Susana Garrido Pombo será a encargada de pechar o ciclo musical ‘Petiscos en Igualdade’ organizado polo Concellería de Igualdade. O seu concerto, incluído na programación co gallo do 8M, tivera que adiarse por mor da chuvia. A actuación será o domingo 21 de abril a partir das 12.00 horas na Alameda Castelao.
Su Garrido Pombo é unha cantante e compositora galega cun estilo musical que abrangue diversos xéneros con matices de m bossa, folk, jazz ou latin, entre outros.
Un obradoiro sobre coidado emocional pechará o Ciclo de Saúde Feminina en maio
O obradoiro Coidado emocional, desenvolvemento e empoderamento creativo pechará o ciclo de saúde feminina o 4 de maio.
Esta actividade será impartida pola xestora de recursos humanos Reina D’Hoore. O obxectivo deste obradoiro é “reforzar a confianza e autonomía das mulleres”, explica a concelleira Iria Vilaboa.
A terapeuta abordará coas participantes a xestión emocional centrando a atención nas emocións e os pensamentos, e explorarán o autocoñecemento, analizando as fortalezas e necesidades individuais de cada unha.
Falarase da saúde emocional desde unha perspectiva de xénero “e como os roles e estereotipos inflúen no malestar emocional”. Por último a terapeuta afondará na importancia do “autocoidado e da autoestima”, promovendo estratexias prácticas de valoración persoal e fomentando o apoio mutuo entre as participantes.
O obradoiro, que é de balde, está dirixido a mulleres maiores de 18 anos. Impartirase o sábado 4 de maio de 10.00 h a 14.00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Para participar é necesario inscribirse previamente no teléfono 986 40 28 65 ou no enderezo electrónico [email protected].