN Valencia/ Axel Rodger: 1,2-2,25-2,25-2-1-3-1-1-1-3-2-1-4-2,25-2 = 28,95 pts
  2. RCN Arrecife / Gonzalo Morais: 3-1-1-2-2,25-2-2,25-2,25-3-1-3,5-2-2-4,75 = 36 pts
  3. RCN de Gran Canaria / Onán Barreiros: 6-3,5-6-4-4-1-3,5-2-2,25-2-1-1-1-1-4 = 42,25 pts
  4. RCN Torrevieja / José Manuel Ballester: 1-1-3-1-1-4-1-5-4,75-4-2,25-6-4,75-1-3,5 = 43,25 pts
  5. CN Altea / Alejandro Arroio: 6-1,2-3-5-3-4,75-3,5-2-1-4-1-2,25-3-4,75-1 = 45,45 pts
  6. RCN Palma / Albert Torres: 2,2-5-5-6-2,25-6-3-3,5-3-1-6-4,75-1-2-3 = 53,7 pts
  7. RCN Calpe / Juan Carlos Albelda: 4,75-4,75-2-3-5-1-1-5-2-5-4,75-4-6-3-6 =57,25 pts
  8. MRCY Baiona / Manuel Maria Cunha: 3,5-4,95-3,5-4,75-4,75-6-2,25-6-4,75-3,5-3-2,25-5-3,5-2,25 = 59,95 pts
  9. CN O Balís / Bárbara Cornudella: 4,2-6-2-3,5-3,5-3,5-4-6-6-7-6-3-5-1-5 = 65,7 pts
  10. RCR Alacante / Nacho Campos: 5-4-4-6-1-6-4,75-4,75-4-2,25-4-3,5-6-6-5= 66,25 pts
  11. CN Campello / Iván Moreno: 2,25-6,2-6-6-6-5-6-6-6-5-5-3,5-6-6-6 = 80,95 pts

O Goberno local da axudas directas á hostalaría para paliar os efectos do peche decretado pola Xunta

0

O Concello de Redondela vén de anunciar a concesión de axudas directas á hostalaría. A iniciativa tenta paliar a complicada situación pola que está a pasar o sector debido ao último peche, dun mes de duración, decretado pola Xunta de Galicia para frear a expansión da COVID-19.

As axudas tal e como sinalou a concelleira de Comercio, María Castro, están dirixidas a establecementos de restauración, restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías, bares, salas de festas, discotecas, pubs, salas de concertos e cafés-espectáculo cuxo local comercial afecto á actividade radique no termo municipal de Redondela.

O importe desta liña de axudas directas e de pagamento único, será de un máximo de 300 euros e serán compatibles cos establecementos que permanezan abertos para a recollida e reparto de comida a domicilio. Para a concesión das meemas, explicou a alcaldesa Digna Rivas, “o Goberno local optou pur un procedemento de tramitación máis áxil a fin de que poidan chegar canto antes aos seus destinatarios finais”.

Para mais información ao respecto, as interesadas e interesados poden consultar o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 1 de decembro, ou poñerse en contacto do Departamento de Desenvolvemento Local no teléfono 986 402 664.

A medida posta en marcha agora, forma parte dun paquete de iniciativas que o Goberno local deu a coñecer aos representantes da hostalaría nunha reunión co sector na que participaron a alcaldesa Digna Rivas, o concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa e a concelleira de Comercio, María Castro.

Nesa xuntanza dábanse a coñecer medidas xa efectivas, como a derogación de taxas sobre as terrazas para todo o ano 2021 e a devolución do importe da taxa de recollida de lixo sobre o tempo que estiveron pechados e adiantábase a creación dunha liña de axudas directas para o conxunto do sector hostaleiro.

En todo caso, a alcaldesa Digna Rivas, sinalou que estas axudas permitirán “diminuír o impacto que o peche pola COVID tivo sobre este sector e, ao mesmo tempo, permitiralle tamén acortar o proceso de recuperación unha vez que se permita a reapertura dos establecementos”

Abanico de berenjenas con queso, tomate y manzana

Cuando mi amiga Marina llegó a casa con más tomates para rellenar las berenjenas, su marido ya se había adelantado y las había rellenado con manzana. El resultado, como podréis comprobar si las hacéis, es realmente estupendo.

Se trata de una receta sencillísima y muy vistosa, que os puede solucionar una cena o un primero; es frecuente en los blogs de cocina, pero en este caso las hemos hecho con el toque especial de la manzana, que yo creo que enriquece la receta clásica. Y es que a veces, de un error o una carencia, salen platos excepcionales; ¿no es acaso el brownie el resultado de un error?

La Protagonista: la berenjena, una verdura quizás no demasiado popular, pero con grandes propiedades nutritivas, ya que es rica en calcio, fósforo, hierro, ácido fólico, vitamina A, B1, B2… Es baja en calorías y tiene propiedades antioxidantes y desintoxicantes; buena para combatir la anemia, la osteoporosis, el colesterol malo, el envejecimiento…  En fin, ¡un tesoro! Y, además, puede cocinarse de múltiples formas, desde una sencilla berenjena a la plancha o al horno, hasta rellenas, fritas, rebozadas, en láminas rellenas de jamón y queso…  Aprovechad que las berenjenas están en plena temporada, elegid aquellas que estén tersas y brillantes, y probad a hacer esta receta. 

¡Vamos allá!

Ingredientes

  • Berenjenas (si son pequeñas, una por persona)
  • Tomates
  • Queso mozzarella (unos 100 g por berenjena)
  • Manzanas (yo utilicé reineta)
  • Aceite de oliva
  • Orégano
  • Pimienta
  • Sal

ELABORACIÓN

  • Precalentamos el horno a 200º
  • Lavamos las berenjenas y las cortamos en láminas, sin llegar al fondo
  • Cortamos en láminas el tomate, la manzana y el queso
  • Abrimos en abanico las berenjenas, las salpimentamos y las vamos rellenando con el tomate, queso y manzana, alternando por ejemplo: tomate, manzana con queso, tomate, manzana con queso…
  • Colocamos sobre una bandeja de horno con papel de horno en el fondo
  • Espolvoreamos con el orégano, rociamos con un chorrito de aceite de oliva y horneamos durante unos 30-40 minutos.

¡Listas!

¿Y si cambiamos el queso mozzarella por un queso cremoso gallego? ¡Pues seguro que están todavía más ricas! 

¡Cuidaos mucho!

Tui recoñece o labor desenvolvido por cinco membros de Protección Civil durante o estado de alarma

0

O salón de sesións da Casa do Concello acolleu esta tarde o acto de entrega dunha placa honorífica a cinco integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui. O Concello de Tui recoñeceu deste xeito o labor que desenvolveron durante o estado de alarma María Fernanda Esteves Abreu, IsaacEstévez Carballal, Juan Manuel González Estevez, Adolfo Pérez Paramos e Alberto Solleiro Álvarez.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, abriu o acto lembrando coma a actual Agrupación de Voluntarios de Protección Civil se formou hai dous anos, lembrando ao daquela alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, que impulsaron o nacemento desta agrupación.  Engadiu que “a aparición da covid fixo aos voluntarios de Protección Civil protagonistas involuntarios dunha situación difícil, na que o voso traballo e dedicación foi imprescindible”. Un labor que se quixo recoñecer coa entrega das placas coincidindo hoxe coa celebración do Día do Voluntariado, e coas que se “recoñece o mérito que coma persoas tedes pola contribución que estades a facer”, sinalaba Enrique Cabaleiro. O rexedor tudense concluíu agradecendo ese labor e comprometéndose a dotar á agrupación de voluntarios dos medios que precisan nas tarefas que levan a cabo. 

