Venres, 24 Xaneiro de 2025

O Goberno local apoia ao movemento asociativo de Redondela con preto de 250.000 euros de subvencións nominativas

Por primeira, as axudas aprobada no Pleno da Corporación, inclúen á Confraría de Pescadores San Juan

O Pleno da Corporación Municipal de Redondela aprobou na súa sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño, a proposta do equipo de Goberno de subvencións nominativas a colectivos e asociacións coas que o executivo local busca “apoiar ao movemento asociativo redondelán que, dende as súas diferentes áreas de actuación, contribúe ao desenvolvemento social, cultural, veciñal deportivo e económico de Redondela”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas.

Serán en total preto de 250.000 euros (246.500 €) que terán como destinatarios e con diversas contías, á Asociación Española contra o Cancro (AECC), Asociación Lenda-Saúde Mental, Cáritas da Diócese Tui-Vigo, Fundación Santa Cruz, Andaina, Solidariedade Galega co pobo saharauí, ONG da man, Afaga, Fundación Amigos de Galicia, Millo Verde, Asociación Cultural e Social de Chapela, Asociación Cultural Xente Titiriteira, Club de Atletismo Redondela, CCD Cesantes (XXXV Bandeira Redondela), Club de Remo Chapela –con tres axudas de igual contía para a VI Bandeira Feminina Chapela, XXXV Bandeira Masculina de Chapela e XXV Bandeira de Bateis–, Confraría de Pescadores San Juan e Asociación de Empresarios de Redondela.

Digna Rivas lembrou que o desenvolvemento dun municipio e o seu futuro “dependen do traballo conxunto do Concello e o tecido asociativo”. Os colectivos que traballan en labores de axuda social, cultura, movemento veciñal, deporte e empresa, xunto co Goberno local “son as engrenaxes do motor que permite que o municipio avance, desenvólvase e ofreza á veciñanza mellor unha calidade de vida”.