A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba e o grupo Algazara de Celeiros presentaron unha nova edición de ‘Algazara Danzando entre Culturas’ que terá lugar este domingo día 21 a partir das 22:00 h no parque da Feira Vella co patrocinio do Concello Ponteareán, nesta edición como xa adiantaba Comarcas na Rede no seu momento, participarán grupos de países como EE.UU., Guinea Bissau, Martinica ou Galiza.
O Trinity Irish Dance Ensemble (TIDC) de EE.UU. foi fundado no ano 1990 dirixido polo director artístico Mark Howard na procura incesante de buscar medios de expresións orixinais mantendo un alto respecto pola tradición da danza irlandesa. O resultado é unha visión artística completamente nova e atractiva que vai máis aló da fonte sen perder o contacto coa súa esencia.
TIDC ten colleitado éxitos en escearios de todo o mundo con entradas esgotadas en Europa e Asia tendo actuando no Centro Kennedy de Washington, nos teatros Joyce y New Victory de Nueva York, o Orchard Hall de Tokio e o Royce Hall de Los Ángeles, entre moitos outros.
A Associação dos Amigos da Criança fundou no ano 2000 o Grupo Cultural Netos de Bandim co obxectivo de crear un ambiente de integración sociocultural para a mocidade do barrio de Bandim nun contexto de post guerra militar (1998). Da necesidade de xerar espazos de convivencia a través da música e da cultura para grupos da sociedade que rozaban a extrema pobreza a gañar no ano 2010 o Festival de Cultura Tradicional Africana celebrado en Gambia, este grupo, que ten actuado en escearios de todo o mundo, traballa tamén pola educación a través da cultura.
Folklorique Group Les Balisiers de la Martinique naceu no ano 1966 e hoxe está presidido por Josélita Francisque co obxectivo de perpetuar a través da danza, da música e do baile a tradición e a cultura da illa Martinica.
Por último, actuarán os organizadores de “Danzando entre Culturas”, a Agrupación Folclórica Algazara que xurdíu a partires dunha xuntanza de mozos e mozas co afán de conservala nosa tradición no folclore, tanto na danza coma na música, aló polo mes de novembro de 1997.Os membros da agrupación repártense entre as seccións de baile, gaita e pandeireta e as respectivas escolas, con idades comprendidas entre os seis e os setenta anos.
Fernando Groba convida a toda a veciñanza a gozar deste espectáculo único que brinda a ocasión de coñecer, totalmente de balde, outras culturas e formas de expresión. A danza e a música son o eixo común de todas as culturas do mundo e esta fin de semana aterran en Ponteareas tres delas cargadas de sons e movementos dos que non podemos desfrutar ao longo do ano.
O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará esta semana as obras de construción dunha glorieta para resolver a situación de inseguranza viaria que existe na intersección de Cristelos, no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial EP-3101 dentro do Concello de Tomiño. Ademais da construción da rotonda para regular o tráfico, instalaranse tamén elementos redutores de velocidade, delimitarase unha zona de circulación peonil e unha nova parada de autobús, e construiranse novos servizos de alumeado e drenaxe.
Segundo indica o departamento de Mobilidade, está previsto realizar a obra sen afección ao tráfico salvo durante os asfaltados, cunha previsión de execución de cinco meses, polo que a nova glorieta estará finalizada e operativa antes de finais deste ano.
A mellora da seguranza viaria na zona vén obrigada debido a que non existe un itinerario peonil seguro, posto que non hai cunetas e a beiravía está invadida de maleza, e a que a parada do autobús escolar existente non está convenientemente sinalizada, convivindo de xeito perigoso os tránsitos de persoas, coches e autobuses.
O proxecto inclúe unha ampliación da calzada para a instalación da rotonda, onde será preciso un pequeno desmonte. A nova intersección terá unha ronda cun diámetro exterior de 28 metros e dous carrís de catro metros cada un. Disporá de áreas con espazos de sección media útil de 2,5 metros para os peóns na zona da parada de bus, e crearase unha nova rede de alumeado público con 10 unidades de iluminación led, catro delas nunha columna no anel interior da nova glorieta.
O Concello de Nigrán ofrece ata o venres 19 de xullo tres concertos de violoncellistas que asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia ‘Soncello’. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado, e serán de entrada gratuíta para a veciñanza.
Logo do concerto que hoxe comezaba ás 21:30 horas no auditorio de Nigrán, a cargo do Ensemble Allettamento (Mario Braña, violín barroco/Elsa Pidre cello barroco), o programa seguirá co concerto que terá lugar nos exteriores da Capela da Alameda de Ramallosa, o xoves 18 ás 22:00 h, e no que veciñanza e visitantes poderán gozar da orixinal proposta de Margarida Mariño explorando as posibilidades da combinación do violoncello coa electrónica, seguida polo dúo formado por Iván Nogueira e a propia Margarida que interpretará obras de A. Vivaldi e F. Kummer entre outros.
Xa o venres 19, no patio exterior CEE de Panxón ás 22:00 h, o alumnado e o profesorado do curso deste IV Curso ‘SonCello’ ofrecerán un concerto Alumnado e profesorado do IV Curso Soncello, programa por definir.
Este curso de verán (dirixido a músicos de tódolos niveis) inclúe clases individuais e colectivas coas profesoras Carolina Landriscini, Isabel Font e Isabel Figueroa, clases e ensaios de conxunto, orquestra de violoncellos, obradoiros de técnica (Carolina Landriscini), violoncello barroco (Fernando Santiago) ou improvisación libre (Margarida Mariño), Pilates (Isabel Font) ademáis de outras actividades de tipo lúdico e de lecer.
A participación de todo o pobo da Guarda no evento organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), as asociacións Piueiro e Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello da Guarda foi un dos principais factores que determinou o éxito do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha celebración, que este ano cumpriu o seu décimo cuarta edición e que foi cualificada de “inesquecible” por tripulantes e veciños.
