11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: mobilidade

    O grupo socialista denuncia no pleno da Deputación “o desastre do transporte regular por estrada”

    O Grupo provincial do PSdeG-PSOE denunciou hoxe no pleno da Deputación o “desastre do transporte regular por estrada na provincia” que está a provocar centos de queixas e denuncias cidadás e que achacou directamente “á inoperatividade da Xunta de Galicia e á falta de control sobre as concesionarias que, como lembrou o deputado Javier Mougán, “día si e día tamén temos autobuses cheos, que abandonan persoas nas paradas provocando problemas graves laborais e persoais á cidadanía.

    Ponteareas inicia unha campaña para compromar o correcto uso das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida

    O Concello inicia unha campaña que busca garantir o uso correcto das prazas destinadas ás persoas con mobilidade reducida logo de que axentes da Policía Local comprobaran en reiteradas ocasións que varios condutores incumpren a normativa. A iniciativa, posta en marcha pola concellería de Seguridade que dirixe o tenente da alcaldesa Juan Carlos González, estenderase ata o 24 de marzo.

    A Xunta remata o itinerario peonil na estrada PO-400 en Arbo cun investimento superior a 1 millón de euros

    A Xunta vén de rematar as obras de construción dun itinerario peonil no antigo trazado da PO-400 en Arbo, cun investimento de máis de 1 millón de euros. A actuación desenvolveuse ao longo de máis dun quilómetro da estrada, entre os puntos quilométricos 23+400 e 24+600.

    O Concello de Ponteareas opta a recibir unha subvención europea para a instalación de catro puntos de recarga de vehículos eléctricos

    O Concello opta a recibir unha subvención europea destinada á instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos no municipio. A administración local xa presentou a documentación necesaria no Instituto Enerxético de Galicia, da Xunta, que concede estas axudas a través dos fondos de recuperación da Unión Europea.

    O Goberno de Irlanda selecciona o Concello de Tomiño como caso de estudo polo seu modelo de mobilidade

    O Goberno de Irlanda vén de seleccionar ao Concello de Tomiño como caso de estudo polo seu modelo de mobilidade: quere coñecer os mecanismos de redución do tráfico que se aplicaron na vila do Baixo Miño e levar as recomendacións tomiñesas para, de ser posible, adaptalas e aplicalas no seu país, especialmente en zonas rurais como en zonas urbanas de pequenas dimensións.

    A Deputación leva o modelo de mobilidade amable e sostible á estrada de acceso a Donas en Gondomar

    A Deputación de Pontevedra levará o modelo de mobilidade sostible, amable e segura á EP-2108 de acceso a Donas, en Gondomar. O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, mailo alcalde, Paco Ferreira, visitaron esta mañá o lugar de Donas onde se realizarán os traballos, valorados en 572.000 euros e que serán financiados a través dun convenio entre a Deputación, que achegará o 80 % dos recursos, e o Concello, que se fará cargo do 20 % restante.

    Concello de Ponteareas e Deputación de Pontevedra asinan un convenio para transformar a Avenida Sarmiento Rivera

    Ponteareas vive a transformación integral do seu centro urbano. A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron este martes no salón de plenos da Casa Consistorial un convenio para a recuperación do espazo público para as persoas na Avenida Sarmiento Rivera, un treito urbano da EP-4006 que contará cun investimento de 630.000 €.

    O Concello de Ponteareas, convidado a expoñer o seu modelo de mobilidade nunhas xornadas en Porto

    Ponteareas dará a coñecer o vindeiro día 6 de decembro en Porto o seu modelo de mobilidade e de recuperación do espazo público para as persoas, no marco das xornadas que conmemoran os 25 anos da lei de accesibilidade en Portugal.

    A especialista en mobilidade, Paula Teles, enxalza o modelo de Ponteareas no principal xornal portugués

    A especialista en mobilidade, Paula Teles, enxalzou onte o modelo de mobilidade de Ponteareas nun artigo publicado no principal xornal portugués, o Jornal de Noticias. Paula Teles é enxeñeira civil, presidenta do Instituto de Cidades e Vilas con Mobilidade en Portugal e fundadora da mesma institución en Brasil, experta en mobilidade e autora de numerosas publicacións sobre a materia.

    Nigrán implantará dende o outono unha liña de autobús municipal que conectará as parroquias con núcleos urbanos

    O Concello de Nigrán dará resposta definitiva este outono á gran demanda histórica da veciñanza do interior: por vez primeira no municipio, unha liña municipal de autobús comunicará todas as parroquias cos núcleos urbanos de Nigrán, A Ramallosa, Panxón e Porto do Molle. Este fito resulta posible tras manter o goberno local diferentes reunións coa Dirección Xeral de Mobilidade e acadar finalmente que sexa incluído como 'Servizo de Interese Municipal' (SIMU) dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, figura que estreará Nigrán en toda a provincia e practicamente en Galicia.

    O Concello de Covelo acometerá a segunda fase da obra ‘Ensanche e mellora do acceso no lugar de Pazos, Barcela’

    O Concello continua no seu afán de optimizar a súa rede municipal de estradas, mellorando así, a seguridade viaria, tanto para vehículos como para peóns. Para conseguir este obxectivo está reparando as estradas e pistas asfaltadas, ampliando os viais e mellorando os trazados actuais.

    O AECT Rio Minho estrea o 6 de xullo o servizo de préstamo de bicis transfronteirizas nas eurocidades

    O AECT Rio Minho vai estrear este mércores 6 de xullo ás 12 horas o servizo de préstamo de bicicletas eléctricas transfronteirizas ‘E-bike Rio Minho’ que funcionará nas eurocidades de Salvaterra-Monçao, Tomiño-Cerveira e Tui-Valença para fomentar a mobilidade suave e o turismo na ‘raia’.

    Deputación e Concello de Nigrán abordan a “histórica demanda” da senda peonil en Parada

    A parroquia de Parada, en Nigrán, vai experimentar “un cambio total e absoluto na mobilidade” coas obras de seguridade viaria que Deputación e Concello abordarán na estrada provincial EP-2106 entre o barrio da Areíña e a contorna da Igrexa, e que inclúen unha senda peonil dun quilómetro de lonxitude para facilitar o tránsito peonil nesta zona na que se sitúan amais do templo distintas dotacións municipais.

    Covelo inicia as obras de humanización do nucleo urbano

    O Concello de Covelo inicia a humanización do núcleo urbano coas obras de Establecemento de itinerarios continuos con implantación de corredores verdes que recuperarán o espazo público para os péons na Praza Mestre Cerviño e na súa contorna. En palabras do seu alcalde, Pablo Castillo, “con este novo proxecto apostamos pola mellora da mobilidade interna e pola calidade urbana da vila, ademais de dar un paso máis na conservación e mellora dos espazos públicos e avanzar no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)”.

    Ponteareas licita a redacción dos proxectos de mobilidade amábel e recuperación dos espazos públicos ao abeiro da Rede Ágora

    O Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación a redacción dos proxectos de mobilidade amábel e recuperación dos espazos públicos no ámbito municipal de Ponteareas, pertencente á Rede Ágora promovida pola Deputación de Pontevedra.

    Ponteareas: morrer ou saúde

    Hai un tempo que se está a xerar certo debate na vila do Tea, sobre o novo plan de mobilidade. Os debates entorno as medidas que supoñen retirar tráfico en favor das persoas, son repetitivos. Non é Ponteareas o único caso nin ha ser o último.

    Baiona mellora a accesibilidade a Belesar

    O Concello de Baiona, culminou os traballos de mellora da accesibilidade na zona da Figueira no Urgal, parroquia de Belesar. A obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada por un importe de 43.497,10 euros.

    Ponteareas non ten quen a salve

    Foi unha chamada desesperada, un berro de auxilio para socorrer a quen, indefensa, se atopaba ao borde da morte, tocouse a rebato, pedíuse axuda solidaria a toda a bisbarra.... Ponteareas morría, non, perdón, matábana, con alevosía e ensañamento.

    As conclusións e relatorios da Facultade Ágora para mellorar o espazo público serán recollidas nun libro

    A Deputación de Pontevedra vai publicar un libro con todas as conclusións e relatorios dos case medio cento de relatores e relatoras da Facultade Ágora para sentar cátedra e divulgar coñecemento sobre como se debe recuperar o espazo público para as persoas. Así o anunciou hoxe o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez durante o acto de clausura da Facultade, no que se graduaron 124 persoas co título de ‘técnicas Ágora’.

