Xoves, 18 Setembro de 2025

A Deputación entrega os dez distintivos de ‘Q de calidade’ que fan da rede de información turística Rías Baixas como referencia de Galicia

Os 10 diplomas coa ‘Q de Calidade’, que premian o traballo de información turística que se desenvolve dende as oficinas da rede provincial Rías Baixas en Cangas, Poio, Caldas de Reis, A Illa de Arousa, Baiona, Nigrán e A Estrada, xunto coas oficinas propias do Palacete das Mendoza (Pontevedra), aeroporto de Vigo e A Armenteira (Meis) xa están en mans dos seus titulares. A deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, presidiu hoxe o acto de entrega nos xardíns do palacete coa asistencia da alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, e dos alcaldes de Poio, Luciano Sobral, e Illa de Arousa, Carlos Iglesias, ademais do tenente de alcalde de Caldas, Manuel González.

A provincia de Pontevedra consolídase así, un ano máis, como a referencia na información turística certificada polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) a través da rede da Deputación Provincial, que conta con 30 oficinas repartidas por 27 concellos. Estes 10 diplomas ‘Q de Calidade’, que son tres máis que os do ano pasado, son os únicos que poden atoparse en Galicia. A eles hai que engadir o undécimo, pertencente á oficina de Sanxenxo, que aínda que tamén está na rede Rías Baixas, foi xestionado directamente polo Concello.

[su_image_carousel source=”media: 39991,39990,39989,39988″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ana Laura Iglesias explicou que os diplomas foron outorgados polo ICTE durante a recente feira FITUR, onde a candidatura da Deputación obtivo unha puntuación de 878 puntos sobre un máximo de 1.000, converténdose nunha das máis valoradas de España. A deputada felicitou aos concellos “pola firme aposta pola excelencia e por axudarnos a desenvolver un modelo intelixente e sostible de turismo”. Con este avance no número de certificados, engadiu, dáse un novo paso a prol da profesionalización do sector e contribúese a implantar “oficinas de turismo do século XXI, que dan resposta ás novas demandas das persoas visitantes, que tamén buscan interactuar, asesoramento personalizado e información sobre experiencias e produtos”. “Oficinas– engadiu– accesibles e que dan respostas en tempo real e de maneira eficaz”.

A alcaldesa de Cangas falou en representación dos concellos e afirmou que é “un gran pracer formar parte da provincia que lidera os distintivos de calidade”. Victoria Portas destacou que estamos a saír dun momento moi complicado trala pandemia “e isto axuda a que sexamos máis efectivas/os e a que teñamos máis forza diante do reto deste verán”. Finalmente, animou ao resto de concellos a sumarse a esta aposta pola calidade e contribuír así a espallar, aínda máis, a “Q de Calidade” na provincia líder de Galicia.

A rede Info Rías Baixas foi creada en 2019 como fórmula para descentralizar a información e a promoción turística por toda a provincia. Trala recente adhesión de Redondela conta con 27 concellos adheridos e o número volverá medrar nos próximos meses. No seu proceso de mellora continua, Rías Baixas está a piques de desenvolver o proxecto ‘Tourist Inside’ para a dixitalización da rede e o reforzo da interactividade. O proxecto conta con financiamento europeo, no que supón outro recoñecemento á rede.

A Deputación dedica 173.739 euros este ano ao financiamento do persoal que realiza as tarefas de información dende as 30 oficinas. Ademais proporciona material de información, asesoramento continuo e ocúpase da imaxe corporativa da rede.

Os certificados do padrón de Redondela xa se poden descargar desde a súa sede electrónica

0

O Concello de Redondela vén de incorporar aos seus servizos telemáticos, a obtención do volante de empadronamento. Con este novo trámite na súa sede electrónica, Redondela segue a apostar pola modernización e dixitalización dos trámites administrativos e cidadáns.

Para obter o padrón deste xeito, o veciño ou veciña só ten que dispor dun sistema de autentificación dixital. Os admitidos na web do Concello de Redondela son o certificado dxital, DNIe, sistema concertado de Cl@ve ou sistema eID da Unión Europea.

Unha vez dado de alta nun destes sistemas, o cidadán só ten que dirixirse á páxina web de información xeral do Concello de Redondela, e clicar na sección ‘Acceso sede electrónica’. Dentro desta páxina, entrar en ‘Servizos electrónicos’ e na opción padrón. Unha vez xestionado, só quedará engadir o correo electrónico do solicitante para que lle chegue o seu volante pulsando na opción ‘solicitar’. 

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro alerta da aparición de múltiples manchas de mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reflicte a detección recente de moitas manchas incipientes de mildio nas viñas e recomenda intervir cando se detecten síntomas. O persoal de Areeiro tamén recomenda reforzar o tratamento contra o oídio cando se apliquen os produtos para combater o mildio.

Sinaladas algunhas das manchas de mindio que están a saír

Aínda que polo de agora non se atoparon síntomas nos acios e as manchas de mildio son apenas visibles a día de hoxe, as condicións meteorolóxicas que se prevén para os próximos días son favorables para a expansión da enfermidade. Deste xeito, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro recomenda unha intervención inmediata cando se detecten síntomas de mildio e previr, deste xeito, a súa propagación.

No que respecta ao oídio obsérvanse follas co característico micelio do fungo. Por este motivo, dende o centro dependente da Deputación aconsellan que no caso de que se renoven os tratamentos fronte o mildio tamén se engadan produtos para combater o oídio.

Ponteareas cambiará a LED a iluminación pública de todo o concello

O Concello de Ponteareas continúa a por en marcha actuacións destinadas a melloras na eficiencia enerxética do municipio, que van producir un importante aforro nos gastos en enerxía do Concello. Para esta finalidade, o Goberno municipal vén de solicitar un préstamo de 1,2 millóns de euros para financiar a parte proporcional que lle corresponde ao Concello tras ter conseguido que o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico apoiase os proxectos presentados por Ponteareas.

A principal acción desta operación consiste na renovación total do alumeado público exterior por luminarias LED, tanto da vila como das parroquias, que suporá unha mellora da seguridade veciñal grazas á súa maior visibilidade, así como un grande aforro enerxético que contribúe á redución de CO2. Ademais, as outras intervencións programadas mellorarán a eficiencia enerxética de varias dependencias municipais que prestan servizos á veciñanza, así como de varios edificios de titularidade pública, como as aulas das parroquias que integran o Colexio Rural Agrupado, o CEIP Feliciano Barrera de Guláns ou dunha instalación deportiva que conta con tantos usuarios e usuarias como o Complexo Deportivo Álvaro Pino.

“Toda esta transformación lograrémola cun préstamo cuns xuros ínfimos, que ademais págase por si só, xa que é para financiar investimentos en melloras enerxéticas, que van supor un aforro de varios centos de miles de euros ao ano dos cartos de todas e todos”, salienta Francisco Alonso, concelleiro de Facenda.

Alonso recalca que “solicitamos préstamos para investimentos, e se nolos conceden é precisamente por ser un concello solvente, que goza de boa saúde económica”. “Estariamos sendo irresponsables se non aproveitásemos esta oportunidade tendo todas as ferramentas nas nosas mans, aínda que tan só fora para afondar no saneamento económico do concello”, asegura o edil.

O investimento total das actuacións a desenvolver grazas a este préstamo é de case 5,5 millóns de euros, dos cales 4,1 están subvencionados. Por outra banda, o préstamo solicitado de 1,2 millóns de euros amortizarase en 15 anos.

Yoel Faro, María Quintas e María Seijo do CN Ponteareas, medallas de ouro no Campionato Galego Alevín de Verán

Os meses de xuño e xullo están sinalados no calendario na natación polas numerosas citas autonómicas e nacionais que están a disputarse nestas datas. A primeira delas, o Campionato Galego Alevín de Verán, disputouse esta fin de semana na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra.

A victoria por equipos, na clasificación conxunta foi para o club anfitrión, o CN Galaico, mentres o CNPonteareas –cun equipo integrado por 5 nadadores e 5 nadadoras– alzouse coa 5ª posición, destacando o título de campión galego de Yoel Faro Martínez en 200 e 400 Estilos e nos 100 e 200 Braza e os de campioas galegas de Maria Quintas en 200 bolboreta e María Seijo nos 400 Estilos.

A Cañiza súmase aos actos do Día do Orgullo LGTBIQ+ en favor da tolerancia e diversidade sexual

0

A fachada da Casa do Concello da Cañiza amosaba esta mañá unha banda coas cores arco iris, as cores LGTBIQ+ para sumarse a todos os actos que teñen como finalidade promover a tolerancia e o respecto en calquera das manifestacións e relacións comunitarias, neste caso no relativo á identidade sexual de todas as persoas.

Hoxe, 28 de xuño, conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ (siglas que designan ao colectivo lésbico, gay, bisexual, trans, intersexual, queer, incluindo a través do + calquera outra identidade que quede no medio de todas elas ou en ningunha parte).

Elexíuse este día para enfatizar a gran diversidade das culturas basadas na sexualidade e a identidade de xénero. A inclusión axudou, co paso do tempo, a visibilizar as demandas e reivindicacións dos colectivos e persoas infra representadas e oprimidas na comunidade global.

“A Guarda Diversa” trae á Guarda accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+

0

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar entre o 9 e o 11 de xullo.

As actividades arrancaron na xornada deste luns día 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que será publicado na web municipal en nas redes sociais, así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.

A parte central das actividades terán lugar entre o 9 e o 11 de xullo, nunha fin de semana que arrancará o venres 9 de xullo ás 19:00h con dúas accións en paralelo. Por unha banda a Praza do Reló acollerá unha mesa redonda baixo o título “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”, un faladoiro onde trataráse a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres Lesbianas, Bixesuais e Trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estará impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris.

Tamén ás 19:00h a Casa dos Alonso acolle “Piratrans Carabarco”, un Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, faráse unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.

Na xornada do sábado día 10 de xullo ás 12:00h a Praza do Reló será o escenario para a mesa redonda “Familias TransOrgullosas”, que estará impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Uris e onde tratarase sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Haberá tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina.

Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, a Praza de Avelino Vicente acolle ás 12:30h o espectáculo de Poesía Eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy(guitarra), un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

Venres 9 de xullo: 19.00 – 21.00h. Na praza do Reló “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”. Mesa redonda sobre temática LGTBIQ+, centrada nas mulleres lesbianas, bisexuais e trans. Impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Presidenta da Asociación Nós Mesmas). Moderada por Sara Uris.

Venres 9 de xullo: 19.00 – 20:30h. Nas dependencias do Concello da Guarda. Piratrans Carabarco  Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas.

Sábado 10 de xullo: 12.00 -14:00h. Na praza do Reló. “Familias TransOrgullosa”. Mesa redonda sobre temática Trans. Impartida por Pili Fonte e Alejandra e  Soledad Fernández(Presidenta de Chrysallis Galicia. Asociación de familias de menores “trans”). Dirixida e Moderada por Sara Uris.

Domingo 11 de xullo: 12.30h. Na praza de Avelino Vicente( As de Copas). Pompa e Boato con Fernán Permuy. Poesía Eléctrica.

Inscricións no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: [email protected].

Vídeo Manifesto

A Xunta inviste na contratación de socorristas no Baixo miño, O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas aos concellos galegos para apoiar a contratación de servizos de interese xeral e social que sexan de competencia municipal. Ao abeiro desta orde, a Consellería de Emprego e Igualdade vai outorgar máis de 54.000 euros para a contratación de 17 socorristas en sete concellos das bisbarras do Baixo Miño, Condado e A Paradanta.

Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, achegouse a primeira hora desta mañá ata a Praia da Cabeceira, no Concello de Poio, para informar desta resolución de achegas para toda a provincia xunto ao alcalde, Luciano Sobral.

“Trátase dun apoio fundamental para os concellos que, en moitos casos, terían dificultades para financiar este servizo se non fora pola colaboración da Xunta de Galicia malia que se trata dunha competencia municipal. En todo caso, cremos que é unha cuestión importante, tanto por seguridade como polas necesarias condicións destes espazos turísticos e por suposto nos poñemos, coma sempre, ao lado dos municipios”, manifestou o representante autonómico.

En toda Galicia, a Consellería de Emprego e Igualdade destina este ano 1,5 millóns de euros a esta orde de axudas, que beneficia a 163 concellos galegos e permite a contratación de 464 persoas desempregadas e coa capacitación para este servizo de vixilancia de espazos acuáticos.

Esta iniciativa, ademais de apoiar aos concellos na contratación deste persoal, tamén serve para mellorar a formación, experiencia e empregabilidade de persoas desempregadas e engádese a outros programas con este fin promovidos pola consellería, como os obradoiros de emprego, dotados con 30,2 millóns de euros e que benefician a 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, con 280 participantes e 6,8 millóns de euros de orzamento; ou os programas integrados de emprego, que pretenden impulsar a contratación de 3.300 persoas grazas a un investimento de 8,4 millóns de euros neste ano.

A distribución destas achegas para o financiamento do persoal no servizo de socorrismo estival nas comarcas do Baixo Miño, Condado e A Paradanta é a seguinte:

ConcelloModalidadeTraballadoresAxuda
A GuardaPraia618.000€
PonteareasPraia fluvial310.800€
As NevesPiscina26.640€
A CañizaPiscina26.164€
TomiñoPraia fluvial26.000€
CoveloPiscina13.383€
O RosalPraia fluvial13.000€

Gran fin de semana para o Club Bádminton Tui

0

Esta fin de semana pasada foi moi especial para o Club Bádminton Tui. O club participou no Campionato de España 2010+ con seis dos deportistas máis novos. A actividad desenvolveuse seguindo os protocolos marcados pola Covid19.

O obxectivo desde campionato era o de vivir unha experiencia nova para todos eles, lembrando sempre que o principal é divertirse e gozar.

Pero as novas promesas non quedaron aí, porque ademais xogaron e pelexaron cada partido, logrando uns moi bos resultados, e moi especialmente as dúas nenas, que se alzaron coa que sería a primeira medalla nun Campionato de España para o club en categorías inferiores.

Mariña García Martínez e Alexia Pérez Vila, subíronse ao podio para recoller unha merecida medalla de bronce, o que fai ao club sentirse moi orgulloso das xogadoras e dos seus compañeiros.

Completaron a expedición Iago Díaz-Ferros, Mikel Martínez, Martín Gándara e Teo Fernández. Agora toca seguir adestrando, mellorando, pero sobre todo gozando do Bádminton.

Podio do Campionato do fin de semana

A Xunta apoia a contratación de 14 desempregados para a prevención de incendios no Baixo Miño, Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa Aprol Rural para apoiar nos concellos galegos a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos municipais, principalmente os destinados ás medidas de prevención de lumes forestais.

Deste xeito, nas comarcas do Baixo Miño, Condado e A Paradanta beneficiaranse 11 concellos, que recibirán unha achega global de case 200.000 euros para a contratación de 14 persoas desempregadas. En toda a comunidade vaise posibilitar, ao abeiro deste programa, a incorporación de 505 persoas sen traballo para o desenvolvemento destas tarefas en 284 municipios grazas a un investimento de 7 millóns de euros.

No que se refire á distribución das axudas na comarca do Baixo Miño, os concellos de Tomiño e O Rosal disporán de 16.500 euros cada un para a contratación dun traballador; A Guarda terá 16.206 euros para un novo empregado; mentres que Oia e Tui recibirán 13.750 euros tamén para unha contratación.

Pola súa banda, nas bisbarras do Condado e A Paradanta, A Cañiza, Mondariz e Arbo contarán con 27.500 euros, respectivamente, para dúas contratacións e Covelo, As Neves e Mondariz-Balneario disporán de 13.750 euros para unha incorporación.

As persoas contratadas realizarán tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de lumes nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Na baremación da orde de axudas deuse preferencia aos concellos fusionados e emprendedores.

O obxectivo desta iniciativa, ademais de contribuír ás accións municipais de loita contra os lumes forestais na época de alto risco, é incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural de Galicia dando un impulso ao traballo nas zonas menos poboadas da Comunidade Autónoma e favorecer a creación de emprego de calidade mediante a contratación de persoas desempregadas. Por elo, os contratos terán unha duración de nove meses e serán a tempo completo.

O Porriño vende 23 vehículos municipais en desuso

O Concello do Porriño vendeu os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal.

A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo (entre 50 e 100 euros) finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda. O monto total da venda dos 23 vehículos acadou 8.697 euros (impostos incluidos).

Esta mañá, presidida pola alcaldesa Eva Garcia, a mesa de valoración celebrou a sesión pública de apertura de plicas da poxa, que era a segunda que se convocaba polo Concello para a venda destes vehículos.

Entre as curiosidades que deparou o resultado da poxa subliñar que o prezo máis alto foi de 1.550 euros ofertados polo vehículo “Ssangyong Action” con 160.000 quilómetros e que na anterior poxa tiña un prezo de saída de 5.800 euros. Pola contra, unha berlina “Volvo S80” que fora o coche oficial da Alcaldía na época de Xosé Manuel Barros, vendeuse en 536 euros.  

Arbo segue potenciando e recuperando o patrimonio histórico do municipio

0

O Concello de Arbo, recibe unha achega para as obras de “Mellora de pavimentación do entorno da Capela de San Pedro”, tras resolución de concesión de Subvención da Deputación provincial de Pontevedra na Xunta Local de data 4 de decembro de 2020, concederlle ao Concello de Arbo a través da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2020.

A memoria técnica redactada polo arquitecto Asesor Municipal, serviu de base para a petición da subvención,  e fixase como orzamento da referida actuación o importe de 6.277,96€ €. As obras xa rematadas foron realizadas por unha empresa local

Por medio da presente intervención, ponse en valor a Capela e o seu  entorno próximo, xa  que tratase da zona máis antiga de Arbo. 

Retirouse o aglomerado asfáltico e colocouse pedra deixando unha franxa de quince centímetros no entorno coas paredes. Fixose unha recollida de pluviais ata o rergo existente.

Con esta obras pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais,  e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes,  así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento.

Unha serie de melloras demandadas polos veciños e veciñas e que pouco a pouco o Concello esta executando para dar cumplida a súa resposta-informa Horacio Gil – no mesmo senso, realizaronse obras de rehabilitación de varios elementos patrimoniais e emblemáticos deste concello como foron a Ponte Románica de San Xoan, e maís recentemente o Palco de San Benito, o Muiño de San Xoan e o entorno da Capela de San Xoan.

Feridas tres persoas feridas nunha colisión frontal en Redondela

0

Unha colisión frontal entre dous vehículos fixo que tres persoas rematasen feridas, na localidade de Redondela. 

A estrada N-550 volveu a ser, onte no mediodía, escenario dun accidente de tráfico. Nesta ocasión, os xestores do 112 Galicia recibiron o aviso ás dúas menos cuarto por parte de varios particulares que informaban de que dous turismos acababan de colidir no punto quilométrico 138, de dita vía, en Cesantes. Nas propias chamadas, as persoas indicaban que os implicados estaban fóra dos vehículos pero que necesitaban asistencia médica.

Ao recoller todos os datos, desde o CIAE-112 comunicóuselle o sinistro aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

Logo de actuar no punto, os membros de Protección Civil de Redondela indicáronlle ao 112 Galicia que, finalmente, foron tres as persoas feridas que tiveron que ser trasladadas aos seus centros hospitalarios de referencia.

O persoal de mantemento de estradas e o Centro de Xestión de Tráfico tamén foron coñecedores do suceso coa finalidade de garantir a seguridade da vía.

O VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja só apto para aventureiros

Esta pasada fin de semana tivo lugar o VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, sendo unha das Probas da liga Galega de Raids de aventura, para a liga Española de Raids de aventura 2021 e ademais este ano volveu ser a proba que decide aos campións de España das categorías elite e aventura (CERA 2021).

Este ano foi un ano moi diferente ás demais edicións como consecuencia da pandemia mundial da que aínda nos estamos recuperando, implementáronse todas as medidas Covid-19 que se esixían desde a Xunta, a Fegado así como a Fedo.

Quérese agradecer a todos os raiders que, entendendo que é moi complicado realizar exercicio de alto nivel con máscaras nas zonas comúns, así como nas diferentes partes do percorrido que se lles esixía por protocolo, non houbo ningún problema.

A pesar de ter que suspender os “petiscos” que se ofrecían aos deportistas ao finalizar a proba, como en anos anteriores, no Pazo A Moreira das Adegas Marqués de Vizhoja. Alí compartíase a experiencia cos deportistas que participaran na proba e dos que sempre apréndese e tómanse notas para próximos edicións.

[su_image_carousel source=”media: 39937,39935,39932,39933,39936″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Este ano o VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja contaba cun percorrido de 187 km a realizar en 3 etapas e 11 seccións para os equipos de Elite e Aventura e un percorrido de 131 km en 2 etapas e 10 seccións para os equipos de Orienta Raid.

As disciplinas que conformaban estás seccións foron: BTT, Trekking, Kaiak e unha proba especial de escalada, nun rocódromo, para os equipos de Elite e Aventura no Pavillón das Neves para a etapa do sábado e a etapa do domingo consistía en 2 seccións de BTT e 2 de Trekking.

A posta de longo tivo lugar o sábado 26 de xuño, coa entrega de dorsais e o inicio de carreira que tivo lugar ás 09.00 horas desde a pista de fútbol da Estación nas Neves; ao longo desta xornada os raiders percorreron diferentes enclaves desta localidade, para ao terminar a etapa 1 desprazarse ata o Concello de Salvaterra de Miño onde deu comezo a etapa 2 ás 22:30 na Praza do Concello de Salvaterra de Miño e deuse por finalizada ás 00.30 horas.

O domingo 27 de xuño tomaron a saída; tanto os equipos que participaran na xornada anterior como os equipos de Orienta Raid Corto que só realizaban a xornada do domingo, esta xornada tivo o seu inicio ás 09:00 horas desde O Pazo a Moreira das Adegas Marqués de Vizhoja e finalizou nas mesmas Adegas ás 14:00 horas, percorrendo diferentes localizacións do concello de Arbo.

Onde por protocolo Covid-19 procedeuse seguidamente á entrega de premios e posterior obsequio a todos o equipos participantes no evento.

Nesta edición tan complicada contouse coa colaboración dos Concellos das Neves, Arbo, e o Concello de Salvaterra de Miño.

Por todos estes Concellos coas súas paraxes de ilusión e desniveis imposibles tanto positivos como negativos é por onde os raiders discorreron estas dúas xornadas.

Foi un Raid moi igualado para a categoría de Aventura Mixta onde ata o último momento non se vía un claro vencedor e unha loita moi bonita na categoría Elite entre os segundos e terceiros clasificados onde o 1 clasificado foi o claro vencedor.

