14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Aula CeMIT de Ponteareas remata xuño con novos cursos presenciais totalmente...

    A Aula CeMIT de Ponteareas remata xuño con novos cursos presenciais totalmente de balde

    Aprende a retocar fotografías ou a crear publicacións na nube con CANVA na aula CEMIT de Ponteareas

    A aula CEMIT de Ponteareas remata a vindeira semana a súa programación do mes de xuño con dous novos cursos presenciais, abertos á veciñanza e totalmente de balde. No primeiro destes cursos, as persoas interesadas aprenderán a manexar aplicacións de retoque e mellora fotográfica no móbil, un curso de tres horas que se impartirá o luns 28 de xuño de 17:30 a 20:30 horas.

    A outra actividade formativa da vindeira semana estará centrada en como crear publicacións na nube a través da ferramenta CANVA. Este curso desenvolverase luns 28, martes 29 e mércores 30 de xuño en horario de 16:00 h a 17:30 horas.

    Todos e todas as interesadas poden inscribirse nestes dous cursos achegándose ás instalacións da aula CEMIT, situadas no Centro Social da rúa Oriente; chamando por teléfono ou enviando un Whatsapp ao 634 238 962 ou enviando un correo electrónico a cemit.ponteareas@xunta.gal.

    Dende a Concellaría de Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez invítase a toda a veciñanza a participar nestes dous cursos ou en calquera das actividades de formación informática impartidas na aula CEMIT. As veciñas e veciños interesados poden achegarse ata este centro para que a persoa responsable dos cursos poda estudar o seu perfil e as súas necesidades formativas para programar distintos niveis e contidos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.