Non foi casual, por tanto, que a homenaxe a participantes e aos máis e 120 voluntarios marcase a última das xornadas do Encontro. Un día que aínda que amenceu con néboa, enseguida viu o sol, o que permitiu a celebración de todos os actos programados. Desde a mañá sucedéronse as saídas en barco e nos xa populares “faluchos”, pequenas embarcacións construídas a partir de bidóns de 200 litros aceite, que foron un éxito entre os máis pequenos.
Xa ao mediodía, e tras a comida de confraternidade diaria, os presidentes de Culturmar e Piueiro presentaron o evento de despedida para tripulacións e delegacións. Un a un foron chamados ao escenario e recibiron un agasallo como testemuño da súa participación no Encontro da Guarda. Dous emocionados Manuel García Sendón e Joaquín Cadilla agradeceron aos participantes o seu entusiasmo, a súa colaboración e emprazáronlles a participar no evento que terá lugar en 2021, cuxa localización non se coñecerá ata 2020.
Pola noite, os protagonistas foron os voluntarios locais que ao longo de catro días, a pesar da calor e das horas de traballo, conseguiron que o evento discorrese da mellor forma posible. Foron máis de 120 persoas, de todas as idades, que contribuíron a que o Encontro deste ano fose especial.
Tras a cea, A Guarda despediu o Encontro de Embarcacións Tradicionais cun mega concerto de rock a cargo de diferentes grupos locais. Coa súa música, a vila dixo adeus a catro días para o recordo.
A deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, non quixo perderse o Encontro de Embacacións Tradicionais de Galicia da Guarda
A nova responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, achegouse esta mañá ao recinto feiral para visitar xunto co alcalde da Guarda, a concelleira de Patrimonio e o presidente de Culturmar as distintas casetas que conforman o recinto do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Alonso visitou a exposición ‘Achega dás mulleres á sustentabilidade do Mar’, a mostra de fotografía “‘Vento nas velas’, de Xurxo Lobato, e a caseta de encaixe, todos eles patrocinados pola Deputación. Tamén charlou cos mozos mestres canteiros e con varios artesáns locais que formaron parte nestes últimos catro días do amplo programa de actividades do evento. Para rematar, fixo unha pequena travesía a bordo dunha das embarcacións do evento.
O Concello de Salceda iniciará nestes días as obras da primeira fase do proxecto de mellora das instalacións deportivas municipais de Penedo Redondo, ubicadas na parroquia de Parderrubias. Nesta primeira fase contémplase a construción dunha sala de usos múltiples á que se accederá dende a fachada sur do edificio actual, na que se contará con un vestiario.
A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, quere recordar á cidadanía que cada semana os veciños poden dispor do servizo de recollida de enseres, referíndose deste xeito a mobiliario voluminoso, colchóns, neveiras ou somieres, entre outros moblaxes de particulares e dos fogares. Todos aqueles que queiran empregar este servizo deberán comunicalo previamente chamando ao número de teléfono 986 64 03 07 e os responsables do servizo indicarán o día e lugar onde depositar na rúa o moble ou enser.
Dende o servizo que presta a empresa FCC lembran a importancia de comunicar previamente a necesidade de chamar sempre para solicitar a recollida dos mobles e enseres, para dun xeito controlado, garantizar que este tipo de residuos voluminosos estean o mínimo tempo posible ocupando a vía pública.
Os electrodomésticos de pouco volume non son considerados enseres e non poderán deixarse na rúa nin nos contedores, tendo que ser depositados no Punto Limpo Municipal ubicado en Areas.
Que deixar no Punto Limpo? O punto limpo ofrece un amplo horario, de luns a venres de 08:30 h a 13:45 horas e de 16:00 h a 18:00 horas, estando aberto tamén os sábados de 10:00 h a 13:00 horas. Todos e todas as empadroadas en Ponteareas terán dereito a usar sin coste os servizos do Punto Limpo. Dende aceites de fritura a electrodomésticos ou restos de obras menores son recollidos no Punto Limpo Municipal que só poden empregar únicamente particulares.
Todos os restos que os veciños e veciñas queiran deixar neste punto limpo terán que estar perfectamente identificados, xa que non se admite a entrega de residuos cuxo contido sexa descoñecido.
A concelleira Rosa Covelo lembra a “importancia da reciclaxe” e pide a colaboración da cidadanía na selección do lixo depositando cada resto no contedor axeitado e “contribuíndo así na mellora da calidade medioambiental e na construción dunha vila máis sostible e máis respectuosa na liña das directrices recollidas na estratexia de futuro «Ponteareas, Hábitat Saudable»”.
O concello de Ponteareas conta cun total de 135 contedores distribuídos polo centro urbano e 830 no rural. Tamén conta con illas de recollida selectiva (envases/papel/vidro e pilas) sendo 51 no casco urbano e 66 no resto das parroquias. Cómpre salientar que este servizo foi valorado positivamente polos veciños e veciñas na última enquisa do servizo realizada.
O Concello de Nigrán instalou un novo posto de socorrismo en Panxón (cara a zona portuaria) que se suma aos dous xa existentes no inicio do Paseo, ao lado do río Muíños e na zona de Lourido, reforzándose así a vixiancia do areal máis concurrido do municipio. Neste novo punto, e co obxectivo de mellorar a calidade asistencial, realízanse agora os baños adaptados con cadeira-anfibia, xa que os usuarios e técnicos coinciden en que a auga de Panxón, con menor oleaxe que a zona de Praia América-Lourido na que se viñan realizando, é máis indicada para ofrecer o servizo.
