12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasRegulación dos accesos e saídas en Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e Santa...

    Regulación dos accesos e saídas en Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e Santa Ana o sábado e festivos

    A accesibilidade estará condicionada polas obras, o mercado municipal e a peonalización das fins de semana

    As obras de soterramento da rede de calor manteñen cortado o acceso á rúa Vidales Tomé afectando tamén á rúa Emilio Rodríguez e Santa Ana. A isto engádese a reanudación das feiras e mercados dos sábados que imposibilitan o acceso pola rúa Concha Brey e Constitución. Ademais, os sábados, domingos e festivos o centro urbano peonalízase permitindo unicamente a circulación de residentes. Diante da concorrencia de todos estas circunstancias a Policía Local informa sobre a regulación dos accesos e saídas nas rúas Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e Santa Ana.

    O sábado 5 entre as 8:00 e 14:30 horas:

                ▪ Entradas: non se poderá entrar en ningunha das tres rúas nese horario. Se por causa de forza maior ou urxencia xustificada fora necesario entrar nalgunha desas rúas deberase contactar coa Policía Local que facilitará dito acceso con seguridade (986640050 – 092 desde Ponteareas).

                ▪ Saídas: desde as rúas Vidales Tomé e Emilio Rodríguez sairase como se fai habitualmente, accedendo a Avenida de Galicia. Desde a rúa Santa Ana sairase a través da Praza Maior no espazo existente entre postos de venda ambulante, circulando con moita precaución e dando prioridade aos peóns.

    O sábado 5 de 14:30 en adiante, domingo 6 e martes 8 todo o día:

    • Poderase entrar en Santa Ana polo seguinte itinerario circulando a 20 km/h como máximo e dando prioridade aos peóns: Concha Brey, Constitución, Bugallal, Oriente, San Xoaquín e Santa Ana. A saída farase pola Praza Maior circulando a 10 km/h, con moita precaución e especial atención a peóns e nenos e nenas.
    • Poderase entrar en Emilio Rodríguez e Vidales Tomé polo seguinte itinerario circulando a 20 km/h como máximo e dando prioridade aos peóns: Concha Brey, Constitución, Bugallal, Vidales Tomé e Emilio Rodríguez. No caso do segundo tramo de Vidales Tomé circularase en sentido contrario ao habitual, pola marxe dereita e con precaución e baixa velocidade, tal e como se veu facendo nesta semana. A saída farase do xeito habitual cara a Avenida de Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.