14.5 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO Concello de Baiona organiza un programa de actividades na Semana Europea...

    O Concello de Baiona organiza un programa de actividades na Semana Europea da Mobilidade

    O Concello de Baiona, a través da Concellería de Mobilidade, organizou un programa de actividades para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, que se vai a celebrar do 16 ao 22 de setembro. A concelleira Conchy Vara, presentou onte o programa que se desenvolverá baixo o lema ‘Pola túa saúde, móvete de forma sostible’, unha temática implementada a nivel europeo que pretende fomentar unha nova forma de vida, poñendo o foco, neste ano de pandemia, na nosa saúde, tanto física como mental, vinculada coas formas de desprazarse polos nosos municipios en modos sostibles.

    Por tanto, nesta edición, a semana da mobilidade e a campaña diríxese a sensibilizar e concienciar sobre a necesidade de utilizar vehículos demovilidad persoal, as bicicletas, o transporte público ou ir camiñando, así como todos os beneficios para a nosa saúde que conlevan a súa utilización co uso destes modos de transporte máis sostibles.

    Desde hoxe o balcón do consistorio loce a pancarta de apoio a esta iniciativa. Pola tarde as persoas participantes no Programa ‘Vincúlate’ do Concello de Baiona participarán nunha camiñada con mascotas. Este proxecto levado a cabo polo consistorio con gran éxito e alta demanda, ten entre os seus obxectivos: promover a melloría en distintas funcións e concretamente nas sociais, emocionais e cognitivas, levadas a cabo por profesionais da saúde e da educación. Con esta camiñada, queren mostrar o seu apoio á Semana Europea da Mobilidade e ao lema “Pola túa saúde, móvete de forma sostible”.

    Mañá venres haberá un paseo saudable pola zona de Monteboi, paseo que rodea ao Parador, con saída ás 10:30 h desde a avenida Arquitecto Palacios, localización da Oficina de Turismo. O historiador local Anxo Rodríguez Lemos acompañará aos camiñantes e será o guía encargado de poñer en coñecemento dos participantes a historia do lugar. Unha marcha que contará con elementos de axuda para persoas con mobilidade reducida, mantendo o espírito de dar voz e voto á cidadanía co fin de ir creando espazos en nosa contorna, máis saudables, máis accesibles, máis cordiais… sempre escoitando as necesidades e recomendacións que a cidadanía, colectivos, asociacións, educadores, etc.,

    O vindeiro mércores, 22 de setembro, celebrarase o día da Cidade Sen Coche!, orixe da iniciativa europea a Semana Europea da Mobilidade, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades. Levarase a cabo unha marcha con bicicletas con saída desde a avenida Arquitecto Palacios ata a rontonda ‘A Foz do Miñor’, co fin de dar valor e concienciar tanto das medidas provocadas polas emisións CO2, que se poden minimizar como o activar a saúde e contribuír a un ambiente sostible.

    Con iniciativas como esta contribúese a sensibilizar á poboación e fomentar hábitos de mobilidade sostible e saudable xa que se avanza cara a unha situación de mobilidade sostible, abordando un conxunto de propostas de actuación encamiñadas a promover a intermodalidad cara a formas de transporte con menor consumo de enerxía e unha diminución do uso do vehículo privado.

    O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destacou que “nesta edición volve cobrar moita importancia organizar eventos e iniciativas encamiñadas a fomentar unha mobilidade máis sostible, que están en consonancia con todos os proxectos e iniciativas do Concello para expor cambios nas cidades que logren modificar os modos de desprazamentos diarios e conseguir ter cada día unha localidade mellor e con menos emisións”. Continua expoñendo que “o obxectivo con estas iniciativas é cambiar hábitos de mobilidade para conseguir que Baiona sexa unha cidade máis sostible e accesible”.

    Gómez anima á cidadanía “para participar en todas as actividades e a deixar por un día o coche e sumarse a este proxecto que ten como fin a concienciación. Ademais, desta forma contribuímos a contaminar menos, reducir o ruído e as emisións de CO2”.

    A vila adheriuse a esta iniciativa no ano 2019 tras presentar a súa candidatura e xa foi incluída nos Premios EMW Awards na categoría de Concellos de menos de 50.000 habitantes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.