22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño avanza na creación do Arquivo da Imaxe Municipal

    Tomiño avanza na creación do Arquivo da Imaxe Municipal

    A primeira fase vaise pechar con máis de 3.000 fotografías catalogadas

    O Concello de Tomiño concluirá nas vindeiras semanas a primeira fase de creación do Arquivo da Imaxe Municipal, un proxecto co que se pretende recoller, dixitalizar e arquivar as imaxes producidas polos veciños e veciñas do concello ao longo dos anos. A intención é que este arquivo teña varias funcionalidades, servindo por un lado para recopilar o patrimonio fotográfico que forma parte da historia municipal e que está sen recoller ademais de ser tamén un sistema de conservación e preservación das propias fotografías.

    O proxecto está a piques de rematar a súa primeira fase, desenvolvida ao longo dos últimos meses, e que se caracterizou pola creación da estrutura e clasificación de máis de 3.000 fotografías recollidas de múltiples fontes, tales como hemerotecas de diversas publicacións, arquivos fotográficos, fundacións ou recopilacións xa feitas polo propio Concello en proxectos anteriores, como por exemplo a colección de fotografías de arquitectura indiana.

    Aínda que xa hai recollido un pequeno corpus de fotografías aportadas polos veciños e veciñas de Tomiño, este proceso de recopilación a través das familias do municipio viuse interrompido pola pandemia, quedando aprazada esta fase para cando estea superada a situación. Este proceso de recopilación de material fotográfico porta a porta será previsiblemente realizado durante os vindeiros anos a través de campañas periódicas de recollida entre a veciñanza. Espérase que o arquivo sexa amacenado na futura biblioteca de Tomiño, podendo ser consultado por toda a veciñanza.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.