Asemesmo, e tamén coma novidade, os usuarios das cadeira-anfibias ou os seus acompañantes poden solicitar tamén alí unha tarxeta especial para poder aparcar o coche na rúa do Paseo de Panxón durante o tempo que dure o baño. Coma en anos anteriores, os baños ofrécense dende as 13:00 h ás 19:00 horas, teñen unha duración de 20 minutos, e son asistidos por tres voluntarios de protección civil e un socorrista. A maiores, tódolos postos de vixiancia dispoñen dende o ano pasado de muletas e andadores adaptados deseñados especialmente para o seu uso na area.
Outro novo servizo xa operativo tamén dende o 1 de xullo é a primeira moto acuática de rescate e vixiancia, entregada á Mancomunidade do Val Miñor en febreiro deste ano e que opera en Nigrán e Baiona. Este vehículo, capaz de chegar de Panxón a praia de Ribeira (Baiona) en menos de 5 minutos, está manexada por un patrón voluntario de Protección Civil e un socorrista e conta cunha camilla na parte posterior. As motos acuáticas de salvamento son o método máis rápido, áxil e eficaz de conseguir chegar a unha vítima, e na maioría de condicións meteorolóxicas e lugares de difícil acceso, debido ao seu tamaño e o seu pouco calado.
Ademais, permiten realizar vixilancia dinámica para ter un maior control sobre os bañistas afastados e facer un servizo de prevención, realizar rescates a calquera tipo de vítimas, así como a persoas de embarcacións, windsurf ou similar que teñan dificultades de regresar á beira e perige a súa vida.
“A vixiancia nas nosas praias vese reforzada ao crear este posto de socorrismo novo, dispor de máis medios, e incluso de máis persoal de vixiancia e salvamento que outros anos”, explica Juan González, alcalde de Nigrán
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno o expediente de contratación para adxudicar as obras de mellora da mobilidade peonil nas inmediacións da igrexa de Guláns en Ponteareas. Inícianse agora os prazos para que a institución provincial saque a licitación o proxecto, se abra a recepción de ofertas e se contrate á construtora, trámites que deberían estar listos antes do inverno se non xorden complicacións.
A actuación, impulsada polo departamento de Mobilidade provincial, pretende aumentar a seguranza viaria con elementos de calmado de tráfico e unha plataforma única entre os equipamentos, de feito que se habilita unha ‘zona 30’ de velocidade máxima. Darase así resposta ás continuas reclamacións da veciñanza da zona e do alumnado do centro de ensino para rematar coas situacións de perigo para as persoas que pasan camiñando polo ámbito de actuación (un treito de medio quilómetro da estrada provincial EP-4004).
O proxecto de Guláns inclúe a creación dunha nova beiravía na marxe esquerda aproveitando os sobreanchos existentes. No inicio da actuación construirase un paso de peóns sobreelevado, e ao final, cando se chega á zona de equipamentos (igrexa, cemiterio e colexio) habilitarase a plataforma única de prioridade peonil en formigón e franxas de pedra, todo elo nun área de velocidade máxima a 30 quilómetros por hora. Para aumentar a calidade urbana dotarase á zona dunha nova iluminación, substituíndo as luminarias e os báculos existentes por outras novas de maior eficiencia enerxética, así como instalando balizas led no pavimento para marcar a zona de convivencia.
Con esta actuación perséguese priorizar o tránsito peonil con seguridade, especialmente para os colectivos máis vulnerables (peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida) sempre baixo as premisas de buscar un deseño que sexa comprensible, utilizable e practicable por todas as persoas ademais de garantir unha circulación rodada tamén máis segura para os condutores.
O convenio asinado con Ponteareas para esta obra establece que a Deputación de Pontevedra financiará o 80% e o Concello o 20% restante dun investimento total de 382.858,96 euros e inclúe a transferencia da titularidade do treito reformado ao Concello.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente provincial César Mosquera, informaron o venres, en rolda de prensa, da composición e estrutura do novo goberno provincial, coa distribución de áreas, así como das deputadas e deputados que integrarán a Xunta de Goberno. Tal e como destacou Silva, a distribución responde aos catro “grandes obxectivos” do novo mandato que se vertebrará arredor da transición ecolóxica, da igualdade e do respecto á diversidade, dos dereitos da cidadanía e da cultura e desenvolvemento.
“Configuramos un goberno único, potente, cunha folla de ruta ben marcada e na que todos os acordos se deciden conxuntamente, de forma consensuada e atendendo a uns obxectivos claros e definidos”, asegurou a presidenta que tamén adiantou que o vindeiro martes terá lugar o Pleno de organización da Deputación. En canto á Xunta de Goberno, estará composta por dez persoas. Carmela Silva será quen presida o órgano e formarán parte do mesmo como vogais, por parte do PSdeG, Carlos López Font, Santos Héctor Rodríguez, Isaura Abelairas, Gorka Gómez, Noemí Outeda, Ana Laura Iglesias e Iria Lamas, e por parte do BNG, César Mosquera (quen actuará como presidente naquelas ocasións nas que a presidenta se teña que ausentar) e María Ortega.
En relación ás áreas de goberno, “temos feito un reparto ben pensado, atendendo ademais aos perfís profesionais das deputadas e deputados, que teñen un grande coñecemento das áreas que van desenvolver”, destacou a presidenta. “Trátase dun reparto moi paritario e atendendo aos grandes obxectivos do goberno que son a transición ecolóxica, a igualade e respecto á diversidade, os dereitos da cidadanía e a cultura e o desenvolvemento”.
Deste xeito, Cooperación Municipal será dirixida por Santos Héctor quen tamén se fará cargo do SAIM (Servizo de Asistencia Intermunicipal). Pola súa banda Isaura Abelairas volverá a encargarse de Igualdade e outro dos deputados que repiten mandato, Carlos López Font, será o responsable de Réxime Interior, Economía, Facenda e Novas Tecnoloxías e do ORAL.
