10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: carlos lópez font

    Carlos Font denuncia “o veto” da Xunta á presenza da Deputación na inauguración da Biblioteca de Salvaterra financiada co Plan Concellos

    O deputado Carlos Font denunciou hoxe o veto da Xunta de Galicia á administración provincial nunha actuación que cualificou de "intolerable" ao "negar á participación da Deputación de Pontevedra na inauguración onte da nova Biblioteca de Salvaterra de Miño, cando é unha actuación que foi cofinanciada co Plan Concellos". López Font culpa directamente ao presidente da Xunta quen, afirma, “vén de manifestar unha vez máis o seu sectarismo partidario".

    A Deputación informa aos concellos sobre a normativa europea antifraude para a xestión dos fondos ‘next generation’

    Nun escenario no que os fondos europeos Next Generation están comezando a ser concedidos aos concellos da provincia para financiar programas relacionados coa economía sustentable, a través do turismo, o medio ambiente e o transporte, a Deputación organizou un curso sobre “Elaboración de programas de integridade e plans antifraude nas entidades locais”.

    O reitor da UNED destaca a “exquisita sensibilidade” da Deputación coa Universidade

    O papel da Deputación como impulsora da UNED na provincia de Pontevedra quedou hoxe de manifesto durante a visita que o reitor, Ricardo Mairal, realizou ao Pazo Provincial. No libro de honra deixou escrito “Un verdadero honor visitar la Diputación y un verdadero privilegio trabajar conjuntamente en torno a un proyecto universitario común”. Mairal, que acudiu acompañado do director do Centro Territorial, Víctor González, anunciou a próxima posta en marcha de “proxectos de cara á máxima apertura da Universidade Nacional de Educación á Distancia á sociedade”.

    Mondariz goza do ‘Pump Track’ máis grande de Galicia grazas ao Plan Concellos da Deputación

    O Concello de Mondariz vén de gañar un novo e moderno espazo para o deporte no antigo campo de fútbol da Minada, que agora alberga o circuíto 'pump track' asfaltado máis grande de Galicia. A infraestrutura, que forma parte do Centro de Ocio e Deporte Urbano que proxecta o Goberno municipal, foi financiada cunha achega de 48.399 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

    O Goberno provincial cualifica de “estrepitoso fracaso” o plan galego de banda ancha que prevía o 96 % de cobertura de fibra óptica no 2020

    A rede de fibra óptica avanza no rural da provincia de Pontevedra ao ritmo que marcan as subvencións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital co Plan Estatal de Banda Ancha Galicia (PEBANGA). A última convocatoria repartiu o pasado mes de marzo 13 millóns de euros que permitiron levar o servizo a 5.552 fogares pontevedreses. Mentres tanto, as axudas da Xunta canalizadas a través da Axencia para a Modernización Dixital (AMTEGA), resultan escasas e opacas, pois a Xunta non ofrece datos dos seus resultados.

    Un 85,8 % dos impostos e taxas recadados polo ORAL durante 2020 ingresáronse en período voluntario

    O ORAL, servizo da Deputación que xestiona desconcentradamente a xestión tributaria de 54 dos 61 concellos da provincia, pechou o exercicio 2020 cun índice de recadación voluntaria dun 85,8 % sobre os padróns dos impostos e taxas, segundo se recolle na Memoria anual que foi presentada polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font durante a inauguración do novo local de atención ao público en Pontevedra, situado na rúa de Manuel Palacio, 14.

    Luz verde a ReacPon, o maior plan de investimento público da historia da Deputación

    O Pleno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a ReacPon, Reacción Pontevedra Provincia, dotado cun orzamento de 47,2 millóns de euros, que vén de converterse, tal e como o cualificou o portavoz Carlos Font, “no maior plan de inversión pública da historia da institución”. ReacPon, que será presentado o vindeiro luns aos 59 concellos da provincia nunha reunión á que teñen sido convocadas/os todas as súas alcaldesas e alcaldes, está dirixido a impulsar a economía da provincia xerando actividade e creando ou mantendo o emprego para paliar as consecuencias da covid-19.