O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, deu lectura ao decreto de concesión deste recoñecemento no que sinalan as 477 horas realizadas por estes voluntarios durante o estado de alarma no reparto de alimentos colaborando con SOS Tomiño Baixo Miño e os Servizos Sociais municipais, no reparto de máscaras, na pegada de carteis informativos, nas desinfeccións de contedores e das instalacións da Policía Local cando se produciu un brote neste corpo, o reparto de ordenadores e cadernos en colaboración cos centros educativos, na celebración de cumpreanos infantís e mesmo no traslado dunha persoa.

Os representantes de todos os grupos da corporación presentes no acto, José Ángel Fernández polo PP, Pilar Besada por C’s, José Martínez Tato polo BNG, José Manuel Palacín por C21, e Laureano Alonso por En Marea, coincidiron en amosar o seu agradecemento polo traballo “imprescindible” realizado, cun “labor encomiable” que feito de forma altruista. Nun acto, o desta tarde, no que dicían se plasma o cariño e orgullo da cidadanía cara eles.  

O presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Juan Manuel González, agradeceu o recoñecemento recibindo, que os encheu de satisfacción e lles motiva aínda máis no seu labor.

Iniciado o proceso de selección de cinco novos axentes e un oficial para a Policía Local de Ponteareas

A Academia Galega de Seguridade informou ao Concello do inicio dos trámites para seleccionar durante os vindeiros meses a cinco novos axentes e un oficial no marco das prazas ofertadas polo Concello de Ponteareas na oferta pública de emprego dos anos 2019 e 2020. Por outra banda, esta semana tomaron posesión tres novos axentes e o oficial que superaron nos últimos meses o seu período de prácticas.

Deste xeito, o cadro de persoal da Policía Local está formado actualmente por un oficial e once axentes aos que se unen cinco auxiliares temporais. Tan só un axente está actualmente de baixa laboral. Cos procesos de selección en marcha, o cadro de persoal da policía acadará entre o ano 2021 e 2022 os dezaoito efectivos, sen contar auxiliares temporais.

Ao inicio do actual mandato, en xuño de 2019, a Policía contaba unicamente cun oficial en prácticas e sete axentes dos que tres se atopaban de baixa laboral. Deste xeito o Concello só contaba con cinco efectivos dispoñibeis. Un ano e medio despois os axentes activos na Policía Local duplicáronse.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, amosáronse satisfeitos con estes datos “pois nos permiten avanzar no reforzamento da Policía Local”. Ademais salientaron o esforzo e adicación do oficial e dos axentes e auxiliares, que permitíu manter todos os turnos, incluido o de noite, mentres outros concellos da entidade de Ponteareas se viron obrigados nos últimos tempos a suprimilos.

Represas e Mera pediron á veciñanza “confianza e apoio a unha Policía Local cada vez máis profesionalizada e eficaz no seu labor de garantir a mobilidade, a seguridade cidadá e a convivencia”.

O Club Natación Ponteareas ‘volve a casa’

Coa incerteza que caracteriza esta tempada, as disciplinas deportivas buscan adaptar a súa actividade e calendario ás esixencias de saúde. Pero seguen adiante.

O CN Ponteareas organizou a primeira proba autonómica en piscina tras o “parón” que sobreveu ao estado de alarma: o Trofeo Amizade. A porta pechada, con limitación de participantes e protocolo especifico anticovid, mostraba que competir era posible.

Pablo cabana. Acude o 5 e 6 De decembro ao Trofeo internacional Castalia co equipo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva onde adestra

Cos adestramentos de deportistas federados permitidos, as cifras de casos activos e a incidencia acumulada en Ponteareas provocaron o peche do complexo Deportivo Álvaro Piñeiro este último mes. Lonxe de tirar a toalla, mantendo a prudencia e as medidas de protección, apostamos por trasladar os adestramentos á piscina do Campus Universitario, investindo recursos, tempo e esforzos. O vindeiro luns 7 reabre a piscina do Álvaro Piñeiro, volvemos a casa.

Lucas Costa. Campionato de España Absoluto. Castellón. Novembro 2020

Mentres, Lucas Costa participou no Campionato de España absoluto en novembro; a liga autonómica Máster celebrou a súa 1a xornada en Ourense o 29 de Novembro; Pablo Cabana participa esta fin de semana no trofeo internacional Castalia (en directo en Teledeporte) e o equipo feminino absoluto disputará a Copa de España de Clubs en Castellón do 18 ao 20 de decembro.

O Club quere agradecer aos nadadores e nadadoras e as súas familias “a colaboración e o compromiso nestas últimas semanas” e expresa o seu desexo de que “os datos epidemiolóxicos non volvan ser preocupantes, apelando á nosa responsabilidade como sociedade, seguro que poderemos contar, así o esperamos, máis logros dos nosos/ as nadadores/ as”.

Chega ao Rosal o xabaril máis famoso

0

O Xabarín Club arrasou nas tardes da TVG a finais do século pasado e ata deu nome á xeración de rapaces e rapazas que se achegaron a unha programación infantil e xuvenil en lingua galega. Onte venres 4 de decembro o xabaril máis famoso das últimas décadas para moitos galegos e galegas chega ao Rosal, que acolle no Salón de Exposicións do Concello a mostra ‘Asina! Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG’.

Esta exposición é unha das accións da Mesa pola Normalización Lingüística para por en marcha unha proposición parlamentaria por iniciativa popular coa que conseguir unha canle ‘Xabarín’, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como app actualizadas que garantan unha canle en galego con contidos atractivos, de éxito actuais e pasados, educativos e de produción galega. Na mostra, as persoas interesadas en dar respaldo a esta iniciativa poderán deixar a súa sinatura para levar esta proposición ao parlamento.

Con esta iniciativa búscase ademais, entre outros obxectivos, que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego na programación de canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa app e que a Xuta chegue a acordos con outras administracións e empresas como Movistar, Netflix, HBO… co fin de garantir a opción dobrada e lexendada ou galego en todas as plataformas dixitais de televisión.

Trátase así de reverter a situación actual, na que a lingua galega é a única oficial do estado que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil, que ocupa apenas un 4,6% da programación semanal e o 2,7% na fin de semana. Lonxe quedan os anos 90, nos que Galicia se situou á vangarda dos contidos infantís e xuvenís coa programación do Xabarín Club na TVG, coa que se contribuíu decisivamente á normalización da lingua galega e á difusión da música, da produción audiovisual e escénica desenvolvida na comunidade.

A exposición estará aberta ao público ata o mes de xaneiro.

Tomiño avanza na creación do Arquivo da Imaxe Municipal

0

O Concello de Tomiño concluirá nas vindeiras semanas a primeira fase de creación do Arquivo da Imaxe Municipal, un proxecto co que se pretende recoller, dixitalizar e arquivar as imaxes producidas polos veciños e veciñas do concello ao longo dos anos. A intención é que este arquivo teña varias funcionalidades, servindo por un lado para recopilar o patrimonio fotográfico que forma parte da historia municipal e que está sen recoller ademais de ser tamén un sistema de conservación e preservación das propias fotografías.