Cultura será dirixida por Vicky Alonso; Deportes por Gorka Gómez; Cohesión Social por Olga García Ballesteros; Turismo e Xuventude por Ana Laura Iglesiase Infraestruturas e Vías provinciais por Gregorio Agís. Pola súa banda o Centro Príncipe Felipe, a Escola de Enfermería e a de Cantería serán responsabilidade de Noemí Outeda; e a Finca de Mouriscade, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o CAAN de Manuel González. Amais, a deputada Raquel Giráldez encargarse de Promoción Económica e Emprego e Iria Lamas de Proxectos Europeos, Arquitectura e Transición Ecolóxica e Medio Ambiente.
Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera confirmou que será o encargado do Museo de Pontevedra e do Plan Revitaliza e Uxío Benítez, que tamén repite mandato, levará Mobilidade alternativa e Espazos Públicos así como Cooperación Transfronteiriza e a AECT Río Miño. Amais, a deputada María Remedios Ortegaserá a responsable de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Patrimonio Material (etnográfico, arqueolóxico e arquitectónico) e Memoria Histórica, Normalización e Servizos Lingüísticos.
Ao igual que Carmela Silva, Mosquera amosouse convencido de que se fixo a mellor distribución posible para avanzar os vindeiros catro anos. “A vez pasada logrouse máis do que era previsible e seguro que neste mandato vai suceder o mesmo ou mellor, xa que sabemos que obxectivos e limitacións ten esta casa”, insistindo en que é fundamental poñer obxectivos máis alá das competencias impropias que asume a Deputación, xa que do contrario “sería un desgoberno”. Mosquera asegurou que “impulsar, mover, actualizar, e dar novos obxectivos a calquera área precisa moita enerxía, moito coñecemento, moita dispoñibilidade” e indicou “con toda a seriedade” que “se alguén pensa que nestes momentos o BNG leva pouca cousa, podo dicir que levamos demasiado”. Fixo referencia, así, a áreas como Memoria Histórica ou o Museo, do que dixo “darlle un salto para adiante vai dar ben de traballo e dedicación”.
Finalmente, o vicepresidente pediu ao Partido Popular que neste mandato “deixe a actitude esquizofrénica e bipolar que tivo a vez pasada”, lembrando que se ben nun principio os ‘populares’ amosaran o seu acordo, de repente, pasado o pleno de organización, e no seguinte pleno montaron “a marimorena sen vir a conto”. “Polo ben do PP e da institución, da que se pode sacar case todo e satisfacer demandas, agardo que cambien a actitude”, subliñou.
O concelleiro de Bo Goberno do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, amosou a súa sorpresa diante das críticas do Partido Popular en relación coas nóminas do persoal municipal. “Entendo que o PP e Villar non respecten nin os tradicionais 100 días de graza, porque a derrota de maio foi dura e é mala de dixerir para un partido que non sabe perder, pero aínda así deberían informarse antes de dar renda solta a súa frustración electoral”, sinalou o edil nacionalista.
O Grupo Municipal do PP aseguraba en pasados días que o Goberno local non cumpría “cos traballadores laborais do Concello” e polo tanto “esixía” ao alcalde “que proceda de xeito inmediato a aboarlles esta importante cantidade de diñeiro correspondente á paga extraordinaria de xuño”. Acusaba a portavoz popular, Belén Villar, ao goberno de esquecerse “de aboar a máis de 100 empregados municipais entre 400 € e 500 € correspondentes á paga extra”. Para rematar o PP subliñaba o feito de que se privatizara o servizo de nóminas do Concllo cunha empresa externa.
Roberto Mera explicou que a contratación dos traballos de confección das nóminas a unha empresa “é consecuencia da baixa laboral do responsábel do departamento de persoal, que se arrastra desde decembro, xusto cando entrou en vigor a Relación de Postos de Traballo do Concello, que obrigou a introducir importantes modificacións nas nóminas”. “Non é unha decisión política, é a maneira de asegurar a emisión das nóminas e o seu pago mentres se mantén a baixa laboral” explicou Mera, quen ironizou “dando a benvida ao PP de Ponteareas aos movementos contrarios ás privatizacións de servizos públicos. Agardamos velos con nós nas mobilizacións contra a privatización da sanidade e do ensino que abandeira Feijoo”.
Respecto ao suposto retraso de pagos a traballadores, Mera desmentíu as afirmacións do PP cualificándoas “de novas falsidades, como as dos salarios do goberno” e esgrimíu un informe do departamento de persoal no que se aclara que non existe ningún impago nin retraso senón que, en aplicación do novo convenio colectivo do Concello, se introducíu un cambio “na estrutura salarial de maneira que se cobra o mesmo pero distribuido doutra forma”. Mera convidou a Villar a pedir copia do informe no departamento laboral. Por último o concelleiro lamentou que “o PP, como no salvaxe oeste, primeiro dispara e logo nin sequera pregunta” e animou aos populares a ser serios, a abandonar a política do “minte que algo queda” e a informarse no Concello con datos oficiais e non a través das redes sociais ou da rumoroloxía.
O Concello do Rosal vén de poñer en marcha un proxecto co que se pretende “fomentar e practicar” unha participación veciñal real e efectiva. A iniciativa, que se desenvolverá baixo o nome de ‘A veciñanza conta’ busca que as veciñas e veciños sexan parte activa na xestión municipal.
Segundo explica o Concello, para mellorar “pouco a pouco o pobo” e planificar os orzamentos, o executivo que preside Ánxela Fernández Callís, considera que “é preciso escoitar cales son as cuestións e necesidades que temos que priorizar na xestión dos recursos”.
Para conseguir este obxectivo, o pasado día 9 de xullo comezaban unha serie de reunións coas asociacións do municipio coa finalidade clara “de construír entre todos e todas o futuro do Rosal”, conclúe o Concello.