    A Deputación mostra o seu “músculo financeiro” co peche do orzamento 2020 que proba o seu liderado en xestión e solvencia

    O Pleno da Deputación de Pontevedra pechou hoxe formalmente o exercicio orzamentario de 2020, o ano da pandemia, dando o visto bo á liquidación dunhas Contas que certifican a calidade na xestión económica dunha das Administracións máis solventes do Estado. O 2020 pechouse con superávit e o fito de non ter levantado un só reparo de Intervención. Os informes ratifican tamén o cumprimento, a pesar do complicado contexto socioeconómico, dos principios de estabilidade orzamentaria e regra de gasto, así como a práctica eliminación da débeda.

    Carlos Font: “O novo modelo dos GES da provincia é posible grazas ao esforzo extraordinario da Deputación de Pontevedra”

    Na reunión desta mañá da Comisión de Seguimento dos GES da provincia de Pontevedra para presentar o funcionamento do novo modelo dos grupos de emerxencia, o deputado Carlos Font subliñou hoxe “o extraordinario esforzo” da Deputación de Pontevedra que incrementou ata case o millón de euros o seu orzamento para costear esta mellora da prestación aos concellos da provincia.

    Carlos Font, “non é hora dun plan de axudas, é a hora dun plan de rescate. A Xunta está a tempo de rectificar”

    “Coa máxima vontade de colaboración e de chegar a acordos, pero tamén coa máxima esixencia na defensa dos sectores do turismo e a hostalería”. Con esta declaración de intencións, o deputado provincial Carlos Font sinalou onte que a Deputación de Pontevedra acudirá hoxe mércores, á reunión de Compostela, coa esixencia dun “auténtico plan de rescate, coa participación proporcional de todas as administracións, e coa aportación dun 1 % de cada orzamento”.

    Mos mellora a seguridade viaria en Tameiga, Torroso e Cela e acondiciona o paseo do Louro, na Pesqueira, co investimento dun millón de euros da Deputación

    A Deputación está a investir un millón de euros na mellora da seguridade viaria nas parroquias de Tameiga, Torroso e Cela e o acondicionamento do paseo do Louro, na zona do parque da Pesqueira, en Mos. As dúas actuacións, encadradas dentro do Plan Concellos, foron visitadas hoxe pola deputada de Igualdade e Cultura, Victoria Alonso, e o deputado de Réxime Interior e Facenda, Carlos Font, acompañados da alcaldesa, Nidia Arévalo e o concelleiro de Obras.

    O Pleno provincial da luz verde “ao orzamento máis transformador da historia da Deputación”

    Cos votos do PSDG-PSOE e do BNG, o pleno da Deputación deu luz verde ao orzamento para 2021, “o máis transformador e o de maior investimento de toda a historia da institución”, como sinalou Carlos Font. “Somos a administración provincial que máis transfire aos concellos, a que máis transforma e a que ten unha idea clara de provincia, unha provincia, engadiu, que avanzou nestes anos como nunca tiña feito. Dino os sectores produtivos, dino a cidadanía, e dino os concellos, tamén os que goberna o PP”.

    A Deputación quere sumar ao turismo do futuro as comarcas do Condado-A Paradanta e Deza-Tabeirós-Terra de Montes

    A Deputación de Pontevedra non quere que a provincia quede atrás na carreira que xa ten comezado para captar fondos estatais e europeos para o desenvolvemento do “turismo do futuro”. Despois de aprobar o pasado mes de agosto o Plan de Sostibilidade para o xeodestino Rías Baixas, dá agora un novo paso para sumar ao interior da provincia ao cambio de paradigma que está a vivir o turismo.

    A Deputación de Pontevedra non aplicará na corporación provincial a suba do 0,9 %

    A Deputación de Pontevedra non aplicará na corporación provincial a suba salarial do 0,9 %. O deputado Carlos Font comunicou hoxe que o goberno retirará das bases do orzamento 2021 o paragrafo no que aparece que as retribucións da corporación variarán en función do que determinen os orzamentos xerais do estado. Font lamentou o “debate amarillista e cheo de lixo que tentou verter o PP e do que só podemos sentir vergoña porque lles vale todo”.