O proxecto está a piques de rematar a súa primeira fase, desenvolvida ao longo dos últimos meses, e que se caracterizou pola creación da estrutura e clasificación de máis de 3.000 fotografías recollidas de múltiples fontes, tales como hemerotecas de diversas publicacións, arquivos fotográficos, fundacións ou recopilacións xa feitas polo propio Concello en proxectos anteriores, como por exemplo a colección de fotografías de arquitectura indiana.

Aínda que xa hai recollido un pequeno corpus de fotografías aportadas polos veciños e veciñas de Tomiño, este proceso de recopilación a través das familias do municipio viuse interrompido pola pandemia, quedando aprazada esta fase para cando estea superada a situación. Este proceso de recopilación de material fotográfico porta a porta será previsiblemente realizado durante os vindeiros anos a través de campañas periódicas de recollida entre a veciñanza. Espérase que o arquivo sexa amacenado na futura biblioteca de Tomiño, podendo ser consultado por toda a veciñanza.

A exposición das ‘Nadaliñas’ de Figueira Valverde arranca a celebración das festas no Museo

Nadais enviados a Filgueira Valverde por parte de persoeiros de diferentes ámbitos da cultura de todo o país, artistas ou intelectuais como Maruja Mallo, Lugrís, Seoane, Colmeiro, Díaz Pardo, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Dalí, ou Mingote, son algúns dos que se poden atopar na mostra ‘Nadais. Colección Filgueira Valverde’ que permanecerá aberta ata o 24 de xaneiro no Museo de Pontevedra.

Segundo explicou o director do Museo Xosé Manuel Rey no acto de apertura, “cando se programou esta mostra resultaba imposible imaxinar todo o que ía acontecer, que teríamos unha vida sen relacións, un Nadal sen familia e amigos… Por iso, nesta distopía na que nos atopamos adquire máis sentido esta exposición coa que rememoramos antigas costumes que, aínda que mudaron co tempo pasando do papel ao formato dixital, da postal ao WhatsApp, mantéñense vivas hoxe en día”.

Os máis de 80 nadais que se poden ver na sala do Sexto Edificio “son testemuñas dunha vida que esperamos retomar o antes posible, repleta de afectos, esperanzas, e bos desexos” e son tan só unha escolma dos case 9.000 que conforman a colección privada de nadaliñas que reuniu ao longo da súa vida unha personalidade tan ligada ao Museo como é Filgueira Valverde. “Son postais que constitúen pequenas xoias, xa que moitas delas conteñen debuxos, textos ou poemas orixinais que permiten rememorar pequenos fragmentos de vida”, subliñou. 

Esta exposición, destacou Rey, coincide tamén cun “feliz” acontecemento: ‘Nadaliña’, unha palabra que Filgueira Valverde empregou de xeito sistemático, e que creceu de maneira espontánea, forma xa parte do galego correcto, pois hai uns días o Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega acordou introducila no seu dicionario como substantivo feminino e con dous valores: como “canto de Nadal, e como felicitación ou mensaxe de afecto que nas proximidades do Nadal se manda por correo postal ou electrónico, con texto, imaxes e, por veces, con música”.

Rey aproveitou a súa intervención para agradecerlle á comisaria da exposición, Sabela Santos Filgueira, neta de Filgueira Valverde e traballadora do Museo “o seu interese para que esta exposición vise a luz. O seu magnífico traballo engade carga emotiva a esta mostra que esperamos axude a normalizar este Nadal atípico”.

Sabela Santos, pola súa parte, agradeceu o traballo realizado pola equipa de persoal do Museo de Pontevedra. Destacou que o periplo de poñer en marcha a exposición comezou hai preto dun ano cando a súa tía lle cedeu a colección de nadais: “Non sabía que facer con ela e cando falei co director do Museo a idea estivo clara: unha exposición”.

Santos Filgueira destacou que os máis de 9.000 nadais ou nadaliñas recibidas polo seu avó “demostran o afecto que había a Filgueira Valverde”, subliñando a constancia nos envíos dalgúns persoeiros como Isaac Díaz Pardo, con máis de 30 anos consecutivos de postais. Por outra parte, a comisaria tamén agradeceu a colaboración de Xesús Ferro Ruibal, Xesús Alonso Montero e Juan Manuel Monterroso, pola súa participación no catálogo da mostra, facendo das postais unha análise digna dun xénero artístico propio. Para pechar o evento, Santos Filgueira utilizou as verbas que o propio Filgueira Valverde utilizaba para felicitar as festas “Nadal saudoso e que veña mellor 2021”.

Mos pon en marcha o proxecto ‘Mos Peregrino’, un obradoiro dual de emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade

0

Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia.

A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino.

A concelleira delegada de promoción económica e emprego, Julia Loureiro Campo, destaca a prioridade do proxecto en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionáis, pero que as novas técnicas e propostas de materiáis, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos.

Por elo, o alumnado-traballador se formará en especialidades formativas, tales como:

  • Edificación e Obra civil: Albanelería e colocación de pedra.
  • Madeira: Traballo de carpintería e moble, Mecanizado de madeira e derivados.

As actuacións que se desenvolverán unidas á formación certificable que se lles dará ao alumnado desenvolveránse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embellecemento do Camiño.

Ao remate da actividade do Obradoiro dual de emprego, o Concello de Mos desenvolverá un programa de inserción laboral das persoas participantes no Obradoiro, e través de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas que o soliciten na convocatoria destas axudas, que terá lugar antes do remate do Obradoiro. A selección do alumnado do Obradoiro e do equipo directivo realizaráse nas vindeiras semanas e prevése o inicio do mesmo a fináis do mes de decembro.

Salceda recibe o Nadal vestida de luces

“A COVID19 non nos fará perder a ilusión” con ese lema, toda unha declaración de intencións, Salceda de Caselas acendeu hoxe o seu alumeado de Nadal. Optou o Goberno local por un acendido virtual que se retransmitiu en directo a través das redes sociais do Concello. Unha a unha as rúas, prazas e edificios de Salceda foron enchéndose de cor e luz para dar a benvida ao Nadal.

Salceda presenta, nestes momentos, un nivel básico de restricións. Pese a iso, o Goberno local optou por evitar as aglomeracións, inevitables por outra banda, que se producen á hora de eventos destas características, así que tirou de imaxinación para acender, virtualmente, as rúas e gritar que “A COVID19 non nos fará perder a ilusión”. Que así sexa.

Nigrán e OVALMI distribúen 18.000 papeletas en 60 comercios locais para o sorteo de vales de 50 € para gastar na hostalería

0

O Concello de Nigrán e Asociación de Empresarios Ovalmi remataron hoxe a distribución de 18.000 papeletas entre 60 establecementos adheridos á entidade para que os clientes participen no sorteo de 1.300 € en vales de 50 €  para consumir en 26 locais hostaleiros do municipio durante todo o 2021 (cada vale correspondería a un determinado negocio). A iniciativa forma parte da campaña municipal de promoción do comercio local ‘Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán’ e o hashtag ‘#VivoEnNigránComproEnNigrán’.

Os premios sairán dun sorteo público que se celebrará o 8 de xaneiro ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello e terán validez durante todo o 2021. “A iniciativa busca promover o consumo nos negocios locais e, ao mesmo tempo, beneficiar cos premios aos hostaleiros, xa que o Concello lles abonará previamente esa cantidade”, resume o alcalde, Juan González. A estes establecementos asociados a Ovalmi tamén se lle ofreceu a posibilidade desde o Concello de decorar o seu escaparate co pintado artístico do hashtag #VivoEnNigranComproEnNigrán por parte dunt profesional do lettering co obxectivo de difundilo tamén en redes, acción que comezará este luns.

O Concello de Nigrán continúa dete xeito co seu esforzo para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza, tal e como xa o fixo durante o confinamento coas pequenas tendas de alimentación, as panaderías en Pascua ou o Día da Nai. “Somos conscientes de que a situación é especialmente dura non só para os hostaleiros, se non para todos os que resisten cun pequeno comercio. Queremos apelar de novo á responsabilidade individual para consumir precisamente nos establecementos dos nosos veciños para, xuntos, saír adiante e volver a encher as rúas de vida cando a crise sanitaria pase”, resume o alcalde, Juan González, quen agradece a Ovalmi a súa total disposición a colaborar con esta campaña que inclúe difusión publicitaria e en redes, regalo de 8.000 bolsas e carteis entre o pequeno comercio, pintado de escaparates, ou a próxima estrea dun vídeo no que os protagonistas son os propios comerciantes de Nigrán. Todo baixo o mesmo lema e coa cara dun Papá Noel sorrinte como ilustración (obra precisamente da deseñadora gráfica de Nigrán Olalla Fernández).

“Queremos motivar máis que nunca ao consumo local e, a maiores, o Concello inclúe actividades de Nadal que dinamizarán as rúas e, por suposto, mantemos o alumeado porque é algo que tamén da vida ao comercio”, resume o alcalde.

Baiona presentou hoxe a campaña de promoción do comercio local no Nadal que repartirá máis de 10.000 euros en premios

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, acompañado por representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) presentou este venres a campaña de promoción do comercio local que se desenvolverá dende hoxe e ata o día 10 de xaneiro baixo o lema ‘Este Nadal, non te distancies do Comercio Local de Baiona’. A iniciativa repartirá 10.000 euros en premios entre os veciños e veciñas que mequen entre os preto do centenar de establecementos adheridos á campaña.

A iniciativa organizada polo Concello de Baiona e a ACEBA, poñerá en circulación entre os establecementos participantes, 20.500 rascas dos que 650 deles teñen premios para que as clientas e clientes agraciados empréguenos á hora de comprar nos comercios adheridos á campaña. Todos os establecementos adheridos procederán á entrega dun cupón por compras superiores a 20 € ata un máximo de 4 cupóns por compra.

Estes vales poderán ser trocados polo cliente en calquera momento da campaña, desde o seu inicio, e ata o 31 de xaneiro de 2021. Despois desta data, os premios que non foran trocados serán destinados á Concellería de Benestar Social do Concello para destinar a fins sociais no municipio. Os tíckets terán a opción de marcar directamente o recadro de Benestar Social para que o premio sexa destinado directamente.

“Os comercios de Baiona son un dos motores da economía do noso pobo”, afirmou Carlos Gómez na presentación da campaña. “A proximidade e o trato familiar que ofrecen aos veciños e veciñas, xunto á creación de riqueza, emprego e a fixación de poboación, incrementan o seu valor”. Precisamente para limitar o impacto que a pandemia de coronavirus sobre o comercio ponse en marcha esta campaña que anima a seguir comprando nestes establecementos habituais. “Os nosos comerciantes, como moitos sectores, están a pasar momentos moi complicados e facer as nosas compras nestes establecementos é apostar pola riqueza e o emprego de Baiona”, sinalou o alcalde.

“Puxemos en marcha a campaña municipal máis potente ata o momento porque somos conscientes de que a situación é especialmente dura para os pequenos negocios. Esta campaña é un importante impulso e unha posta en valor do comercio e das empresas locais, non só polo beneficio económico que xerará, senón tamén pola solidariedade e colaboración de todas as empresas vinculadas ao municipio con este concello para a realización desta campaña”, apuntou o rexedor local que tivo unha mención especial de agradecemento para ACEBA “que se envorcou desde o primeiro momento que o Concello fíxolle chegar a iniciativa”.

Carlos Gómez indicou que esta campaña pretende “que a cidadanía valoren o trato de persoal e de proximidade que se ofrece no comercio local, nas tendas dos nosos barrios e co que ademais se enche de vida o municipio nestas datas tan sinaladas”.

[su_image_carousel source=”media: 26576,26573,26574,26575,26577,26578″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Desde o Consistorio tamén se deseñou unha ampla programación de actividades de Nadal. O BaiNadal tamén axudará a dinamizar as rúas da vila xunto coa iluminación do Nadal que se acendía hoxe ás 18:00 h.

O primeiro edil animou aos veciños e veciñas e visitantes a “comprar os agasallos deste nadal nas tendas de Baiona e á vez gozar dun café ou un refresco nos nosos establecementos hostaleiros cumprindo coas medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias”.

Regulación dos accesos e saídas en Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e Santa Ana o sábado e festivos

As obras de soterramento da rede de calor manteñen cortado o acceso á rúa Vidales Tomé afectando tamén á rúa Emilio Rodríguez e Santa Ana. A isto engádese a reanudación das feiras e mercados dos sábados que imposibilitan o acceso pola rúa Concha Brey e Constitución. Ademais, os sábados, domingos e festivos o centro urbano peonalízase permitindo unicamente a circulación de residentes. Diante da concorrencia de todos estas circunstancias a Policía Local informa sobre a regulación dos accesos e saídas nas rúas Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e Santa Ana.

O sábado 5 entre as 8:00 e 14:30 horas:

            ▪ Entradas: non se poderá entrar en ningunha das tres rúas nese horario. Se por causa de forza maior ou urxencia xustificada fora necesario entrar nalgunha desas rúas deberase contactar coa Policía Local que facilitará dito acceso con seguridade (986640050 – 092 desde Ponteareas).

            ▪ Saídas: desde as rúas Vidales Tomé e Emilio Rodríguez sairase como se fai habitualmente, accedendo a Avenida de Galicia. Desde a rúa Santa Ana sairase a través da Praza Maior no espazo existente entre postos de venda ambulante, circulando con moita precaución e dando prioridade aos peóns.

O sábado 5 de 14:30 en adiante, domingo 6 e martes 8 todo o día:

  • Poderase entrar en Santa Ana polo seguinte itinerario circulando a 20 km/h como máximo e dando prioridade aos peóns: Concha Brey, Constitución, Bugallal, Oriente, San Xoaquín e Santa Ana. A saída farase pola Praza Maior circulando a 10 km/h, con moita precaución e especial atención a peóns e nenos e nenas.
  • Poderase entrar en Emilio Rodríguez e Vidales Tomé polo seguinte itinerario circulando a 20 km/h como máximo e dando prioridade aos peóns: Concha Brey, Constitución, Bugallal, Vidales Tomé e Emilio Rodríguez. No caso do segundo tramo de Vidales Tomé circularase en sentido contrario ao habitual, pola marxe dereita e con precaución e baixa velocidade, tal e como se veu facendo nesta semana. A saída farase do xeito habitual cara a Avenida de Galicia.