O NigranJazz sempre va a máis. Consolidada como unha das citas imprescindibles do jazz a nivel nacional, o festival de Nigrán terá na cantante americana e educadora vocal Deborah J. Carter, a gran estrela da edición deste 2019. A cantante protagonizará a xa tradional masterclass do festival o sábado 27 ao mediodía no Auditorio Municipal de Nigrán (a artista actuará ás 22:30 no escenario do esteiro de A Foz). Os interesados en participar deben incribirse xa no correo [email protected]e abonar 15 € o mesmo día da clase.
Esta clase maxistral é especialmente axeitada para cantantes pero tamén é recomendable para calquera músico ou simplemente ouvinte e afeccionado ao jazz. A sesión estará orientada ao ‘Scat’, técnica que popularizou Louis Armstrong e que consiste en improvisar melodías con sílabas sen sentido textual.
Deborah J. Carter ten unha gran reputación como educadora, de feito é actualmente a profesora de voz de Musikene, o Conservatorio Superior do País Vasco. Ademais, realiza seminarios por todo el mundo dende hai máis de vinte anos, polo que resulta unha oportunidade única para os músicos e afeccionados da contorna.
A masterclass do Nigranjazz forma parte da identidade do festival, xa que sempre se aproveita a presenza de músicos internacionais para que intercambien os seus coñecementos cos músicos locais, tendo sempre gran acollida.
O Concello da Guarda vén de dar a coñecer o dispositivo de tráfico que o executivo local poñerá en marcha ante o ‘XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia’, acontecemento multitudinario, que se vai celebrar na Guarda entre os días 11 e 14 de xullo. O dispositivo de tráfico está deseñado sobre a base dunha circulación restrinxida na zona do porto, onde se desenvolverán as principais actividades do encontro.
O concello facilitará zonas de aparcamento disuasorios situadas no antigo campo de fútbol, o aparcamento sito entre a Rúa Mariano Ordoñez e a Rúa Brasil coñecido como da Eléctrica, a zona de aparcamento sito na zona da Atalaia e a Canteira de Sta. Catalina.
O acceso ao porto da Guarda restrinxirase, entre as 11:00 h e as 22:00 h, ás actividades portuarias e pesqueiras, residentes, hoteis, provedores, así como a persoas con discapacidade.
O teniente alcalde da Guarda e concelleiro de mobilidade, Anxo Baz, fixo un chamamento “á colaboración de todo o pobo”. Baz, subliñou que o “XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, supón un dos eventos máis importantes en termos de mobilidade celebrado nos últimos anos na nosa vila, onde é imprescindíbel o uso responsábel do coche, así como, a participación cidadá”.
O concelleiro de Mobilidade explicou que o dispositivo preparado “está amparado nos 14 anos de experiencia que Culturmar ten na celebración deste tipo de eventos, onde a Asociación Piueiro e o voluntariado teñen posto grandes esforzos humanos e técnicos, os cales agradecemos, para garantir o disfrute de todas aquelas persoas que nos visitan”.
O PSdG e a Agrupación de Electores de Redondela, AER, asinaron na tarde do martes o acordo polo que se conforma o goberno local para os vindeiros catro anos. Deste xeito, Redondela contará cun goberno inédito ata o de agora. Por unha banda, os socialistas recuperan a Alcaldía do cuarto municipio da provincia tras oito anos de goberno en minoría do Partido Popular. Para AER o fito é aínda maior xa que accede ao goberno por primeira vez na súa historia.
O Goberno de Redondela estará formado por un total de dez concelleiros, os sete do PSOE e os tres AER, facéndose cargo os socialistas das áreas de Igualdade e Normalización Lingüística, que dependerán directamente da alcaldesa Digna Rivas; Seguridade, Transporte, Medio Mariño, Interior e Patrimonio (Leonardo Cabaleiro); Economía e Facenda, Urbanismo e Vivenda, Persoal e Emprego (María Castro Abad); Deportes e Xuventude (Nacho González); Parques e Xardíns, Protección e Promoción Social (Marta Alonso Domínguez); Vías e Obras, Benestar Comunitario e Feiras e Mercados (Vicente Lamas Guisande) e, finalmente, Ensino e Conservatorio (Olga García Ballesteros).
Pola súa banda, a Agrupación de Electores de Redondela farase cargo das áreas de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación (Susana Couñago Andrés); Medio Ambiente (Roberto Vilar Rodríguez) e Cultura e Turismo (Daniel Boullosa Martínez).
Dúas cores para un só goberno O acordo asinado inclúe a creación dunha serie de organismos de coordinación xa que, pese a tratarse dun goberno ‘bicolor’, pretende traballar de xeito conxunto e de forma transversal. Ámbalas dúas formacións teñen claro que a coordinación no desenvolvemento das áreas das distintas Concellerías son premisas básicas para o funcionamento do executivo local.
O acordo asinado na tarde de onte martes, chega despois de que ámbolos dous grupos acadaran, hai unhas semanas, un acordo de investidura. Os principios programáticos que se fixaran daquela para a elección de Digna Rivas, que pasaba a converterse na primeira alcaldesa da historia de Redondela, buscan un Concello máis transparente e máis participativo; “un Concello onde primen os servizos públicos, os criterios, a igualdade, a equidade, a cultura local e o respecto ao medio ambiente por suposto seguen vixentes e serán desenvolvidos polas diferentes áreas de Goberno”, sinalan dende o Concello.
En canto á composición da Xunta de Goberno Local, AER terá dous representantes e asumirá a segunda tenencia de alcaldía mentres que o PSdeG-PSOE contará con cinco membros na Xunta de Goberno local e asumirá a primeira e a terceira tenencia de alcaldía. Finalmente, no que a gastos políticos atinxe, (soldos, asignación etc..), ambos socios de goberno acordaron non superar a contía establecida no mandato anterior.
