Martes, 16 Setembro de 2025

O concello de Nigrán contrata a través do ‘plan + provincia’ da Deputación a 15 peóns forestais e 3 conserxes para os colexios

0

O Concello de Nigrán incorporou hoxe a través da liña 3 do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra a 15 peóns forestais por 8 meses e 3 conserxes durante 7 meses, todos a xornada completa. Trátase de veciños do municipio que se atopaban en situación de desemprego.

“Son postos de traballo moi necesarios para manter en boas condicións os camiños e viais públicos e o normal funcionamento dos colexios” sinala o alcalde, Juan González, quen engade que hoxe mesmo comezaron a desenvolver o seu traballo. Así, as brigadas están atendendo xa necesidades urxentes en Camiño da Fonte en Patos, Leiras, Pateira e Nespereira en Nigrán, Raña en Priegue, Campo Grande en Camos ou Casas en Nigrán antes de organizar un cronograma por parroquias e os conserxes nos colexios de Mallón, Camos (CEIP da Cruz) e Vilariño (CEIP Carlos Casares).

O proceso selectivo, que se levou a cabo a través da oficina de emprego Baiona dentro da máis absoluta transparencia, foi acorde ás bases establecidas, dándose prioridade ás vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, mulleres con baixa cualificación, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares…

Entre as labores que desenvolverán os peóns forestais a xornada completa atópase a conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, poda de árbores ou arbustos, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares ou zonas verdes. Pola súa banda, os conserxes ocuparanse de fotocopias, control de acceso á escola e ás actividades, preparación do Auditorio, colaboración no desenvolvemento de actividades…

A elección destes dous perfís profesionais fundaméntase na necesidade do Concello de manter axeitadamente os servizos municipais nun tipo de áreas no que o persoal fixo do Concello resulta insuficiente. O obxectivo pararelo é que os beneficiarios melloren a súa capacitación e, con elo, as posibilidades de incorporarse ao mercado de traballo ordinario tras rematar no Concello.

O sábado comezan as finais do certame ‘Talento Xove’ de Ponteareas no que participaron máis de 300 mozos e mozas

Logo do éxito de participación do certame Talento Xove, organizado pola concellería de Xuventude do Concello de Ponteareas no que participaron más de 300 mozos e mozas nas diferentes categorías, mañá dia 4 de maio dan inicio as finais en dúas das categorías, cociña e música.

A primeira arrancará ás 10:00 horas en Mercatea, a antiga nave de Aceros del Tea, coa visita previa da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses, ás 09:30 horas. Cada un dos nove finalistas contará con dez minutos para empratar e explicar a súa receita, e desta última proba sairán os gañadores finais.

Xa pola tarde, cambia a escenario e muda ao Auditorio Reveriano Soutullo onde os nove finalistas mostrarán a súa arte desde as 19:00 horas. Trátase de tres grupos, un dueto e cinco solistas de diversos estilos os que se poderán escoitar ata as 21:00 horas.

Logo deste sábado intenso quedarán aínda dúas citas co Talento Xove de Ponteareas xa que o vindeiro sábado 11 de maio, a cita é coa final de danza entre as 18:00 e as 21:00 horas e o 18 de maio, gran gala coa entrega de premios ás 19:00 horas.

«Lectura na rúa» reunirá a máis dun milleiro de persoas na Alameda Castelao de Redondela

0

O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a cuarta edición da actividade «Lectura na rúa», unha iniciativa que xurdiu en maio de 2017 a iniciativa do CEP Plurilingüe Santa Mariña. O obxectivo deste evento é fomentar a lectura “compartindo a maxia dos libros e da música, nunha contorna atractiva e diferente, rodeados de toda a comunidade educativa, así como da veciñanza do municipio”.

Nas primeiras edicións formaron parte desta festa da lectura, ademais do CEP Plurilingüe Santa Mariña, os seus centros de referencia: EEI A Marisma e IES Illa de San Simón. Ao resultar a experiencia tan positiva, tomouse a decisión de estendela a outras bibliotecas escolares de Redondela, co apoio e financiamento do Concello de Redondela e a colaboración da Biblioteca Municipal e a ANPA Ernestina Otero.

Este curso escolar celebrarase a IV edición de «Lectura na rúa» o 8 de maio organizado polo CEP Santa Mariña xunto co Concello de Redondela, e coa colaboración da Biblioteca Municipal e a ANPA Ernestina Otero. Neste acto participarán todos os centros educativos de Educación Infantil, Primaria e IES de Redondela, ademais de 5 centros de día do concello, sumando preto dun millar de persoas, que se xuntarán na Alameda Castelao de Redondela para gozar dunha mañá de lectura e cultura en compañía.

O evento, que se estenderá dende as 10:30 h ata as 13:00 horas, contará cun intercambio de marcadores de libros, lectura compartida, desfile de contos, cancións, bailes e a actuación de “Barafunda”.

O concelleiro de Ensino, Iván Valles, confía en que a iniciativa sexa “un éxito” como en edicións anteriores, e agradece ao CEP Santa Mariña e o resto de centros a súa implicación. A alcaldesa, Digna Rivas, afirma que desde o Concello “estaremos sempre apoiando iniciativas como esta, na que a cidadanía, tanto a infancia como os maiores, son protagonistas”.

O BNG denuncia a negativa de PP, ACIP e IP a solicitar máis médicos para Ponteareas

O BNG vén de amosar a súa preocupación ante a negativa de PP, ACIP e IP a debater unha moción para solicitar á Xunta que dote de máis médicos a Ponteareas, mantendo aberta a quenda de tarde, e a que reforce a Unidade de Saúde Mental para reducir as listas de agarda que alcanzan até un ano.

“Mentres consideraron urxente debater a aprobación definitiva da modificación da RPT para consolidar a recolocación do cuñado da alcaldesa, non lles pareceu urxente tratar un asunto tan importante como a falta de profesionais sanitarios en Ponteareas, que provoca que teñamos miles de veciñas e veciños sen unha atención sanitaria digna e que agora se suprima tamén a quenda de tarde”, denunciou o portavoz municipal do BNG, Miguel Bouzó.

O Bloque denuncia a “actitude antidemocrática de Nava Castro, que, coa complicidade de Juan Carlos González e Mingos Freitas, non quería nin que se sometese a votación nin que se motivase a urxencia da iniciativa, o que provocou que o secretario tivese que intervir para aclarar o procedemento que establece o regulamento. A continuación, tras explicar o portavoz nacionalista a urxencia da iniciativa, o tripartito (PP, ACIP e IP) decidiu impedir o debate, non considerando urxente a situación crítica na que se atopa o centro de saúde”.

“É moi preocupante que nun asunto no que toda a Corporación Municipal debía amosar unidade na defensa da veciñanza, o tripartito de Castro, do que forma parte a coordinadora do Centro de Saúde, Raquel Plana, prefira gardar lealdade ao Partido Popular na Xunta. Pretenden ocultar así a súa nefasta política de desmantelamento da sanidade pública en vez de reclamarlle o que é de xustiza para as veciñas e veciños de Ponteareas”, lamenta o BNG.

A proposta, amparada por todos os grupos da oposición (BNG, PSOE e PC), denunciaba que o Centro de Saúde de Ponteareas volverá quedar sen quenda de tarde a partir do vindeiro 1 de maio, cancelando as citas a persoas que levaban semanas agardando ser atendidas pola súa médica de familia. Ademais, miles de ponteareáns e ponteareás continúan sen persoal médico asignado, e as que o teñen soportan esperas de até cinco semanas.

Así mesmo, a iniciativa sinalaba que nas últimas semanas estanse cancelando citas na Unidade de Saúde Mental, que perdeu unha das dúas psiquiatras e conta cun único psicólogo de referencia para as 50.000 persoas que dependen do PAC de Ponteareas.

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción de ‘Concello Emprendedor’

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe a adhesión do Porriño á Rede de Concellos Emprendedor. Foi nun acto que se desenvolveu na casa consistorial e que contou tamén coa presencia do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; a directora do IGAPE, Covadonga Toca, e unha nutrida representación do tecido empresarial do municipio. 

O Porriño conta desde febreiro deste ano con esta distinción, sendo un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra. 

Esta condición outorga preferencia á hora de optar a ordes de axuda da Xunta de Galicia que teñan que ver coa industria, o comercio ou o impulso ao emprego, entre outras. Se se trata de convocatorias de subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a empresas, autónomos ou entidades sen ánimo de lucro asentadas nun espazo específico, que no baremo de puntuación, supoña entre o 5% e o 10% do total. 

Por outra banda, con respecto dos compromisos que adquire O Porriño como Concello Emprendedor son, entre outros: resolver as licenzas de obra no prazo máximo de 30 días naturais, unha vez que se dispoña de toda a documentación e informes; establecer bonificación saos presos das parcelas de titularidade municipal; ofrecer ás empresas a posibilidade de acudir ao dereito de superficie; dar tramitación urxente aos procedementos relacionados coas iniciativas empresariais prioritarias; e aprobar bonificacións fiscais de ata o 95% en impostos municipais como sono IBI, o IAE e o ICIO. 

En palabras de Lorenzana, pertencer a esta rede supón un compromiso por parte do Concello e da Xunta por impulsar a axilización administrativa. Nese sentido, salientou que a Administración autonómica está traballando a través da Oficina Económica do Igape en axilizar os trámites para calquera empresa. Tamén en fomentar a implantación de nova industria co plan de aceleración de proxectos industriais estratéxicos, que compromete un prazo de tramitación de menos dun ano. E, en terceiro lugar, en poñer solo industrial de maneira áxil para todas as empresas.

A conselleira concluíu convidando ao resto de concellos galegos que aínda non o fixeron, a sumarse á rede de Concellos Emprendedores. “Ese pacto pola industria e a enerxía que o presidente Rueda ofreceu a todos os partidos e administracións pódese facer realidade dando pasos coma este, onde todos teñamos claro que para continuar avanzando na industria e no emprego é necesario a colaboración entre administracións e a colaboración público-privada”, remarcou.