Finalmente, os pódium foron ocupados polos seguintes equipos:

ELITE
1º: BRIGANTIA ADVENTURE RACE con 191 puntos e unha duración de carreira de 17 horas e 41 minutos
2º ENDURANCE II CLUB ORIENTACION CORUÑA con 184 puntos e unha duración de carreira de 17 horas e 52 minutos
3º SAUDE SPORT OBXECTIVO TRAIL con 182 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 31 minutos

AVENTURA MASCULINA
1º Os VETTONES ALCOR con 184 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 10 minutos
2º ISTÁN TEAM-COMA con 176 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 11 minutos
3º SANTISO RAID CLUB ORIENTACION CORUÑA con 171 puntos e unha duración de carreira de 17 horas e 23 minutos

AVENTURA FEMININA
1º IPAR NESKAK con 120 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 15 minutos
2º ITACA AVENTURA FEMININA con 92 puntos e unha duración de carreira de 16 horas e 23 minutos
3º EXTREMARAID ALCOR WOMAN con 84 puntos e unha duración de carreira de 15 horas e 30 minutos

AVENTURA MIXTA
1º SOPELS TEAM con 174 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 07 minutos
2º NONSTOP AVENTURA con 172 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 15 minutos
3º CORREMONTES.es 2 con 172 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 27 minutos

Resultados que proclaman ao equipo BRIGANTIA ADVENTURE RACE como campión de España na categoría Elite e ao equipo Sopels Team na categoría Aventura.

A Deputación abre hoxe o prazo de inscrición para a primeira das DepoAndainas 2021

A Deputación de Pontevedra abre hoxe luns, 28 de xuño, o prazo de inscrición para a primeira das DepoAndainas, que transcorrerá o domingo 18 de xullo pola Vía Verde que une os concellos de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía de Arousa. As persoas que desexen realizar esta actividade, destinada á poboación en xeral e de carácter gratuíto, terán que encher un cuestionario que estará dispoñible a partir das 10 horas no sitio web da Deputación (www.depo.gal) ata completar o aforo de 200 prazas. O prazo para inscribirse remata o 12 de xullo e, no momento no que se completen as prazas, todas aquelas persoas que queiran participar na actividade pasarán a formar parte dunha lista de agarda na que se incluirá a un máximo de 100 persoas.

O percorrido desta primeira DepoAndaina será circular e sairá da Carballeira de Caldas de Reis ás 10.00 horas. Cunha dificultade baixa e 13 quilómetros de distancia, a camiñada comezará percorrendo a senda peonil en dirección ao concello de Portas, lugar onde se inicia a Vía Verde que transcorre polas antigas vías do tren. Esta senda foi financiada na súa maior parte pola Deputación de Pontevedra, que xunto a achegas dos tres concellos polos que transcorre, fixeron posible que a comarca do Salnés conte coa primeira vía destas características que transcorre integramente por Galicia.

Seguintes rutas

Durante os meses do verán o programa provincial ofrecerá outras tres rutas no marco da súa sexta edición. Todas elas percorrerán enclaves emblemáticos da provincia e contarán, ao igual que esta primeira camiñada, con 200 prazas cada unha. A seguinte andaina será unha ruta polos muíños de Golfaríz, no concello da Estrada, o domingo 1 de agosto e o seu prazo de inscrición abrirá o 19 de xullo. A continuación, as DepoAndainas chegarán ao concello de Mondariz cun percorrido polo río Tea o domingo 22 de agosto, para poder participar nesta camiñada será preciso reservar praza a partir do 2 de agosto. A derradeira destas rutas terá lugar o 12 de setembro pola Senda Azul do río Verdugo, en Ponte Caldeas, e o prazo de inscrición abrirase o 23 de agosto.

SmartPeme pon en marcha esta semana catro novos obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como debuxar con Onshape Aseembly II e III, como realizar animacións e gifs con fotografías de produto e como dar os primeiros pasos con Google Analytics 4.

En concreto, este martes 29 impartirase o obradoiro “Debuxo con Onshape, Asembly II”, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da practicidade da ferramenta e ensinará a utilización do software para debuxos.

O mércores 30, Lara Taboada, falará de “Vídeo Márketing II – Animacións e Gifs con fotografías de produto”, obradoiro que permitirá descubrir a potencialidade das fotografías a través da animación das mesmas, xerando un contido dinámico e interesante. Xa pola tarde, Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, impartirá “Primeiros pasos con Google Analytics 4”, onde falará da evolución que Google experimentou na análise de datos con respecto a anterior versión, e de como recompila a información dos usuarios que acceden a nosa web.

Para finalizar a semana, o xoves 1 de xullo, será a quenda de “Debuxo con Onshape, Aseembly III” a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen ensinará a forma de debuxar a través do software.

O Goberno local apoia ao movemento asociativo de Redondela con preto de 250.000 euros de subvencións nominativas

0

O Pleno da Corporación Municipal de Redondela aprobou na súa sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño, a proposta do equipo de Goberno de subvencións nominativas a colectivos e asociacións coas que o executivo local busca “apoiar ao movemento asociativo redondelán que, dende as súas diferentes áreas de actuación, contribúe ao desenvolvemento social, cultural, veciñal deportivo e económico de Redondela”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas.

Serán en total preto de 250.000 euros (246.500 €) que terán como destinatarios e con diversas contías, á Asociación Española contra o Cancro (AECC), Asociación Lenda-Saúde Mental, Cáritas da Diócese Tui-Vigo, Fundación Santa Cruz, Andaina, Solidariedade Galega co pobo saharauí, ONG da man, Afaga, Fundación Amigos de Galicia, Millo Verde, Asociación Cultural e Social de Chapela, Asociación Cultural Xente Titiriteira, Club de Atletismo Redondela, CCD Cesantes (XXXV Bandeira Redondela), Club de Remo Chapela –con tres axudas de igual contía para a VI Bandeira Feminina Chapela, XXXV Bandeira Masculina de Chapela e XXV Bandeira de Bateis–, Confraría de Pescadores San Juan e Asociación de Empresarios de Redondela.

Digna Rivas lembrou que o desenvolvemento dun municipio e o seu futuro “dependen do traballo conxunto do Concello e o tecido asociativo”. Os colectivos que traballan en labores de axuda social, cultura, movemento veciñal, deporte e empresa, xunto co Goberno local “son as engrenaxes do motor que permite que o municipio avance, desenvólvase e ofreza á veciñanza mellor unha calidade de vida”.

A Guarda prepárase a vivir un mes de xullo cheo de actividades co programa de verán que arrinca a vindeira fin de semana

0

Tradicionalmente a programación de verán do Concello da Guarda daba comezo coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, pero haberá que esperar ao 2022 para celebrar o 30º aniversario desta festa gastronómica declarada de Interese Turístico Galego.

A pesares de que este primeiro fin de semana de xullo non se poderá celebrar a tradicional festa gastronómica debido as actuais restricións sanitarias, si haberá unha programación especial para conmemorar que A Guarda é un destino escollido por moitos visitantes para degustar da nosa cociña e da nosa gastronomía.

A langosta, o peixe espada e a cociña mariñeira son os pratos estrelas da nosa gastronomía, que grazas ao bo facer dos restaurantes fixeron que A Guarda este considerada como un destino gastronómico recoñecido na provincia de Pontevedra e que nesta primeira fin de semana de xullo poderán degustar os visitantes e a veciñanza guardesa, xunto cunha programación cultural para o goce de todos.

A primeira actividade proposta terá lugar na xornada do venres 2 de xullo coa observación de estrelas no Puntal, nunha actividade titulada “VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS” que se prolongará os días 2, 9, 23 e 30 de xullo e para a cal é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico [email protected]

A fin de semana continuará nas xornadas do sábado 3 e domingo 4 de xullo con diversas propostas de entretemento con pasarrúas, maxia e concertos musicais.

Programa

  • Venres 2
    • 23:00 h VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS.
      No Puntal. Inscrición previa na Oficina de Turismo.
  • Sábado 3
    • 11:30 h – CONCERTO DO CORO COA COLABORACIÓN DE GUADI GALEGO.
    • No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.
    • 12:30 h – PASARRÚAS INFANTIL: “LANGOSTA E O MUNDO DO MAR”.
      Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
      Duración 1 hora.
    • 20:30 h – ESPECTÁCULO DE MAXIA DE CAYETANO LLEDÓ: “TITANIC”.
      No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.
  • Domingo 4
    • 12:00 h – PASARRÚAS MUSICAL COA BATUKADA “BATE NO COBRE”.
      Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
      Duración 2 horas.
    • 20:30 h – PASARRÚAS INFANTIL: “O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO”
      Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
      Duración 1 hora.

A Deputación lanza a sexta edición de DepoEmprende na escola, na ESO e na FP

Só unha semana despois da finalización da súa última edición, a Deputación de Pontevedra lanza a nova e sexta convocatoria de Depoemprende na Escola, na ESO e na FP, o programa co que busca fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado de Primaria, Educación Especial, a ESO e a FP da provincia. O goberno ven de aprobar as bases da convocatoria 2021-2022 desta iniciativa que, como sinalou a presidenta Carmela Silva, quere “fomentar mentes creativas e emprendedoras nos centros educativos”

O programa está dividido en tres proxectos. “DepoEmprende na Escola” vai dirixido ao alumnado de educación primaria (5º ou 6º curso) e de Educación Especial, que crearán e xestionarán unha cooperativa na que fabricarán produtos para a súa venda. “DepoEmprende na ESO” está enfocado a mozos e mozas de 15 a 16 anos (4º da ESO) que crearán tamén cooperativas nas que distribuirán produtos adquiridos de empresas provedoras e porá en práctica capacidades de negociación, decisións, comunicación e resolución de conflitos. “DepoEmprende na FP” está dirixido ao alumnado de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior, que desenvolverá proxectos empresariais para potenciar a adquisición de competencias e aptitudes relacionadas co emprendemento.

A novidade do vindeiro curso estará en Depoemprende na Escola, onde o número máximo de centros participantes será de 12, fronte aos 10 da anterior edición. Doutra banda, será de 10 centros nas modalidades de ESO e da FP. A partir da publicación das bases no BOPPO os centros educativos xa poderán solicitar a súa adhesión e terán de prazo ata o 30 de setembro.

Nas cinco edicións anteriores deste programa de emprendemento da Deputación participaron un total de 2.680 alumnos e alumnas de 104 centros educativos da provincia

O CPA Condado de Salvaterra segue contando as súas participacións por medallas

O pasado 26 de Xuño celebrouse en Salvaterra de Miño a terceira edición do Trofeo Salvaterra Milenaria de Grupos Show. Un total de 22 clubs de toda Galicia e case 400 patinadores, déronse cita en Salvaterra de Miño para disputar o III Trofeo Salvaterra Milenaria baixo a organización do Club Patinaxe Artistica Condado.

O prestixioso trofeo de show acolleu as categorías nacionais de grupos junior, grupos pequenos e grupos grandes e as categorías promocionais de grupos pequenos e grupos grandes.

[su_image_carousel source=”media: 39907,39908,39906,39909″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O anfitrión, o Club Patinaxe Artistica Condado, fíxose coa medalla de ouro nas categorías de grupos junior e na categoría de grupos pequenos nacionais.

Nas categorías grupos grandes nacionais ouro para o Club Patín de Porriño, mentres que en grupos pequenos promocional, ouro para o Club Arealonga Chápela e en grupos grandes promocional ouro para o Club Patinaxe Artistica Gondomar.

