20 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO nivel máximo de restrición pola COVID e o peche perimetral, impiden...

    O nivel máximo de restrición pola COVID e o peche perimetral, impiden a celebración do mercado do día 6 de decembro en Redondela

    O Concello, que tiña todo disposto para habilitar a avenida de Mendiño como zona de mercado para poder cumprir coas normas de seguridade sanitaria, mirase na obriga de suspendelo “ante as novas directrices marcadas pola evolución da COVID”

    O Concello de Redondela deu a coñecer hoxe a suspensión do mercado previsto para o día 6 de decembro, e para o que se tiña xa todo disposto, “logo dos datos sobre a evolución da COVID no municipio que nos inclúe no Nivel Máximo de Restricións ao que se engade o peche perimetral”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas tralas reunións mantidas con responsables da Consellería de Sanidade.

    O Goberno redondelán daba por certa a celebración da feira do 6 de decembro e de feito, tal e como explica o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, “tíñamos adoptado todas as disposicións necesarias para desenvolvelo ocupando toda a zona da avenida Mendiño” ao considerar o executivo que preside Digna Rivas, “a complicada situación que atravesa o comercio local e que precisa de iniciativas dinamizadoras como a feira dos días 6 e 21 de cada mes”.

    Rivas asegurou que a decisión de suspender a celebración da feira adoptouse tralas reunións mantidas con responsables da administración sanitaria galega que, amais de incluír a Redondela no nivel de restrición máximo, engadía a circunstancia dun peche perimetral do municipio, circunstancia que fai imposible a celebración deste mercado.

    A alcaldesa redondelá deu conta que, unha vez máis e como ven facendo hai días, pediu aos responsables da Consellería de Sanidade a realización dun cribado de probas PCR para coñecer, con certeza, a incidencia da COVID en Redondela e “poder optimizar as medidas a tomar en coordinación coa Consellería”. Nese sentido, Digna Rivas lembrou que esta medida “vén sendo reclamada insistentemente por esta acaldesa dende hai máis dunha semana e, polo que parece, comezarán a facerse esta vindeira semana”.

    O cribado de probas PCR, asegurou a rexedora local, permitirá coñecer con exactitude o alcance da pandemia no noso territorio e, por tanto, poder actuar en consecuencia dentro das nosas competencias sempre en colaboración coas autoridades sanitarias competentes na materia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.