Pola súa banda, o alcalde destacou a importancia deste fito para O Porriño “era algo moi necesario para este Concello, para o seu tecido industrial e empresarial e para a veciñanza en xeral”. “Aínda que somos o Concello cos impostos máis baixos de toda Galicia, nós non apostamos por subir os impostos senón por bonificalos. E é unha aposta que temos claro que queremos facer polo desenvolvemento, polo emprendemento e pola xeración de emprego”, continuou Lorenzo, “Ninguén podía entender que O Porriño non fora un Concello emprendedor, contando con máis de 2200 empresas, 3,5 M de metros cadrados de solo industrial, catro polígonos industriais ocupados ao 100% , outros tres parciais ocupados ao 100% e un ao 50%, e o PIB máis alto de toda a provincia de Pontevedra. Somos un pulmón da industria de Galicia”. O rexedor concluíu  agradecendo á Xunta de Galicia a súa man tendida a colaborar e aos empresarios e empresarias dos polígonos que fan do Porriño o gran polo industrial do sur de Galicia.

A Valedora do Pobo admite a trámite a queixa dunha estudante pola falta de transporte público en Redondela

0

Unha estudante do IES Pedro Floriani de Redondela farta de que todos os anos se repita o problema da falta de autobús escolar e falta de transporte público para os estudantes de estudos non obrigatorios, presentou ante a Valedora do Pobo unha queixa pola situación, queixa admitida a trámite ao entender a valedora “que reúne todos os requisitos formais recollidos no artigo 18 da lei do valedor do Pobo, e en consecuencia que atopa cobertura constitucional derivada do artigo 103.1 da Constitución, facendo referencia a que as institucións públicas deben garantir este dereito”.

A rapaza mostra no escrito o desacougo ante a situación que se repite ano tras ano e que incluso leva a que compañeiros e compañeiras teñan que marchar a outros centros de outros concellos ao non ter sitio no transporte escolar, nin ter alternativas de transporte público para acudir aos Institutos, que se atopan todos eles no centro de Redondela e Chapela.

A estudante trasládalle a valedora como as familias tentan buscar solucións, aínda que non sexan gratuítas, pero que non conseguen que as administracións aporten solucións. Fala tamén da odisea de moitos rapaces e rapazas para poder chegar a clase, como teñen que madrugar e facer largas esperas ata o comezo das clases.

A Federación de Anpas de Redondela vén poñendo enriba da mesa un problema que consideran “primordial e que debe resolverse de maneira urxente para que os nenos e nenas de Redondela poidan estudar no seu concello e non se vexan abocados a ter que marchar e abandonar aos seus compañeiros e compañeiras”.

Lembra a Federación que Redondela é o cuarto concello da Provincia, na área metropolitana da maior cidade de Galicia pero sen transporte. O alumnado de estudos non obrigatorios de Redondela non dispón de transporte escolar pero tampouco dispón de transporte público.

“Nestes últimos –sinala a Federación de ANPAS–anos trasladóusenos o compromiso de resolver o problema para que a nosa rapazada poida seguir estudando en Redondela pero a día de hoxe o problema continúa”.

A Federación insta ás diferentes administracións que resolvan o problema de mobilidade no concello, pero de maneira urxente atendan a demanda das familias “xa que en xogo está o futuro de estes rapaces e rapazas, pero tamén está en xogo o futuro de Redondela”, aseguran.

Salvaterra Milenaria contará este ano cun mercado e actividades no recinto amurallado

O vindeiro 24 de maio Salvaterra de Miño celebra os máis de mil anos de historia xa que o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi asinado o 24 de maio do ano 991.

Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara un día de actividades no recinto amurallado pensada para todas as idades.

Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura organízase un mercado-exposición onde comercios, artesáns ou asociacións interesados poderán participar deste evento que terá lugar o sábado 25 de maio durante todo o día.

Ademais o Concello de Salvaterra tamén ten programadas actividades para a infancia pola mañá con xogos populares e contos sobre a historia de Salvaterra e pola tarde unha actividade familiar con acertixos e probas.

Aqueles interesados en participar no mercado-exposición deberán enviar os seus datos a seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org

O PP de Tui oporase a todo incremento de impostos “ata que non haxa un plan económico no Concello”

0

O grupo municipal do PP de Tui vén de anunciar que presentarán alegacións contra a suba do Imposto de BensInmobles (IBI) que foi aprobada no pleno do pasado 1 de abril cos votos do goberno socialista e do BNG, o que repercutirá directamente na cidadanía ó incrementarse case nun 20 % o importe do recibo deste imposto.

O voceiro municipal do PP, Nico Montes, reiterou que asúa formación opoñerase a calquera incremento fiscal que propoña o executivo de Enrique Cabaleiro ata que non se elabore un plan económico e se aproben uns orzamentos, “porque non podemos seguir nunha dinámica de absoluta improvisación cando hai que afrontar os pagos xerados pola mala xestión económica do equipo de goberno, que se caracteriza por un gasto corrente desorbitado sen que se encaren os problemas reais da cidade”.

Os populares, que van perfilar nestas datas o contido das alegacións, xa teñen deseñada a súa liña central, xa que cren que, no caso do IBI de urbana, o Concello debíacentrar o seu traballo en reducir a morosidade existente no pago por parte dos actuais contribuíntes en vez de subir o imposto e, paralelamente, no establecemento e aprobación de rebaixas e bonificacións deste tributo para axudar ás familias e ás PEMES.

Nico Montes engadiu que a presentación de alegacións orientarase exclusivamente “para por un pouco de sentido a esta situación e evitar que o goberno local continúe por uns derroteiros, que de seguir así, poden levar ao noso concello a unha situación de quebra técnica”.

A guardesa Bárbara Domínguez González, nova secretaria de Galeguidade e Emigración da executiva nacional galega do PSdeG

0

Este pasado domingo tivo lugar o congreso extraordinario do PSdeG en Santiago de Compostela onde foi proclamado José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral e o resto de compoñentes que conforman a comisión executiva nacional galega. A executiva está conformada por 40 persoas entre as que se atopa a guardesa Bárbara Domínguez González, que ocupará a Secretaría de Galeguidade e Emigración. 

“Asumo con moita responsabilidade e ilusión esta nova andadura sendo consciente da importancia de traballar, para que coma min, moitas máis mozas e mozos poidan retornar a Galicia despois de ter que marchar a traballar fora”, declarou Bárbara Domínguez González.

A nova secretaria de Galeguidade e Emigración do PSdeG subliñou que “hai moito traballo que facer nas duas áreas, sobre todo pola desidia do Partido Popular nas políticas destes últimos anos.” 

“Estamos moi satisfeitos despois de coñecer que a nosa compañeira da Agrupación Socialista da Guarda forma parte desta nova executiva”, comenta Montserrat Magallanes, Secretaria Xeral das e dos socialistas guardeses. “A agrupación afronta esta nova etapa con gran ilusión, e sabemos que traballará arreo no proxecto que lidera Besteiro para que a nosa vila e a comarca estén presente na toma de decisións”, conclúe Magallanes.

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX nun concerto pedagóxico no Museo

O Claustro do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle o próximo sábado 11 de maio, ás 12:00 h, un concerto moi especial: Abraham Cupeiro fará soar unha colección de instrumentos de vento cos que viaxar ao pasado máis remoto, desde o Paleolítico ata o século XIX. Este concerto está enmarcado na celebración do Día Internacional dos Museos, que se conmemora a semana seguinte.

O concerto é de balde, pero con reserva previa. O prazo para reservar praza ábrese este martes 30 de abril, ás 9:00 h, en [email protected], indicando nome e teléfono de contacto. Reservaranse un máximo de 4 prazas por solicitude por rigorosa orde de inscrición.

Resoando no pasado’ é unha colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto pedagóxico no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través do son dos instrumentos de vento. Desde unha pequena frauta de óso (46.000 a. C.) ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas. Ao longo do concerto todos eles resoan de novo dando lugar a interesantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais.

Abraham Cupeiro é un multiinstrumentista e construtor de instrumentos, coñecido polo seu traballo recuperando instrumentos perdidos no tempo e utilizalos para crear novas sonoridades e incluílos en músicas que lles son alleas. Aínda que ten unha formación clásica, sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas, formando parte de grupos de fok, jazz e música antiga. Cupeiro compartiu escenario con formacións de diversas tipoloxías. Recentemente logrou grande popularidade pola súa interpretación de dos instrumentos antigos, o aulós e o carnix, nas salas do Museo Nacional del Prado.

O Concello de Ponteareas busca dinamizar o comercio local no marco da celebración do Día da Nai

Click para ampliar

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo en marca unha iniciativa na que os veciños e as veciñas deberán resolver un xogo de pistas consistente en atopar tres figuras distribuídas en tres escaparates diferentes dos establecementos do municipio.

Toda vez que as localicen, deberán enviar un correo á dirección [email protected] cos nomes dos comercios onde atoparon as figuras así como a cor de cada unha delas xunto ao seu nome, apelidos e número de teléfono. Deste xeito, entrarán nun sorteo, que se celebrará o día 9 de maio, dun menú degustación para dúas persoas no restaurante A Xanela.

A Deputación recomenda manter un alto nivel de vixilancia das viñas ante a presenza dos primeiros síntomas de black rot

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, recomenda seguir mantendo un alto nivel de vixilancia das viñas ante a presenza dos primeiros síntomas de black rot e o avance do mildio. Tamén aconsella controlar a vexetación para evitar que reteña humidade e dificulte a aireación na contorna das vides.

Desde a publicación do último aviso fitosanitario, a mediados desta semana, téñense detectado os primeiros síntomas de Black rot en plantas abandonadas do Condado. Aínda que non apareceu nas vides tratadas, o tempo húmido favorece a este fungo polo que Areeiro aconsella, no caso de aplicar tratamento antimildio, empregar un produto tamén con efecto fronte ao Black rot. No caso de non ter que tratar o mildio, o centro dependente da Deputación recomenda aplicar funxicida dirixido ao control do Black rot.

Floración da viña

No que respecta ao mildio, Areeiro detectou que as manchas van en aumento na comarca do Salnés e que se teñen detectado xa indicios en predios do Rosal e O Condado. Neste último caso, soamente se detectou unha mancha, moi incipiente, pouco visible e sen frutificación aparente.

Planta afectada de enfermidade de madeira

O centro dependente da Deputación recomenda, de forma imprescindible, controlar a vexetación para evitar que reteña humidade e dificulte a aireación na contorna das vides, sobre todo en plantas novas ou nas formacións máis baixas. Ademais, nalgunhas viñas estase a observar falta de brotes ou escaso desenvolvemento da vexetación o que apunta ás enfermidades da madeira. Areeiro aconsella, no caso de que os síntomas estean restrinxidos, unha poda do brazo afectado despois da floración e en tempo seco, desinfectando a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte.

O BNG oponse á supresión da quenda de tarde no Centro de Saúde de Ponteareas

O Centro de Saúde de Ponteareas volverá quedar sen quenda de tarde a partir do vindeiro 1 de maio. Así o denunciou o BNG, que xa presentou unha iniciativa ao Pleno para que a Corporación Municipal inste á Xunta a manter a quenda de tarde no Centro de Saúde de Ponteareas e dotar o cadro de persoal dos profesionais suficientes para unha atención sanitaria digna.

“Por todas e todos é sabido que miles de ponteareás e ponteareáns están sen persoal médico asignado, ou que hai que agardar ata cinco semanas para unha cita coa médica ou médico de familia”, sinala o Bloque. “Por se fose pouco, vimos de coñecer nas últimas horas a decisión de anular a quenda de tarde a partir do vindeiro mes de maio. Persoas que levaban semanas agardando a súa cita descobren que foron bloqueadas as axendas para as tardes do mes de maio e que as citas asignadas serán canceladas”, engaden.

O BNG denuncia que “a situación da Atención Primaria no noso país é crítica como consecuencia do deterioro e desmantelamento programado da sanidade pública por parte do Partido Popular na Xunta de Galiza. Pero, entre a situación global, destaca a extrema gravidade que atravesa o Centro de Saúde de Ponteareas, cunha organización caótica e cun persoal a todas luces insuficiente”.

A formación nacionalista propón tamén na súa iniciativa “dotar do persoal profesional necesario a Unidade de Saúde Mental da localidade, reforzándoa para reducir a lista de agarda”. O Bloque alerta que a Unidade de Saúde Mental de Ponteareas, de referencia para 50.000 persoas da comarca, “vive unha situación similar, con cancelación de citas e agardas inadmisibles. Nas últimas semanas estanse cancelando as citas dunha das dúas profesionais que prestan o servizo de psiquiatría e, ademais, continúa un único psicólogo, o que provoca que as persoas usuarias teñan que agardar ata un ano para seren atendidas”, conclúe o BNG.

Nigrán abre a presentación de solicitudes para o campamento de verán do mes de xullo

0

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Verán 2024’ do mes de xullo co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O prazo de solicitude abrirá do 2 ao 10 de maio e, por primeira vez, o Concello ofrecerá outro campamento no mes de agosto para o cal se abrirá posteriormente un novo prazo de solicitude.

O campamento de xullo está destinado a nenos e nenas empadroados no municipio e nados entre 2012 e 2021 e terá lugar do 25 de xuño ao 31 de xullo de luns a venres, de 9:00 h a 14:00 horas (con posibilidade de amplialo de 7:45 h a 15:15 horas). Desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes e o prezo é de 75 euros en horario reducido e 85 euros en horario ampliado (existen bonificacións para familias con baixos recurso económicos cun prezo de 18,75 € no horario reducido e 21,25 € no horario ampliado). Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou descargarse na páxina web nigran.sedelectronica.gal/Taboleiro de Anuncios

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº 65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: [email protected].

O PSOE tomiñés denuncia a “inacción” do Goberno municipal ante a praga de moscas

Tomiño está a sufrir unha nova explosión de praga de moscas e, unha vez máis, a veciñanza síntese abandoada e reclama solucións xa. O PsdeG-PSOE lembra que leva “dende o primeiro momento” preocupándose, denunciando, preguntando, reuníndose con afectados, presentando mocións ao Pleno e iniciativas ó Parlamento de Galicia, iniciativas que, afirman, “foron vetadas e que acarrexaron intimidacións ás Concelleiras socialistas no seu día”. “É tal a desesperación que moitos veciños e veciñas están prantexándose pechar os seus negocios e marchar do municipio”, afirman as concelleiras socialistas no Concello de Tomiño.

Violeta de Santiago e Mirta Misa explican que o Goberno nacionalista “tratou de negar a problemática nun principio, mesmo tomándose a chanza nalgún Pleno as preguntas do grupo socialista ao respecto”. Porén, en febreiro de 2022, cando xa era evidente o que estaba a acontecer, “empezan a falar dun estudo encargado á Universidade de Vigo. Estudo que non se asinou ata abril de 2023, é dicir, mentiron sen pudor en sede plenaria e a todos os veciños e veciñas durante máis dun ano nun intento de gañar tempo cedendo ante as presuntas presións de propietarios de grandes prantacións”, afirma a portavoz socialista Violeta de Santiago.

En agosto de 2023, o voceiro nacionalista asegurou que “estaban a traballar nalgo innovador, un protocolo de actuación para a convivencia de actividades agrarias coa vida residencial” explica o PSOE que se pregunta “Onde está ese traballo innovador e por que si estaban traballando niso piden agora colaboración institucional para resolver o problema? Volveron a mentir para seguir gañando tempo, ou directamente non fixeron nada porque non teñen interese en darlle solución?, pregúntanse as socialistas

A presión veciñal dos últimos días provocou que “milagrosamente” ese estudo estea rematado despois de máis de dous anos, porque chegou o momento en que xa non se pode tapar máis este grave problema. “Anos de inmobilismo, inacción, deixadez, falta de traballo e xestión neste asunto provocou que agora estean desbordados e soliciten axuda á Xunta de Galicia, axuda que hai tempo tiñan que ter pedida” aseguran.

Para as concelleiras socialistas, o Goberno de Tomiño “dálle as costas á defensa do medio ambiente en favor doutros intereses. Temos constancia de que recibiron un documento no 2020 denunciando o uso indiscriminado de pesticidas, herbicidas, sulfatos, contaminación dos acuíferos por malas prácticas nos lavados de maquinaria agrícola, extracción de augas ilegais do río, abonos depositados en lugares non apropiados, hiperprantacións e deforestacions salvaxes, contaminación de pozos…”.

Denuncian as concelleiras socialistas que ante o que cualifican de “aberracións medioambientais” o Goberno mantivo silencio “metendo nun caixón as denuncias e mirando cara ouro lado”.

Para Violleta de Santiago e Mirta Misa “non deixa de ser paradóxico que, aínda así, o Goberno municipal trate de vender e promocionar un Tomiño VERDE e SOSTIBLE mentres isto acontece a diario no noso Concello”.

A Xunta pon en marcha dende hoxe a quinta edición do Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da quinta edición do Bono Activa Comercio, unha iniciativa dotada con 2,5 millóns de euros coa que se prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas nos establecementos de proximidade galegos, co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector.

Os negocios que desexen participar nesta iniciativa levan adheríndose desde o pasado 16 de abril, e teñen de prazo para seguilo facendo ata o 1 de setembro. Mentres, as persoas consumidoras poderán descargar desde xa na web www.bonosactivacomercio.gal bonos desconto de ata 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos.

Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Como en anteriores ocasións, cada persoa poderá descargar un único bono, e non se limitará o número de usuarios que poden descargar os bonos, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Segunda edicion do ‘Tardeo’ na Guarda, actividades diversas para a mocidade

0

Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo unha acción que, coordinada pola OMIX do Concello da Guarda, presenta diferentes actividades levadas a cabo polas asociacións da vila, para dinamizar o tempo de ocio de, principalmente, a poboación nova do municipio. 

As actividades propostas son tan diferentes como as propias entidades xa que AGuarda conta cun amplio abano de tecido asociativo, con ganas de participar e ofertar á poboación novas alternativas e propostas atractivas.

As accións programadas son:

  • Maquillaxe e caracterización – San Xerome
    • Aula no centro San Xerome
    • 10 de maio de 19:00 h a 21:00 h
  • Obradoiro de escritura creativa – FOCO
    • Centro Cultural
    • 24 de maio de 18:30 h a 20:00 h
  • Aplicacións en croché – Vento Mareiro
    • Aula antigo Sinde, segunda planta (enriba do albergue municipal)
    • 25 de maio de16:30 h a 18:00 h
  • Bolsiños de macramé – Enredémonos – Érguete Baixo Miño
    • Aula situada no Concello
    • 1 de xuño de 17:00 h a 20:00 h
  • Embárrate! crea túa peza cerámica – Avelaíña
    • Sede Avelaíña
    • 8 de xuño de 10:00 h a 13:00 h

As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade. 

Levaranse a cabo nas sedes das entidades agás as de Érguete e FOCO que utilizarán espazos municipais.

A inscrición nos obradoiros terá que facerse na OMIX da Guarda preferiblemente por mail ao enderezo [email protected]  deixando os datos persoais e de contacto e indicando as actividades nas que se solicita praza por orde de preferencia. 

Máis información na OMIX da Guarda

O GDR ‘Terra e Auga’ e a EFA A Cancela das Neves asinan un convenio dentro do proxecto Aula-Empresa

0

Facer produtivas as sinerxias, aliarse para potenciar os recursos do territorio e dinamizar socioeconómicamente os dez concellos do GDR Terra e Auga son algúns dos principios que respaldan o día a día do Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga.

Nesta liña de traballo, o presidente do GDR Terra e Auga, Pablo Castillo, e a presidenta da EFA A Cancela, María del Carmen Gil, veñen de asinar un convenio de colaboración dentro do proxecto Aula-Empresa.

O presidente do GDR Terra e Auga, Pablo Castillo, e a presidenta da EFA A Cancela, María del Carmen Gil, na sinatura do convenio de colaboración

Baixo este programa o alumnado da EFA A Cancela, localizada nas Neves, coñece o traballo diario de distintas empresas, entidades e organizacións dos dez concellos, A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Grazas a esta alianza o alumnado do ciclo de Formación Profesional de Administración achegarase ao funcionamento do GDR Terra e Auga e ao longo dunha semana por trimestre e poderá coñecer a metodoloxía de traballo, aprender novos conceptos, tramitación e a xestión dun grupo de desenvolvemento rural e a potencialidade conxunta dos concellos do grupo.

Esta iniciativa permite ademais que as e os estudantes do territorio se acheguen a un organismo de carácter supramunicipal que aborda liñas de traballo e perspectivas globais capaces de conectar e coordinar a emprendedores, empresas, actores sociais, culturais, artísticos, agrarios e medioambientais, entre outros, a través dun exercicio diario de cooperación e coordinación.

O alumnado da EFA A Cancela completará a súa formación colaborando no traballo en equipo que supón a xestión do GDR Terra e Auga ao tempo que “nos enriquecerá coa súa aportación e coñecementos”, matiza o presidente do GDR Terra e Auga, PabloCastillo, “sendo a mocidade un público co que queremos traballar e que sempre temos presente no deseño das nosas accións porque son o futuro e as persoas que deben coñecer e formarse para apostar polo noso territorio”.

O ‘XVI Ciclo de Música Relixiosa’ de Barcia de Mera sube o pano este sábado na igrexa de San Martiño

0

A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera prepárase para recibir o primeiro dos concertos da  XVI edición do Ciclo de Música Relixiosa. Patrimonio e música daranse a man para recibir ao público que ao longo destes seis meses terán o privilexio de vivir a música interpretada por figuras de relevancia internacional na contorna rural e natural do conxunto histórico da Rectoral de Barcia de Mera, en Covelo.

O programa, que volve contar co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Covelo, desenvolverase do 27 de abril ao 14 de setembro cun total de oito concertos que se celebrarán na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, no concello de Covelo, conxunto recoñecido o ano pasado como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia.

O primeiro concerto correrá a cargo de Vox Stellae. O 25 de maio será a quenda do grupo Ars Longa, mentres que o 15 de xuño de Ensemble Orphelion. En xullo, a primeira das citas será o día 6 da man de Judith Jáuregui e o día 20 actuarán Beatriz Díaz, Jose Luis Bieito, Camilo García e Maife Gil.

Xa en agosto, con dúas citas, encherán de música a Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera o Grupo Fua o día 15 e Cancellos o día 31. O concerto de clausura desta XVI edición do ciclo será o 14 de setembro con Camerata OSG. Todos os concertos están programados para as 20:00 horas.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, convida a participar neste espéctaculo que sorprende ao público pola fusión entre a beleza da contorna natural, o alto valor do conxunto barroco e a calidade artística das propostas.

A organización adianta que o aforo é limitado sendo preciso reservar no número de teléfono 658 627 525

Vox Stellae

Vox Stellae nace en 2003 con motivo dunha conferencia do musicólogo José López Calo sobre a música na Catedral de Santiago. Un dos seus sinais de identidade é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular. Amais de participar en actos institucionais e concertos didácticos, ten actuado en tempadas de abono e festivais: Vía Stellae, Espazos Sonoros, De lugares e Órganos, Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, Semana de Música de La Laguna, Outono dos sentidos na Ribeira Sacra, Festival Internacional Provincia de Palencia, Ciclo de Música Sacra de Castilla y León, Jornadas Jacobeas Internacionales, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Camiño de Cantares, Festival Internacional de Música Relixiosa de Guimaraes…

Vox Stellae colabora con agrupacións e solistas como a Orquesta de Cámara de Tenerife, Orquestra de Cámara Galega, Finis Terrae Brass, Os Menestreis de 1500, Taller Atlántico Contemporáneo, Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Beatriz Díaz, Belén Elvira, Juan Antonio Álvarez Parejo, Juan Manuel Varela, Fernando Buíde, Uxía Senlle, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán.

Entre o seu amplo repertorio destacan a estrea absoluta de Tres Imaxes de Compostela (M. Mato), a estrea en España da Misa en Sol a Santiago de Compostela (A. Tucapsky), as reestreas da Misa en Do M (Frei R. Salvado) e a Missa Voce Mea (C. de Medrano) ou a estrea en Galicia de Rothko Chapel (M. Feldman). Dentro do proxecto de recuperación do patrimonio musical da catedral de Tui editou tres discos, dous deles con música de Matías García Benayas (+1737) e outros autores: Defensor alme Hispaniae (2013), que recibiu o Melómano de Ouro (outubro 2015), Salvete Flores (2016) e Canite Tuba (2020). Entre estes traballos de recuperación da música da catedral de Tui tamén editaron o disco Gaude, Maria Virgo (2014) con música destinada a ensalzar a figura Virxe.

Baiona, Nigrán e Gondomar celebran un ano máis a Festa da Bicicleta do Val Miñor

O Concello de Baiona acolleu onte a presentación da 34ª edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor, que se celebrará o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Ao acto de presentación acudiron os alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, que exerceu de anfitrión –xa que esta edición será organizada pola administración local baionesa–; o alcalde de Gondomar e actual presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Paco Ferreira; Ana Iglesias concelleira de deportes de Baiona e condutora do acto de presentación; Sara Penedo, concelleira Deportes de Nigrán, e Nuria Lameiro concelleira de Gondomar, acompañados de colaboradores, representantes das Policías Locais dos tres concellos da comarca e o representante do patrocinador do evento.

As inscricións e entrega de dorsais realizaranse nos respectivos puntos de saída de cada municipio con 40 minutos de antelación co único requirimento de ser maior de 7 anos, contar con bicicleta propia e levar casco.

Así, en Baiona partirán ás 10:00 horas desde o Parque da Palma, en Nigrán ás 11:00 horas desde o Pavillón de Deportes e, en Gondomar, tamén ás 11:00 horas desde o Concello. Todas as persoas participantes dispoñerán de seguro de accidentes e responsabilidade civil.

A marcha de Baiona acudirá a “recoller” á de Gondomar e Nigrán para despois coincidir na rotonda da Ramallosa e, desde alí, pedalear as tres xuntas pola PO-552 cara ao Parque da Palma, onde ás 13:00 horas aproximadamente finalizará con sorteo de agasallos e avituallamiento.

No acto de presentación os alcaldes destacaron a importancia deste evento que cada ano supérase e suma máis persoas participantes. Tamén se puxo en valor “esta ocasión especial para fomentar o uso deste medio de transporte tan saudable e amigable co medio ambiente. A bicicleta non só permítenos gozar de momentos en familia, senón que tamén contribúe a mellorar a nosa saúde e a coidar o noso planeta”.

O acto terminou “animando á cidadanía para participar nesta bonita actividade e que sigan gozando dos paseos en bicicleta en familia, a incorporar este hábito na nosa rutina diaria e a ser conscientes do impacto positivo que podemos ter na nosa contorna. Xuntos podemos construír un mundo máis saudable e sostible”.

Redondela recupera 40 bancos para darlles “unha nova vida”

0

A concellería de Parques e Xardíns do Concello de Redondela, que dirixe Pedro Villaverde, vén de dar conta da rehabilitación de 40 bancos de madeira de cara a darlles un novo uso. Este mobiliario urbano, que estaba deteriorado e que fora retirado de diferentes espazos públicos, poderán agora ter unha segunda vida.

Uns 15 bancos dos que xa foron restaurados están instalados en diferentes lugares do municipio como a Picota, a praza de Lenda, Saxamonde, Cabeiro, Vilar, Quintela, e tamén en diferentes tramos do Camiño de Santiago e doutras sendas transitadas pola veciñanza.

Os demais asentos iranse instalando en zonas verdes, prazas e espazos públicos repartidos polas parroquias. Villaverde explica que o obxectivo destes traballos de restauración é o de “darlle utilidade a uns bancos públicos que xa non estaban en uso, e facilitar que moitos barrios e zonas de tránsito poidan ter un lugar cómodo onde descansar e reunirse a veciñanza”.

No Camiño de Santiago ao seu paso por Redondela, tanto a ruta portuguesa tradicional como a da costa, instalaranse algúns destes asentos “para que os peregrinos e sendeiristas teñan tamén un lugar cómodo onde descansar ao longo do seu percorrido”.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que a recuperación destes bancos supón un dobre aforro, xa que “a súa rehabilitación é moito máis económica que mercar asentos novos, e ao mesmo tempo reducimos os residuos ao reciclar este mobiliario público”.

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0

Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño. Coñecer as aves dende a beira do Miño, un paseo en barco, percorrer a senda do río Furnia ou a do río Tripes, gozar da natureza en rede Natura en Ribadelouro, e mesmo visitar os xardíns ocultos da cidade será posible grazas a esta iniciativa.

A primeira das actividades terá lugar este domingo, 28 de abril, ás 10 h dende a praia da Mariña, no Paseo Fluvial. Será a Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño conducida por dous guías da Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO Birdlife. Na mesma contarase con prismáticos, dous telescopios terrestres e unha guía de especies para observar as aves. A duración estimada é de 3 horas e media. Ofértanse 25 prazas. As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo [email protected] ou no teléfono 677 41 84 05. Poderase anotar a persoa solicitante e un máximo de tres acompañantes. No momento de cubrir as 25 prazas ofertadas crearase unha listaxe de agarda.

Forma parte tamén desta iniciativa a XX Andaina Solidaria Tudense que se celebrará o sábado 4 de maio organizada polo Club Andatui coa colaboración do Concello de Tui. A inscrición está aberta até o martes 30 de abril en www.andatui.es cun prezo de 12 €. Sairá ás 9 h dende a rúa Olímpicos Tudenses para realizar un percorrido de 24 quilómetros até o cumio do Aloia e regreso ao centro de urbano

A terceira das actividades Río Miño, patrimonio natural terá lugar o domingo, 5 de maio, consistente nun paseo en barco, en colaboración con Río Miño en Barco. Haberá dúas viaxes ás 11 h e ás 12 h cun prezo de 6 € por persoa. Vai especialmente dirixido a familias, e ao coincidir co Día da Nai haberá un detalle para as nais. Neste caso a inscrición debe realizarse en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20.

Na fin de semana do 11 e 12 de maio percorrerase o senda do río Furnia. O sábado 11 será o tramo na parroquia de Malvas, con visita á exposición de esculturas de Rai, á igrexa de Malvas, ao aserradoiro e aos muíños da contorna, e o domingo 12 ao tramo na parroquia de Pexegueiro con visita á empresa Trigo y Limpio dedicada á produción de trigo callobre e á elaboración de fariña de trigo natural, xunto á igrexa de Pexegueiro, á ponte do Mosteiro e ao Camiño Real.

Dende o Centro Cultural de Ribadelouro partirá o domingo 19 de maio o roteiro pola Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Rede Natura nesta parroquia tudense. O sábado 25 de maio percorrerase o Roteiro da Pedra Santa e río Lagartón. Tanto esta andaina coma a de Ribadelouro contarán cunha actuación musical. As propostas do mes de maio complétanse co Trilho da Fortaleza, que forma parte do calendario de andainas da Eurocidade, o domingo 26 de maio. A inscrición neste caso, cun prezo de 6 €, debe realizarse en andatui.es.

Esta iniciativa continuara en xuño co Roteiro Literario pola beira do Miño (sábado 8), a Andaina polo río Furnia (domingo 9), o roteiro polos Muíños do Tripes (domingo 16), o roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade (domingo 23), e rematará coa Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño (domingo 30).

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo [email protected] ou no teléfono 677 41 84 05, coa salvidade de que para a ruta en barco a inscrición farase en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20, e para a XX Andaina Solidaria tudense e o Trilho da Fortaleza en andatui.es.

Abel Losada destaca os libros como o “mellor refuxio” e “defensa contra a barbarie”

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, reivindicou os libros como o “mellor refuxio” e “defensa contra a barbarie” ante medio centenar de escolares do IES Ribeira do Louro, no Porriño. Fíxoo durante un encontro literario entre o alumando de 3º da ESO deste centro educativo e a escritora María Reimóndez, organizado co gallo Día Mundial do Libro.

A actividade, financiada ao abeiro do programa ′Encontros Literarios en IES′ do Ministerio de Cultura, estivo centrada na última obra da autora, Furia. No acto tamén estiveron presentes a directora do centro educativo, Juana Rosa Muñoz, e a inspectora de Educación, Rosalía Polo. A escritora dirixiu unha actividade a partir deste traballo que versa sobre o mundo do boxeo e que vén de publicar. Un título en galego e que, actualmente, está a traducir para a súa publicación en castelán.

O subdelegado subliñou que os libros e a lectura son “a mellor ferramenta para construir unha sociedade máis igualitaria e mellor, xa que permiten transformarnos e transformar a nosa contorna”. “Os libros son de quen os escribe, pero tamén de quen os lee”, recalcou.

Losada salientou tamén o papel das iniciativas de fomento da lectura promovidas polo Ministerio de Educación, “como o programa que fixo posible este acto e que está a permitir o encontro entre creadores e escolares en trece centros educativos da provincia”. Así mesmo, o subdelegado reivindicou o pulo e valor dos escritores e escritoras pontevedreses, e que “María Reimóndez exemplifica á perfección, non so pola súa prolífica carreira e extensa obra, senon polo seu compromiso coas mulleres, o feminismo e cun mundo máis xusto”.

Desde 1995 e ata hoxe, o 23 de abril, celebrase o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, unha proposta española aprobada pola UNESCO para fomentar a lectura, recoñecer as figuras dos autores e autoras e procurar o fortalecemento da industria editorial.

Actividades de fomento da lectura

O Ministerio de Cultura puxo en marcha no 2024 unha nova edición dos programas de actividades literarias en Institutos de Ensino Secundario de titularidade pública. A iniciativa ′Encontros Literarios en IES′ chegará a 13 centros educativos da provincia. Así mesmo, unha das vinte actividades organizadas ao abeiro do programa ‘Por qué ler aos clásicos’ recalou tamén na provincia. En total, estes programas, adscritos ao Plan de Fomento da Lectura 2021-2024, reunirán a 302 creadores en 404 actividades que se desenvolverán ata o 14 de xuño en todo o territorio español.

Salvaterra de Miño investirá máis de 88.000 euros nas obras de mellora do campo de fútbol de Oural en Fornelos

O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o Plan +Provincia da Deputación provincial realizará as obras que permitirán acondicionar os locais localizados baixo a grada do campo de Oural, na parroquia de Fornelos.

Os locais, que ata este momento empregábanse como almacéns, serán reacondicionados para facer dous vestiarios novos co fin de ampliar o servizo que se oferta neste recinto deportivo e, desta maneira, sacar máis rendemento ás instalacións.

Esta acción englobase dentro da liña de melloras de infraestruturas deportivas que está
levando a cabo o Concello de Salvaterra e que permitirán investir neste ano máis de
161.000 euros nas instalacións deportivas do Casal en Salvaterra.

O BNG de Ponteareas congratúlase pola declaración de Ben de Interese Cultural do Corpus e lamenta que tardara sete anos

O BNG amosou hoxe a súa satisfacción pola aprobación no Consello da Xunta do Decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) do Patrimonio Inmaterial o Corpus Christi de Ponteareas, solicitado polo goberno local do Bloque no 2017 e que suporá “un novo recoñecemento e unha nova ferramenta para a difusión e a posta en valor da maior obra de arte colectiva do noso pobo”.

O Bloque felicitou e agradeceu ao colectivo alfombrista, xa que “a súa entrega, a súa ilusión e a súa xenerosidade para preservar a nosa tradición foron claves para lograr este recoñecemento. Elas e eles, coa súa habilidade, co seu mimo e co seu traballo colectivo, logran cada ano facer realidade as nosas alfombras florais, convertendo as ideas nas que traballan durante todo o ano na arte efémera que nos identifica en todo o mundo”, recoñece o BNG.

Así mesmo, o BNG lamentou o uso partidista que fai o PP das institucións e da festa do Corpus, sinalando que “a Xunta atrasou intencionadamente durante sete anos a declaración. A Directora Xeral manifestaralle ao goberno local saínte que o expediente estaba completo, e malia que foi preciso actualizar a información e documentación por culpa do atraso da Xunta na súa tramitación, decidiron manter paralizada a declaración”, manifestou o Bloque, que considera unha falta de respecto á veciñanza e ao colectivo alfombrista estas actuacións e a demora na declaración.

O BNG lembrou que o trámite para a declaración, que a propia Xunta establece en dous anos, levaba prolongándose durante seis. No 1995 o PP intentara iniciar o procedemento, pero caducou e o expediente fora arquivado por defectos formais. No ano 2017 o goberno presidido por Xosé Represas entregou en man a solicitude de declaración de BIC, e en febreiro de 2018 remitiu á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o expediente con toda a documentación, incluíndo a memoria con material gráfico histórico e imaxes dos principais puntos de interese do Corpus.

En maio de 2020, sen ter noticias sobre o estado da solicitude, o Concello enviou un escrito á Consellaría pedindo información sobre a tramitación do expediente. O Goberno reiterou en marzo de 2022 a súa solicitude sobre o estado no que se atopaba a petición, e repetiuno en abril de 2022. En xullo o Concello presentou unha nova solicitude de declaración de BIC Inmaterial ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na que se achegaban de novo todos os documentos de investigación enviados nas ocasións anteriores.

Tras seis anos de parálise, por fin a Xunta incoa o expediente no 2023 e agora declara o Corpus de Ponteareas Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial, “concluíndo en sete anos un trámite que tiña que resolverse en dous”, sentencia o Bloque.

Ponteareas inaugura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

O Concello inaugura á exposición das mostras participantes no concurso ‘Talento Xove’, un certame que puxo en marcha a administración local co obxectivo de fomentar a participación dos mozos e das mozas en actividades creativas e artísticas. En total, inscribíronse máis de 300 persoas de ata 30 anos. 

A exposición estará aberta ao público ata o próximo 18 de maio, día que no que serán entregados os premios logo da valoración dun xurado profesional. Estarán dispoñibles as mostras de todas as categorías, agás as de música e danza, as cales terán a súa propia final no Auditorio Municipal os días 4 e 11 de maio, respectivamente. Tamén se decidirá o gañador ou a gañadora de cociña o 4 de maio nas instalacións de Mercatea. 

No acto de inauguración, participou o edil de Xuventude, Cristian Montes, quen agradeceu aos máis de 300 mozos e mozas que participaron neste concurso a súa implicación e traballo e apuntou que “sodes o exemplo de que a mocidade conta cun enorme talento que desde as administracións públicas debemos potenciar e coidar” e a alcaldesa, NavaCastro, quen indicou que “é un orgullo comprobar como unha das nosas esencias como é o talento no eido da arte continúa latente entre os nosos veciños e veciñas máis novos”. 

Deputación e Concello de Mos analizan o estado das estradas provinciais no municipio

0

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de reunirse en Mos coa súa alcaldesa, Nidia Arévalo, e membros da Corporación Local para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso polo municipio. Entre outras cuestións, as dirixentes afondaron no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros.

A actuación en Dornelas, tal e como remarcou a deputada, trátase dunha obra que se vai acometer de “xeito inminente”. O proxecto atópase moi avanzado, segundo informou Couselo, e, nestes momentos, o Concello de Mos está a ultimar termos relacionados cos terreos.

Ademais da EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, a deputada provincial e a alcaldesa de Mos analizaron outros dous proxectos que se van acometer en dúas estradas provinciais ao seu paso pola localidade: a reparación de beirarrúas nun tramo de 600 metros da EP-2603 Puxeiros-Peinador e a mellora da mobilidade peonil nun tramo de 200 metros da EP-2601 Mos-Puxeiros.

O PP de Tomiño solicita que as acudas para actividades sociais, culturais e deportivas increméntense ata os 120.000 euros

0

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de solicitar, a través dunha moción que se debatirá no vindeiropleno ordinario, o incremento das axudas municipaispara actividades sociais, culturais e deportivas ata os 120.000 euros anuais a partires do ano 2025 para tratar de deixar atrás os recurtes económicos do goberno local nesta materia nos últimos catro anos.

Os populares indicaron que o executivo do BNG chegou a destinar ata 100.000 euros para estas actividades, pero no ano 2021 aplicou o que cualifican de “tesoirazo” do 10 % e baixou a partida ata os 90.000 euros, cifra na que permanece estancada desde entón e que “tristemente” se mantén no presente 2024. E ademais deste recurte efectivo en termos absolutos, as asociacións e os deportistas de Tomiño tamén se ven afectados por outra diminución nas achegasmunicipais que reciben, posto que a conxelación da partida non lles permite compensar a suba da inflación en preto dun 20 % ao longo dos últimos tres anos e mingua as súas posibilidades de accións e funcionamento.

“A perda adquisitiva real dos colectivos, que son fundamentais para a dinamización do noso municipio coas súas actividades, cífrase nun 30% nos últimos catro anos, xa que ao recurte do goberno local haique engadirlle que, con eses mesmos cartos, poden facer moitas menos cousas porque, como todo o mundo entende, todo subíu moito de custe nestetempo. Polo tanto, só podemos lamentar o desleixodo goberno do BNG coas asociacións e cos nososdeportistas e imos esixirlle que rectifique de cara o próximo ano”, detallou a voceira municipal, Lara Meneses.

En concreto, na proposta presentada polo PP tomiñés demándase que a partida se incremente dos 90.000 euros actuais ata os 120.000 euros co dobreobxectivo de recuperar a contía que estaba vixenteata o ano 2020 e compensar a perda adquisitiva real polos efectos da suba do IPC. Ao respecto, engadena necesidade de que este “razoable aumento” esteavixente a partires do próximo ano e se inclúa unhapartida específica nos Orzamentos Municipais 2025.