Con tan só oito anos de idade, a mosense Maia Pérez Souxa forma parte xa da selectiva lista –con menos de dez nomes– de galegos e galegas que foron Campións de España de Xadrez. A xadrecista do Club Xadrez Mos, que acadaba este título o domingo 23 de xuño, foi recibida hoxe pola alcaldesa de Mos Nidia Arévalo á que acompañaban o seu adestrador e tesoureiro do Club Xadrez Mos, Brais Otero Nogueira; o seu pai e secretario do Club Xadrez Mos, César Pérez Novás e a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo.
Aos seus 8 anos de idade, a nova promesa do Xadrez Mos, Maia Pérez Sousa, proclamouse Campioa de España de Xadrez na Categoría Sub-8 no torneo celebrado na localidade granadina de Salobreña, onde se deron cita un total de 99 xogadoras e xogadores, os talentos máis novos do xadrez español. O torneo deu comezo o xoves día 20 e finalizou o domingo 23 de xuño. Catro días de competición durante os que todos os participantes disputaron un total de 9 roldas.
A pesar de non ter un comezo de competición ideal, perdendo as dúas primeiras partidas, Maia conseguiu sobrepoñerse e alcanzar un total de 6.5 puntos dos 9 posibles que a proclamaron Campioa en Categoría Feminina, e 11º Clasificada na Xeral. Unha actuación brillante na súa primeira participación a nivel Nacional, que pon peche a unha gran tempada para Maia, que finalizara ademais 4ª no Campionato Autonómico, logrando unha bolsa da Federación Galega para participar no Campionato de España, do que finalmente se proclamou Campioa.
Este gran resultado permite a Maia representar á delegación española no Campionato de Europa de Xadrez en Categoría Sub-8, que se celebrará as dúas primeiras semanas do vindeiro mes de agosto en Bratislava, Eslovaquia.
Dende o seu equipo, o Club Xadrez Mos, subliñaba o orgullo que supón para o Club “a achega de Maia á historia do xadrez galego, sendo menos de 10 os Campións de España históricos pertencentes á nosa comunidade”. O club aseguraba que este merecido resultado era “froito do esforzo e entrega de Maia, e do labor que está a realizar o Club Xadrez Mos en colaboración co Concello de Mos. Apostando polo xadrez nas escolas, pola difusión entre os máis novos, fundamental para arraigar a paixón do xadrez no noso Concello, e para poder descubrir e potenciar talentos como o de Maia”.
Integrada no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, A Guarda acolle dende este xoves e ata o domingo, 14 de xullo, a mostra itinerante da Deputación “Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar”, unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Así, a mostra poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio, Reghiño (porto da Guarda) en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:30 h.
“Achegas as mulleres do mar” chega á Guarda tras o seu paso por múltiples lugares da provincia, ademais tamén de polo campus de Ourense. Así, estivo xa no na lonxa de Cesantes, no Centro Asociado da UNED, no IES Ricardo Mella de Vigo, no auditorio municipal de Cangas, na Sala de Exposicións do Concello do Rosal, nos salóns de plenos de Cambados e de Nigrán, no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio, na Praza de Abastos de Mondariz, no Museo do Mar da Guarda e nos Campus de Vigo e de Pontevedra. De feito, foi neste último campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos.
A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o invisibilizado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.
O vindeiro domingo, 21 de xullo ás 22 horas, o Parque da Feira Vella –con entrada totalmente de balde– encherase de sons, inusuarias por estas terras, dos grupos que participarán nunha nova edición do Festival Internacional ‘Algazara, danzando entre Culturas’ e no que participarán, amais da anfitriona Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros , o Trinity Irish Dance Ensemble dos EEUU; Netos de Bandimde Guinea Bissau e Folklorique Group Les Balisiers de la Martinique da Martinica.
Comezou sendo unha cita á que acudían grupos e formacións doutras comunidades autónomas do Estado e que permitía aos veciños e veciñas gozar do máis que variado folklore e tradición existente neste país. Logo, con moito traballo, esforzo e sacrificio, decidiron que as fronteiras máis inmediatas quedábanselle curtas e ampliaron horizontes, pasando a transformarse nun festival internacional de referencia.
Hoxe, anos despois, o Festival Internacional ‘Algazara, danzando entre Culturas’ non só é unha das citas tradicionais do verán ponteareán, senón que é o un dos festivais folklóricos internacionais de referencia no sur de Galicia e un excelente escaparate onde amosar o que, en materia de música e danza tradicional, se fai noutros países. Deste xeito, veciñanza e visitantes –moitos e variados nas datas nas que andamos– non só poden acceder ás músicas e cultura dos países participantes, senón que –tanto ou máis importante– ver o excelente nivel da Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros.
É desas citas que oa afeccionados a música e ao baile, non se poden perder.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse na mañá de hoxe en Ourense co presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga Díaz, para abordar a recuperación do convenio entre ambas institucións para construír unha ponte peonil sobre o río Louro. Tras o encontro desta mañá o alcalde comprometeuse a pór de inmediato en marcha o proxecto expropiatorio dos terreos afectados pola construción desta ponte, un trámite que o rexedor agarda poder completar antes de finais de ano.
O seguinte paso será a revisión do borrador do convenio Concello-Confederación actualizando os seus importes – xa que data de 2014 e daquela ascendía a 160 mil euros– e incluíndo tamén a recuperación da pesqueira situada na desembocadura do Louro. As obras a executar serían financiadas ao 50% por ambas institucións.
Enrique Cabaleiro salientou a “firme vontade” atopada no presidente da Confederación Hidrográfica para recuperar e ampliar este convenio. Engade que precisamente a construción da ponte peonil sobre o Louro é un paso vital para continuar co proxecto do trazado das sendas do Miño dende Tui até Caldelas.
