A fachada da Casa do Concello da Cañiza amosaba esta mañá unha banda coas cores arco iris, as cores LGTBIQ+ para sumarse a todos os actos que teñen como finalidade promover a tolerancia e o respecto en calquera das manifestacións e relacións comunitarias, neste caso no relativo á identidade sexual de todas as persoas.
Hoxe, 28 de xuño, conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ (siglas que designan ao colectivo lésbico, gay, bisexual, trans, intersexual, queer, incluindo a través do + calquera outra identidade que quede no medio de todas elas ou en ningunha parte).
Elexíuse este día para enfatizar a gran diversidade das culturas basadas na sexualidade e a identidade de xénero. A inclusión axudou, co paso do tempo, a visibilizar as demandas e reivindicacións dos colectivos e persoas infra representadas e oprimidas na comunidade global.