O nivel máximo de restrición pola COVID e o peche perimetral, impiden a celebración do mercado do día 6 de decembro en Redondela

0

O Concello de Redondela deu a coñecer hoxe a suspensión do mercado previsto para o día 6 de decembro, e para o que se tiña xa todo disposto, “logo dos datos sobre a evolución da COVID no municipio que nos inclúe no Nivel Máximo de Restricións ao que se engade o peche perimetral”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas tralas reunións mantidas con responsables da Consellería de Sanidade.

O Goberno redondelán daba por certa a celebración da feira do 6 de decembro e de feito, tal e como explica o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, “tíñamos adoptado todas as disposicións necesarias para desenvolvelo ocupando toda a zona da avenida Mendiño” ao considerar o executivo que preside Digna Rivas, “a complicada situación que atravesa o comercio local e que precisa de iniciativas dinamizadoras como a feira dos días 6 e 21 de cada mes”.

Rivas asegurou que a decisión de suspender a celebración da feira adoptouse tralas reunións mantidas con responsables da administración sanitaria galega que, amais de incluír a Redondela no nivel de restrición máximo, engadía a circunstancia dun peche perimetral do municipio, circunstancia que fai imposible a celebración deste mercado.

A alcaldesa redondelá deu conta que, unha vez máis e como ven facendo hai días, pediu aos responsables da Consellería de Sanidade a realización dun cribado de probas PCR para coñecer, con certeza, a incidencia da COVID en Redondela e “poder optimizar as medidas a tomar en coordinación coa Consellería”. Nese sentido, Digna Rivas lembrou que esta medida “vén sendo reclamada insistentemente por esta acaldesa dende hai máis dunha semana e, polo que parece, comezarán a facerse esta vindeira semana”.

O cribado de probas PCR, asegurou a rexedora local, permitirá coñecer con exactitude o alcance da pandemia no noso territorio e, por tanto, poder actuar en consecuencia dentro das nosas competencias sempre en colaboración coas autoridades sanitarias competentes na materia.

A Deputación incrementa ata os 8,3 millóns de euros as achegas aos municipios do Val Miñor, Louriña e Redondela

Os concellos da comarca de Vigo recibirán o próximo ano 2021 case 8,3 millóns de euros, (8.288.862€), do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o que supón un aumento nos seus investimentos que se reflicte en todos os municipios e se traduce na maior transferencia de recursos da historia da institución provincial. Os números do Plan do vindeiro ano, que se incrementan ata os 42,5 millóns, foron presentados esta mañá pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera, e responden a criterios técnicos de poboación, superficie, núcleos e densidade.

Así, os investimentos do Plan provincial na comarca viguesa serán para O Porriño de 1.149.865 euros; Nigrán 1.042.429 euros; Redondela 1.031.803 euros; Gondomar 1.012.093 euros; Mos 1.000.877 euros; Baiona 963.810 euros; Salceda de Caselas 694.904 euros; Soutomaior 573.666 euros; Pazos de Borbén 420.155 euros; e Fornelos de Montes 399.256 euros. O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, estes 5 anos na comarca de Vigo ascende a máis de 48 millóns de euros (48.387.070€). Os datos foron comunicados hoxe mesmo aos alcaldes e alcaldesas dos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan “a fin de que saiban o antes posible as achegas que van recibir para poder incorporalas aos seus respectivos orzamentos”.

“Trátase do plan estrela da Deputación, do paradigma de respecto da autonomía local e permite que os concellos decidan libremente a que dedicar os recursos” asegurou Silva na presentación. Este ano, “todas as comarcas van recibir máis recursos que o ano anterior e temos moito orgullo ao coñecer que a Deputación, segundo os datos do Ministerio de Facenda, “volve ser a administración que máis transferencias fai aos municipios”.

En liñas xerais, o Plan Concellos repártese de forma equilibrada, beneficiando máis aos máis pequenos. Os concellos de entre 1 e 10.000 habitantes recibirán no 2021 20.250.000 €; os de entre 10.001 e 20.000 14.300.000 €; e os de entre 20.001 e 50.000 habitantes 7.950.000 €. “Somos moi conscientes do papel que teñen que desenvolver as Deputacións, sobre todo de apoio aos concellos de menos de 20.000 habitantes e, neste eido, imos destinar  a este grupo preto dos 35 millóns de €”. Amais, os recursos distribúense en tres liñas de financiamento: a liña 1, de investimentos, que para o 2021 estará dotada con 30 millóns de €; a liña 2 de amortización, pagamento de débedas e gastos correntes que estará dotada con 3.000.000 € e a liña 3 de fomento do emprego que contará no 2021 con 9.500.000 €.

O Plan presenta novidades. Como xa podían facer desde o inicio de pandemia, os concellos poden destinar ata o 30% da cantidade da liña 1 a incrementar o importe das liñas 2 e 3 e facer fronte así ás necesidadesderivadas da crise. Esta medida verase complementada agora con outra nova: dáse opción aos concellos a destinar ata o 20% da liña 1, un total de 6 millóns de euros, a establecer un plan de axudas aos sectores máis afectados pola pandemia.

Ovicepresidente César Mosquera subliñou o esforzo da Deputación na axuda aos concellos da provincia salientando que sumado o Plan Concellos (42,5 M€) e as liñas de actuación (Revitaliza, Ágora, actuacións en vías provinciais…), invístense 75 millóns de euros anuais nos municipios, o que supón o 64% dos recursos provinciais unha vez descontado o capítulo de persoal. “Máis é imposible. Estamos a facer un esforzo máximo e non debe haber deputación que faga algo parecido”, subliñou.

Mosquera fixo fincapé no seu afán de cohesión territorial, xa que destina proporcionalmente moitos máis cartos por habitante aos concellos de menor poboación. “Hoxe fálase da España vaciada, pero a Deputación leva facendo isto dende o ano 2015, dende antes de que se falara disto”, lembrou. Neste sentido, subliñou que para os municipios de menos de 10.000 habitantes só o Plan Concellos  representa máis dunha cuarta parte do seu orzamento. “O normal é que dispoñan de entre 400 e 500 euros por habitante, e a Deputación achega 117 euros. Nalgúns casos pasa do 30% do orzamento, polo que con eses fondos poden actuar razonablemente” achegando servizos á súa cidadanía, subliñou. 

Balance 2016-2021 : 252 millóns de euros

“Ningunha administración, nin a estatal, nin a autonómica, ten feito tanto esforzo inversor para que chegaran recursos aos concellos da provincia. Nunca os concellos tiveron tantos recursos á súa disposición, nunca se respectou tanto a súa autonomía local e nunca se fixo un esforzo tan importante por transformar esta provincia” asegurou Carmela Silva ao facer balance do Plan Concellos dos últimos cinco anos. Deste xeito, desde o 2016 achegáronse máis de 252 millóns de euros aos concellos da provincia, dos cales case 117 millóns e medio foron para os de menos de 10.000 habitantes, máis de 82 millóns e medio de euros para os de entre 10.001 e 20.000 habitantes e máis de 52 millóns de euros a aqueles de entre 20.000 e 50.000 habitantes. “Fixemos un esforzo extraordinario, o máis importante da historia desta Deputación, para que os concellos puidesen garantir os dereitos e os servizos”, remarcou Carmela Silva.