    Carlos Font, “a mentira compulsiva é o sinal de identidade do Grupo Popular na Deputación”

    O deputado provincial Carlos Font lamentou hoxe que o Grupo provincial do PP se dedique “ao exercicio da mentira compulsiva que xa é o seu sinal de identidade, co que agora pretenden enganar e confundir á opinión pública cando falan das dedicacións e dos salarios da corporación provincial”. O deputado foi tallante e mostrou a súa indignación. “É unha absoluta falacia e non o imos consentir. É tráxico que un partido condenado por corrupción, con ducias de dirixentes que roubaron a mans cheas, pretenda dar leccións de nada. O seu si que é unha indignidade”

    A Deputación acepta a proposta dos novos GES pero advirte á Xunta “que é a última vez que admitimos decisións unilaterais sen negociación previa”

    A Deputación de Pontevedra insta á Xunta a convocar “de forma inmediata” á Comisión de Seguimento para pechar a decisión sobre os novos GES da provincia. O deputado provincial Carlos Font recordou que que “nos comprometemos a fixar posición en 24 horas unha vez que a Xunta nos remitira a documentación que levabamos días pedindo. Onte tivémola e en menos de 24 horas teñen a nosa resposta”.

    O Pleno da Deputación reclama á Xunta unha partida específica nos orzamentos para os gastos extra dos concellos coa COVID19

    A Deputación ponse ao lado dos concellos da provincia reclamando, a través dun acordo plenario alcanzado esta mañá, que a Xunta lles compense os gastos realizados por mor da pandemia de covid19 e polo exercicio das competencias impropias, unha “factura” que se vai incrementando ano tras ano e que...

    ORAL reforza a súa alianza cos concellos ofrecéndolles a redacción das ordenanzas fiscais e abrindo as portas da transparencia

    O Organismo de Xestión e Recadación Local (ORAL) da Deputación de Pontevedra ponse aínda máis ao servizo dos 53 concellos que teñen delegada a xestión e/ou a recadación dos seus impostos e taxas e a recadación das multas. O deputado delegado de Réxime Interior e Facenda, Carlos López Font, presidiu hoxe unha Xornada sobre Planificación Tributaria para o ano 2021 na que participaron telematicamente 37 municipios e puideron coñecer da man dos técnicos provinciais tódalas novidades nos servizos que o ORAL ofrece de cara ao próximo ano.

    O PP vota en contra, no Pleno da Deputación, dunha moción na que urxe á Xunta a reforzar os centros de saúde

    “A Deputación non pode permanecer allea ao enxordecedor clamor social causado polo caos na Atención Primaria, que é a nosa liña de defensa nesta segunda fase da pandemia, e que está a quedar superada por mor do desmantelamento ao que foi sometida pola Xunta de Galicia durante os últimos anos”. Así o manifestou o voceiro do grupo socialista, Carlos López Font, durante o Pleno provincial celebrado hoxe, no que se aprobou a moción que urxe ao Goberno galego a reforzar os centros de saúde con recursos humanos e materiais e a poñer en marcha un sistema de rastrexo eficaz.

    Quince persoas desempregadas de Nigrán poderán participar nun curso de acompañante de comedor e de transporte escolar

    A Fundación Érguete-Integración, Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán presentaron esta mañá no Centro Antena o curso ‘Acompañante de transporte escolar e comedor escolar’ de mellora da empregabilidade para 15 en paro. Ao acto acudíu o alcalde de Nigrán, Juan González; a presidenta da fundacion, Carmen Avendaño; e o deputado provincial Carlos López Font.

    Carlos Font cualifica o adiamento do curso escolar como “a constatación dun estrepitoso fracaso da Xunta”

    Cos votos de PSdeG-PSOE e o BNG e a oposición do PP, o Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a moción para esixir da Xunta de Galicia que, diante do clamor social de pais e nais, Anpas, sindicatos, concellos, e de toda a comunidade educativa, se responsabilice dunha vez dunha competencia exclusivísima do Goberno galego como é o inicio do curso escolar que, en palabras do voceiro Carlos Font, “segue sumido nun absoluto caos que deixa á sociedade nunha indefensión intolerable e sen garantías; nin docentes nin sanitarias”

    A Deputación da un paso máis cara a igualdade coa posta en marcha das salas de lactación no Pazo Provincial e o edificio administrativo

    A Deputación de Pontevedra volve a ser referencia en materia de igualdade ao converterse na primeira de Galicia e unha das primeiras de España en contar con salas de lactación. A deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, e o deputado de Facenda, Carlos López Font, visitaron hoxe estes dous novos espazos habilitados pola institución nas entreplantas do Pazo Provincial e o Edificio Administrativo, así como tamén as dúas salas de comedor que xa están a disposición das persoas traballadoras da institución nos citados edificios.

