O grupo municipal do PP de Tomiño vén de solicitar, a través dunha moción que se debatirá no vindeiropleno ordinario, o incremento das axudas municipaispara actividades sociais, culturais e deportivas ata os 120.000 euros anuais a partires do ano 2025 para tratar de deixar atrás os recurtes económicos do goberno local nesta materia nos últimos catro anos.
Os populares indicaron que o executivo do BNG chegou a destinar ata 100.000 euros para estas actividades, pero no ano 2021 aplicou o que cualifican de “tesoirazo” do 10 % e baixou a partida ata os 90.000 euros, cifra na que permanece estancada desde entón e que “tristemente” se mantén no presente 2024. E ademais deste recurte efectivo en termos absolutos, as asociacións e os deportistas de Tomiño tamén se ven afectados por outra diminución nas achegasmunicipais que reciben, posto que a conxelación da partida non lles permite compensar a suba da inflación en preto dun 20 % ao longo dos últimos tres anos e mingua as súas posibilidades de accións e funcionamento.
“A perda adquisitiva real dos colectivos, que son fundamentais para a dinamización do noso municipio coas súas actividades, cífrase nun 30% nos últimos catro anos, xa que ao recurte do goberno local haique engadirlle que, con eses mesmos cartos, poden facer moitas menos cousas porque, como todo o mundo entende, todo subíu moito de custe nestetempo. Polo tanto, só podemos lamentar o desleixodo goberno do BNG coas asociacións e cos nososdeportistas e imos esixirlle que rectifique de cara o próximo ano”, detallou a voceira municipal, Lara Meneses.
En concreto, na proposta presentada polo PP tomiñés demándase que a partida se incremente dos 90.000 euros actuais ata os 120.000 euros co dobreobxectivo de recuperar a contía que estaba vixenteata o ano 2020 e compensar a perda adquisitiva real polos efectos da suba do IPC. Ao respecto, engadena necesidade de que este “razoable aumento” esteavixente a partires do próximo ano e se inclúa unhapartida específica nos Orzamentos Municipais 2025.
“Estamos a facer unha proposta construtiva, xusta e necesaria, que ademais está orientada a tratar axeitadamente aos colectivos e deportistas que tanto fan por Tomiño e actuamos ademais en tempo e forma para que o goberno, se ten a ben atendela, poida incluila nas contas do ano que vén cando comece coa súa elaboración no vindeiro outono”, explicou a concelleira.
Finalmente, o PP local lembrou que concellos moisimilares en poboación e movemento asociativo, como é o caso de Cambados, destinan máis fondos a esta materia, cifrados en 122.000 euros por exercicio, e lamentou a perda de peso específico destas axudas nos orzamentos municipais, xa que no ano 2017 representaban o 1,41% das contas do Concello e no presente exercicio apenas suporán o 0,98% dos recursos públicos de Tomiño.