17.2 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Outubro de 2021
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiEmpresarios tudenses e o Concello promoven unha campaña de bonos agasallo coma...

    Empresarios tudenses e o Concello promoven unha campaña de bonos agasallo coma alternativa as ceas e aguinaldos de Nadal das empresas

    A iniciativa parte de Jesús Vaz e Manuel González de Coplegal

    “En Nadal Tui QuereTui” é o lema da campaña de bonos agasallo presentada na Casa do Concello de Tui. Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, o representante de EMPRETUI, Abel Vila, o presidente da Asociación de empresarios/as de Areas, Giorgio Casoni, e interviu Jesús Vaz e Manuel González da empresa Coplegal S.L.

    O obxectivo da Campaña “En Nadal Tui QuereTui” é contribuír a paliar os efectos do peche da hostalería, as perdas no sector turístico e a baixada de ventas no comercio. As empresas que, tradicionalmente veñen celebrando as ceas de Nadal e que este ano non se poderán celebrar, poderán nestes tempos de pandemia agasallar aos seus traballadores e traballadoras con bonos para desfrutar en establecementos comerciais e de restauración e aloxamento de Tui. A iniciativa partiu dos empresarios de Coplegal S.L, Jesús Vaz e Manuel González.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asegurou que “esta iniciativa tan solidaria chega nun momento moi difícil para Tui no que, debido ao peche perimetral e ao peche da hostalería, está en risco a vialibilidade de moitos negocios”. Agradeceu tamén aos empresarios de Coplegal S.L e as asociacións participantes a súa colaboración. Afirmou tamén que “a responsabilidade social das empresas é fundamental na recuperación económica”.

    A concelleira de Comercio, Ana Núñez, explicaba que esta campaña “fai unha chamada a solidaridade das empresas para que agasallen os seus traballadores tarxetas regalo como alternativa ao tradicional aguinaldo e as comidas e ceas de empresa no nadal, co obxectivo de contribuir a paliar os efectos do peche continuado no sector hostaleiro, as perdas no sector turístico e a baixada de vendas no comercio”. Engadía a concelleira que “este xesto solidario  permitirá axudar a moitas familias que levan moito tempo cos seus locais pechados ou baixo mínimos”.

    Na presentación os representantes de ACITUI, Juan Carlos Blanco, e o de EMPRETUI, Abel Vila, explicaron o funcionamento destes bonos. As empresas que queiran agasallar cun destes vales aos seus empregados e empregadas, poderán facelo dirixíndose a ACITUI se o que desexan é regalar un bono para o comercio local, e a EMPRETUI se o que queren é agasallar cun bono de hostalería e aloxamento. Os beneficiarios destes cheques terán até o 30 de xuño para desfrutar do seu bono en Tui. As papeletas son numeradas e en ningún caso poden ser intercambiadas por diñeiro en efectivo.

    Jesus Vaz da empresa Coplegal S.L, de quen partiu a idea xunto ao seu socio Manuel González,  que plantexaron esta iniciativa para non perder as tradicións de Nadal das empresas  ao tempo contribuír  á mellora da economía tudense.

    O presidente da Asociación de empresarios e empresarias do Polígono de Areas, Giorgio Casoni, asegurou que a iniciativa está a ter unha moi boa acollida no tecido empresarial de Tui, con varias empresas xa interesadas en participar.

    Os establecementos  de Tui que estean interesados en participar nesta iniciativa poden adherirse até o domingo 13 de decembro cumprimentando o formulario dispoñible na web municipal www.tui.gal. Mentres as empresas que desexen agasallar aos seus traballadores e traballadoras con este bonos poderán optar entre AGASALLA COMERCIO LOCAL, para o que se deben pór en contacto con ACITUI (986 60 75 56 – acitui@acitui.es), ou AGASALLA HOSTALERÍA E ALOXAMENTO para o que se deben dirixir a EMPRETUI (604 03 27 31 – info@empretui.com) solicitando o número de tarxetas que precise co importe que desexe. Logo a persoa beneficiara terá até xuño de 2021 para consumir o importe íntegro da tarxeta nun único establecemento entre os que figuren na listaxe de adheridos á campaña.

    COLABORACIÓNS

    Sentir común

    Allá por el año 2014, el lema de una gran compañía "gallega" se dejó sentir por nuestro pueblos y ciudades. Si os fijáis, lo he puesto entre comillas lo de gallega porque, de eso, lo único que tiene es el dinero de todos nosotros. Comencemos por el principio y no vamos a dar nombres porque la mayor parte de nuestros lectores ya saben o empiezan a intuir a lo que nos vamos a referir.

    Ácido y Caracola

    Todo comenzó hace muchos, muchos años, cuando Caracola aun vivía feliz, en el fondo del mar. De todas las princesas marinas que habitaban en las profundidades, ella era la más querida y la preferida de Océano, el Señor de todos los mares, y como tal, poseía todo aquello que pudiera desear

    Francisco Castro, «O cemiterio de barcos»

    Francisco Castro regresa de novo á novela xuvenil, un territorio no que xa ten demostrado que se desenvolve con soltura, para presentarnos unha narración que se move en dous planos diferentes.

    Bizcocho de plátano

    No sé si consumir plátano canario en este momento puede ser una pequeña ayuda a los palmeros que están pasando por esta situación tan dolorosa, que desde aquí cuesta imaginar; pero si con esto podemos aportar un granito de arena, lo haremos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    12 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    5 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    46 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    35 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS