7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarA Xunta concede una axuda de 300.000 euros para a adquisición da...

    A Xunta concede una axuda de 300.000 euros para a adquisición da Casa Peralba en Gondomar

    A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Gondomar veñen de asinar convenio polo cal a administración local accede a un préstamo sen xuros

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concede unha axuda de 300.000 euros ao Concello de Gondomar do programa Fondo de Cooperación, para adquirir a Casa Peralba co fin de rehabilitala.

    A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira González, veñen de asinar telematicamente un convenio de colaboración que lle dará acceso a este municipio ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento para apoiar aos concellos de menos de 50.000 habitantes no financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

    En concreto, a achega económica comprometida pola Xunta permitiralle ao Concello dispoñer deste orzamento para financiar facerse propietario deste inmoble, unha mostra interesante da arquitectura civil da vila, construída aproximadamente no ano 1919.

    O conxunto está constituído por unha edificación principal destinada a vivenda principal e unha serie de construcións auxiliares e vivenda do servizo ou garda. A parcela de bastante amplitude e acondicionada, como complemento da vivenda; conserva un lavadoiro, un pombal, hórreo e franxas de terreo en socalcos con restos de columnas de pedra, para emparrados. Todo o conxunto constitúe un inmoble de gran interese para a súa posterior rehabilitación como equipamento municipal.

    Novas solicitudes de financiamento por 2,2 millóns

    Cómpre lembrar que o Fondo de Cooperación do IGVS se puxo en marcha no ano 2017, cunha dotación inicial de 10 millóns de euros e co obxectivo de facilitarlle aos concellos o financiamento necesario para acometer proxectos de rehabilitación mediante a concesión de préstamos sen xuros. Grazas aos compromisos asumidos vía convenio durante o período 2017-2019, outorgáronse xa 4,98 millóns de euros para garantir a execución de 18 actuacións de rehabilitación e conservación de inmobles nunha decena de municipios. Ademais, ao abeiro da convocatoria do Fondo realizada este ano –cuxo prazo para a presentación de solicitudes abriuse o 7 de xullo e rematou o pasado 1 de outubro- estanse tramitando peticións por un importe global de 2,2 millóns de euros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.