A alcaldesa do Porriño, Eva García congratulase de que a Consellería de Sanidade xa solicitase a licenza para a obra en relación co proxecto de ampliación do Centro de Saúde, e así móvase ficha na boa dirección.
Tan só horas despois da comparecencia da alcaldesa, xunto coa deputada Leticia Gallego, para recordar o incumprimento do compromiso adquirido por esa Consellería, trasladado ao Parlamento de Galicia, esta mañá chegou por rexistro unha solicitude de licenza de obras presentada por ese departamento autonómico.
A solicitude sinala que a licenza é para a ampliación e reforma do Centro de Saúde e apunta como orzamento estimado da obra, 2.916.716 €.
Para xustificar a solicitude, a Consellería de Sanidad indica que estaría prevista “para data próxima o anuncio para a contratación da obra”, segundo a petición. A alcaldesa do Porriño valorou que “volve a resultar lamentable a falla de compromiso do PP local con esta demanda da ampliación do Centro de Saúde namentres malgastan o seu tempo en facer labor de oposición a través dos xulgados”, manifestou Eva García.