18.5 C
Pontevedra
Martes, 30 de Maio de 2023
Máis
    HomeÉ Noticia'Fóra de plano', a nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals...

    ‘Fóra de plano’, a nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación centrada nas mulleres do audiovisual

    A xornada celebrarase por streaming o próximo xoves para debater e reflexionar sobre a situación da muller no cinema e na produción audiovisual

    Co obxectivo de reflexionar sobre a situación da muller no cinema e producción audiovisual, a Deputación de Pontevedra lanza ‘Fóra de plano’, unha nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals, que terá lugar o xoves, 10 de decembro. Durante a actividade, que será por streaming e para a que xa está aberta a inscrición en www.depo.gal, presentarase o informe de CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, e se anunciará a primeira edición dos premios #Mulleresnofoco, impulsados pola Deputación e a Asociación, para poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego.

    A xornada centrará o debate sobre a falta de visibilización das mulleres dun sector estratéxico cando, como asegura a presidenta provincial, Carmela Silva, “son a punta de lanza do extraordinario momento que vive o audiovisual galego e temos que reclamar o seu protagonismo porque lles pertence por dereito”. “Queremos, como o propio nome da xornada indica, poñer o aceno nas mulleres do cinema para facelas entrar nun plano que é seu, e máis cando o sector está en pleno auxe pero que segue lonxe da paridade real”, asegurou. Silva indicou que reflexionarase sobre “a invisibilidade e infravaloración das mulleres profesionais nun eido onde amosan cada vez máis talento, con proxectos con grande transcendencia, compromiso e unha forte implicación social”.

    ‘Fóra de plano: as mulleres no audiovisual’ comezará o xoves, ás 11 da mañá, coa inauguración da presidenta Carmela Silva e da presidenta de CIMA Cristina Andreu. A presidenta provincial presentará a I edición dos Premios #Mulleresnofoco, promovidos pola Deputación en colaboración con CIMA, que se convocarán de cara ao 2021. Estes premios nacen co obxectivo de incentivar o talento, traxectoria persoal e profesional, así como perfís con perspectiva de xénero, activistas polo recoñecemento da muller no sector audiovisual ou impulsoras do emprego feminino no audiovisual galego. Están previstos entregar tres galardóns que porán o foco nas mulleres, situando nun lugar privilexiado o posto que ocupan: ben sexan directoras, produtoras, guionistas ou cámaras.

    Posteriormente a socióloga Sara Cuenca presentará o Informe Anual de CIMA 2020, no que se analizan os datos estatísticos da presenza da muller no sector audiovisual en España. Tamén Chelo Loureiro, vogal de CIMA e representante da asociación en Galicia, fará un contraste dos datos estatais cos relativos a Galicia e aproveitarase a ocasión para explicar o “Decálogo das Boas Prácticas para combater o sexismo nos relatos audiovisuais”, dirixido á ensinanza e recurso útil para familias e docentes.

    Ás 12.00 haberá unha mesa de debate, ‘Onde estamos as mulleres no audiovisual? Cuestión de plano’, moderada por Chelo Loureiro, directora de Abano Producións, na que participarán Beli Martínez, produtora e representante de Cinema e Muller; Mónica Camaño, protagonista de “Nación”, un dos filmes patrocinados polo proxecto Pontevedra, Plató de Cinema; e Noemí Chantada, realizadora, fundadora de Islandia Producciones e directora da curta Sorrisos transformadores, que tamén impulsou a Deputación.

    Como complemento da xornada terá lugar unha selección de curtas con perspectiva de xénero que estarán dispoñibles en www.depo.gal, do 10 ao 13 de decembro, para as persoas participantes na xornada, ás que se lle facilitará unha clave de acceso para o seu visionado. Amais, tres das curtas que se poderán ver son candidatas aos Goya 2021: Carne de Camila Kater, curta de animación que leva recibido máis de 40 premios internacionais; Beef de Ingride Santos, que recolle un retrato adolescente postmillenial; e Reflejo de Juan Carlos Mostaza, curta de animación que trata sobre os trastornos de alimentación. Tamén poderase ver Xoves de comadres de Noemí Chantada, grande triunfadora do Festival de Cans e Premio do Público no Festival de Málaga; e Familias de Sara Bamba e Iván Martín, centrada na violencia na infancia.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS