20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Estación Fitopatolóxica do Areeiro alerta da aparición de múltiples manchas de...

    A Estación Fitopatolóxica do Areeiro alerta da aparición de múltiples manchas de mildio

    O persoal de Areeiro tamén recomenda reforzar o tratamento contra o oídio cando se apliquen os produtos para combater o mildio

    A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reflicte a detección recente de moitas manchas incipientes de mildio nas viñas e recomenda intervir cando se detecten síntomas. O persoal de Areeiro tamén recomenda reforzar o tratamento contra o oídio cando se apliquen os produtos para combater o mildio.

    Sinaladas algunhas das manchas de mindio que están a saír

    Aínda que polo de agora non se atoparon síntomas nos acios e as manchas de mildio son apenas visibles a día de hoxe, as condicións meteorolóxicas que se prevén para os próximos días son favorables para a expansión da enfermidade. Deste xeito, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro recomenda unha intervención inmediata cando se detecten síntomas de mildio e previr, deste xeito, a súa propagación.

    No que respecta ao oídio obsérvanse follas co característico micelio do fungo. Por este motivo, dende o centro dependente da Deputación aconsellan que no caso de que se renoven os tratamentos fronte o mildio tamén se engadan produtos para combater o oídio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.