En liñas xerais, dende o 2016 e ata o 2020 os recursos do Plan Concellos fixeron posible a realización de 2.151 actuacións no marco da liña 1, concretamente para vías e sendeiros, actuacións en edificios municipais, abastecemento e saneamentos, cultura, deporte, informática, actuacións en espazos públicos, vehículos e maquinaria, actuacións en alumeados e eficiencia enerxética ou humanizacións e urbanizacións. Pola súa banda, en canto a liña 2 realizáronse ata 1.132 pagamentos de gasto corrente e actividades municipais e a través da liña 3  de emprego puidéronse financiar a creación de 5.199 postos de traballo nos concellos.

A Deputación achegará máis de 4 millóns de euros aos municipios do Baixo Miño con Plan Concellos 2021

Os concellos do Baixo Miño recibirán o próximo ano 2021 máis de 4 millóns de euros, (4.085.511€), do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que en toda a provincia ascende ata os 42,5 millóns o que se traduce na maior transferencia de recursos da historia da institución. Os números do Plan foron presentados esta mañá pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera, e responden como en anos anteriores a criterios técnicos de poboación, superficie, núcleos e densidade.

Así, no Baixo Miño, os investimentos do Plan provincial serán para Tomiño de 1.275.963 euros; Tui 1.066.189 euros; A Guarda 690.522 euros; O Rosal 586.478 euros; e Oia 466.357 euros. O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, estes 5 anos na comarca ascende a máis de 24 millóns de euros (24.275.597€). Os datos foron comunicados hoxe mesmo aos alcaldes e alcaldesas dos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan “a fin de que saiban o antes posible as achegas que van recibir para poder incorporalas aos seus respectivos orzamentos”.

“Trátase do plan estrela da Deputación, do paradigma de respecto da autonomía local e permite que os concellos decidan libremente a que dedicar os recursos” asegurou Silva na presentación. Este ano, “todas as comarcas van recibir máis recursos que o ano anterior e temos moito orgullo ao coñecer que a Deputación, segundo os datos do Ministerio de Facenda, “volve ser a administración que máis transferencias fai aos municipios”.

En liñas xerais, o Plan Concellos repártese de forma equilibrada, beneficiando máis aos máis pequenos. Os concellos de entre 1 e 10.000 habitantes recibirán no 2021 20.250.000 €; os de entre 10.001 e 20.000 14.300.000 €; e os de entre 20.001 e 50.000 habitantes 7.950.000 €. “Somos moi conscientes do papel que teñen que desenvolver as Deputacións, sobre todo de apoio aos concellos de menos de 20.000 habitantes e, neste eido, imos destinar  a este grupo preto dos 35 millóns de €”. Amais, os recursos distribúense en tres liñas de financiamento: a liña 1, de investimentos, que para o 2021 estará dotada con 30 millóns de €; a liña 2 de amortización, pagamento de débedas e gastos correntes que estará dotada con 3.000.000 € e a liña 3 de fomento do emprego que contará no 2021 con 9.500.000 €.

O Plan presenta novidades. Como xa podían facer desde o inicio de pandemia, os concellos poden destinar ata o 30% da cantidade da liña 1 a incrementar o importe das liñas 2 e 3 e facer fronte así ás necesidadesderivadas da crise. Esta medida verase complementada agora con outra nova: dáse opción aos concellos a destinar ata o 20% da liña 1, un total de 6 millóns de euros, a establecer un plan de axudas aos sectores máis afectados pola pandemia.

Ovicepresidente César Mosquera subliñou o esforzo da Deputación na axuda aos concellos da provincia salientando que sumado o Plan Concellos (42,5 M€) e as liñas de actuación (Revitaliza, Ágora, actuacións en vías provinciais…), invístense 75 millóns de euros anuais nos municipios, o que supón o 64% dos recursos provinciais unha vez descontado o capítulo de persoal. “Máis é imposible. Estamos a facer un esforzo máximo e non debe haber deputación que faga algo parecido”, subliñou.

Mosquera fixo fincapé no seu afán de cohesión territorial, xa que destina proporcionalmente moitos máis cartos por habitante aos concellos de menor poboación. “Hoxe fálase da España vaciada, pero a Deputación leva facendo isto dende o ano 2015, dende antes de que se falara disto”, lembrou. Neste sentido, subliñou que para os municipios de menos de 10.000 habitantes só o Plan Concellos  representa máis dunha cuarta parte do seu orzamento. “O normal é que dispoñan de entre 400 e 500 euros por habitante, e a Deputación achega 117 euros. Nalgúns casos pasa do 30% do orzamento, polo que con eses fondos poden actuar razonablemente” achegando servizos á súa cidadanía, subliñou. 

Balance 2016-2021 : 252 millóns de euros

“Ningunha administración, nin a estatal, nin a autonómica, ten feito tanto esforzo inversor para que chegaran recursos aos concellos da provincia. Nunca os concellos tiveron tantos recursos á súa disposición, nunca se respectou tanto a súa autonomía local e nunca se fixo un esforzo tan importante por transformar esta provincia” asegurou Carmela Silva ao facer balance do Plan Concellos dos últimos cinco anos. Deste xeito, desde o 2016 achegáronse máis de 252 millóns de euros aos concellos da provincia, dos cales case 117 millóns e medio foron para os de menos de 10.000 habitantes, máis de 82 millóns e medio de euros para os de entre 10.001 e 20.000 habitantes e máis de 52 millóns de euros a aqueles de entre 20.000 e 50.000 habitantes. “Fixemos un esforzo extraordinario, o máis importante da historia desta Deputación, para que os concellos puidesen garantir os dereitos e os servizos”, remarcou Carmela Silva.

En liñas xerais, dende o 2016 e ata o 2020 os recursos do Plan Concellos fixeron posible a realización de 2.151 actuacións no marco da liña 1, concretamente para vías e sendeiros, actuacións en edificios municipais, abastecemento e saneamentos, cultura, deporte, informática, actuacións en espazos públicos, vehículos e maquinaria, actuacións en alumeados e eficiencia enerxética ou humanizacións e urbanizacións. Pola súa banda, en canto a liña 2 realizáronse ata 1.132 pagamentos de gasto corrente e actividades municipais e a través da liña 3  de emprego puidéronse financiar a creación de 5.199 postos de traballo nos concellos.

A Deputación incrementa a máis de 5 millóns de euros as achegas aos municipios do Condado e A Paradanta co Plan Concellos 2021

Os concellos do Condado e A Paradanta recibirán o próximo ano 2021 máis de 5 millóns de euros, (5.038.235€), do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, un aumento nos seus investimentos que se reflicte en todos os municipios e se traduce na maior transferencia de recursos da historia da institución provincial. Os números do Plan do vindeiro ano, que se incrementa a 42,5 millóns, foron presentados esta mañá pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera, e responden como en anos anteriores a criterios técnicos de poboación, superficie, núcleos e densidade.

Así, na comarca, os investimentos do Plan provincial serán para Ponteareas de 1.023.927 euros; Salvaterra de Miño 774.445 euros; A Cañiza 566.988 euros; As Neves 556.218 euros; Mondariz 528.711 euros; Covelo 471.218 euros; Arbo 440.625 euros; Crecente 407.325 euros; e Mondariz Balneario 268.774 euros. O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, estes 5 anos na comarca ascende a preto de 30 millóns de euros (29.893.894€). Os datos foron comunicados hoxe mesmo aos alcaldes e alcaldesas dos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan “a fin de que saiban o antes posible as achegas que van recibir para poder incorporalas aos seus respectivos orzamentos”.

