Venres, 28 Marzo de 2025

As socialistas de Tomiño reafirman a súa aposta polo comercio local

“Sen comercio local, desaparece a vida e a identidade dun pobo”, así de claras expersáronse as concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa que, acompañadas por Ana Silva, iniciaron onte sábado un percorrido polo comercio e a hostalaría local.

“Tratamos, simplemente, de expresarlles o noso apoio e agarimo e de dicirlles que non están sós e soas”, sinalan as socialistas tomiñesas. “Está sendo un ano especialmente complicado e convulso para o sector –engaden– polo que era de xustiza non só visibilizar ese apoio, senón tamén escoitar as súas demandas, xa que teñen moito que dicir”.

As socialistas foron “moi ben acollidas” e continuarán o luns visitando os establecementos de Tomiño. “Queremos expresar o noso agradecemento polo recibimento dispensado”, sinalaron Violeta de Santiago e Mirta Misa que reafírmanse na súa postura “de pleno apoio ao comercio e hostalaría de Tomiño”.