    Carlos Font, na súa visita a Ponteareas, fai un chamamento “á implicación de todos e todas na recollida e reutilización do lixo electrónico”

    Ponteareas conta cun punto limpo adaptado á recollida de 'lixo electrónico' gracias ao investimento realizado pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto europeo ESTRAEE. O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e o deputado de Infraestruturas e Vías Provincias, Gregorio Agís, xunto ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote e á concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, visitaron esta mellora e, a continuación, as obras de seguridade peonil realizadas no acceso á igrexa de Guláns na estrada provincial EP4004.

    O plan ‘Deporemse’ da Deputación, “cámbialle a cara” ao Porriño entre o colexio, instituto e pavillón de deportes

    O Concello do Porriño está a poñer en valor a súa zona de equipamentos escolares e deportivos coa humanización executada no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados pola alcaldesa, Eva García de la Torre e representantes municipais, visitaron hoxe a contorna, que loce un aspecto totalmente renovado de cara ao comezo do novo curso escolar.

    A Deputación entrega nove transpaletas aos nove puntos limpos da provincia ao abeiro do proxecto europeo ‘Estraee’

    O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e a deputada de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Iria Lamas, xunto ao alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, o concelleiro de medio ambiente de Moaña en representación da Mancomunidade do Morrazo, Odilo Barreiro, e o concelleiro de medio ambiente de Vilagarcía, Lino Mouriño, asistiron ao acto de entrega, no Parque de Maquinaria, das nove transpaletas que prestarán servizo nos nove puntos limpos nos que está a actuar o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación.

    A Deputación pon en valor o centro de Crecente acondicionando a contorna do centro de saúde, colexio, residencia e pavillón de deportes

    O núcleo municipal de Crecente afronta unha completa transformación grazas ás obras de mellora integral da mobilidade e accesibilidade executadas no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados polo alcalde, Julio César García-Luengo, visitaron hoxe esta actuación, na que a institución provincial investiu 426.300 euros.

    Carlos Font enxalza o apoio da Deputación ao sector primario no primeiro simulacro de ‘vendima anti-Covid de Galicia’

    O deputado provincial Carlos Font xunto ao alcalde de Arbo, Horacio Gil, asistiu ao ensaio de vendima anti-covid levado a cabo por Marqués de Vizhoja, converténdose así na primeira adega de Galicia en poñer en marcha un simulacro previo destas características. Durante o acto púxose en práctica o protocolo desenvolvido polo equipo técnico e de campo da adega e tamén se explicaron as indicacións xerais e normas de prevención que se levarán a cabo durante a vendima.

    Carlos Font cualifica de “escandaloso e vergoñento” que o PP atrévase a falar do ORAL de Tui

    O deputado provincial Carlos Font cualificou hoxe de “escándalo monumental” as declaracións de dirixentes do Partido Popular sobre a situación da oficina do ORAL de Tui, que a Deputación de Pontevedra tivo que pechar de forma urxente “ante a imposibilidade de arranxar as gravísimas deficiencias estruturais que ven arrastrando desde que foi adquirido, con sucesivas queixas das traballadoras e traballadores pola situación lamentable das dependencias, agravadas agora polos últimos temporais”.

    Carlos Font acusa ao PP do “uso intolerable da xustiza” logo dunha nova sentenza a favor da Deputación

    O deputado Carlos Font valorou hoxe positivamente a sentenza do Xulgado número 2 de Pontevedra, “unha máis” que dá a razón á Deputación de Pontevedra, que desestima “integramente” o recurso contencioso-administrativo que o anterior goberno municipal do PP de Redondela, presidido por Javier Bas, interpuxo contra a exclusión do proxecto municipal presentado ao abeiro do Plan provincial DepoRemse.

    A Deputación defenderá a transferencia da AP-9 a Galicia e as medidas para rebaixar as peaxes

    A Deputación de Pontevedra defenderá a transferencia da AP-9 a Galicia, de acordo coa resolución reiteradamente aprobada polo Parlamento galego e bloqueada con obstinación polo Goberno de Mariano Rajoy durante o ano 2018. O anuncio foi realizado no marco do debate plenario dunha moción presentada polo grupo provincial do PP sobre as peaxes.