A cita contou coa presenza da alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel e do concelleiro de deportes Edgar Martínez, quen fixo entrega dos trofeos aos gañadores da edición.

O AECT Río Miño, exemplo de como defender un territorio transfronteirizo pola súa xestión do peche da fronteira pola COVID

O profesor de Estudos Transfronteirizos da Universidade de Arizona Francisco Lara-Valencia cualificou o AECT Río Miño “como un exemplo de como se deben defender os territorios transfronteirizos a nivel global”. Fíxoo na mesa redonda ‘O impacto da COVID-19 na fronteira España-Portugal’ celebrada onte dentro do proxecto ‘A reconfiguración das fronteiras no século XXI’, organizada polo Colegio da Frontera Norte de México con emisión online para todo o Pacífico, América central e España.

Na xornada púxose sobre a mesa como a COVID pechou de maneira moi diferente as fronteiras de maneira global en todos os continentes, así como as particularidades en diferentes países, en concreto entre España e Portugal, pero tamén entre Estados Unidos, Canadá, México ou outros estados sudamericanos.

O exemplo do acontecido no Río Miño centrou boa parte dos discursos dos participantes -moderados polo coordinador do Observatorio de Gobernanza G3 da Universidade de Vigo Enrique Varela Álvarez-: o deputado e vicedirector do AECT Río Miño Uxío Benítez; o secretario xeral da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas Pablo Rivera Búa; o catedrático de Xeografía Política da Complutense de Madrid Heriberto Cairo; e o profesor da Escola de Estudos Transfronteirizos e integrante da Universidade de Arizona, Francisco Lara Valencia.

Este especialista subliñou que a probabilidade de peche total das fronteiras en estados e rexións é moito maior cando non existen antecedentes de cooperación transfronteiriza, polo que subliñou que a existencia de estruturas de gobernanza local e a actividade de organismos como o da AECT Rio Miño “son esenciais na xeración de esquemas innovativos para a xestión dos retos que xera, por exemplo, a propagación da COVID”.

Subliñou, de feito, que cando organismos como o AECT non están presentes “simplemente non hai concertación e a acción dos gobernos centrais é moito máis prominente na xestión fronteiriza”, poñendo de manifesto que o peche da fronteira no Río Miño, a pesares de ter sido moi daniño para o territorio miñoto, podería aínda ter causado máis consecuencias negativas de non contar cunha institución directa que defendera os intereses da zona.

Tamén o secretario xeral da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, Pablo Rivera, centrou a súa participación no seminario no acontecido na ‘raia’ do Miño. Subliñou que a zona viviu 174 días de fronteira pechada, “un dato que sobrecolle porque foi moi difícil explicar á poboación que os gobernos estatais non tivesen un protocolo de actuación para cidades xemelgas que viven de fronte e traballan conxuntamente” a pesares de estar en países diferentes.

Subliñou que nesta situación o AECT Rio Miño colleu as rendas das reivindicacións xuntando a todos os concellos e cámaras de ámbalas beiras da raia, mais que a consecuencia final foi que “a confianza entre as xentes galegas e portuguesas se viu deteriorada” pola acción dos seus gobernos centrais.

Pola súa parte, o vicedirector do AECT Río Miño fixo un percorrido por todo o acontecido na pandemia, as protestas e reivindicacións conxuntas dos 16 municipios que conforman o agrupamento europeo a pesares das moi diferentes cores políticas. Lembrou que a día de hoxe séguese a reclamar a posta en marcha dunha tarxeta transfronteiriza, que se teñan en conta os gobernos locais na toma de decisións por ser os máis próximos ao territorio; así como que se implementen liñas de apoio específicas polo impacto dobre que tivo a COVID nos territorios de fronteira, así como medidas urxentes de dinamización.

“As fronteiras son unha invención humana, unha barreira absurda e intanxible nun mundo global como o actual, nunha era como a dixital na que non se poden poñer barreiras. Hai que fortalecer as alianzas e apostar polas fronteiras dende as administracións como áreas de desenvolvemento, de creación e non de división marcando distancias artificiais”, subliñou.

‘Xuventude á Auga’, a proposta de Redondela para que a mocidade tome contacto cos deportes acuáticos

0

Por primeira vez, a infancia e a mocidade de Redondela poderán tomar contacto dos deportes acuáticos a través da iniciativa ‘Xuventude á Auga’, promovida polas concellerías de Deportes e Xuventude que xestionan Nacho González e Olga García Ballesteros, respectivamente.

A inscrición, totalmente de balde, poderá realizarse de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Redondela –tanto no situado na Casa do Concello coma en Chapela– ou a través da Administración Electrónica na páxina web do concello www.redondela.gal. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 5 de xullo e permanecerá aberta ata o 12 dese mesmo mes.

‘Xuventude á Auga’ está dirixida á infancia e mocidade con idades comprendidas entre os 8 e 18 anos e desenvolverá as súas actividades na praia de Cesantes en dous quendas de 40 participantes cada unha delas. A primeiraabrangue o período comprendido entre o 19 de xullo e 30 de xullo, mentres que a segunda quenda terá lugar do 2 de agosto ao 13 de agosto. En ámbalas dúas quendas o horario será o mesmo: de 9 a 14 horas.

Tanto Nacho González como Olga García, destacaron a importancia da actividade “que por primeira vez abrangue unha franxa de idade –entre os 14 e 18 anos– que era habitualmente esquecida á hora de realizar actividades”.

Ao longo de case que un mes, as e os participantes en ‘Xuventude á Auga’ poderán coñecer e ter unha primeira toma de contacto co paddlesurf, voley playa, slackline e outras disciplinas deportivas relacionadas coa praia e o mar, divididos en grupos de idade para un mellor aproveitamento da actividade.

“Redondela é un municipio que vive intimamente vinculado ao mar e non parecía lóxico que, a nosa infancia e mocidade, carecera de actividades que estreitasen esa relación”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Trátase polo tanto, non só de ofrecer iniciativas de ocio e lecer durante a época estival, senón tamén involucrar ao sector máis novo da poboación en actividades saudábeis. “Brindámoslles a oportunidade de, en moitos casos, descubrir actividades acuáticas que descoñecían e que lles poden crear afección para despois, se así o desexan, ir afondando nelas”.

Doutra banda, ‘Xuventude á Auga’ cumpre tamén o obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, unha das prioridades do Goberno que preside Digna Rivas durante os períodos vacacionais sumándose, polo tanto, aos Campamentos de Conciliación que, dende a chegada do actual Goberno local, pasaron a estenderse durante os meses de xullo e agosto en lugar de un só mes como se facía con anterioridade.

Todas estas actividades permiten que as familias redondelás poidan compatibilizar as súas actividades laborais e familiares “sabendo que os seus fillos e fillas están en mans de profesionais cualificados e desenvolvendo actividades lúdico educativas que lles permiten, non só adquirir novas capacidades, senón que fomentan valores como o traballo en equipo, compañeirismo, integración e solidariedade”, conclúe a rexedora local.

Rosa Aneiros, «Sibila»

Logo dun tempo centrada na literatura infaltil e xuvenil, Rosa Aneiros regresa á narrativa para adultos cunha novela sorprendente e chea de matices e de interpretacións, con personaxes fortes e ben definidas, e cunha historia que navega entre unha nebulosa (real e simbólica) que o invade todo e que impide definir perfectamente os perfiles que lle dan forma. Non debe interpretarse esta afirmación en sentido negativo, pois entendo que forma parte da intención da autora, que prefire que naveguemos polo relato sen saber moi ben cara a onde nos vai conducir. Ese é, ao meu entender, un dos grandes acertos de «Sibilia», capaz de manter a intriga nun lector desorientado que está desexando comprender que é o que acontece entre as páxinas da novela.

Sibila, unha reputada investigadora científica, regresa ás agochadas a unha illa na que pasou a súa infancia cunha misión que cumprir, pero ese retorno, interpretado coma unha ameaza polos actuais poboadores, terá importantes consecuencias sobre ela, axudaralle a comprender un pouco mellor seu pasado, encarreirará o seu futuro e descubrirase a si mesma entre os derradeiros habitantes do lugar. A illa, auténtica personaxe central da historia, é unha especie de paraíso perdido, ancorada na boca da ría, de acceso limitadísimo e hipercontrolado, por iso ten que entrar nela ás furtadelas. A trama lévanos a pensar nun lugar de tintes distópicos, malia que tal cousa non se defina con claridade (velaí a nebulosa, outravolta). Nin o espazo nin o tempo, a pesar de varias referencias a un futuro próximo, son evidenciados en ningún momento, como tampouco o é ata as páxinas finais a misión que move á protagonista nin os segredos que a illa agocha.

A sensación de aillamento é permanente, mais sen chegar a ser abafante. A autora foi quen de crear un microcosmos peculiar no que o lector deambula sen ter pónlas ás que se aferrar, abaneado polo vento caprichoso de Aneiros, que desenvolveu, a maiores, unha fermosa colección de topónimos e microtopónimos que manexa con soltura para darlle veracidade á fantasía do relato. Para desenvolver a trama, recorre a imaxes moi potentes e a escenas certamente fantásticas, como aquela na que Amalia desvela as razóns polas que perdeu o siso e polas que pasa o día esperando o regreso da súa filla afogada, tan estarrecedora e tan fermosa. Só unha autora cunha capacidade de fabulación e cunha delicadeza como a de Rosa Aneiros sería quen de relatar o suceso con tanta habilidade e tenrura como para conseguir que o lector sinta a perda coma propia e empatice coa pobre da tola.

O emprego dunha linguaxe sempre coidada e puída, que por momentos chega a ser lírica, é outro dos segredos para facer da lectura desta novela un verdadeiro goce. Mais non é o único. Fican entre as súas páxinas as diferentes lecturas de corte social que se poden facer, de procura da propia identidade, de indagación sobre o futuro que estamos a construír e de revisión do pasado cun ollo na nostalxia e o outro no concepto de estirpe. Son só algunhas das referencias que, coma as matrioskas rusas, se agochan unhas dentro das outras ao longo do relato e que o lector deberá descubrir por si mesmo.

Rosa Aneiros

Sibila

Xerais

Carles Reig

Ante todo quiero dejar claro que además de estar delante de un multiinstrumentista (batería –lo fue de OBK– flauta, teclados…) Carles es una grandísima persona, a la que tuve de conocer en varios de mis viajes a Barcelona. El oráculo de Aileen y Ophelia es su nueva aventura musical, llena de sonidos sinfónicos (en ocasiones se acerca a la época medieval), fílmicos, New Age y…magia, mucha magia. Charlamos con él.

Entrevista de Manuel Lemos Muradás © 2021

Después de mucho tiempo, vas a publicar El oráculo de Aileen y Ophelia, un álbum lleno de sonidos sinfónicos, fílmicos… Háblanos de esta nueva aventura musical. Para este álbum, una historia épica de ficción, en vez de disponer de un storyboard o el borrador de un filme y tener que componer la música acorde con las imágenes o directrices de un director, quise disponer de total libertad para realizarlo de otro modo. Reconozco que cuando compuse algunas de las pistas, imaginaba escenas fantásticas, épicas y cinematográficas.

Muchas veces durante el proceso creativo, me vienen las imágenes correspondientes a la composición que estoy haciendo.

Hay momentos que el sinfonismo se acerca a lo medieval. ¿Has querido impregnar la obra con esos matices? ¿Por qué?
Rocíe (Impregné) algunas obras con estos matices por un par de motivos, por un lado, quise experimentar con la fusión tímbrica de una música sinfónica con la medieval, porque según mi opinión, se ensamblan bien entre sí, como sucede también con la música cinematográfica; y la segunda fue por naturalidad y espontaneidad, ya que en mis inicios musicales de adolescente escuché abundante Rock Sinfónico, música clásica y medieval. Además, desde niño me inicié con la música practicando con la flauta dulce, que se utiliza mucho en la música medieval y siempre me han atraído estos dos estilos.

Eres multiinstrumentista. ¿Cómo se consigue eso? ¿Con que instrumento te sientes más cómodo?
Son claros los beneficios de tocar un instrumento musical (incluida la voz humana) a cualquier edad y durante todos los niveles y fases del aprendizaje, es enriquecedor y valioso experimentar con el máximo de instrumentos posibles y si hay alguno/s donde te sientes cómodo, es el momento, si te apetece, de profundizar, avanzar y cultivarse profesionalmente, si es el caso.

El primer instrumento que pasó por mis manos gracias a la escuela primaria fue la flauta dulce Soprano y el segundo la batería, luego vino la voz, las percusiones, el piano o los teclados y otros. 

Dispongo de formación autodidacta y también estudié con varios profesores con clases individuales. Me siento muy cómodo con las flautas y todo lo relacionado con el ritmo.
Me hubiera gustado mucho aprender a tocar más instrumentos, seguramente lo realice cuando pueda disponer de más tiempo.

En este nuevo trabajo también podemos encontrar momentos donde la música alcanza lo épico. ¿Intentas darle un ambiente grandioso a tus composiciones siempre que se presten a ello?
No necesariamente; en este nuevo trabajo sí que estaba influenciado para que algunas composiciones alcanzaran lo épico y según mi punto de vista, algunas se prestaban a ello con naturalidad y quise ayudarlas utilizando metodologías de orquestación.

Es posible que, en próximas composiciones, busque ambientes totalmente distintos, huyendo de los ambientes grandiosos y épicos, aunque todo dependerá de la característica de cada nueva inspiración que venga de Euterpe (Musa de la música, especialmente protectora del arte de tocar la flauta).

Cada vez más y más, prefiero disponer de libertad total para crear e huir de un “producto comercial” contentando a algoritmos de IA o estadísticas.

También la electrónica más clásica, que tanto te gusta, se asoma en temas como el titulado Flores Orientales y El Despertar. ¿Qué importancia tiene para tí tal sonido?
Es cierto, la electrónica más clásica la utilicé en mis orígenes, por ejemplo, con el álbum “Ekos de otra era”, pasando muchas horas buscando y desarrollando sonidos adecuados para cada composición.  Seguramente siempre la electrónica clásica estará presente en mis composiciones. Además, me seduce mucho experimentar fusionando los sonidos e instrumentos más novedosos, con los más étnicos, acústicos y tradicionales.

Según mi opinión, todos los instrumentos tienen su encanto, como por ejemplo desde un sintetizador de última generación con sus múltiples posibilidades y hasta los tradicionales Erhu o Koto de la China.

Hoy en día estamos pasando una mala situación a nivel mundial. ¿Cómo lo vives desde el punto de vista de músico y cultura?
Antes de la pandemia, la música ya tenía sus dificultades. Esta situación actual ha perjudicado mucho a la música en directo. Los organismos, ayuntamientos, asociaciones y otros, les correspondería buscar soluciones para facilitar la expansión de la música en directo. Al pasar de las descargas al streaming, los ingresos para los Autores han mermado mucho y aunque se han incrementado las reproducciones y los usuarios, todavía la fracción de céntimo de euro por escucha que perciben los creadores independientes es insuficiente. Además, existen desigualdades sustanciales en la cuantía de ingresos por escucha que perciben todos los Artistas.

Falta regular todo esto internacionalmente, dotando de una total transparencia en el número y el valor de las reproducciones. Por ejemplo, con la creación en todos los países de varias bases de datos públicas interconectadas.

Por suerte, aunque muy lentamente, van surgiendo voces y noticias que auguran un cambio hacia algo mejor y más justo. Entre otras cosas, empezar a exigir pagos más altos en streaming y pagar la misma tarifa para cada transmisión de música.

La voz es importante en los sonidos sinfónicos. En Magic Somni (por ejemplo) hace una unión perfecta con la flauta y el piano. Háblanos de la voz en tu música.
Sobre todo, me gusta utilizar la voz como un instrumento más. El origen de la música en la Tierra seguramente empezó con la voz humana, con el ritmo y la percusión.

Nuestro cuerpo es un complejo instrumento musical con la Voz como protagonista. Dispone de muchas cualidades de sonido, podemos simular sonidos del mundo, reino animal, instrumentos, otras voces y mucho más. También dispone de cualidades comunicativas con el lenguaje y emotivas, ¡es extraordinario!

En Magic Somni, interpreto los coros como un contratenor y Julia Claire – SiriSat también colaboró en ellos.

O Pleno da Cañiza aproba a concesión da xestión e mantemento do camping ‘Carballo do Marco’

O Pleno da Corporación Municipal da Cañiza celebrado neste pasado venres, deu luz verde á proposta do Goberno local de concesión da xestión e mantemento do camping ‘Carballo do Marco’ á empresa Ana Outón Beloso, S.L. por un período de 16 anos. Trátase dunha firma con ampla experiencia no sector turístico que propón ofrecer a excelencia na calidade do servizo para subir de categoría oficial o camping e optar á distinción turística SICTED.

A proposta aprobada polo Pleno Extraordinario contempla un canon anual de 2.000,00 € e un investimento inicial nas nas instalacións de 91.300,00 €, coa adquisición de 8 construcións tipo Móbil-Home con capacidade para 48 persoas; forrado con madeira da fachada do edificio central; instalación de material deportivo con porterías e canastras de baloncesto e a adecuación do local existente para sala de xogos con novo material lúdico. Ademais o camping contará con 3 bicicletas eléctricas e outros 3 coches a pedais.

Doutra banda, melloraranse tamén os recursos e equipamento auxiliar coa adquisición dunha furgoneta eléctrica, equipo informático e software de xestión, sistema de vídeo vixilancia con gravación, sistema wifi amplificado, sistema TPV e novo mobiliario para a cafetería con renovación das mesas, cadeiras e sombrillas.

No apartado de promoción para o posicionamento do camping como destino turístico, a empresa investirá anualmente en campañas en redes sociais, sinatura de acordos con portais de referencia no campismo e impresión de novo material publicitario e promocional, ademais de asistir ás feiras de turismo de España para dar a coñecer o Concello da Cañiza e o Camping.

En canto aos servizos do propio camping ofrecerán unha especial atención aos máis pequenos, tratando de converter a instalación nun lugar familiar con actividades de aventura e deporte tamén para os maiores. Organizaranse actividades permanentes coas bicicletas eléctricas e os karts a pedais, no parque infantil, na zona deportiva e na sala de xogos. Ademais habilitarase unha zona glamping. Todos estes servizos e o de cafetería estarán abertos ao público en xeral.

Para poder realizar todos estes proxectos ademais do desenvolvemento das tarefas propias de mantemento das instalacións –limpeza, recepción, control de reservas, e atención na cafetería e cociña–, contarán cun equipo humano e técnico perfectamente xestionado e controlado que xunto co Plan de mantemento e conservación e os controis de calidade e supervisión, ofrecerán un servizo de alta calidade.

O Concello manterá relacións constantes coa xerencia do camping para coñecer de primeira man os resultados dos controis de calidade e os resumos semanais das opinións, queixas e suxestións dos clientes. Neste sentido habilitarase unha zona FTP na web do camping para acceso do Concello coa finalidade de que poida coñecer e avaliar en tempo real o grao de satisfacción dos campistas.

 A empresa terá que presentar periodicamente ao Concello os resultados dos controis semanais, coas opinións, queixas, suxestións, número de viaxeiros, procedencia dos mesmos, prezos e unha memoria final cos resultados da temporada anual.

O proxecto ‘Memoria viva’ do Rosal visita os barrios dos seus dous protagonistas

0

O proxecto ‘Memoria Viva’ chega aos barrios dos seus dous primeiros protagonistas. Tras o éxito acadado no acto de presentación, o Concello do Rosal quere levar esta iniciativa aos barrios onde naceron e viven Marcola González e Nemesio Castro, nos que se celebrará unha proxección dos seus vídeos documentais. “Non só é un xeito de continuar achegando a cultura aos barrios, senón tamén de darlles a Marcola e Nemesio o protagonismo que merecen, sendo profetas na súa propia terra”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A primeira proxección terá lugar o vindeiro xoves 8 de xullo na Praza de Novás, barrio de onde é orixinaria Marcola. Pola súa banda, o sábado 10 a cita para ver o documental de Nemesio será en Martín, nun sitio aínda por determinar. Ademais, todas as persoas interesadas en conseguir os libros do proxecto, editados nun pequeno e moderno formato coleccionable, sobre estas dúas persoas tan icónicas do Rosal poderán facelo a partir da vindeira semana nas dependencias do Concello.

‘Memoria viva’ é un proxecto plurianual que busca poñer en marcha un sistema de salvagarda do patrimonio inmaterial do Rosal, así como do coñecemento e da memoria que atesouran as persoas maiores do municipio. “Queremos conservar unha parte importante da nosa memoria individual e colectiva, as historias que non están nos libros pero que son tan importantes para nós como rosaleiros e rosaleiras”, sinala a rexedora.

Multiúsos-Mercado de Sabarís “un exemplo da recuperación do espazo público para as persoas”

0

“Un espazo cheo de vida, de vangarda, de cultura e de luz que abre as súas portas mostrando como si é posible facer actuacións sobresaíntes, pensadas co obxectivo de recuperar o espazo público para as persoas”. Así se pronunciou esta tarde a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nos actos de inauguración do novo Multiusos-Mercado de Sabarís, en Baiona. Acompañada do alcalde Carlos Gómez, da corporación municipal, do deputado de Cooperación Santos Héctor, e de colectivos e asociacións de Sabarís, a presidenta provincial coñeceu os detalles dunha actuación moi esperada, que permitiu recuperar o inmoble como punto de encontro cultural e de relación cidadá, comercial e social. O proxecto foi financiado integramente co Plan Concellos da Deputación con 629.200€, a maior inversión que ata o momento Baiona levou a cabo ao abeiro deste plan provincial. O acto de inauguración, que contou coa actuación musica do cantautor Valentín Dacova que interpretou varios temas, comezou co descubrimento dunha placa conmemorativa da apertura dun “espazo multicultural de referencia no municipio, para uso e goce de toda a cidadanía”.

Carmela Silva: “Recuperar o patrimonio, darlle uso público e cultural é apostar polo futuro, unha forma de entender o futuro no que as persoas están no centro de todo”

Na súa intervención, Carmela Silva puxo en valor a recuperación do edificio, “recuperar a súa estética, recuperalo para a xente, para a cultura, e convertelo nun punto de encontro para a cidadanía de Baiona, de toda a provincia, de Galicia e de todas as persoas que nos visitan”. “É un investimento moi importante, dixo a presidenta provincial, pero iso non é o importante. Recuperar o patrimonio, darlle uso público e cultural é apostar polo futuro, unha forma de entender o futuro no que as persoas están no centro de todo, e na que se pensan os proxectos para darlle mais valor, si cabe, a un pobo tan fermoso como o de Baiona”

Pola súa banda, o alcalde Carlos Gómez agradeceu á Deputación a aposta polo Plan Concellos que permite o desenvolvemento dunha actuación tan importante. “Falamos dun espazo inigualable co que damos un gran paso cara adiante en canto ao que vai ser o futuro da cultura en Baiona”. O alcalde subliñou que será de “moita axuda para conseguir desestacionalizar a chegada de visitantes e, amais, pon en valor unha parroquia tan importante para nós como é Sabarís”. Carlos Gómez rematou dando os parabéns ás veciñas e veciños da contorna porque, en definitiva e antes que nada, é un espazo para que o desfruten elas e eles”.