“Estamos a facer unha proposta construtiva, xusta e necesaria, que ademais está orientada a tratar axeitadamente aos colectivos e deportistas que tanto fan por Tomiño e actuamos ademais en tempo e forma para que o goberno, se ten a ben atendela, poida incluila nas contas do ano que vén cando comece coa súa elaboración no vindeiro outono”, explicou a concelleira.

Finalmente, o PP local lembrou que concellos moisimilares en poboación e movemento asociativo, como é o caso de Cambados, destinan máis fondos a esta materia, cifrados en 122.000 euros por exercicio, e lamentou a perda de peso específico destas axudas nos orzamentos municipais, xa que no ano 2017 representaban o 1,41% das contas do Concello e no presente exercicio apenas suporán o 0,98% dos recursos públicos de Tomiño.

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión das faixas secundarias de biomasa

-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de biomasa para previr incendios forestais. No caso da zona de Río Frio, en Chapela, o goberno local demanda que sexa a Xunta de Galicia a que se faga cargo da limpeza e tala das zonas próximas ás vivendas atendendo ao convenio de colaboración asinado entre o
Concello, Xunta, FEGAMP e SEAGA. – A concelleira Pilar Martinez explica que o Concello “non conta con medios materiais e persoais para asumir todas as execucións subsidiarias dunhas 20 parcelas das que non se coñece propietario, polo que en base á Lei de prevención de incendios forestais
de Galicia tramitamos un novo expediente”. Redondela, 18 de abril de 2024. O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte, dependente da conselleria de Medio Rural, as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de biomasa para previr incendios forestais. A responsable de Medio Ambiente, Pilar Martinez, lembra que o Concello del Redondela recibiu en xullo de 2023 a petición dun veciño da zona de Río Frio para que se procedese á limpeza dunhas 30 parcelas con arborado e matogueira. A administración local solicitou aos propietarios a tala e roza destas parcelas, pero unha vintena non tenen identificado aos seus propietarios. O pasado mes de febreiro publicouse no Diario Oficial de Galicia unha notificación aos propietarios das parcelas de monte de Río Frio dada a súa obriga a manter os terreos próximos ás casas nunhas condicións que eviten a erosión e os incendios. “Transcorrido o prazo administrativo, son aínda unha vintena as parcelas que están sen limpar, e descoñécense quen son os seus propietarios”, explica Pilar Martínez. O Concello de Redondela “non conta con medios materiais e persoais para asumir todas as execucións subsidiarias das parcelas, polo que tramitamos un novo expediente en base á Lei de prevención de incendios forestais de Galicia”. A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, explica que ao abeiro do convenio de colaboración que ten subscrito o Concello coa Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA (Servizos Agrarios Galegos) “solicitarase que sexa a administración autonómica a que se faga cargo da limpeza nas zonas de arboredo de Rio Frio, xa que o Concello non ten capacidade para facelo”. Mañá venres, 19 de abril, vence o prazo administrativo da publicación no DOGA do pasado 4 de abril deste novo expediente, e tramitarse al
solicitude ante a conselleria do Medio Rural. A edil lembra que en febreiro “xa se informou aos veciños afectados de cal é a situación
e os trámites que se están a realizar ante a Xunta de Galicia”.

Ata o venres estará aberta a preinscrición dos Premios Provinciais da Xuventude da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata este venres 26 de abril o prazo de preinscrición para optar aos Premios Provinciais de Xuventude que este ano repartirán 36.000 euros entre as mellores iniciativas impulsadas pola mocidade.

Estes premios buscan promover o talento e potencial da xuventude, estimular e recoñecer a súa traxectoria, o seu esforzo e compromiso, así como labores relevantes que promovan en distintos ámbitos. Unha vez rematada a preinscrición e validadas as candidaturas, as persoas solicitantes deberán presentar os seus proxectos antes do 19 de agosto.

Nesta edición dos premios haberá once categorías, entre as que destaca a de proxectos de agrupacións estudantís, convocada por primeira vez e dotada cun orzamento de 2.000 euros repartido en  tres premios de 1.000, 600 e 400 €.

En concreto, estes premios están dirixidos tanto a mozos de entre 16 e 35 anos da provincia como a agrupacións estudantís e centros educativos de carácter público cuxo alumnado teña entre 12 e 18 anos. Ademais, convócanse as categorías de iniciativa empresarial, dotada con 4.000 €; educación en valores, con 2.000 €; investigación (coas subcategorías de ciencias, arquitectura e enxeñería e a de artes, humanidades e ciencias sociais e xurídicas), con 8.000 €; contido audiovisual, con 2.000 €; traballo musical (música clásica e outros xéneros), con 4.000 €; traballo literario breve (narrativa e poesía), con 4.000 €; banda deseñada, con 2.000 €; fotografía orixinal (serie fotográfica e fotografía), con 4.000 €; deseño e moda, con 2.000 €, e reacción polo clima, con 2.000 €. 

En xeral, a estes Premios Provinciais á Xuventude poden presentarse persoas de 16 a 35 anos empadroadas na provincia de Pontevedra, se ben nas categorías de iniciativa empresarial e de reacción polo clima tamén m poden concorrer persoas xurídicas nas que polo m menos un 75 % da xunta directiva ou dos administradores teñan esa idade. Nesta m última, ademais, tamén poden presentarse m centros de Educación Secundaria en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, aos que tamén está dirixida a categoría de educación en valores.

Nesta categoría o importe do premio deberá destinarse na súa totalidade á adquisición de material, a saídas educativas, a proxectos escolares, a bolsas para o alumnado ou a calquera outra actividade que teña relación directa coa programación do centro.

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, lembra que desde novembro do ano pasado, cando se celebrou en Santiago unha reunión coa que era conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o Concello segue á espera dunha resposta sobre os proxectos que son de titularidade autonómica.

Daquela, a alcaldesa Digna Rivas e Villar lembráronlle o compromiso adquirido pola Xunta en 2019 para a humanización da avenida Mendiño en Redondela e da segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, así como o arranxo das zonas xa humanizadas na avenida de Vigo que presentan afundimentos.

O goberno local remitiu á Consellería de Infraestruturas unha memoria descritiva das actuacións que é preciso realizar na avenida Mendiño “e que recollía as demandas do Concello, veciñanza e formacións políticas”, lembra Roberto Villar.

“O arranxo desta avenida é algo urxente”, advirten desde o goberno local, xa que se trata dunha vía que conecta o centro da vila co porto de Cesantes e a praia, con servizos como o centro de saúde, colexios, institutos e instalacións deportivas.

O mal estado das beirarrúas obrigou ao Concello “a renovar máis de 300 lousas do pavimento que estaban rotas, ante o perigo que supo para os peóns, malia non ser unha competencia municipal”, explica Roberto Villar.

Desde o Concello lamentan que non houbese “ningún avance por parte da Xunta de Galicia” e solicitarase unha reunión coa nova conselleira do ramo, María Martínez Allegue, para lembrarlle estes compromisos.

Outra das demandas que lle trasladarán será a necesidade de facer traballos de mantemento e limpeza na estrada PO-250, que une Redondela con Pazos de Borbén, e que se atopa en mal estado.

En canto aos traballos que son competencia do goberno central, o Concello solicitou o arranxo da rotonda de Cabanas, no acceso á autoestrada, e a reparación dun tramo da N-552, próximo a esta zona, que está parcialmente afundido.

Tamén son necesarias melloras en tramos das estradas nacionais 550 e 555 que atravesan Redondela. Desde a subdelegación do Goberno contestaron ao Concello que se trata de obras “prioritarias” na provincia de Pontevedra, e que pola súa envergadura precisan dun proceso de licitación que se realizará “o antes posible”.

Pablo Domínguez, responsable de Estradas na provincia, confirmoulle á alcaldesa que os traballos proxectados “van máis aló dun simple asfaltado” xa que é preciso facer unha obra de calado para mellorar a rotonda e todos os accesos.

Villar solicitoulles que “mentres non se poida acometer a obra na súa totalidade, se asfalten as fochancas para mellorar a circulación dos vehículos”. Tanto a alcaldesa como o edil de Infraestruturas afirman que o Concello “está a facer os deberes e a esixir ás administracións correspondentes que cumpran coas súas obrigas, xa que nós debémonos aos veciños e veciñas de Redondela”. Noutras melloras necesarias como o pintado e sinalización das estradas nacionais xa se está actuando.

O concelleiro de Infraestruturas quixo poñer en valor “a profesionalidade e boa relación” cos vixiantes das estradas tanto da Xunta, como da Deputación e do Ministerio, e agradeceu a súa dispoñibilidade e colaboración “especialmente m cos que dependen do Ministerio de Transportes e Mobilidade, que colaboran con nós habitualmente”.

Bloqueo burocrático” por parte da m Deputación de Pontevedra

O goberno local denuncia o “bloqueo burocrático” que está a sufrir por parte da Deputación de Pontevedra para a realización de obras menores e que está a padecer “tanto o Concello de Redondela como os propios veciños e veciñas”.

Roberto Villar pon o exemplo duns traballos de reparación que precisan realizar no contador da auga do antiga escola de Tuimil, no Viso “e que non poden facerse porque estamos esperando o permiso da Deputación para levantar unha plaqueta de 30 centímetros”.

O concelleiro denuncia que estes trámites “supoñen que unha obra simple e rápida se demore durante meses”. Por este motivo solicitaron unha xuntanza cos responsables do ente provincial “pero aínda non tivemos resposta”, sinala Villar.

O obxectivo do goberno local é chegar a un acordo coa Deputación de Pontevedra “para axilizar os trámites e que este tipo de traballos menores non se atrasen por cuestións burocráticas”.

O mesmo acontece cunhas obras solicitadas polos veciños na praza de Ribadavia, no comezo da estrada PO-250, para instalar uns bolardos que eviten que os coches suban á beirarrúa. “Fixemos á solicitude á Xunta hai tempo, pero aínda non temos resposta”.

Por outra banda a alcaldesa de Redondela lamentou tamén “a falta de respecto institucional” por parte dos dirixentes da Deputación de Pontevedra, que nos últimos meses teñen organizado actos neste municipio ser dar conta nin convidar á alcaldía.

Redondela abre as portas da Oficina de Turismo e do Meirande no inicio dunha nova tempada turística

0

Redondela deu por iniciada oficialmente a tempada turística coa apertura da súa Oficina de Información, na rúa Isidoro Queimaliños, e o Centro de Interpretación da Batalla de Rande, Meirande.

