Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo unha acción que, coordinada pola OMIX do Concello da Guarda, presenta diferentes actividades levadas a cabo polas asociacións da vila, para dinamizar o tempo de ocio de, principalmente, a poboación nova do municipio.
As actividades propostas son tan diferentes como as propias entidades xa que AGuarda conta cun amplio abano de tecido asociativo, con ganas de participar e ofertar á poboación novas alternativas e propostas atractivas.
As accións programadas son:
- Maquillaxe e caracterización – San Xerome
- Aula no centro San Xerome
- 10 de maio de 19:00 h a 21:00 h
- Obradoiro de escritura creativa – FOCO
- Centro Cultural
- 24 de maio de 18:30 h a 20:00 h
- Aplicacións en croché – Vento Mareiro
- Aula antigo Sinde, segunda planta (enriba do albergue municipal)
- 25 de maio de16:30 h a 18:00 h
- Bolsiños de macramé – Enredémonos – Érguete Baixo Miño
- Aula situada no Concello
- 1 de xuño de 17:00 h a 20:00 h
- Embárrate! crea túa peza cerámica – Avelaíña
- Sede Avelaíña
- 8 de xuño de 10:00 h a 13:00 h
As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade.
Levaranse a cabo nas sedes das entidades agás as de Érguete e FOCO que utilizarán espazos municipais.
A inscrición nos obradoiros terá que facerse na OMIX da Guarda preferiblemente por mail ao enderezo [email protected] deixando os datos persoais e de contacto e indicando as actividades nas que se solicita praza por orde de preferencia.
Máis información na OMIX da Guarda