[su_image_carousel source=”media: 39851,39852,39853,39855″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Este emblemático edificio, de interese arquitectónico e catalogado dentro do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico do Concello de Baiona, formaba xunto con outro inmoble colindante o conxunto do mercado municipal. Grazas ás actuación desenvolvida déuselle un uso complementario ao comercial coa creación de espazos de carácter social como espazos de reunión, salas de actos e restauración. En definitiva, creouse un lugar no que a partir de agora se conxugarán actividades culturais, cidadás, sociais e comerciais. Ademais, con estes traballos recuperouse a estética exterior do edificio orixinal, abriuse o espazo cara a rúa con grandes xanelas, mellorouse a mobilidade e recuperouse o espazo público para a veciñanza.

Co gallo do acto inaugural, o novo Multiusos acolleu a apertura da primeira exposición, unha mostra do escultor vigués Jose Morales, que consta de 11 pezas de gran formato realizadas case todas elas en fibra de vidro e unha de bronce, que poderá visitarse ata o 7 de xullo. Nela o público desfrutará, entre outras obras, dunha réplica da escultura do autor “Sempre Benéfica 1989” situada no Porto de Vigo, ou doutra réplica da escultura que Jose Morales realizou ao falecido motorista Dani Rivas que se atopa en Moaña.

Un espazo cheo de cultura. Programación

Tras a exposición de Morales o Multiusos-Mercado de Sabarís acollerá o X Mercado de arte, que levará a Baiona pintura, escultura e fotografía os 9, 10 e 11 de xullo. A continuación, entre o 15 e o 31 de xullo, Sandra Yinet Amelines exporá as súas pezas de grafito e acuarela. Esta última técnica tamén é empregada por Irene Corral, quen entre o 1 e o 15 de agosto amosará as súas obras de acuarela e os seus lenzos. Ao finalizar esta mostra, o espazo acollerá “Bicos da Nai”, unha visión poliédrica sobre a maternidade a través de fotografías en branco e negro. A exposición, de Mónica Castuera e Txiki Dacosta, poderá visitarse entre o 16 e o 31 de agosto. Para finalizar o verán, o Multiusos acollerá o Espazo Ñó!, entre o 1 e o 15 de setembro con fotografías, deseños e ilustracións de Cristina Grande, Silvia Álvarez e Olaya Fernández.

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE pon a vista nas próximas municipais para repetir vitoria “e que a provincia continúe progresando”

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra celebrou o seu Comité Provincial, máximo órgano de Congresos, nun acto que tivo lugar nos xardíns da UNED en Pontevedra. As e os socialistas da provincia convertéronse así nos primeiros de Galicia en reunirse presencialmente este ano e comezaron, deste xeito, a preparación das próximas Eleccións Municipais a un ano e medio vista. O obxectivo é reeditar o éxito de 2019, cando as candidaturas socialistas acadaron case 200.000 votos e 23 alcaldías.

O comité, que comezou cun minuto de silencio polo recente pasamento da deputada autonómica Isaura Abelairas, comezou coa intervención do secretario xeral provincial, David Regades, quen aludiu ás enquisas “publicadas e non publicadas” que vaticinan unha nova vitoria do PSdeG nos próximos comicios municipais. “Temos a Feijoo moi nervioso, dedicándose a facer oposición ás nosas alcaldesas e alcaldes, á Deputación de Pontevedra e ao Goberno de España; e faino porque sabe que nós gobernamos con igualdade, sen mirar a cor política dos concellos, senón á cara da xente, un cambio que se nota especialmente na Deputación”.

David Regades: “…nós gobernamos con igualdade, sen mirar a cor política dos concellos, senón á cara da xente, un cambio que se nota especialmente na Deputación”

Regades fixo un chamamento ás case 3.000 persoas que militan no partido na provincia “para acordar e sumar sempre, sen restar a ninguén” nos procesos orgánicos que veñen. E neste senso destacou que os tres anos de mandato da actual Executiva Provincial estiveron presididos “pola busca constante da unión e o consenso”. A este respecto, o Comité Provincial serviu tamén para anunciar a incorporación á Executiva Provincial de Fini Silva.

O secretario xeral pontevedrés aludiu tamén ao impulso das políticas industriais na provincia “que levan o ADN do PSdeG pontevedrés, como demostra a aprobación do primeiro “proxecto tractor” para o “vehículo conectado” ou o desbloqueo “despois de 20 anos co PP e Feijoo mirando para outro lado” da PLISAN. Ao respecto de ENCE incidiu na política de brazos cruzados da Xunta “cunha empresa que está en terreos prestados polo mar” e pendente dunha resolución xudicial e volveu remarcar que os intereses dos/as traballadores/as de ENCE nada teñen que ver cos de Feijoo.

A presidenta da Deputación Carmela Silva reivindicou o traballo que fan as e os socialistas dende o poder institucional que lles outorga a cidadanía: “Sinto orgullo polo que temos feito pola transformación desta provincia en só seis anos, dende as Alcaldías e dende a Deputación; a esta provincia non hai quen a coñeza, sobre todo en comparación cos 40 anos de caciquismo absoluto do Partido Popular”. “As e os socialistas levamos a cabo transformacións, cando gobernamos, como ningún outro partido”.

Silva engadiu que o PSdeG-PSOE é referencia de políticas de progreso “e ten un discurso propio e moi diferente ao dun Partido Popular e unha Xunta que ven a esta provincia como un territorio inimigo, en lugar de vela como o que é, o motor económico de Galicia”. Ademais, a presidenta da Deputación criticou o uso caciquil do Partido Popular da institución da Xunta de Galicia desviando investimentos públicos a concellos gobernados polo Partido Popular.

A presidenta da Deputación tamén recibiu o apoio público de David Regades para expresarlle o cariño de todo partido tralos insultos machistas contra ela por parte do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Regades subliñou que Durán “é un home condenado e non pode seguir nin un minuto máis no cargo; ten que ir para casa” e criticou ao presidente da Xunta por darlle cobertura.

O comité provincial concluíu coas intervencións do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen tamen apelou á necesidade da unión entre tódala militancia, respectando “os debates de argumentos”, e cos informes de actividade no Congreso dos Deputados, a cargo de Guillermo Meijón, e no Parlamento de Galicia, por Paloma Castro.

O ‘Solpor’ de Nigrán regresa ao miradoiro de Monteferro onde se darán cita as mellores bandas da comarca

0

O Concello de Nigrán regresa ao mellor escenario do mundo, o miradoiro de Monteferro, para abrir a programación de verán coa quinta edición do festival Solpor os días 2 e 3 de xullo tras o ano 2020 no espazo público de Gaifar. Isius e Eladio e os Seres Queridos no primeiro día á tardiña (19:00 h) e Roma, Tinta e Bafana Bafana no segundo, serán os protagonistas deste Solpor con aforo limitado a 500 persoas mediante inscrición previa en [email protected] antes do xoves 1 de xullo ás 13:00 (máximo de dúas entradas por solicitude e indicando para qué día ou días sería, nome e apelidos dos asistentes e teléfono de contacto). O festival conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

[su_image_carousel source=”media: 39833,39836,39837,39838,39839,39842″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

“Tras unha edición no 2020 en Gaifar por cuestións de normativa sanitaria, agora regresamos ao mellor escenario do mundo, o que motivou este festival e do que estamos tan orgullosos. Agardamos que no 2022 a normalidade sexa completa e, con elo, o aforo regrese ao anterior á pandemia”, afirma Juan González, alcalde de Nigrán, quen subliña o outro obxectivo co que naceu Solpor: “apoiar aos mellores músicos da escena local e galega ofrecéndolles o noso mellor escenario e o máis agardado polo público”. “A situación do mundo da cultura é moi complicada agora mesmo e desde o Concello somos conscientes, por iso seguimos apoiando con máis forza a súa presencia na programación de verán”, reafirma Juan González, alcalde de Nigrán.

Tal e como xurdíu no 2017, o obxectivo é gozar da música ao aire libre nunha contorna privilexiada, no cumio de Monteferro, un palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores” permitirán vivir realidades musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

Solpor Monteferro é unha experiencia musical para gozar sen présa e cos cinco sentidos. Un ano máis, a cervexeira Alhambra colabora con este evento, que xa forma parte de ‘Momentos Alhambra’ ao desenvolverse nun espazo máxico que convida a saborear as súas cervexas ao compás das mellores propostas musicais.

Alcaldes e alcaldesas do Camiño Portugués da Costa xúntanse para por en valor e defender este itinerario xacobeo

0

Na xornada de onte venres día 25 de xuño, a Casa dos Alonsos acolleu unha xuntanza na que participaron os alcaldes e alcaldesas de Baiona, Carlos Gómez; Oia, Cristina Correa; O Rosal, Ánxela Fernández Callís e A Guarda, Antonio Lomba. O motivo desta reunión foi o de poér en común a situación do Camiño Portugués da Costa na súa entrada en Galicia dende territorio Portugués, tendo en conta que en certas publicacións non se está a fixar o itinerario correcto, o que motiva que boa parte dos peregrinos non circulen pola ruta recoñecida e promovida oficialmente. Tamén abordaron as dificultades que se atopan os peregrinos para cruzar o río Miño e as posibles solucións.

Por este motivo os alcaldes e alcaldesas acordaron a petición dunha xuntanza coa directiva do Xacobeo para transmitirlle a problemática xurdida en relación co Camiño Portugués da Costa, así como a toma de medidas para evitar que non se volten a empregar itinerarios non oficiais en publicacións. Asimesmo solicitaron unha xuntanza da Mesa do Camiño da provincia de Pontevedra para apoiar as súas demandas.

Os acaldes e alcaldesas entenden que o máis urxente e buscar solucións a curto prazo para resolver o problema do transporte de pasaxeiros entre Caminha e A Guarda, para dar continuidade ao Camiño Portugués da Costa no seu paso polo Esteiro do Miño.

Salceda reafirma a súa aposta pola hostalería e o comercio con axudas directas de 500 euros

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas aprobou, na sesión plenaria celebrada este pasado xoves, as axudas directas ás persoas autónomas e pequenas empresas. Con esta iniciativa o Goberno local reafírmase no seu compromiso de axudar a paliar a situación que atravesan comercio e hostalaría debido a crise sanitaria.

A alcaldesa de Salceda e responsable da área de Comercio, Verónica Tourón, explicou que estas subvencións están dirixidas a persoas autónomas, establecementos de hostalería, comercio e pequenas empresas de ata 10 persoas empregadas que teñan a súa actividade en Salceda.

O importe destas axudas directas será dun único pago de 500 euros e poderán compatibilizarse con subvencións de outras administracións. O prazo para as solicitudes comezará unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia.

Para a concesión destas axudas, explica a rexedora local “o Goberno local optou por un procedemento de tramitación áxil, co fin de que cheguen canto antes as axudas ás persoas e establecementos destinatarios”

Esta medida forma parte dun paquete de iniciativas que o goberno local ten establecidas para estes sectores, que se complementan con fondos propios destinados á programación de actividades dirixidas á promoción e fomento do comercio. Ademais estableceuse a exención da taxa de terrazas para os exercicios 2020 e 2021 e outras medidas económicas.