A concelleira responsable do departamento, Rita Pérez Táboas, deu conta que a Oficina de Turismo está aberta de luns a sábado, en horario de 11.00 h a 14.30 h, e de 16.00 h a 19.00 horas. Pola súa banda o museo Meirande terá horario de atención ao público de martes a domingo, en horario de 11.00 h a 14.00 horas e de 15.30 h a 19.00 horas.

A chegada do bo tempo e a proximidade de eventos como a Festa do Choco, o Festival
Internacional de Títeres
e a Festa da Coca, que se celebran no vindeiro mes de maio leva ao Concello a abrir ao público estas instalacións.

“Son moitas as persoas peregrinas que nos visitan xa na primavera, e no mes de maio temos unha afluencia masiva de público a Redondela coa celebración das diferentes festas”, explica a concelleira Rita Pérez.

A responsable de Turismo salienta que coa apertura da Oficia de Turismo ”poderemos brindar información de interese para toda esa xente que nos visita, e ofrecerlle tamén a oportunidade de coñecer o museo Meirande”.

Coa chegada do mes de maio retomaranse as visitas guiadas A vila pola tardiña, que
serán os luns, e nas que se dá a coñecer o patrimonio histórico, cultural e arquitectónico
da vila de Redondela.

Por outra banda tamén en maio comezará a funcionar o tren turístico, que conecta a diario o centro da vila coa praia de Cesantes.

O alcalde de Baiona propón a Lugove a creación dunha app para as persoas usuarias do transporte público

0

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse cos responsables da empresa LUGOVE, concesionaria do transporte regular de pasaxeiros entre Baiona e Vigo, para trasladarlles a posibilidade de que entre a empresa concesionaria e a Xunta puidesen implantar unha app que dese ás perdoas usuarias información en tempo real sobre a localización dos autobuses.

Na reunión, na que estaban presentes Antonio Arias Paredes, presidente do grupo Vectalia; José Luis Romillo, director xeral do grupo Vectalia e Alberto Dorado, director de Lugove, explicouselle ao alcalde Vázquez Almuíña que era un proxecto que a empresa tiña en estudo.

Tamén se revisaron os problemas que xurdiran desde o inicio de actividade, destacando que, actualmente, entre as dúas cidades hai ata 40 servizos ao día. Nos últimos días realizáronse cambios co fin de axustar os horarios á operativa actual. Ditos horarios non se modificaron co traslado da cabeceira de Vigo da antiga estación de autobuses á actual, no centro comercial Vialia.

Os cambios nos horarios fixéronse tanto na cabeceira de Baiona como na de Vigo e tentáronse minimizar respecto a os horarios actuais, pero eran necesarios para que os usuarios teñan información máis precisa dos horarios dos servizos. Ademais dos axustes realizados nos horarios, fíxose un renombramiento das liñas.

Actualmente as liñas só se identificaban a través dos códigos oficiais da Xunta, que se seguirán mantendo e mostrando nos autobuses, pero engadiuse unha nova denominación para cada liña. No caso da zona de Baiona. As liñas que pasan pola localidade van pasar a ter os códigos 2a, 2b, 2c, 2d, 2e e 2f, ademais doutras liñas como a 6 Circular Baiona. Non hai cambios nos percorridos, só na forma de mostrar a información dos roteiros, das paradas de cada unha delas e dos horarios das mesmas.

Unha das novidades é unha nova nomenclatura das liñas agrupando as principais en 3 eixos ou corredores:

A Guarda – Vigo por Tui. Son todas as liñas que unen A Guarda con Vigo por Tomiño e Tui, con todas as súas variantes (desde Camposancos, polo Rosal, por Eiras).

A Guarda-Baiona-Vigo. Todas as liñas que unen Baiona con Vigo (incluíndo ás expedicións que saen de Baredo, que pasan por Medialdea, Chandebrito, Panxón etc.) e A Guarda con Vigo por Baiona (incluíndo as saídas desde Camposancos e os que pasan polo Rosal).

Gondomar- Vigo. Todas as liñas que unen Gondomar a Vigo, pola costa (Ramallosa/Panxón) ou polo interior (Vincios). Tamén están incluídas as liñas de Vigo a Tomiño e ao Rosal por Gondomar, dado que comparten a maior parte do percorrido.

No caso de Baiona, as liñas serían as seguintes:

A día de hoxe actualizouse toda a información e na páxina www.lugove.gal pódense consultar toda a nova información de roteiros, paradas e horarios.

A Guarda celebra o Día do Libro con descontos nas librerías, programación cultural e a ‘IV Ruta do Libro’

0

O vindeiro 23 de abril celébrase o Día internacional do Libro e na Guarda unímonos a esta celebración a nivel mundial con variadas actividades entre as que destacan principalmente o desconto do 10 % en libros durante todo o día nas librerías Cervantes, Atlántica, Ideas e Ler, así como o inicio da IV Ruta do Libro.

A ruta do libro é unha iniciativa que pretende fomentar o consumo de libros no comercio local, mediante a cal polo gasto mínimo de 3 0€ en libros poderase obter un agasallo a recoller na Biblioteca Municipal. As datas da campaña van do 23 de abril ao 25 de maio.

Ademais destas iniciativas de carácter comercial o mes de abril e de maio está repleto de actividades relacionadas coa literatura, así o 20 de abril ás 18:00 h unha obra de teatro de monicreques recupera as Fábulas da Montaña que escribira Concepción Arenal, e nas que se aprecia o enfoque diferenciado do punto femenino e autóctono fronte outras fábulas anteriores como as de Samaniego ou La Fontaine. Esta proposta está indicada para tódolos públicos a partir de 8 anos.

No día 27 de abril ás 20:30 h será o momento de recuperar a figura de Emilia Pardo Bazán, cunha proposta de narración oral na que a narradora Cris de Caldas unirá os contos da tradición oral das nosas avóas cos contos e historias de Doña Emilia. Ambas citas serán no Salón de Actos do Centro Cultural e non precisan de reserva previa.

A cantante Su Garrido Pombo pecha o ciclo musical Petiscos en Igualdade de Redondela

0

Susana Garrido Pombo será a encargada de pechar o ciclo musical ‘Petiscos en Igualdade’ organizado polo Concellería de Igualdade. O seu concerto, incluído na programación co gallo do 8M, tivera que adiarse por mor da chuvia. A actuación será o domingo 21 de abril a partir das 12.00 horas na Alameda Castelao.

Su Garrido Pombo é unha cantante e compositora galega cun estilo musical que abrangue diversos xéneros con matices de m bossa, folk, jazz ou latin, entre outros.

Un obradoiro sobre coidado emocional pechará o Ciclo de Saúde Feminina en maio

O obradoiro Coidado emocional, desenvolvemento e empoderamento creativo pechará o ciclo de saúde feminina o 4 de maio.

Esta actividade será impartida pola xestora de recursos humanos Reina D’Hoore. O obxectivo deste obradoiro é “reforzar a confianza e autonomía das mulleres”, explica a concelleira Iria Vilaboa.

A terapeuta abordará coas participantes a xestión emocional centrando a atención nas emocións e os pensamentos, e explorarán o autocoñecemento, analizando as fortalezas e necesidades individuais de cada unha.

Falarase da saúde emocional desde unha perspectiva de xénero “e como os roles e estereotipos inflúen no malestar emocional”. Por último a terapeuta afondará na importancia do “autocoidado e da autoestima”, promovendo estratexias prácticas de valoración persoal e fomentando o apoio mutuo entre as participantes.

O obradoiro, que é de balde, está dirixido a mulleres maiores de 18 anos. Impartirase o sábado 4 de maio de 10.00 h a 14.00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Para participar é necesario inscribirse previamente no teléfono 986 40 28 65 ou no enderezo electrónico [email protected].

A ‘IX sestelo-Clásica Álvaro Pino’ homenaxeará ao exciclista ponteareán Jesús Carballido

O Concello de Ponteareas continúa apostando polas actividades que impulsan o deporte no municipio e, nesa liña, presentou na tarde de onte a novena edición da proba ciclista ‘Sestelo-Clásica Álvaro Pino’. O evento tivo lugar nos Xardíns da Xiralda e nel participaron a alcaldesa, Nava Castro; o edil de Deportes, Luis Rodríguez; a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez así como o presidente do GDR, Pablo Castillo e os ciclistas Óscar Mosquera, Jesús Carballido e Álvaro Pino. Tamén participou no acto Roberto Álvarez, do Grupo Sestelo. 

O evento deportivo, que se celebrará o próximo 26 de maio, homenaxeará ao exciclista ponteareán Jesús Carballido e contará coa participación do gañador de catro edicións de La Vuelta, Roberto Heras, como invitado especial. Como é habitual, a proba conta cun percorrido longo de 123 quilómetros e outro reducido de 67 quilómetros. Ambos teñen como meta e saída o casco urbano dePonteareas e discorren polos municipios de Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, A Cañiza, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves. 

O acto estivo dirixiuno o xornalista ponteareán Terio Carrera e puxo en valor que Ponteareas é o único municipio de España que conta con tres gañadores de La Vueltav, Delio e Emilio Rodríguez e Álvaro Pino. Este último estivo presente durante a presentación desta proba ciclista e enxalzou a calidade deportiva que caracteriza ao municipio. 

As persoas que desexen participar ben no percorrido longo ben no curto dispoñen ata o 19 de maio para inscribirse. Na actualidade, o evento xa conta con algo máis de 250 e agárdase chegar ata os 400 participantes. 

O edil de Deportes, Luis Rodríguez, apunta que “esta proba é unha das máis agardadas polo nosa veciñanza posto que somos unha vila na que todos e todas podemos presumir de contar con tres gañadores de La Vuelta” e incidiu en que “o ciclismo é unha das disciplinas que forma parte da nosa esencia e desde o Concello continuaremos impulsándoo”. 

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, indica que “o ciclismo fala do que somos e do que conseguimos con esforzo, traballo e compromiso” e apuntou que “é un orgullo presentar unha nova edición desta proba deportiva que encherá as nosas rúas de máis de 400 persoas que percorrerán, pedalada a pedalada, o noso patrimonio natural e cultural”.

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, mantiveron hoxe unha reunión na Casa do Concello de Redondela, a primeira dende que Botana tomou posesión como presidente do Porto vigués en xullo do ano pasado. A xuntanza serviu para poñer sobre a mesa co novo presidente portuario todos aqueles temas pendentes entre ámbalas dúas administracións e que son considerados pola rexedora local como “irrenunciables para Redondela”.

