8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación destina máis de 130.000 euros a 83 entidades da provincia...

    A Deputación destina máis de 130.000 euros a 83 entidades da provincia para o desenvolvemento de actividades deportivas

    A través das axudas poderán promover campionatos e eventos de relevancia deportiva, así como outras iniciativas para dinamizar o deporte

    O goberno da Deputación vén de aprobar a concesión das axudas por valor de 132.235 euros para que 83 entidades da provincia poidan impulsar actividades deportivas. Estas subvencións, en concorrencia competitiva, distribúense entre asociacións de 25 concellos e permitirán organizar campionatos, eventos de relevancia deportiva ou iniciativas para dinamizar o deporte contribuíndo á promoción da provincia no ámbito deportivo.

    En total as entidades beneficiadas recibirán achegas que oscilan entre os 4.000 € de contía máxima e os 500 € de mínima. As 83 asociacións pertencen aos concellos de Cambados, Cangas, A Estrada, Fornelos, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Marín, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Ponteareas, Pontevedra, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

    Os concellos cunha entidade beneficiada son Cambados (Club de Pesca As Joritas), A Estrada (Club Bádminton A Estrada), Fornelos (Waka Waka Galicia), Gondomar (Agrupación Deportiva Vincios), A Guarda (Club de Tenis Codesal), A Illa de Arousa (Club de Ximnasia Rítmica de Arousa), Moaña (Sociedade Deportiva Samertolameu), Mondariz (Club Tea de Mondariz Balneario), As Neves (Club Bádminton As Neves), Ponteareas (Club Bádminton Ponteareas), Ribadumia (Club Náutico O Muiño), O Rosal (Sociedade Deportiva Atlética Novás), Salceda de Caselas (Club Caselas FC) e Tomiño (Asociación Deportiva Tomiño Alevín e Infantil).

    Con dúas entidades beneficiadas atópanse os concellos do Grove (Club de Remo Mecos e Club Deportivo Ría de Arousa), Mos (Club Tenis de Mesa e Master da Louriña), Oia (Asociación Recreativa Ciclismo Oiense e Asociación Recreativa de Veteranos Embutidos), Sanxenxo (Club Náutico de Portonovo e Portonovo Sociedade Deportiva) e Vilagarcía de Arousa (Asociación Deportiva Cultural Vilagarcía Esgrima e Motoclub VFM).

    Cangas, Marín e Tui contan con tres entidades beneficiadas en cada concello. No caso do primeiro trátanse da Asociación Galega de Billar, o Club de Billar Pooleros do Morrazo e o Club Náutico de Cangas. En Marín recibirán achegas os clubs Ancorad´Ouro FS, a Asociación Educativa Cultural Lúdica e Deportiva O Fisgón e o Real Club Mar de Aguete. No caso de Tui son o Kayak Tudense, o Club Badminton Tui e o Club Padel 8.

    Pola súa banda Nigrán conta con cinco entidades beneficiadas entre as que se atopan o Club Bolos Camos, Club Bolos Santa Eulalia, Club de Tenis A Tobeira, Club de Bolos San Roque e o Club Gallego de Surf.

    En Pontevedra recibirán axudas 28 entidades entre as que se atopan a Agrupación Deportiva Cortegada, a Asociación Club de Bolos URGAL, Asociación de Criadores de Cabalos Españoles de Galicia, a Asociación Xuvenil Saraiva do Mar, Atletismo Rías Baixas, Baloncesto Estudiantes, Club Boa Vila de Tiro con Arco, Club Deportivo Escola Hungaresa de Esgrima, Club Deportivo Nieto, Club de Tiro Río Lérez, Club Escola Rosalía, Club Galaico Sincro, Club Número Phi, Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, Escola Municipal de Xadrez, Federación Galega de Piragüismo, Federación Galega de Ciclismo, Oiense CF, Tumetapersonal, Xadrez Lucena, Club Ciclista Ponteareas, Club de Piragüismo Olívico, Club Deportivo Padel Feminino Cíes, Club Deportivo Coia, Club do Mar Bueu, Club Balonmán Atlético Guardés, Club Natación Ponteareas e Club Náutico Pontecesures.

    No caso de Vigo son 16 os clubs beneficiados entre os que se atopan +Enduro MTB, Agrupación Deportiva SODIM, Club Baile Deportivo Pasos, Club Bolos Valladares San Bartolomé, Club Ciclista Rías Baixas, Club Deportivo Freestyle Slalom, Club Remo Vigo, Escolas Deportivas Vigo, Federación Galega de Balonmán, Federación Galega de Bolos, Federación Galega de Motonáutica, Real Federación Galega de Vela, SDAtletismo San Miguel, Sares TKD Cangas, Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida e Unión Balonmán Lavadores.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.