15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboO VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja só apto para aventureiros

    O VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja só apto para aventureiros

    Esta pasada fin de semana tivo lugar o VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, sendo unha das Probas da liga Galega de Raids de aventura, para a liga Española de Raids de aventura 2021 e ademais este ano volveu ser a proba que decide aos campións de España das categorías elite e aventura (CERA 2021).

    Este ano foi un ano moi diferente ás demais edicións como consecuencia da pandemia mundial da que aínda nos estamos recuperando, implementáronse todas as medidas Covid-19 que se esixían desde a Xunta, a Fegado así como a Fedo.

    Quérese agradecer a todos os raiders que, entendendo que é moi complicado realizar exercicio de alto nivel con máscaras nas zonas comúns, así como nas diferentes partes do percorrido que se lles esixía por protocolo, non houbo ningún problema.

    A pesar de ter que suspender os “petiscos” que se ofrecían aos deportistas ao finalizar a proba, como en anos anteriores, no Pazo A Moreira das Adegas Marqués de Vizhoja. Alí compartíase a experiencia cos deportistas que participaran na proba e dos que sempre apréndese e tómanse notas para próximos edicións.

    Este ano o VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja contaba cun percorrido de 187 km a realizar en 3 etapas e 11 seccións para os equipos de Elite e Aventura e un percorrido de 131 km en 2 etapas e 10 seccións para os equipos de Orienta Raid.

    As disciplinas que conformaban estás seccións foron: BTT, Trekking, Kaiak e unha proba especial de escalada, nun rocódromo, para os equipos de Elite e Aventura no Pavillón das Neves para a etapa do sábado e a etapa do domingo consistía en 2 seccións de BTT e 2 de Trekking.

    A posta de longo tivo lugar o sábado 26 de xuño, coa entrega de dorsais e o inicio de carreira que tivo lugar ás 09.00 horas desde a pista de fútbol da Estación nas Neves; ao longo desta xornada os raiders percorreron diferentes enclaves desta localidade, para ao terminar a etapa 1 desprazarse ata o Concello de Salvaterra de Miño onde deu comezo a etapa 2 ás 22:30 na Praza do Concello de Salvaterra de Miño e deuse por finalizada ás 00.30 horas.

    O domingo 27 de xuño tomaron a saída; tanto os equipos que participaran na xornada anterior como os equipos de Orienta Raid Corto que só realizaban a xornada do domingo, esta xornada tivo o seu inicio ás 09:00 horas desde O Pazo a Moreira das Adegas Marqués de Vizhoja e finalizou nas mesmas Adegas ás 14:00 horas, percorrendo diferentes localizacións do concello de Arbo.

    Onde por protocolo Covid-19 procedeuse seguidamente á entrega de premios e posterior obsequio a todos o equipos participantes no evento.

    Nesta edición tan complicada contouse coa colaboración dos Concellos das Neves, Arbo, e o Concello de Salvaterra de Miño.

    Por todos estes Concellos coas súas paraxes de ilusión e desniveis imposibles tanto positivos como negativos é por onde os raiders discorreron estas dúas xornadas.

    Foi un Raid moi igualado para a categoría de Aventura Mixta onde ata o último momento non se vía un claro vencedor e unha loita moi bonita na categoría Elite entre os segundos e terceiros clasificados onde o 1 clasificado foi o claro vencedor.

    Finalmente, os pódium foron ocupados polos seguintes equipos:

    ELITE
    1º: BRIGANTIA ADVENTURE RACE con 191 puntos e unha duración de carreira de 17 horas e 41 minutos
    2º ENDURANCE II CLUB ORIENTACION CORUÑA con 184 puntos e unha duración de carreira de 17 horas e 52 minutos
    3º SAUDE SPORT OBXECTIVO TRAIL con 182 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 31 minutos

    AVENTURA MASCULINA
    1º Os VETTONES ALCOR con 184 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 10 minutos
    2º ISTÁN TEAM-COMA con 176 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 11 minutos
    3º SANTISO RAID CLUB ORIENTACION CORUÑA con 171 puntos e unha duración de carreira de 17 horas e 23 minutos

    AVENTURA FEMININA
    1º IPAR NESKAK con 120 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 15 minutos
    2º ITACA AVENTURA FEMININA con 92 puntos e unha duración de carreira de 16 horas e 23 minutos
    3º EXTREMARAID ALCOR WOMAN con 84 puntos e unha duración de carreira de 15 horas e 30 minutos

    AVENTURA MIXTA
    1º SOPELS TEAM con 174 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 07 minutos
    2º NONSTOP AVENTURA con 172 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 15 minutos
    3º CORREMONTES.es 2 con 172 puntos e unha duración de carreira de 18 horas e 27 minutos

    Resultados que proclaman ao equipo BRIGANTIA ADVENTURE RACE como campión de España na categoría Elite e ao equipo Sopels Team na categoría Aventura.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.