Precisamente avanza o alcalde de Tui a intención de comezar tamén o proxecto expropiatario dos terreos afectados por esta outra senda. No tocante á senda do Miño cara Tomiño o Concello levará a cabo o desbroce do trazado para proceder ao seu estaquillado, para que así os propietarios afectados poidan comprobar in situ a superficie que abranguería a senda. No caso de conseguir a cesión gratuíta por parte dos propietarios o concello poría a dispor os terreos da Dirección Provincial de Costas, que mantén o compromiso de execución da senda até o termo municipal de Tomiño.
O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Juan Carlos González Carrera mantivo hoxe que as subas de gasto nos salarios do goberno local “supoñen máis dun 60 % respecto ao ano 2015” e lamenta que o executivo local utilice as “descualificacións aos grupos da oposición para ocultar este feito. O portavoz independente subliña que cando aínda non se cumpriu un mes dende a toma de posesión “comécese a gobernar sen consenso e transparencia”.
González Carrera basea as súas afirmacións no feito de que “no ano 2015 o gasto do goberno era de 156.844 euros e pasa, para neste ano 2019 aos 263.240 euros”. Considera “excesivo” que os concelleiros e concelleiras con dedicación exclusiva, “cobren unha media de 2.142 euros/mes” co que a dedicación “valorase en 30.000 euros divididos en 14 mensualidades”.
O portavoz independente fai tamén fincapé no feito de que o Pleno aprobou subas pola asistencia plenos, comisións de goberno e comisións informativas “e casualmente o alcalde sempre as preside co que os seus ingresos triplícanse a partir deste ano como denunciamos no pleno”.
Juan Garlos González asegura, na súa nota aos medios de comunicación, que o informe da Interventora Municipal é claro “ao asegurar que non partida económica suficiente para o incremento realizado para pagos de salarios e Seguridade Social” e reta ao alcalde a presentar “un informe do departamento correspondente do gasto real do ano 2015 e a súa proposta aprobada para este ano 2019”.
Remata González Carrera lembrándolle ao alcalde de Ponteareas que “ACiP foi fundado no ano 2010 e que, polo tanto, nunca estivo en ningún goberno”. O portavoz de ACiP, chama a atención sobre o feito de que, nas pasadas eleccións “foi o partido político que estando na oposición incrementou unha importante cantidade de votos chegando a ser de mais unhas 20% grazas ao apoio dos máis de 2.000 veciños que queren que sexamos a súa voz no Concello” algo que, di González Carrera “parece que lle preocupa ao alcalde de Ponteareas”.
O Ameixoa F. C. é o colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ás festas do Cristo de Salceda. A cita será o vindeiro sábado 20 ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os compoñentes do club serán os encargados de disparar o xa tradicional ‘estourazo’, que este ano chega á súa décima edición.
O equipo de fútbol afecionado foi elexido polo Equipo de Goberno tras lograr nesta última tempada (18/19) a mellor clasificación dende a súa fundación no ano 1978, conseguindo gañar o Torneo de Copa, xunto cun merecido premio á deportividade. Deste xeito, o Estourazo servirá de recoñecemento á traxectoria do clube, despois de 40 anos de historia.
O Ameixoa compite na primeira división do Campionato de Liga Afecionados de Salceda, que cada ano organiza a Sociedade Deportiva Salceda.
O Estourazo, que este ano celebra a súa décima edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo. A cita serve para recoñecer a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais, sanitarios, etc.
Dentro dun proxecto enmarcado no Programa INTERREG V-A España–Portugal 2014-2020, e coa presenza dos socios da Universidade de Santiago e da Associação Portuguesa de Bioindústria hoxe, o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades e o alcalde de Nigrán, Juan González, inauguraron os laboratorios que a Zona Franca pon ao dispor das empresas do sector Biotecnolóxico de Galicia e do Norte de Portugal.
Grazas á colaboración entre a Zona Franca e BIOGA púxose en marcha este centro de apoio para o Sector Bio, o CTBio-LAB, onde se ofrecen instalacións e servizos orientados a apoiar o crecemento e a consolidación de emprendedores e empresas biotecnolóxicas de Galicia e o Norte de Portugal. Para remarcar a importancia que este tipo de proxectos ten para a rexión transfronteiriza, David Regades sinalou na súa intervención que “o Sur de Europa non pode quedar fóra da investigación en sectores emerxentes como o da biotecnoloxía porque -continuou- non queremos competir cos países do Norte en man de obra barata nin en produtos baixo custo, senón destacando en calidade e valor engadido”
O CTBio-LAB pon ao dispor das persoas físicas e xurídicas do sector biotecnolóxico -preferentemente para aquelas que teñan unha actividade inferior a 42 meses-, espazos de oficinas, laboratorios polivalentes con equipamentos básicos de uso transversal e salas de traballo. O Alcalde Juan González sinalou que “estas instalacións que apostan pola tecnoloxía e o emprendemento son moi ilusionantes para un concello como Nigrán no que se espera que nazan empresas punteira que veñan sumarse ao éxito que xa ten Porto do Molle”.
Este proxecto conta con seis socios: o Consorcio Zona Franca de Vigo, Bioga (Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida) e a Universidade de Santiago por parte galega; e a Universidade do Minho, P-Bio ( Associación Portuguesa de Bioindustrias) e o INL ( International Iberian Nanotechnology Laboratory), pola parte portuguesa. Todos os socios, dirixidos polo seu xefe de fila, José Luis Villaverde, director da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago e por Filipa Sacadura Schmidt, secretaria xeral de P-BIO – Associação Portuguesa de Bioindústria, mantiveron con posterioridade á inauguración unha reunión de traballo para analizar os avances conseguidos no programa que ten como obxectivo final de mellorar a competitividade empresarial e a consolidación do sector biotech e das ciencias da vida na rexión transfronteiriza cunha folla de roteiro conxunto e baseado na colaboración e cooperación entre axentes e empresas a ambos os dous lados da fronteira.