    Mos inicia a adquisición dos terreos para a nova senda peonil Porselo-Brea que dará continuidade á de Torroso

    O Xunta Local de Goberno aprobou onte o inicio do expediente de adquisición de terreos da nova senda peonil Porselo-Brea, que enlazará coa xa existente senda peonil de Torroso (que vai desde o Multiusos das Pozas ata ASODIFISI) formando unha senda circular de preto de 3 quilómetros de lonxitude. Unha vez adquiridos e coa disponibilidade dos terreos inmediatamente aprobaríase o proxecto quedando listo para súa licitación habida conta que xa foron solicitados os informes sectoriais pertinentes.

    Esquerda Unida non acudirá á concentración do día 16 co lema “Recuperar Ponteareas”

    Esquerda Unida non comparte os motivos polos que se convoca a concentración 'Recuperar Ponteareas', centrados na crítica do proceso de peonalización e da racionalización do tráfico no casco urbano da Vila. O proxecto de EU para Ponteareas contempla a peonalización e a recuperación de espacio público que actualmente se atopa en grande medida monopolizado polo transporte privado.

    Ponteareas e as grotescas profetas da apocalipse

    Corría o ano 2003 cando como concelleiro de Tráfico puxen en marcha a peonalización dos mercados dos sábados en Ponteareas. Si, é certo, as cousas esquécense rápido, pero en 2003 os coches aínda circulaban sen cesar ao redor da Praza de Bugallal e da Praza Maior sobre as que se amoreaban os postos e as persoas. Tivo que chegar un goberno fugaz de once meses do BNG-PSOE para retirar os vehículos e entregar as rúas á xente os sábados pola mañá.

    Salvaterra aprobou o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible

    Vivimos nun mundo en constante cambio, onde as persoas tenden cada vez máis cara á sustentabilidade e aumenta a preocupación polo cambio climático. É necesario que todos os axentes nos involucremos a través da implantación de solucións para mellorar a calidade de vida nas nosas vilas, reducindo a contaminación atmosférica e acústica provocada por un excesivo parque automobilístico e o uso do vehículo privado.

    Redondela aproba en Pleno Extraordinario o convenio de adhesión para o Transporte Metropolitano da Área de Vigo

    O Pleno extraordiario da Corporación Municipal de Redondela aprobou este mediodía –cos votos a favor do PsdeG-PSOE, PP e BNG– e o voto en contra de AER, o convenio de adhesión do municipio ao Transporte Metropolitano da Área de Vigo, o que permitirá abaratar o prezo do transporte público para a veciñanza.

    O PP de Nigrán reclama desenvolver plan integrado de mobilidade sostible para o municipio

    O PP de Nigrán presentará no próximo pleno unha moción para que o Goberno municipal desenvolva un plan de transporte integral para o Concello de Nigrán, acordado coa veciñanza.

    Ponteareas amplía o horario de Zona Azul na contorna do Mercado Municipal para aumentar a oferta de aparcamento

    O Concello de Ponteareas continúa traballando para dispoñer dun mellor reparto do espazo público para estacionar, ofrecendo alternativas para que todas aquelas persoas que necesiten desprazarse ata o centro da vila en coche poidan aparcalo e realizar diferentes xestións administrativas, mercar, acudir a actividades...

    Redondela mellorará a rúa Picota e a súa contorna cunha achega de máis de 460.000 euros do ReacPon da Deputación de Pontevedra

    O Concello de Redondela iniciará, en breve, as obras de remodelación da rúa Picota dende o viaduto ata a praza da capela de Santa Mariña, incluíndo no seu trazado a praza da Fonte do Mouro e a contorna da antedita capela. As obras contarán cun investimento total de 993.834,47 euros dos que a Deputación de Pontevedra achegará, a través do plan ReacPon, máis de 460.000 euros (461.859,85 €).

    Carmela Silva destaca en Zaragoza o papel da cidadanía no impulso do novo modelo de mobilidade

    “Cando comunicas ben es transparente, participas, sumas intelixencias e talentos e consegues que os proxectos sexan de todas e de todos, logras que as iniciativas que impulsas sexan asumidas e queridas polo conxunto da sociedade”, asegurou a presidenta da Deputación.

    Ponteareas abre o prazo para a presentación de suxestións á futura ordenanza de mobilidade amable e utilización dos espazos públicos

    O Concello de Ponteareas vén de iniciar o proceso participativo que conducirá á aprobación da Ordenanza de Mobilidade Amábel e Utilización dos Espazos Públicos.

