O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, acompañado por representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) presentou este venres a campaña de promoción do comercio local que se desenvolverá dende hoxe e ata o día 10 de xaneiro baixo o lema ‘Este Nadal, non te distancies do Comercio Local de Baiona’. A iniciativa repartirá 10.000 euros en premios entre os veciños e veciñas que mequen entre os preto do centenar de establecementos adheridos á campaña.
A iniciativa organizada polo Concello de Baiona e a ACEBA, poñerá en circulación entre os establecementos participantes, 20.500 rascas dos que 650 deles teñen premios para que as clientas e clientes agraciados empréguenos á hora de comprar nos comercios adheridos á campaña. Todos os establecementos adheridos procederán á entrega dun cupón por compras superiores a 20 € ata un máximo de 4 cupóns por compra.
Estes vales poderán ser trocados polo cliente en calquera momento da campaña, desde o seu inicio, e ata o 31 de xaneiro de 2021. Despois desta data, os premios que non foran trocados serán destinados á Concellería de Benestar Social do Concello para destinar a fins sociais no municipio. Os tíckets terán a opción de marcar directamente o recadro de Benestar Social para que o premio sexa destinado directamente.
“Os comercios de Baiona son un dos motores da economía do noso pobo”, afirmou Carlos Gómez na presentación da campaña. “A proximidade e o trato familiar que ofrecen aos veciños e veciñas, xunto á creación de riqueza, emprego e a fixación de poboación, incrementan o seu valor”. Precisamente para limitar o impacto que a pandemia de coronavirus sobre o comercio ponse en marcha esta campaña que anima a seguir comprando nestes establecementos habituais. “Os nosos comerciantes, como moitos sectores, están a pasar momentos moi complicados e facer as nosas compras nestes establecementos é apostar pola riqueza e o emprego de Baiona”, sinalou o alcalde.
“Puxemos en marcha a campaña municipal máis potente ata o momento porque somos conscientes de que a situación é especialmente dura para os pequenos negocios. Esta campaña é un importante impulso e unha posta en valor do comercio e das empresas locais, non só polo beneficio económico que xerará, senón tamén pola solidariedade e colaboración de todas as empresas vinculadas ao municipio con este concello para a realización desta campaña”, apuntou o rexedor local que tivo unha mención especial de agradecemento para ACEBA “que se envorcou desde o primeiro momento que o Concello fíxolle chegar a iniciativa”.
Carlos Gómez indicou que esta campaña pretende “que a cidadanía valoren o trato de persoal e de proximidade que se ofrece no comercio local, nas tendas dos nosos barrios e co que ademais se enche de vida o municipio nestas datas tan sinaladas”.
[su_image_carousel source=”media: 26576,26573,26574,26575,26577,26578″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
Desde o Consistorio tamén se deseñou unha ampla programación de actividades de Nadal. O BaiNadal tamén axudará a dinamizar as rúas da vila xunto coa iluminación do Nadal que se acendía hoxe ás 18:00 h.
O primeiro edil animou aos veciños e veciñas e visitantes a “comprar os agasallos deste nadal nas tendas de Baiona e á vez gozar dun café ou un refresco nos nosos establecementos hostaleiros cumprindo coas medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias”.