Ponteareas entra na rede galega de ‘Praias sen fume’

O Concello de Ponteareas vén de adherirse á rede galega de ‘Praias sen fume’, un programa posto en marcha pola Dirección Xeral de Saúde Pública para promocionar unha vida sen tabaco que xa se expande por todo o litoral galego. Deste xeito, as praias da Freixa e de San Roque manteranse a partir de agora libres de malos fumes e de cabichas. Ambos os dous areais xa contan coas bandeiras e carteis de sinalización.

Click para ampliar

Dende o Concello apélase á responsabilidade cidadá, xa que se trata dunha iniciativa que non busca recadar, polo que o seu cumprimento é voluntario, O obxectivo fundamental é “educar, concienciar e sensibilizar á veciñanza sobre importancia da saúde e dos beneficios de manter os nosos solos limpos e protexer o noso medio”, destaca a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo.

Ponteareas acóllese a esta iniciativa consciente da necesidade de protexer as praias fluviais e de “preservar os nosos ecosistemas do río, afectados pola contaminación das cabichas e químicos que se degradan na auga”. No tabaco están presentes máis de 7.000 substancias químicas tóxicas que se trasladan á auga ao non recoller as cabichas da forma debida, algo realmente grave se se ten en conta que unha soa cabicha tarda máis de 10 anos en desfacerse e que é capaz de contaminar ata 10.000 litros de auga.

“Por iso, entre todas e todos temos que facer o esforzo de non contaminar máis e respectar as demais persoas, para poder combater a contaminación dos nosos ríos e protexer aos nosos animais, xa que eles tamén as inxiren”, recalca a edil.

Optimismo “con cautela” nas estimacións da ocupación turística nas Rías Baixas

“Con todas as cautelas ante os múltiples factores que poderían interferir nas previsións, pero con moito optimismo ante o que parece a día de hoxe a recuperación do turismo na provincia de Pontevedra”. Con esta declaración de intencións, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou hoxe as estimacións e reservas cara á ocupación turística deste verán en Rías Baixas. No intervalo máis baixo da pinza, as cifras apuntan a unha media de case un 60% no mes de xullo e preto dun 70% en agosto, aínda que a valoración tanto do Observatorio como do sector xa contempla un incremento de ata un 15% nestes datos se a pandemia sigue contida.

Son datos que, como subliñou a presidenta, “amosan un cambio radical para o turismo, unhas boas perspectivas para un sector que representa o 11% do PIB. Esperemos que se cumpran as estimacións e poidamos desfrutar dun sol verdadeiro, da luz desta provincia e que metaforicamente ese sol e esa luz se convertan en porcentaxes moi altos de visitantes, e que os sectores económicos, particularmente este, poidan experimentar un forte impulso” .

Para o vindeiro mes de xullo, os establecementos hoteleiros da provincia xa contan cun 57,2% de reservas, dato sobre o que a maioría apunta que, de seguir a evolución favorable da pandemia, “podería incrementarse ata nun 15%, e estariamos preto do 75%”. A comarca do O Morrazo agarda un 75,5% de ocupación, mentres que a de Vigo ten un 70% de reservas; O Salnés un 66%; a comarca de Pontevedra un 59%; Baixo Miño un 53,4%; Caldas un 47%; Deza-Tabeirós-Montes un 24,5% e Condado-Paradanta un 23%. No que se refire aos principais concellos turísticos,  Baiona estima un 78% de ocupación; Sanxenxo un 63,6%; Vigo un 62,4% (dato que se achegará ao 70% esperado por Ashovi); Pontevedra un 57, 3% e O Grove un 54,8%.

Xa para agosto, a estimación é do 66% aínda que o sector calcula que se a situación epidemiolóxica sen mantén as reservas poderían incrementarse tamén ata un 15%. “Estaríamos falando dunha ocupación por riba do 80%”, dixo Carmela Silva. Xa por comarcas, no Salnés prevese un 70,9% de ocupación, na comarca de Vigo un 70,4%, na de Pontevedra un 67,8%, no Morrazo un 67,3%; na comarca de Caldas un 50,5%; no Baixo Miño, un 57%; no Deza-TabeirósMontes un 50% e no Condado-Paradanta un 22,5%. En canto as principais vilas turísticas Baiona agarda un 83%; Vigo un 72,1%, previsión “moi potente” que se estima aumentará e coincidirá co 90% que augura Ashovi e, no caso do fin de semana do Marisquiño, dun 95% . Doutra banda, Sanxenxo prevé un 70,3%;Pontevedra un 60,3% e O Grove 56,7%.

As expectativas “son tamén favorables” no turismo rural, se ben aínda se esperan reservas, cunha previsión de ocupación a día de hoxe de preto do 70% para xullo e do 71% para agosto, “o que da conta da preferencia por vivendas en espazos tranquilos en contacto coa natureza”. Por comarcas, Caldas prevé  un 95% de ocupación en xullo e un 75% en agosto; a de Pontevedra un 66,9% en xullo e un 74,9% en agosto; O Morrazo un 86,9% xullo e un 84% agosto; Baixo Miño un 70% xullo e un 59,5% en agosto; O Salnés un 57,5% en xullo e un 69% en agosto; a comarca de Vigo preto dun 50% en xullo e un 75,3% agosto; Deza-Tabeirós-Montes: 64,7% para xullo e 68,9% para agosto e  Condado-Paradanta un 64,9% en xullo e un 62,6% en agosto

A estimación para xullo e agosto nos albergues é de superar o 35% (34,9% en xullo e 36,6% en agosto), aínda que a presidenta lembrou que neste sector “as reservas funcionan con menos antelación e hai que ter en conta que o Camiño aínda comeza a activarse, polo que seguro que os datos mellorarán”. E nos cámpings destacan porcentaxes de reserva xa importantes cun 50,3% para xullo e 51,8% para agosto, destacando a área de Vigo e o Salnés con previsións superiores ao 70% para ambos meses. Nas vivendas turísticas, a previsión de reservas para xullo está cerca do 70%, mentres que en agosto se achega ao 80 %. Sanxenxo, concello co maior número de vivendas turísticas de Galicia, prevé un 74,1% en xullo e un 83,2% en agosto.

En canto ao perfil das persoas que visitaron as oficinas turísticas ou que realizaron consultas na rede sobre o destino, a presidenta destacou que cerca do 89% foi público nacional principalmente da propia provincia de Pontevedra seguido de Madrid, Barcelona e País Vasco.

Datos de Xuño

Neste mes que está a piques de rematar, prevese que a ocupación turística en hoteis acade finalmente un 43%, coa maior parte das reservas nesta segunda quincena. Por comarcas, Baixo Miño rexistra  un 49%, O Morrazo un 46,6%; Pontevedra un 46,3%; Vigo un 46,1%; O Salnés un 42,3%; Caldas un 33,6%; Deza-Tabeirós un 26,5% e Condado-Paradanta un 12,3%.

En  canto aos datos rexistrados nas cidades e nos principais destinos, os de Pontevedra amosan un 52,7%  de ocupación; Vigo un 49,2%;  Baiona un 48,5%;  Sanxenxo un 40,3% e O Grove un 36,6%. Doutra banda, no turismo rural os datos son “máis contidos”, aínda que como lembrou a presidenta, este sector tradicionalmente traballa máis entre xullo e setembro, co que a ocupación no conxunto do destino foi do 35% . Nos albergues, a ocupación foi do 16%  e nos cámpings do 21,8%, cos datos máis salientables no Morrazo, cun 42,2%, e na comarca de Vigo cun 25,3%. Si que houbo unha ocupación “histórica”, segundo o sector, nas vivendas turísticas neste xuño, cun 41% na primeira quincena e un 52,4% nesta segunda.

Tres días de actividades no Día Nacional de Galicia en Redondela, “para reforzar o noso orgullo de ser galegos e galegas”

0

O Concello de Redondela presentou onte, na Praza do Concello, os actos que se desenvolverán exactamente dentro dun mes –o vindeiro 25 de xullo– con motivo do Día Nacional de Galicia. O programa organizado pola Concellería de Normalización Lingüística que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, e que se desenvolverá baixo o lema de «Terra… a nosa!», foi presentado na Alameda Castelao pola rexedora local á que acompañaban a concelleira Marta Alonso e o concelleiro Alberto Álvarez.

“Pretendemos reforzar e reafirmar o orgullo de ser galegos e galegas, de poñer en valor a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa propia identidade como pobo” afirmou a alcaldesa redondelá quen lembrou que “antes da nosa chegada ao Goberno local celebrábase un acto solitario no propio 25 de xullo. Hoxe presentamos un programa de tres días como corresponde á importancia da xornada e máis nun municipio como Redondela que sempre foi referente de galeguidade e pioneiro na defensa e posta en valor da nosa lingua”.

Cómpre lembrar que dende a chegada do actual Goberno e na liña de potenciación do Día de Galicia, o programa de actividades pasou, primeiro, de un a dous días –incluíndo a Chapela como lugar de celebración de actividades– para, neste 2021, pasar a celebrarse durante os días 23, 24 e 25 de xullo.

Nesa nova data do 23 de xullo que se engade con respecto ao pasado ano, a Alameda Castelao acollerá unha xornada de Cinema na Rúa, ás 22:30 horas, coa proxección da película Cuñados que, en palabras da alcaldesa, “é unha clara aposta polo noso cine, pola nosa cultura e pola nosa lingua”.

O día 24, ás 22 horas, o paseo marítimo de Chapela vestirase de gala para acoller o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, un concerto que, tal e como lembraba Digna Rivas, o pasado ano tivo que ser suspendido pola COVID-19 e que este ano será unha realidade.

O día 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, ás 20 horas e na Alameda Castelao, terá lugar o acto institucional no que, adiantou a rexedora local, terán protagonismo os cativos e cativas do campamento de conciliación. A participación de nenos e nenas neste acto é considerada “fundamental dende o convencemento deste Goberno que é preciso sementar a nosa identidade de galegos e galegas e o orgullo que iso supón, dende as idades temperás”.

A xornada do día grande de Galicia pecharase co concerto de SES da que, afirmou Digna Rivas, “non precisa presentación” xa que é “unha cantante de renome e unha muller comprometida que nas súas cancións pon o foco sobre o feminismo, a tradición, o compromiso e o empoderamento cultural feminino”.

A alcaldesa expresou a súa satisfacción polo feito de que, ano tras ano, “a veciñanza de Redondela síntase cada vez máis identificada con esta xornada, participa, reúnese para festexala e cada vez son máis as veciñas e veciños que acoden a celebrar o acto institucional con nós”.

O Goberno provincial cualifica de “estrepitoso fracaso” o plan galego de banda ancha que prevía o 96 % de cobertura de fibra óptica no 2020

A rede de fibra óptica avanza no rural da provincia de Pontevedra ao ritmo que marcan as subvencións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital co Plan Estatal de Banda Ancha Galicia (PEBANGA). A última convocatoria repartiu o pasado mes de marzo 13 millóns de euros que permitiron levar o servizo a 5.552 fogares pontevedreses. Mentres tanto, as axudas da Xunta canalizadas a través da Axencia para a Modernización Dixital (AMTEGA), resultan escasas e opacas, pois a Xunta non ofrece datos dos seus resultados. Así o revelou, o voceiro do grupo provincial socialista, Carlos Font, durante o Pleno da Deputación.

