15.5 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Concello de Ponteareas opta a recibir unha subvención europea para a...

    O Concello de Ponteareas opta a recibir unha subvención europea para a instalación de catro puntos de recarga de vehículos eléctricos

    A administración local contempla situalos na rúa Rogelio Groba e na rúa Concha Brey. O concelleiro da área, Francisco Represas, indica que “ademais servirá para sumar atractivos ao municipio”

    O Concello opta a recibir unha subvención europea destinada á instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos no municipio. A administración local xa presentou a documentación necesaria no Instituto Enerxético de Galicia, da Xunta, que concede estas axudas a través dos fondos de recuperación da Unión Europea.

    Co obxectivo de incentivar a mobilidade eléctrica na vila, o Concello contempla instalar catro puntos de carga na contorna da casa consistorial. Dous deles na rúa Concha Brey e outros dous na rúa Rogelio Groba. Deste xeito, tanto os veciños e as veciñas como as persoas visitantes dispoñerán de estacións de recarga de iniciativa pública no centro da vila.

    Francisco Represas: “Como capital de comarca, temos que ser un dos Concellos que lidere esta aposta pola transición en materia de mobilidade”

    O concelleiro encargado da área, Francisco Represas, indica que “como capital de comarca, temos que ser un dos Concellos que lidere esta aposta pola transición en materia de mobilidade. Ademais, os cargadores para vehículos eléctricos servirán tamén para sumar atractivos ao municipio posto que serán un reclamo para os usuarios e as usuarias destes servizos”. O edil apuntou que “ao actual equipo de goberno preocúpalle este tipo de cuestións que teñen que ver coa sustentabilidade e é por iso polo que decidimos presentarnos como administración pública a esta liña de axudas”.

    Estas subvencións forman parte do Programa MOVES III da Unión Europea e teñen como obxectivo incentivar a mobilidade eléctrica. Trátase dunha liña de axudas de concorrencia non competitiva, que xestiona a Xunta de Galicia, cuxo prazo mantense aberto ata xullo deste ano.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.