12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO BNG, demanda información do Proxecto de Pantallas Acústicas en Chapela

    O BNG, demanda información do Proxecto de Pantallas Acústicas en Chapela

    “Non nos imos quedar de brazos cruzados, mentras se planifica dende o Ministerio unha nova agresión á parroquia, pola AP-9”, afirma o voceiro municipal, Xoán Carlos González.

    O BNG de Redondela solicitará información sobre o proxecto de instalación de pantallas acústicas na AP-9 ao seu paso por Chapela ao considerar que a idea do Ministerio de colocar pantallas de formigón, supón “unha nova agresión á parroquia”. A través de diversas iniciativas presentadas polo deputado nacionalista, Néstor Rego, o BNG redondelán quere coñecer os pormenores da obra. “Demandamos celeridade na obra, para reducir a contaminación acústica que está a padecer dende hai décadas os veciños e veciñas”, concreta portavoz nacionalista, Xoán Carlos González.

    Mais as novas que manexan dende a organización nacionalista, non son nada alentadoras. Trasladóusenos que nunha xuntanza da alcaldesa coa comunidade educativa do IES Chapela, afirmou que as pantallas acústicas construiríanse de formigón. “No Bloque Nacionalista Galego, non imos quedar de brazos cruzados mentras se volve a agredir á parroquia”, sinala Xoán Carlos González. Alerta que esta opción crearía un enorme balado no medio e medio da parroquia cun negativo impacto. “Nalgúns treitos onde a autoestrada vai xa sobre enormes balados, sumarlle estas pantallas consituiría un novo episodio de desprezo perpetrado dende o Ministerio”.

    Sospeita o edil, que como sucedeu co Proxecto de Reposición de Viais, o proceso de alegacións se abra en pleno mes de xullo e agosto, co que a resposta política e veciñal, vese enormemente mermada”.

    Para coñecer cal é a proposta, o deputado Néstor Rego, presentou varias preguntas por escrito no Congreso dos deputados e deputadas. Acompañou cunha Proposición non de Lei, para ser debatida na Comisión de Transportes, Movilidade y Agenda Urbana. “Preténdese comprometer aos responsábeis do Proxecto, para que os elementos que se instalen co fin de reducir o impacto acústico da Autoestrada, sexan máis respeitusos co noso medio, e coa veciñanza de Chapela”, afirma Xoán Carlos González

    Outra das cuestións que prantexan dende o BNG, é que o Proxecto recolla a instalación de Pantallas Acústicas, na avenida de Redondela, entre o colexio Alexandre Bóveda e o Alto da Encarnación.

    “Dende o BNG traballamos para que a compensación da Autoestrada, redunde directamente na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Chapela, instalando Pantallas Acústicas máis adaptadas ao entorno”, remata na súa nota.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.