A raíz da moción presentada polo PP que foi rexeitada, Font subliñou que o avance dixital é “unha competencia autonómica máis entre as moitas que a Xunta non exerce e que agocha trala súa obsesión por confrontar co Executivo central”. “Que fai a Xunta? Queda sentada agardando a que nos resolvan todo dende Madrid?”, preguntouse. Ademais, lembrou que as subvencións para despregamento de fibra óptica en Galicia teñen apoio dun 75% dos fondos europeos FEADER, “o que tamén vén a demostrar o que xa sabía todo o mundo: que a Xunta é incapaz de transformar eses fondos europeos en Km de fibra óptica e que o único avance real é o que chega coas axudas estatais”.

Font acusou ao PP de “chegar sempre tarde” xa que o 2 de xuño o secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais visitou Galicia e anunciou un novo esforzo de despregamento dixital, con redes de alta capacidade ata o ano 2025, incluíndo a aceleración do 5G. Un plan da Estratexia para o Reto Demográfico que vai significar a mobilización de 2.000 millóns de euros con 13 proxectos piloto, nove deles na provincia de Pontevedra.

O deputado explicou que no ano 2015, a Xunta aprobou o Plan de Banda Larga 2020, que fixaba como obxectivos irrenunciables que o 100% dos fogares situados en núcleos rurais de máis de 500 habitantes tivese cobertura de alta velocidade e que un 96% da poboación de Galicia contase co servizo, ademais do 100% das empresas situadas en polígonos industriais. “Cumpriu a Xunta eses obxectivos?”, preguntouse, “ou formaban parte dos Mundos de Yupi?” “A Xunta quedou ancorada no ADSL”, concluíu. Tras instar ao grupo do PP “a entonar o mea culpa” cualificou a moción para esixir investimentos unicamente ao Estado e exculpando á Xunta, sendo a Administración competente, como “a certificación dun estrepitoso fracaso”.

80 millóns investidos polo Estado e tan só 14 pola Xunta

Font engadiu que os investimentos do plan estatal para Galicia, PEBANGA, nos tres últimos anos ascenderon a 80 millóns de euros. Na provincia de Pontevedra catro operadores resultaron beneficiarios (R, Opegal, Áurea Energía e Telefónica) , posibilitando a chegada da fibra óptica a 41 dos 62 concellos da provincia (Agolada, Arbo, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Cuntis, Covelo, Crecente, Forcarei, Gondomar, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía e Vilanova de Arousa). Esta mesma semana anunciábase a posta en servizo da banda ancha no Concello de A Estrada, unicamente con axudas estatais. “Cales son os datos da AMTEGA da Xunta de Galicia?”, preguntou Carlos Font, e invitou a comparar a transparencia sobre as subvencións nos sitios web do Ministerio e de AMTEGA.

Font engadiu que “contra os 80 millóns estatais repartidos a catro operadoras nos últimos tres anos, a AMTEGA só repartiu 14 millóns en 2018 e ata o último céntimo foi para Telefónica, co triste resultado de que as zonas brancas (sen cobertura e sen subvención) pasaron a grises (con subvención concedida) e cunha sensación xeral de que gran parte das obras non se fixeron e, ademais, se desincentivou a competencia empresarial; unha xestión moi gris”. A AMTEGA anunciou outros 4 millóns para este ano 2021, pero, ademais da insuficiencia da cantidade, os antecedentes non invitan ao optimismo, concluíu.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación e voceiro do BNG, César Mosquera, ironizou dicindo que “o PP está encantado co Goberno provincial e se non aplaude é porque non lle deixan”. Argumentou que presentaron neste Pleno mocións sobre o despregamento dixital (“embrollando coas competencias”) e os indultos “porque recoñecen que se están facendo as cousas francamente ben na Deputación. Gracias!”.

O Porriño presenta os actos para o Día do Orgullo LGTBIQ+

A concelleira de Igualdade do Porriño, Cami Moreira, reclamou a necesidade de “falar e facer cotián a diversidade sexual para aceptar as diferenzas sen temelas, para poder vivir de xeito libre e sen discriminacións”, afirmou na presentación dos actos de celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+ 2021 que se desenvolverán durante a fin de semana.

A concelleira nacionalista explicou que os actos de celebración -todos eles nas instalacións do Centro Cultural Municipal- comezarán o sábado coa representación da obra “Debut”, coa dirección e interpretación de Rosa Romero. E continuarán o domingo coa presentación do mural elaborado pola artista Lidia Cao, no patio do auditorio exterior do Centro Cultural. Tamén se presentará outro mural feito polos nenos e nenas do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia. Na roda de prensa un deles, Laura Carmona explicou que pretenderon representar “a unión de dúas persoas con xénero indefinido”.

A continuación haberá un recital poético e a lectura do manifesto que realizará o poeta Samu Merino, quen volve repetir nese cometido. Samuel agradeceu á concelleira a confianza amosada e “de xeito especial que, de novo, a poesía sexa o vehículo para a reivindicación da diversidade sexual”.

Os actos do Orgullo LGTBIQ+ 2021  no Porriño rematarán o domingo noite co concerto musical a cargo de “Cinta Adhesiva”, tamén no auditorio exterior do Centro Cultural.

A Aula CeMIT de Ponteareas remata xuño con novos cursos presenciais totalmente de balde

A aula CEMIT de Ponteareas remata a vindeira semana a súa programación do mes de xuño con dous novos cursos presenciais, abertos á veciñanza e totalmente de balde. No primeiro destes cursos, as persoas interesadas aprenderán a manexar aplicacións de retoque e mellora fotográfica no móbil, un curso de tres horas que se impartirá o luns 28 de xuño de 17:30 a 20:30 horas.

A outra actividade formativa da vindeira semana estará centrada en como crear publicacións na nube a través da ferramenta CANVA. Este curso desenvolverase luns 28, martes 29 e mércores 30 de xuño en horario de 16:00 h a 17:30 horas.

Todos e todas as interesadas poden inscribirse nestes dous cursos achegándose ás instalacións da aula CEMIT, situadas no Centro Social da rúa Oriente; chamando por teléfono ou enviando un Whatsapp ao 634 238 962 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

Dende a Concellaría de Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez invítase a toda a veciñanza a participar nestes dous cursos ou en calquera das actividades de formación informática impartidas na aula CEMIT. As veciñas e veciños interesados poden achegarse ata este centro para que a persoa responsable dos cursos poda estudar o seu perfil e as súas necesidades formativas para programar distintos niveis e contidos.

Unha persoa ferida nun accidente de tráfico en Randufe, Tui

0

Unha persoa tivo que ser trasladada despois de sufrir un accidente en tráfico entre dous coches, no concello de Tui. Os feitos aconteceron cara ás 17 horas de hoxe cando un particular chamou ao 112 Galicia para dar aviso dunha colisión entre dous vehículos en Randufe, no enlace da estrada N-551 coa A-55.

Durante a comunicación, a persoa indicaba que había dúas persoas que necesitaban asistencia médica e que, ademais, os coches entorpecían a circulación polo que, por parte do CIAE-112 Galicia procedeuse a mobilizar aos servizos sanitarios e dar aviso á Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Tui, amais dos bombeiros do Porriño.

Ao remate da intervención, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio confirmaron que, finalmente, unha persoa implicada no choque necesitou ser trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ademais, para garantir a seguridade na vía, desde o 112 tamén se lle notificou a colisión ao persoal de mantemento de estradas e ao Centro de Xestión de Tráfico.

O BNG, demanda información do Proxecto de Pantallas Acústicas en Chapela

0

O BNG de Redondela solicitará información sobre o proxecto de instalación de pantallas acústicas na AP-9 ao seu paso por Chapela ao considerar que a idea do Ministerio de colocar pantallas de formigón, supón “unha nova agresión á parroquia”. A través de diversas iniciativas presentadas polo deputado nacionalista, Néstor Rego, o BNG redondelán quere coñecer os pormenores da obra. “Demandamos celeridade na obra, para reducir a contaminación acústica que está a padecer dende hai décadas os veciños e veciñas”, concreta portavoz nacionalista, Xoán Carlos González.

Mais as novas que manexan dende a organización nacionalista, non son nada alentadoras. Trasladóusenos que nunha xuntanza da alcaldesa coa comunidade educativa do IES Chapela, afirmou que as pantallas acústicas construiríanse de formigón. “No Bloque Nacionalista Galego, non imos quedar de brazos cruzados mentras se volve a agredir á parroquia”, sinala Xoán Carlos González. Alerta que esta opción crearía un enorme balado no medio e medio da parroquia cun negativo impacto. “Nalgúns treitos onde a autoestrada vai xa sobre enormes balados, sumarlle estas pantallas consituiría un novo episodio de desprezo perpetrado dende o Ministerio”.

Sospeita o edil, que como sucedeu co Proxecto de Reposición de Viais, o proceso de alegacións se abra en pleno mes de xullo e agosto, co que a resposta política e veciñal, vese enormemente mermada”.

Para coñecer cal é a proposta, o deputado Néstor Rego, presentou varias preguntas por escrito no Congreso dos deputados e deputadas. Acompañou cunha Proposición non de Lei, para ser debatida na Comisión de Transportes, Movilidade y Agenda Urbana. “Preténdese comprometer aos responsábeis do Proxecto, para que os elementos que se instalen co fin de reducir o impacto acústico da Autoestrada, sexan máis respeitusos co noso medio, e coa veciñanza de Chapela”, afirma Xoán Carlos González

Outra das cuestións que prantexan dende o BNG, é que o Proxecto recolla a instalación de Pantallas Acústicas, na avenida de Redondela, entre o colexio Alexandre Bóveda e o Alto da Encarnación.

“Dende o BNG traballamos para que a compensación da Autoestrada, redunde directamente na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Chapela, instalando Pantallas Acústicas máis adaptadas ao entorno”, remata na súa nota.

Redondela remite o resultado da análise do verquido de maio á Xunta que apunta a Aucosa

0

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela enviou á dirección xeral de Cambio Climático da Xunta de Galicia, á de Gandería e a Augas de Galicia sendas copias co resultado do informe analítico do verquido detectado nas inmediacións da ponte de Rande o pasado 26 de maio. O laboratorio comparou a mostra tomada na Ría polos técnicos mediombientais do Concello con outras dúas recollidas nos tanques das instalacións da devandita empresa. Finalmente, o traballo de laboratorio comprobou que a substancia presente nas tres mostras parece ser da mesma natureza dacordo coa comparativa de perfís realizada.

Asemade, o informe do inspector medio ambiental do Concello de Redondela corrobora no informe final remitido á Xunta que queda acreditado que a substancia das tres mostras é a mesma, tal e como recolle a conclusión final do traballo técnico que afirma textualmente: “A obtención de tres perfís cromotográficos idénticos, na análise realizada polo laboratoio apunta a que a substancia presente  nas tres mostras recollidas e analizadas parece ser a mesma”.

Esta mesma semana apareceu, nas inmediacións da praia de Arelonga unha nova mancha moi similar á atopada en maio, de cor alaranxada, compacta, moi aceitosa e cun forte olor a peixe,  da que se tomaron novamente mostras que serán analizadas.

Á espera das accións que leven a cabo os organismos competentes da Xunta de Galicia, o Concello de Redondela requirirá por vía administrativa a Aucosa o custo da analítica efectuada no verquido de maio e da que se encargou o pasado 22 de xuño, en caso de que o resultado desta última sexa o mesmo.