15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme pon en marcha esta semana catro novos obradoiros online

    SmartPeme pon en marcha esta semana catro novos obradoiros online

    Ata o 1 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre como debuxar con Onshape, como realizar animacións con Vídeo márketing ou como utilizar Google Analytics

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como debuxar con Onshape Aseembly II e III, como realizar animacións e gifs con fotografías de produto e como dar os primeiros pasos con Google Analytics 4.

    En concreto, este martes 29 impartirase o obradoiro “Debuxo con Onshape, Asembly II”, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da practicidade da ferramenta e ensinará a utilización do software para debuxos.

    O mércores 30, Lara Taboada, falará de “Vídeo Márketing II – Animacións e Gifs con fotografías de produto”, obradoiro que permitirá descubrir a potencialidade das fotografías a través da animación das mesmas, xerando un contido dinámico e interesante. Xa pola tarde, Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, impartirá “Primeiros pasos con Google Analytics 4”, onde falará da evolución que Google experimentou na análise de datos con respecto a anterior versión, e de como recompila a información dos usuarios que acceden a nosa web.

    Para finalizar a semana, o xoves 1 de xullo, será a quenda de “Debuxo con Onshape, Aseembly III” a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen ensinará a forma de debuxar a través do software.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.