16 C
Pontevedra
Martes, 21 de Maio de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre a presentación de solicitudes para o campamento de verán do...

    Nigrán abre a presentación de solicitudes para o campamento de verán do mes de xullo

    O Concello organizará por vez primeira outro campamento de verán no mes de agosto, para o cal se abrirá outro prazo de solicitude

    O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Verán 2024’ do mes de xullo co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O prazo de solicitude abrirá do 2 ao 10 de maio e, por primeira vez, o Concello ofrecerá outro campamento no mes de agosto para o cal se abrirá posteriormente un novo prazo de solicitude.

    O campamento de xullo está destinado a nenos e nenas empadroados no municipio e nados entre 2012 e 2021 e terá lugar do 25 de xuño ao 31 de xullo de luns a venres, de 9:00 h a 14:00 horas (con posibilidade de amplialo de 7:45 h a 15:15 horas). Desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes e o prezo é de 75 euros en horario reducido e 85 euros en horario ampliado (existen bonificacións para familias con baixos recurso económicos cun prezo de 18,75 € no horario reducido e 21,25 € no horario ampliado). Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou descargarse na páxina web nigran.sedelectronica.gal/Taboleiro de Anuncios

    Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº 65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.