14.7 C
Pontevedra
Venres, 3 de Maio de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosDeputación e Concello de Mos analizan o estado das estradas provinciais no...

    Deputación e Concello de Mos analizan o estado das estradas provinciais no municipio

    A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, analizou coa alcaldesa Nidia Arévalo, o proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros

    A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de reunirse en Mos coa súa alcaldesa, Nidia Arévalo, e membros da Corporación Local para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso polo municipio. Entre outras cuestións, as dirixentes afondaron no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros.

    A actuación en Dornelas, tal e como remarcou a deputada, trátase dunha obra que se vai acometer de “xeito inminente”. O proxecto atópase moi avanzado, segundo informou Couselo, e, nestes momentos, o Concello de Mos está a ultimar termos relacionados cos terreos.

    Ademais da EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, a deputada provincial e a alcaldesa de Mos analizaron outros dous proxectos que se van acometer en dúas estradas provinciais ao seu paso pola localidade: a reparación de beirarrúas nun tramo de 600 metros da EP-2603 Puxeiros-Peinador e a mellora da mobilidade peonil nun tramo de 200 metros da EP-2601 Mos-Puxeiros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.