11.8 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán sufragou os custes de 115 servizos de envío de comida a...

    Nigrán sufragou os custes de 115 servizos de envío de comida a domicilio durante o mes no que a hostalaría estivo pechada

    O Concello de Nigrán sufragou desde o 4 de novembro 115 servizos de envío a domicilio de negocios hostaleiros do municipio, 10 veces máis que a media mensual ata agora. Paralelamente, desde o consistorio levouse a cabo unha campaña promovendo o consumo nestes locais baixo o slogan ‘Agora, máis que nunca, a hostalaría precisa de nós’. Esta iniciativa do Goberno local manterase igual mentres duren as restriccións ao sector como unha medida máis de apoio xunto á xa anunciada liña de axudas directas por valor de 120.000 € (1.000 € a autónomos e 600 € a desempregados sen dereito a prestación) ou a bonificación íntegra do recibo trimestral de auga e a parte proporcional do lixo e manter a gratuidade das terrazas no 2021.

    O Concello iniciou este transporte gratis en xuño asociado á app de envío a domicilio Dbarrio tras a solicitude de Ovalmi de abonar o custe de 70 licencias para negocios de todo tipo que quixeron adherirse a esta plataforma de comercio electrónico. Como medida adicional para ofrecer unha vantaxe competitiva, o Concello decidíu sufragar o transporte dos pedidos dentro do municipio de luns a sábado, de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 22:00 horas.

    “A raíz do 4 de novembro decidimos concentrar o servizo só na hostalaría para que estivese a súa plena disposición en toda a franxa horaria e, ademais, abrimos esta posibilidade aos establecementos adheridos a Dbarrio ou non. Como as circunstancias adversas continúan, o Concello seguirá concentrando o reparto gratuíto só neste sector porque está especialmente prexudicado fronte aos demais”, incide González. “Agora é unha urxencia contar con repartidor, pero o que realmente buscamos desde o Concello é afianzar o consumo local e que permaneza como o xeito máis sostible e responsable de mercar. Subvencionando o transporte, facemos que realmente sexa moi interesante para o cliente de Nigrán”, resume.

    Igualmente, o Concello de Nigrán iniciou coa colaboracón de Ovalmi a campaña de promoción do comercio local ‘Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán’ e o hashtag ‘#VivoEnNigránComproEnNigrán’. A iniciativa municipal inclúe diferentes aspectos, entre os que destaca o sorteo de 1.300 € en vales de 50 € entre os clientes dos establecementos adheridos a Ovalmi para consumir en 26 locais hostaleiros do municipio durante todo o 2021. O Concello de Nigrán continúa así co seu esforzo para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza, tal e como xa o fixo durante o confinamento coas pequenas tendas de alimentación, as panaderías en Pascua ou o Día da Nai.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.