    Os rapaces de Ponteareas coñecen o novo modelo de mobilidade da vila do Tea

    Dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade de Ponteareas, 15 rapaces percorreron o municipio para coñecer o novo modelo de mobilidade da vila do Tea.

    O Concello de Baiona organiza un programa de actividades na Semana Europea da Mobilidade

    O Concello de Baiona, a través da Concellería de Movilidad, organizou un programa de actividades para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, que se vai a celebrar do 16 ao 22 de setembro. A concelleira Conchy Vara, presentou onte o programa que se desenvolverá baixo o lema 'Pola túa saúde, móvete de forma sostible'.

    A Guarda organiza unha ruta en bicicleta pola Semana da Mobilidade

    O Concello da Guarda, a través das Concellerías de Deportes e Medio Ambiente e coa colaboración do Clube Ciclista Guardés, organiza este ano un “Paseo en Bici” enmarcado na Semana da Mobilidade, celebrada en toda a comunidade europea entre os días 16 e 22 de setembro.

    Mondariz redactará un proxecto de mobilidade urbana e recuperación de espazos públicos cunha subvención da Rede Ágora

    Como concello da Rede Ágora, promovida e coordinada pola Deputación de Pontevedra a través da súa área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos Urbanos, o Concello de Mondariz vén de recibir unha subvención de 50.000 € para a redacción dun proxecto de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos no seu centro urbano.

    A reforma da praza do Calvario do Rosal obtén a subvención Ágora da Deputación coa máxima puntuación en varios puntos da convocatoria

    A reforma da praza do Calvario, un proxecto que suporá a mellora e remodelación integral do núcleo urbano do Rosal, acaba de obter a subvención Ágora da Deputación de Pontevedra. O proxecto presentado polo Concello obtivo a máxima puntuación en varios puntos da convocatoria, e foi o terceiro que recibiu máis puntos entre os 31 municipios que recibiron a axuda.

    A Deputación mantén a súa aposta pola mobilidade segura cun investimento de medio millón de euros en Salvaterra e Gondomar

    A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento de preto de medio millón de euros para desenvolver dúas obras de mellora de infraestruturas baixo os parámetros do modelo de mobilidade amable e sostible da institución provincial nos concellos de Gondomar e Salvaterra. Son actuacións, como...

    Ponteareas, ciudad de 15 minutos

    El arquitecto franco-colombiano Carlos Moreno definió el concepto 'ciudad de 15 minutos' antes de la llegada de la pandemia, y Anne Hidalgo, alcaldesa de París, lo encontró tan atractivo que lo adoptó como modelo de desarrollo para su ciudad. Posteriormente otras ciudades importantes como Milán, Otawa, Copenhague o Barcelona han seguido la misma dirección, adaptando el modelo a sus realidades.

    Rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro de Tui

    Está rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro consistente no asfaltado do vial e a colocación de pasos de peóns elevados e redutores de velocidade. Estas obras supuxeron un investimento de 93.877,84 euros, financiados integramente ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra.

    A Xunta inicia os traballos da senda peonil na PO-404 no concello de Tui

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia comezou a execución das obras dunha senda peonil na estrada PO-404, entre os puntos quilométricos 1+760 e 1+820, no concello de Tui, unha intervención que conta cun investimento de 32.400 euros e cun prazo de execución de 2 meses.

    A Cañiza inicia a tramitación dun novo vial que elmininará do centro urbano o tráfico pesado do polígono industrial

    O pasado 21 de abril iniciábase, por Resolución da Alcaldia da Cañiza, o expediente para solicitar asistencia xurídica para a redacción do que se coñecera como PEID das Tapadas, –Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Concello no lugar das Tapadas–, terreos situados entre o Centro Comarcal e o Área de Servizo.

    Ponteareas acomete a vindeira semana o asfaltado da rúa Redondela e dunha zona de Rosalía de Castro

    A empresa adxudicataria dos traballos de humanización da rúa Redondela acometerá a vindeira semana os traballos de asfaltado desta rúa, así coma dunha zona da Avenida Rosalía de Castro, preto da rotonda situada trala Casa do Concello, onde se produciu hai meses un pequeno afundimento do firme.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.