9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación defenderá a transferencia da AP-9 a Galicia e as medidas...

    A Deputación defenderá a transferencia da AP-9 a Galicia e as medidas para rebaixar as peaxes

    Cualifica de "exercicio de hipocresía" que o PP pida agora solucións ao Goberno en funcións "despois de 7 anos no Goberno e ter prolongado a concesión 25 anos con Aznar de presidente"

    A Deputación de Pontevedra defenderá a transferencia da AP-9 a Galicia, de acordo coa resolución reiteradamente aprobada polo Parlamento galego e bloqueada con obstinación polo Goberno de Mariano Rajoy durante o ano 2018. O anuncio foi realizado no marco do debate plenario dunha moción presentada polo grupo provincial do PP sobre as peaxes.

    O voceiro do grupo socialista, Carlos Font afeoulle á bancada do PP a súa actitude “porque non imos admitir que o Partido Popular, o responsable da situación da AP-9, actúe con hipocrisía, cinismo e desfachatez”. A situación da AP-9, lembrou, débese á ampliación da concesión por 25 anos, aprobada no ano 2000 con Aznar de presidente e con Fraga na presidencia da Xunta de Galicia, e ao acordo con Audasa de 2011, pero tamén ao de 2013 do Partido Popular “e, sobre todo, á inacción da ministra Ana Pastor e do ministro Íñigo de la Serna, que nunca fixeron nada para evitar esta situación realmente discriminatoria”. Concluíu que o balanzo ao respecto da AP-9 dos 7 anos de Goberno do PP é dun baleiro absoluto, “e agora esixen solucións a un Goberno en funcións; non se pode ter máis cara dura política”. Amais, o voceiro socialista compartiu a esixencia que o deputado do BNG, Uxío Benítez, fixo ao PP para que dea explicacións públicas da suposta necesidade de tratar este asunto nun pleno extraordinario, “que lle costa miles de euros á cidadanía”, cando podería habelo feito na sesión ordinaria. “É unha auténtica vergoña”.

    Font considerou “imprescindible” a toma de decisións para a rebaixa das peaxes, cara a impedir os incrementos de tarifas extraordinarios, “e para ter en conta aquelas situacións extraordinarias onde a única vía real de comunicación sexa a autopista”. Non obstante, tamén destacou a necesidade de que se debata, en sintonía cos compromisos do Goberno en funcións, a transferencia da infraestrutura a Galicia, “tal e como se acordou por unanimidade no Parlamento galego, cousa que vostedes esquecen na súa moción”, dixo en referencia ao grupo popular.

    Diante desta situación concluíu que a Deputación de Pontevedra “defenderá alá onde haxa que defender, solucións a unha situación de custos para a veciñanza que non é asumible”. Agora ben, “non permitimos que o PP lle tome o pelo á Corporación provincial e á cidadanía con mocións como esta porque a coherencia na defensa dos intereses xerais, por enriba da demagoxia e o arribismo en función da coxuntura, é un patrimonio político irrenunciable”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.