    A Deputación lanza un portal de acceso a preto de 700.000 rexistros do patrimonio cultural da provincia

    Dende agora atopar un arquivo documental ou bibliográfico, cartográfico ou audiovisual (libros, revistas, periódicos, cartas, mapas, fotografías, debuxos, música…) do Museo de Pontevedra e do Servizo de Patrimonio da Deputación, así como doutros 128 concellos e institucións da provincia, será moito máis sinxelo. A deputada de Patrimonio María Ortega e o deputado de Novas Tecnoloxías Carlos L. Font presentaron hoxe formalmente o novo portal www.atopo.gal, que permitirá á cidadanía coñecer preto de 700.000 referencias públicas do patrimonio cultural.

    Carlos López Font visita en Redondela seis actuacións financiadas pola Deputación

    O deputado provincial, Carlos López Font, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaron seis actuacións acometidas en Redondela por un valor de preto de 118.500 euros financiadas ao abeiro de aforros derivados das adxudicacións do Plan Concellos 2017. Así, levouse a cabo a mellora de camiños municipais en Cedeira, Chapela e O Viso; a ampliación do Rexistro e mellora de aseos na Casa do Concello; o subministro de pizarras dixitais para o conservatorio; subministro de ordenadores; mobiliario urbano para espazos céntricos; e o subministro de equipos de protección para os profesionais que retiran os niños de avespa velutina.

    A Deputación activa o protocolo de seguimento do temporal na provincia

    O goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra activou na tarde deste mércores o protocolo de seguimento en emerxencias e estradas provinciais ante a alerta vermella emitida por Aemet ao fío do aviso para este xoves de fenómenos costeiros coincidentes coas mareas vivas, así como o risco de inundacións en zonas próximas ás beiras dos ríos.

    A Deputación aproba o “mellor orzamento da historia”

    A Deputación de Pontevedra xa dispón de orzamento para o ano 2020. O pleno aprobou hoxe as contas que ascenden a 161 millóns de euros e que o deputado Carlos Font definiu como “o mellor orzamento da historia da institución, e o que da resposta aos grandes retos da provincia. É unha oportunidade histórica de futuro, equidade, compromiso e autonomía local".

    Carlos Font denuncia o “veto do PP” á Deputación nun acto da Asociación de Empresarios de Mos

    O deputado e voceiro do grupo socialista na Deputación de Pontevedra, Carlos Font, denunciou hoxe “o veto intolerable do Partido Popular ás persoas representantes da institución, que este venres tiñan confirmada a súa presenza no acto de celebración do XXV Aniversario da Asociación de Empresarios de Mos”.

    Deputación e concellos traballan en novas vías de colaboración en tributación local

    O deputado delegado do ORAL, Carlos López Font, deu a benvida este luns ás persoas que participaron na xornada sobre as 'Novidades na tributación local: novas liñas na mellora da eficiencia na prestación dos servizos' organizada polo ORAL no Edificio Administrativo, e que foi a iniciativa dos propios concellos. Asistiu persoal municipal dos servizos de recadación, así como os alcaldes de Ponteareas, Xosé Represas, e Vilaboa, a quen López Font agradeceu “o esforzo que supón que sacarades horas do voso traballo para estar aquí”.

    Carlos Font visita as obras das estradas provinciais da Paradanta

    O deputado provincial Carlos López Font, acompañado da deputada Olga García Ballesteros, e dos alcaldes de Arbo, A Cañiza e Crecente, visitou esta mañá a comarca da Paradanta para supervisar obras acometidas en estradas provinciais.

    Carlos Font acusa á Xunta de “ocultar datos relevantes para facer crer que o turismo non vai ben”

    O deputado provincial Carlos Font cualificou hoxe de “incomprensible” a actitude da Xunta de Galicia “que despois de faltar a verdade sobre o tirón turístico da provincia de Pontevedra, ofrecendo datos parciais e ocultando os que realmente son relevantes do primeiro semestre do ano, por enriba pretenda atacar á Deputación cando somos a institución que coincide plenamente coa información do INE en canto a número de pernoctacións e días de aloxamento”.

    Font cualifica de “ridícula” a petición do PP para reclamar a variante de Ponteareas

    O voceiro do grupo socialista da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, cualificou hoxe de "ridícula" a moción na que o PPdeG reclamaba ao Goberno central "que habilite máis orzamento" para a variante de Ponteareas e a mellora da seguridade viaria da N-120. López Font reprochou aos populares que presenten...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.