“Trátase do plan estrela da Deputación, do paradigma de respecto da autonomía local e permite que os concellos decidan libremente a que dedicar os recursos” asegurou Silva na presentación. Este ano, “todas as comarcas van recibir máis recursos que o ano anterior e temos moito orgullo ao coñecer que a Deputación, segundo os datos do Ministerio de Facenda, “volve ser a administración que máis transferencias fai aos municipios”.

En liñas xerais, o Plan Concellos repártese de forma equilibrada, beneficiando máis aos máis pequenos. Os concellos de entre 1 e 10.000 habitantes recibirán no 2021 20.250.000 €; os de entre 10.001 e 20.000 14.300.000 €; e os de entre 20.001 e 50.000 habitantes 7.950.000 €. “Somos moi conscientes do papel que teñen que desenvolver as Deputacións, sobre todo de apoio aos concellos de menos de 20.000 habitantes e, neste eido, imos destinar  a este grupo preto dos 35 millóns de €”. Amais, os recursos distribúense en tres liñas de financiamento: a liña 1, de investimentos, que para o 2021 estará dotada con 30 millóns de €; a liña 2 de amortización, pagamento de débedas e gastos correntes que estará dotada con 3.000.000 € e a liña 3 de fomento do emprego que contará no 2021 con 9.500.000 €.

O Plan presenta novidades. Como xa podían facer desde o inicio de pandemia, os concellos poden destinar ata o 30% da cantidade da liña 1 a incrementar o importe das liñas 2 e 3 e facer fronte así ás necesidadesderivadas da crise. Esta medida verase complementada agora con outra nova: dáse opción aos concellos a destinar ata o 20% da liña 1, un total de 6 millóns de euros, a establecer un plan de axudas aos sectores máis afectados pola pandemia.

Ovicepresidente César Mosquera subliñou o esforzo da Deputación na axuda aos concellos da provincia salientando que sumado o Plan Concellos (42,5 M€) e as liñas de actuación (Revitaliza, Ágora, actuacións en vías provinciais…), invístense 75 millóns de euros anuais nos municipios, o que supón o 64% dos recursos provinciais unha vez descontado o capítulo de persoal. “Máis é imposible. Estamos a facer un esforzo máximo e non debe haber deputación que faga algo parecido”, subliñou.

Mosquera fixo fincapé no seu afán de cohesión territorial, xa que destina proporcionalmente moitos máis cartos por habitante aos concellos de menor poboación. “Hoxe fálase da España vaciada, pero a Deputación leva facendo isto dende o ano 2015, dende antes de que se falara disto”, lembrou. Neste sentido, subliñou que para os municipios de menos de 10.000 habitantes só o Plan Concellos  representa máis dunha cuarta parte do seu orzamento. “O normal é que dispoñan de entre 400 e 500 euros por habitante, e a Deputación achega 117 euros. Nalgúns casos pasa do 30% do orzamento, polo que con eses fondos poden actuar razonablemente” achegando servizos á súa cidadanía, subliñou. 

Balance 2016-2021 : 252 millóns de euros

“Ningunha administración, nin a estatal, nin a autonómica, ten feito tanto esforzo inversor para que chegaran recursos aos concellos da provincia. Nunca os concellos tiveron tantos recursos á súa disposición, nunca se respectou tanto a súa autonomía local e nunca se fixo un esforzo tan importante por transformar esta provincia” asegurou Carmela Silva ao facer balance do Plan Concellos dos últimos cinco anos. Deste xeito, desde o 2016 achegáronse máis de 252 millóns de euros aos concellos da provincia, dos cales case 117 millóns e medio foron para os de menos de 10.000 habitantes, máis de 82 millóns e medio de euros para os de entre 10.001 e 20.000 habitantes e máis de 52 millóns de euros a aqueles de entre 20.000 e 50.000 habitantes. “Fixemos un esforzo extraordinario, o máis importante da historia desta Deputación, para que os concellos puidesen garantir os dereitos e os servizos”, remarcou Carmela Silva.

En liñas xerais, dende o 2016 e ata o 2020 os recursos do Plan Concellos fixeron posible a realización de 2.151 actuacións no marco da liña 1, concretamente para vías e sendeiros, actuacións en edificios municipais, abastecemento e saneamentos, cultura, deporte, informática, actuacións en espazos públicos, vehículos e maquinaria, actuacións en alumeados e eficiencia enerxética ou humanizacións e urbanizacións. Pola súa banda, en canto a liña 2 realizáronse ata 1.132 pagamentos de gasto corrente e actividades municipais e a través da liña 3  de emprego puidéronse financiar a creación de 5.199 postos de traballo nos concellos.

Baiona pon en marcha unha campaña de promoción do comercio local en Nadal e repartirá máis de 10.000 euros en premios

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, presentou este venres xunto a Asociación de Comerciantes e Empresario de Baiona (ACEBA) a campaña de promoción do comercio local “Este Nadal, Non Distánciesche do Comercio Local de Baiona” que terá lugar no municipio desde o día 4 de decembro de 2020 ata o 10 de xaneiro de 2021, ambos os dous incluídos. Con esta iniciativa repartiranse 10,000 euros en premios entre os veciños e veciñas que compren entre os preto do centenar de establecementos adheridos á campaña municipal.

Esta campaña organizada polo Concello de Baiona e a Asociación de Empresarios e Comerciantes (ACEBA), poñerá en circulación entre os establecementos participantes, 20.500 rascas dos cales 650 deles teñen premios para que as clientas e clientes agraciados empréguenos á hora de comprar nos comercios locais adheridos á iniciativa. En total repartiranse en premios 10,000 euros. Todos os establecementos adheridos á esta campaña procederán á entrega dun cupón por compras superiores a 20 € ata un máximo de 4 cupóns por compra.

Estes vales poderán ser trocados polo cliente en calquera momento da campaña, desde o seu inicio, e ata o 31 de xaneiro de 2021. Despois desta data, os premios que non foran trocados serán destinados á Concellería de Benestar Social do Concello para destinar a fins sociais no municipio. Os tíckets terán a opción de marcar directamente o recadro de Benestar Social para que o premio sexa destinado directamente.

“Os comercios de Baiona son un dos motores da economía do noso pobo. Ademais, a proximidade e o trato familiar que ofrecen aos veciños e veciñas, xunto á creación de riqueza, emprego e a fixación de poboación, incrementan o seu valor. Para limitar o impacto que a pandemia de coronavirus tivo sobre elas, o Concello de Baiona xunto con ACEBA, desenvolveu unha campaña de impulso ao comercio local animando a comprar nestes establecementos habituais, destacando fundamentalmente, esa confianza e proximidade que achegan. Os nosos comerciantes como moitos sectores están a pasar momentos moi complicados e facer as nosas compras nestes establecementos é apostar pola riqueza e o emprego de Baiona”, sinalou o Alcalde.

“Puxemos en marcha a campaña municipal máis potente ata o momento porque somos conscientes de que a situación é especialmente dura para os pequenos negocios. Esta campaña é un importante impulso e unha posta en valor do comercio e das empresas locais, non só polo beneficio económico que xerará, senón tamén pola solidariedade e colaboración de todas as empresas vinculadas ao municipio con este concello para a realización desta campaña”. O Alcalde quixo ter unha mención especial de agradecemento para ACEBA quen organiza esta pioneira campaña xunto coa administración local e que se envorcou desde o primeiro momento que o concello fíxolle chegar a iniciativa.