Na xuntanza de traballo, na que tamén estaban presentes o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, e a directora do Porto, Beatriz Colunga, a alcaldesa interesouse polos plans futuro da Autoridade Portuaria para o cargadoiro de mineral de Coto Wagner “que é un ben cutural e industrial de Redondela que conta co recoñecemento de Patrimonio tanto da Xunta de Galicia como do Estado”. “Este Concello vaise opoñer frontalmente a calquera uso deste espazo litoral que non pase pola súa recuperación”, afirma a rexedora.

A decisión da Autoridade Portuaria de derrubar o cargadoiro levou ao Concello de Redondela a encargar un estudo técnico, realizado en 2020, e que avala a restauración e posta en valor deste patrimonio industrial.

O Plan de Delimitación de espazos e usos do Porto de Vigo (DEUP) foi outro dos temas tratados neste primeiro contacto entre a alcaldesa redondelá e o presidente da Autoridade Portuaria, requirindo a rexedora local información “sobre o punto en que se atopa a tramitación e se hai algún avance na mesma logo das alegacións que presentamos dende o Concello, en decembro do 2020, diante do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico”. Polo de agora, segundo a información do Porto, o plan segue paralizado.

O futuro da explanada de Duchess foi outro dos asuntos que Rivas lembrou ao novo presidente, xa que o Goberno redondelán “amosou sempre a súa oposición ao proxecto de reordenación do acceso á zona portuaria de Rande dende a N 552 polo impacto negativo que tería para o territorio e a veciñanza”.

A alcaldesa redondelá insistiu en que tanto o DEUP como a reodenación de accesos, “son de extraordinaria importancia para coñecer cal é a intención do Porto de Vigo sobre a zona do cargadoiro mineral e se manteñen o proxecto de depósito de contedores, algo ao que este Goberno oponse frontalmente”.

Amais de poñer ao corrente ao novo presidente do Porto de Vigo dos temas pendentes entre ámbalas dúas administracións, a reunión de traballo serviu para transmitirlle a Carlos Botana que os todos os asuntos tratados “son considerados como irrenunciables por parte do Goberno local”.

As reivindicacións do Concello de Redondela son as mesmas que Rivas lle trasladou en marzo de 2021 ao anterior presidente, Jesús Vázquez Almuíña, nunha xuntanza mantida tamén na casa consistorial redondelá “xa que despois deste tempo non obtivemos resposta ás nosas demandas”.

Finalmente, Digna Rivas, que cualificou a reunión de “cordial e frutífera”, expresou a súa confianza en que “avancemos nos temas postos sobre a mesa de traballo e que poidamos chegar a un punto de entendemento que dea unha solución definitiva a todos estes temas”.

O Kiwi Atlántico-Creaga presenta o seu reforzado equipo para esta tempada

O Club Master Louriña presentou hoxe ao seu equipo feminino, o Kiwi Atlántico-Craega. Ao acto de presentación acudiron o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, o presidente do Club Master Louriña, Juan José Álvarez, a directora nacional do equipo, Sonia Pariente, e o responsable do principal patrocinador Kiwi Atlántico, Rafa Pérez.

O Kiwi Atlántico-Louriña naceu en pleno ano da pandemia, 2020 e nestes anos foi quen facerse un oco no pelotón nacional e, sobre todo, no galego. Na actualidade, o equipo disputa o ranking Nacional, destacando a Copa de España, ocupando un noveno posto e coa vista posta a rematar o ano no top 10. 

Destacan os reforzos da actual campioa Uruguai yeBrasil Sub 23, Luciana Wynants, e a campioa brasileña Sub 23, Lara Gabriel nunha clara aposta polos novos talentos. Renovan a campiona galega de Élite de ruta, María Coya e a porriñesa Carla Guisande, Medalla de bronce nos europeos de Triatlón. 

O presidente do Master Louriña quixo destacar a evolución do equipo “desde a nosa humilde orixe  ata hoxe, que disputamos contra os grandes e nos convertemos nun importante trampolín para que moitas mulleres dean o salto ao ciclismo profesional. Como é por exemplo o caso de Allison Mugral, que tras pasar polo Kiwi Atlántico-Craega hoxe é profesional en Francia”. 

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes reiterou “o apoio do Concello ao deporte feminino e a este equipo en concreto. O Master Louriña é un club que xoga un papel importante no no Porriño, organizando eventos con especial esmero que colleitan éxitos de participación e público. Unha entidade que non para de crecer e que nos permite ter no Porriño a ciclista de primeiro nivel, á que lle desexo unha tempada de éxitos”.

Máis dun milleiro de nenos e nenas participan na Alameda de Redondela no proxecto escolar ‘Espallar Tinta’

0

Un total de 1.045 alumnos e alumnas dos diferentes centros de ensino de Redondela participan esta semana no programa Espallar Tinta. A Alameda de Castelao acolle desde hoxe luns e ata o o mércores esta actividade na que participan os colexios de Educación Primaria e Infantil de Redondela para promover a dinamización da escritura e a literatura na infancia.

O Concello de Redondela colabora co CEIP plurilingüe de Cedeira na organización deste proxecto. Espallar Tinta recolle durante tres días os proxectos de máis de 1.000 nenos e nenas nunha feira na que o propio alumnado dá a m conecer as súas producións escritas (noticias, contos, poemas, regueifas…).

Un xeito de dar visibilidade á infancia e a todo aquilo que escriben e queren compartir. Para a alcaldesa Digna Rivas “é moi importante facilitar espazos ao aire libre e abertos ao público onde os nenos e nenas poidan expresarse con seguridade e ensinar o seu traballo”.

O concelleiro de Ensino, Iván Valles, salientou tamén a importancia de actividades como esta para favorecer “a convivencia entre o alumnado dos diferentes centros, e poder compartir proxectos e experiencias”.

O Concello deRedondela achega os postos para as exposicións, os equipos de son, asi como o traslado do alumnado ata a Alameda, e colabora na organización xunto coa profesora Jessica Rodríguez Piñeiro, do CEIP de Cedeira a quen Rivas agradece o seu traballo “na organización dun evento desta magnitude”.

Abel Losada alerta de que a velocidade está detrás dun 30 % dos accidentes mortais que se producen nas estradas

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presentou esta mañá a campaña de control de velocidade impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) coa que se reforzará a seguridade viaria de aquí ao próximo domingo, día 21. A campaña, que incidirá especialmente nas estradas convencionais (as que dispoñen dun só carril en cada sentido) e nas vías urbanas da provincia, forma parte da programación anual da DXT e ten como obxectivo concienciar na necesidade de respectar os límites de velocidade.As estradas interurbanas concentraron o 74 % dos accidentes rexistrados na provincia durante o primeiro trimestre de 2024. 

Abel Losada explicou que esta campaña busca inculcar ás persoas usuarias das vías a estreita relación entre os excesos co acelerador e os accidentes e lembrou que aproximadamente o 30% dos sinistros mortais gardan relación directa coa falta de respecto aos límites. “Hai queadaptar a velocidade non só á normativa, senóntamén ás circunstancias da vía e ás condicións climatolóxicas, porque unha velocidade adecuada salva vidas”. 

A campaña está coordinada pola Xefatura provincial de Tráfico de Pontevedra e empregará o máximo de medios posibles, co aviso, cando sexa posible, da existencia de controis a través dos paneis de sinalización variables e nas pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico situadas nas inmediacións. Na presentación, que se fixo a pé da N-550, Abel Losada estivo acompañado da xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, e do capitán do Subsector da Garda Civil, Antonio Pérez Piteira.

Os controis, que velarán polo cumprimento dos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos, reforzaranse naqueles tramos máis perigosos das estradas convencionais. Neste sentido, o subdelegado evidenciou a súa preocupación polos datos de sinistralidade viaria no que vai deste ano 2024, no que se levan rexistrados 1.435 accidentes e 10 vítimas mortais, “o que supón un importante reponte, superior ao 10 % no caso dos sinistros e do 30 % no caso dos falecementos”, advertiu. “Está sendo un comezo de ano preocupante”.

O 70 % dos accidentes son en estradas autonómicas e locais

Abel Losada criticou a politización da seguridade viaria e o uso dos accidentes de tráfico como un arma de confrontaciónpartidista. A este respecto subliñou que das 10 persoas falecidas en sinistros de tráfico na provincia no que vai de ano, 6 faleceron en estradas autonómicas, 3 en vías estatais e 1 nunha pista municipal. “Esas persoas, que están en cargos públicos de responsabilidade, que nestes días se esforzan tanto en tratar defocalizar na rede estatal todos os problemas de seguridade viaria da provincia deberían reflexionar sobre estes datos, xa que un 70 % dos accidentes que se produciron no primeiro trimestre do ano aconteceron en estradas de titularidade autonómica, provincial oumunicipal”, incidiu, antes de facer un “chamamento á sensatez”.

O subdelegado resaltou tamén o compromiso do Goberno de España co mantemento das estradasde titularidade estatal, lembrando que os Orzamentos Xerais do 2023 reservaron 1.400 millóns de euros para conservación. “O actual Goberno non só incrementa o importe, senón que é o primeiro en dedicar máis fondos á conservación que á construción de novas infraestruturas”, engadiu. 

Insistiu Losada en que o deterioro dos firmes éfroito dos recortes do Goberno de Mariano Rajoy. “Os pavimentos teñen unha vida útil duns 15 anos, polo que as fochancas de hoxe son o legado dos recortes do PP no pasado”, explicou.Recordou o subdelegado que o último orzamento do Goberno de Zapatero, en 2011, asignaba1.079 millóns de euros para o mantemento das estradas, mentres que o último presuposto de Mariano Rajoy, no 2018, destinaba a este fin tan só 755 millóns de euros, o que supón unha redución do 25%. “Para reverter os recortes e recuperar o tempo perdido, o Ministerio de Transportes duplicou, desde 2018, as partidas para a conservación, pero vai levar un tempo”. Einsistiu en que “independentemente do traballo de cada unha das administracións, a cooperación institucional é fundamental para acadar a meta compartida de mellorar a seguridade viaria, porque hai accidentes nas estradas de tódalas Administracións”. 

Un 4% de infraccións na anterior campaña

A campaña que hoxe comeza é unha peza central da programación anual da Dirección Xeral de Tráfico. Os datos dos sete días de campaña do pasado ano, celebrada entre os días 17 e 23 de abril de 2023, amosan que os e as axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil realizaron un centenar de controis, rexistrando o paso de 27.105 vehículos. Do total de vehículos controlados, o 4 % dos e das condutores foron denunciados por sobrepasar os límites.