22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama á ciudadanía a...

    A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama á ciudadanía a doar nesta ponte festiva de decembro

    As unidades móbiles de ADOS visitarán esta semana máis de 40 concellos galegos co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos nosos hospitais

    A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da ponte festiva do mes de decembro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns do tipo A Positivo, xa que, no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades deste grupo sanguíneo. Neste sentido, lembrar, ademais, a importancia da necesidade de incrementar nos vindeiros días o número de doazóns dos demais grupos, e especialmente do Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal.

    Os períodos vacacionais e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación da cidanía, xa que pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Neste sentido, lembrar que, todos os días do ano, precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir os compoñentes sanguíneos que necesitan os nosos hospitais.

    Desprazamentos

    As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, ao longo destes días, máis de 40 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

    ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración da cidadanía e efectuará os seguintes desprazamentos:

    DATACONCELLOS
    Luns 7 de decembroPraza de España (Ferrol), Cambre, Oseiro e Pastoriza (Arteixo), Bertamiráns (Ames), Arzua, Marín, Nigrán, Baiona, Alfoz, Ronda das Fontiñas (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense)
    Mércores 9 de decembroAlcampo (Ferrol), Campus de Elviña e Barrio de Labañou (A Coruña), Ponteceso, Santa Comba, Palmeira (Ribeira), Cuntis, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Pazos de Borbén, Chantada, Petín, Larouco, Barrio do Vinteún (Ourense)
    Xoves 10 de decembroMiño, Repsol A Coruña, Urbanización Matogrande (A Coruña), Carral, Milladoiro (Ames), Praza de Galicia (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra), Moraña, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Zona As Travesas (Vigo), Ribadeo, Campus de Ourense
    Venres 11 de decembroAs Pontes,  Repsol A Coruña, Cantón-Obelisco (A Coruña), Barrio do Ventorrillo (A Coruña), Noia, Centro comercial As Cancelas (Santiago), Ribadumia, Porriño, Zona As Travesas (Vigo), Viveiro, Ribadavia
    Sábado 12 de decembroAs Pontes, Cantón-Obelisco (A Coruña), Noia, Catoira, Porriño, San Cosme de Barreiros

    Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

     HORARIO
    HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGOLuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
    HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑALuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
    HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROLLuns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas
    HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGOLuns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
    HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSELuns e venres das 15:00 ás 22:00 horas Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
    HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRALuns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
    HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGOLuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

    Doar, moi sinxelo

    Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

    ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Pode atopar máis información no seguinte código QR:

    ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.