Na presentación da campaña de apoio ao comercio local para as compras do Nadal das próximas semanas o Alcalde, sinalou que o obxectivo é “fomentar que os baioneses e baionesas realicen as súas compras nos nosos comercios apostando polo comercio de proximidade”.Gómez Prado indicou que esta campaña pretende “que a cidadanía valoren o trato de persoal e de proximidade que se ofrece no comercio local, nas tendas dos nosos barrios e co que ademais se enche de vida o municipio nestas datas tan sinaladas”.

O primeiro edil animou aos veciños e veciñas e visitantes a “comprar os agasallos deste nadal nas tendas de Baiona e á vez gozar dun café ou un refresco nos nosos establecementos hostaleiros cumprindo coas medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias”.

Desde o Consistorio tamén se deseñou unha ampla programación de actividades de Nadal. O BaiNadal, que se dará a coñecer esta mesma tarde, tamén axudará a dinamizar as rúas da vila xunto coa iluminación do Nadal que se acenderá ás 18:00 h.

A campaña “Este Nadal, Non Distánciesche do Comercio Local de Baiona” inclúe difusión publicitaria e en redes sociais para que chegue a un maior número de público obxectivo.

Lete Lasa destaca o traballo do tenis de mesa galego que permite a Galicia ser a única comunidade coas súas ligas en marcha desde o 17 de outubro

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato Pre-Estatal de Tenis de Mesa que se celebrará en Zas (A Coruña) os vindeiros 5, 6, 7 e 8 de decembro e que estará organizado pola Federación Galega de Tenis de Mesa e onde participarán 164 xogadores das categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sénior e veterano, tanto masculinas como femininas. O secretario xeral gabou o bo traballo realizado por todo o tenis de mesa galego e pola propia federación que permite que “Galicia sexa a única comunidade en todo o Estado coas ligas autonómicas en marcha desde o pasado 17 de outubro”.

Lete Lasa destacou que o campionato de Zas reunirá “a elite do tenis de mesa galego” para clasificarse a un torneo nacional “ao que só chegarán os mellores”. Do mesmo xeito destacou tamén o “excelente traballo” da federación que, nos últimos anos, conseguiu que o tenis de mesa galego “chegase a cotas nunca antes imaxinadas”.

Nas súas verbas lembrou como no último cuarto do século XIX nacía en Inglaterra o tenis de mesa, como unha variante do tenis, ideada para practicar un deporte similar no interior ante a adversa climatoloxía británica.

Para combater situacións adversas, dixo o secretario xeral, o deporte galego tamén ten ideado enxeñosas solucións. Deste xeito, os xogadores do Pre-Estatal “contarán cun protocolo perfectamente visado e aprobado pola Secretaría  Xeral para ou Deporte e baseado no modelo  FISICOVID- DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia”. Ademais, “neste campionato cumprirase a distancia, levaranse a cabo as desinfeccións, instalaranse só 12 mesas en máis de 1.200 metros cadrados e a xornada dividirase en dúas quendas de mañá e de tarde para que os xogadores de cada quenda non se mesturen”.

O Concello acomete melloras en diversos camiños das parroquias de Burgueira, Pedornes e Santa María de Oia

0

O Concello de Oia acometeu obras de mellora en vías de diversas parroquias do municipio. Entre estas actuacións destacan os traballos realizados no paso de auga de Xiguente, no barrio da Portela (Burgueira), e nos camiños de Cardorrío (Pedornes), A Fonte (A Riña-Santa María de Oia) e Chavella (Santa María de Oia).

No que respecta ao Camiño de Xiguente, a actuación tiña o obxectivo de evitar os desbordamentos que adoitaban producirse nunha curva deste vial. Coas chuvias, o pequeno paso de auga que existía na zona resultaba insuficiente para conter as augas, así que se construíu un paso novo cunhas dimensións adecuadas para solucionar o problema.

Os labores contaron cun orzamento total de 25.750,95 euros. Deste total, 24.652,58 euros proveñen dun préstamo sen xuros da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente coa anualidade de 2018. Os restantes 1.098,37 euros foron achega do Concello de Oia.

Por outra parte, tamén se efectuaron traballos de acondicionamento e mellora dos camiños de Cardorrío (Pedornes) e A Fonte (no barrio da Riña, en Santa María de Oia), os cales contaron cun orzamento de 31.944,69 euros; e se acometeu a humanización do Camiño de Chavella (Santa María de Oia) por importe de 28.113,36 euros. Ambas actuacións foron financiadas a través do Plan Concellos da Deputación, liña 1 (investimentos).

A alcaldesa do Porriño congratúlase de que a Xunta solicite a licenza de obras para ampliar o Centro de Saúde

A alcaldesa do Porriño, Eva García congratulase de que a Consellería de Sanidade xa solicitase a licenza para a obra en relación co proxecto de ampliación do Centro de Saúde, e así móvase ficha na boa dirección.

Tan só horas despois da comparecencia da alcaldesa, xunto coa deputada Leticia Gallego, para recordar o incumprimento do compromiso adquirido por esa Consellería, trasladado ao Parlamento de Galicia, esta mañá chegou por rexistro unha solicitude de licenza de obras presentada por ese departamento autonómico.

A solicitude sinala que a licenza é para a ampliación e reforma do Centro de Saúde e apunta como orzamento estimado da obra, 2.916.716 €.

Para xustificar a solicitude, a Consellería de Sanidad indica que estaría prevista “para data próxima o anuncio para a contratación da obra”, segundo a petición. A alcaldesa do Porriño valorou que “volve a resultar lamentable a falla de compromiso do PP local con esta demanda da ampliación do Centro de  Saúde namentres malgastan o seu tempo en facer labor de oposición a través dos xulgados”, manifestou Eva García.

A biblioteca municipal terá novos horarios durante os meses de decembro e xaneiro

0

A biblioteca municipal do Rosal modificará os seus horarios habituais para adaptarse aos festivos marcados no calendario durante os meses de decembro e xaneiro. Estes cambios comezarán este mesmo venres 4 de decembro, xornada na que as instalacións da biblioteca permanecerán pechadas ao público.

Con estes novos horarios, a biblioteca abrirá os días 9, 10, 15, 16 e 17 de decembro en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. As instalacións permanecerán pechadas dende o vindeiro día 18 de decembro ata finalizar as festas de nadal.

Dende o mesmo día 7 de xaneiro a biblioteca retomará o seu horario habitual: os luns de 15.30 a 20.30  horas e de martes a venres de 16.00 a 20.30 horas.

Pode descargar o horario da biblioteca municipal para os vindeiros meses de decembro e xaneiro na seguinte ligazón.

Hoxe rexístranse 7.136 casos activos por coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.136 deles 1.472 son da área da Coruña, 858 da de Lugo, 436 da de Ourense, 1.065 da de Pontevedra, 1.869 da área de Vigo, 821 da de Santiago, e 615 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 62 están en UCI, 347 en unidades de hospitalización e 6.727 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 45.164 persoas curadas, rexistrándose 1.236 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 922.426.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.