12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Goberno local da axudas directas á hostalaría para paliar os efectos...

    O Goberno local da axudas directas á hostalaría para paliar os efectos do peche decretado pola Xunta

    As axudas terán unha contía máxima de 300 € e inclúen aos establecementos abertos para recollida e servizo de reparto de comida a domicilio

    O Concello de Redondela vén de anunciar a concesión de axudas directas á hostalaría. A iniciativa tenta paliar a complicada situación pola que está a pasar o sector debido ao último peche, dun mes de duración, decretado pola Xunta de Galicia para frear a expansión da COVID-19.

    As axudas tal e como sinalou a concelleira de Comercio, María Castro, están dirixidas a establecementos de restauración, restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías, bares, salas de festas, discotecas, pubs, salas de concertos e cafés-espectáculo cuxo local comercial afecto á actividade radique no termo municipal de Redondela.

    O importe desta liña de axudas directas e de pagamento único, será de un máximo de 300 euros e serán compatibles cos establecementos que permanezan abertos para a recollida e reparto de comida a domicilio. Para a concesión das meemas, explicou a alcaldesa Digna Rivas, “o Goberno local optou pur un procedemento de tramitación máis áxil a fin de que poidan chegar canto antes aos seus destinatarios finais”.

    Para mais información ao respecto, as interesadas e interesados poden consultar o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 1 de decembro, ou poñerse en contacto do Departamento de Desenvolvemento Local no teléfono 986 402 664.

    A medida posta en marcha agora, forma parte dun paquete de iniciativas que o Goberno local deu a coñecer aos representantes da hostalaría nunha reunión co sector na que participaron a alcaldesa Digna Rivas, o concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa e a concelleira de Comercio, María Castro.

    Nesa xuntanza dábanse a coñecer medidas xa efectivas, como a derogación de taxas sobre as terrazas para todo o ano 2021 e a devolución do importe da taxa de recollida de lixo sobre o tempo que estiveron pechados e adiantábase a creación dunha liña de axudas directas para o conxunto do sector hostaleiro.

    En todo caso, a alcaldesa Digna Rivas, sinalou que estas axudas permitirán “diminuír o impacto que o peche pola COVID tivo sobre este sector e, ao mesmo tempo, permitiralle tamén acortar o proceso de recuperación unha vez que se permita a reapertura dos establecementos”

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS