8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaOptimismo "con cautela" nas estimacións da ocupación turística nas Rías Baixas

    Optimismo “con cautela” nas estimacións da ocupación turística nas Rías Baixas

    Carmela Silva: “Temos que ser prudentes pero si as cousas seguen ben estaríamos a falar dun cambio radical do turismo e un forte impulso para a provincia”

    “Con todas as cautelas ante os múltiples factores que poderían interferir nas previsións, pero con moito optimismo ante o que parece a día de hoxe a recuperación do turismo na provincia de Pontevedra”. Con esta declaración de intencións, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou hoxe as estimacións e reservas cara á ocupación turística deste verán en Rías Baixas. No intervalo máis baixo da pinza, as cifras apuntan a unha media de case un 60% no mes de xullo e preto dun 70% en agosto, aínda que a valoración tanto do Observatorio como do sector xa contempla un incremento de ata un 15% nestes datos se a pandemia sigue contida.

    Son datos que, como subliñou a presidenta, “amosan un cambio radical para o turismo, unhas boas perspectivas para un sector que representa o 11% do PIB. Esperemos que se cumpran as estimacións e poidamos desfrutar dun sol verdadeiro, da luz desta provincia e que metaforicamente ese sol e esa luz se convertan en porcentaxes moi altos de visitantes, e que os sectores económicos, particularmente este, poidan experimentar un forte impulso” .

    Para o vindeiro mes de xullo, os establecementos hoteleiros da provincia xa contan cun 57,2% de reservas, dato sobre o que a maioría apunta que, de seguir a evolución favorable da pandemia, “podería incrementarse ata nun 15%, e estariamos preto do 75%”. A comarca do O Morrazo agarda un 75,5% de ocupación, mentres que a de Vigo ten un 70% de reservas; O Salnés un 66%; a comarca de Pontevedra un 59%; Baixo Miño un 53,4%; Caldas un 47%; Deza-Tabeirós-Montes un 24,5% e Condado-Paradanta un 23%. No que se refire aos principais concellos turísticos,  Baiona estima un 78% de ocupación; Sanxenxo un 63,6%; Vigo un 62,4% (dato que se achegará ao 70% esperado por Ashovi); Pontevedra un 57, 3% e O Grove un 54,8%.

    Xa para agosto, a estimación é do 66% aínda que o sector calcula que se a situación epidemiolóxica sen mantén as reservas poderían incrementarse tamén ata un 15%. “Estaríamos falando dunha ocupación por riba do 80%”, dixo Carmela Silva. Xa por comarcas, no Salnés prevese un 70,9% de ocupación, na comarca de Vigo un 70,4%, na de Pontevedra un 67,8%, no Morrazo un 67,3%; na comarca de Caldas un 50,5%; no Baixo Miño, un 57%; no Deza-TabeirósMontes un 50% e no Condado-Paradanta un 22,5%. En canto as principais vilas turísticas Baiona agarda un 83%; Vigo un 72,1%, previsión “moi potente” que se estima aumentará e coincidirá co 90% que augura Ashovi e, no caso do fin de semana do Marisquiño, dun 95% . Doutra banda, Sanxenxo prevé un 70,3%;Pontevedra un 60,3% e O Grove 56,7%.

    As expectativas “son tamén favorables” no turismo rural, se ben aínda se esperan reservas, cunha previsión de ocupación a día de hoxe de preto do 70% para xullo e do 71% para agosto, “o que da conta da preferencia por vivendas en espazos tranquilos en contacto coa natureza”. Por comarcas, Caldas prevé  un 95% de ocupación en xullo e un 75% en agosto; a de Pontevedra un 66,9% en xullo e un 74,9% en agosto; O Morrazo un 86,9% xullo e un 84% agosto; Baixo Miño un 70% xullo e un 59,5% en agosto; O Salnés un 57,5% en xullo e un 69% en agosto; a comarca de Vigo preto dun 50% en xullo e un 75,3% agosto; Deza-Tabeirós-Montes: 64,7% para xullo e 68,9% para agosto e  Condado-Paradanta un 64,9% en xullo e un 62,6% en agosto

    A estimación para xullo e agosto nos albergues é de superar o 35% (34,9% en xullo e 36,6% en agosto), aínda que a presidenta lembrou que neste sector “as reservas funcionan con menos antelación e hai que ter en conta que o Camiño aínda comeza a activarse, polo que seguro que os datos mellorarán”. E nos cámpings destacan porcentaxes de reserva xa importantes cun 50,3% para xullo e 51,8% para agosto, destacando a área de Vigo e o Salnés con previsións superiores ao 70% para ambos meses. Nas vivendas turísticas, a previsión de reservas para xullo está cerca do 70%, mentres que en agosto se achega ao 80 %. Sanxenxo, concello co maior número de vivendas turísticas de Galicia, prevé un 74,1% en xullo e un 83,2% en agosto.

    En canto ao perfil das persoas que visitaron as oficinas turísticas ou que realizaron consultas na rede sobre o destino, a presidenta destacou que cerca do 89% foi público nacional principalmente da propia provincia de Pontevedra seguido de Madrid, Barcelona e País Vasco.

    Datos de Xuño

    Neste mes que está a piques de rematar, prevese que a ocupación turística en hoteis acade finalmente un 43%, coa maior parte das reservas nesta segunda quincena. Por comarcas, Baixo Miño rexistra  un 49%, O Morrazo un 46,6%; Pontevedra un 46,3%; Vigo un 46,1%; O Salnés un 42,3%; Caldas un 33,6%; Deza-Tabeirós un 26,5% e Condado-Paradanta un 12,3%.

    En  canto aos datos rexistrados nas cidades e nos principais destinos, os de Pontevedra amosan un 52,7%  de ocupación; Vigo un 49,2%;  Baiona un 48,5%;  Sanxenxo un 40,3% e O Grove un 36,6%. Doutra banda, no turismo rural os datos son “máis contidos”, aínda que como lembrou a presidenta, este sector tradicionalmente traballa máis entre xullo e setembro, co que a ocupación no conxunto do destino foi do 35% . Nos albergues, a ocupación foi do 16%  e nos cámpings do 21,8%, cos datos máis salientables no Morrazo, cun 42,2%, e na comarca de Vigo cun 25,3%. Si que houbo unha ocupación “histórica”, segundo o sector, nas vivendas turísticas neste xuño, cun 41% na primeira quincena e un 52,4% nesta segunda.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.