Para potenciar o nacemento e consolidación de startups-bio como sector de futuro para a economía da Eurorrexión, no marco do proxecto CT-BIO Zona Franca habilitou no edificio Tecnolóxico de Porto do Molle cinco ocos de incubación máis aulas de coworking e formación que veñen sumarse aos outros tres espazos xa existentes, un na Universidade de Santiago; outro na Universidade de Minho; outro no INL. En Porto do Molle, ademais de acoller ás novas startups que se aloxen, BIOGA e CZFV van ofrecer servizos para que toda aquela empresa ou persoa emprendedora que poida beneficiarse deste Centro de Apoio ideado para impulsar a competitividade empresarial. Regades animou a todas as persoas que estean a traballar neste campo a que opten a ocupar estes espazos para os que está aberta a convocatoria a través da web do proxecto: ct-bio. org
A Guarda acolleu esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se degustaron ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira. Segundo datos recollidos dos restauradores participantes, en total servíronse preto de 500 kg de langosta nos 3 días de duración desta edición, destacando a masiva afluencia de comensais o que provocou que se superaran novamente as previsións e se esgotasen moitos dos 24 pratos ofertados.
A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira ofertaba a veciñanza e visitantes, un total de 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que tiña un prezo de 25 €. Contouse ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas ou polbo. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.
A xornada do domingo da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira arrancaba coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa. Cara ao mediodía continuaba a xornada cun concerto acústico do grupo Awen e os comensais comezaban a encher por terceiro día a carpa habilitada no Porto para a ocasión.
Pola tarde houbo nesta xornada inchables acuáticos para os máis cativos, congregando a máis dun cento de rapaces e rapazas. Tamén pola tarde celebrouse unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo «Contos, Cores e Rock´n´roll».
E xa para pechar esta XXIX edición, e como ven sendo habitual, celebrouse unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.
A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira puxo o seu punto final a unha nova edición cargada de actividades e, sobre todo, boa gastronomía que propiciou unha excelente acollida de comensais, provenientes de toda a península, que non quixeron deixar pasar esta oportunidade para degustar os 24 pratos ofertados.
A Guarda despide a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña coma un evento plenamente consolidado, dando xa a benvida tamén ao XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra do 11 ao 14 de xullo. Precisamente este mediodía facían a súa chegada boa parte das embarcacións que participan neste encontro, nun convoi que partiu dende as Illas Cíes, despois de navegar dende diferentes puntos da xeografía galega.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo hoxe en valor o traballo en pedra na clausura do curso que a Escola de Cantería desenvolveu durante os últimos meses no Centro Penitenciario de A Lama. A través deste obradoiro, que levou por título Elaboración de obras en pedra natural, dúas internas e nove internos formáronse nas técnicas para realizar pezas de artesanía en pedra, baixo a tutela do mestre canteiro Manuel Varela.
O mestre canteiro foi felicitado pola presidenta provincial e longamente ovacionado polo alumnado que, nas súas intervencións resaltou “a súa entrega, dedicación e paciencia” no seu labor con todos eles e elas.
Acompañada polas deputadas Olga García Ballesteros e Normé Outeda; pola directora do Centro Penitenciario, Teresa Delgado; o subdirector e do persoal de formación, Silva subliñou o “positivo balance desta experiencia” e visitou a exposición dos traballos feitos polo alumnado do curso ao longo dos últimos cinco meses. A presidenta da Deputación se dirixiu aos 11 internos e internas participantes, que recibiron os seus diplomas, para volver resaltar as oportunidades que presenta este oficio. “Creo que a cantería é unha profesión que permite desenvolver a creatividade –destacou-, que nos permite estar en contacto con algo tan noso como é a pedra, o granito. Desde que nacemos, nós miramos granito e mar. De feito, en Galicia, pero sobre todo na provincia de Pontevedra particularmente, somos mar e pedra. E polo tanto, temos unha paixón e unha capacidade especial para traballala. E algo que é tan duro, porque parece tan difícil de traballar, ao final somos capaces de facer unha obra de arte con el. Cando a directora me propuxo facer este curso aquí pareceume que era unha idea moi boa, porque a creatividade ás persoas nos axuda”.
A presidenta do goberno provincial agradeceu aos internos e internas que comezasen e finalizasen este obradoiro, “porque da mostra de que queredes construír”, así como o labor desenvolvido polo mestre canteiro Manuel Varela, “que tamén tivo ideas como a de poder levarvos a coñecer a Escola”. “Quen sabe se vos volvo a atopar na Escola, dixo Silva, pero decidades o que decidades, que vos vaia moi ben –concluíu-. Deséxovos que poñades toda a carne no asador e que sexades felices”.
Pola súa banda, a directora do centro penitenciario, Teresa Delgado, puxo en valor na súa intervención a colaboración da Deputación a través do eido da formación. “Grazas ao apoio de institucións como a Deputación podemos chegar a loitar pola vosa reinserción a través da formación”, sinalou. Felicitou aos once internos que recibiron os seus diplomas, e especialmente ás dúas internas que participaron, “por amosar co voso traballo e esforzo que a capacidade e actitude foi a mesma que á do resto dos homes, nun traballo de tradición masculina”.
Ademais da mostra dos traballos, Carmela Silva tamén realizou unha visita por varios módulos do centro penitenciario, con parada nos obradoiros de barro e madeira onde conversou con varias internas e internos, e as instalacións do novo salón de peiteado que se acaban de rematar.
O curso de cantería impartido por Manuel Varela comezou en febreiro e tivo unha duración de 220 horas. A acción formativa estaba encamiñada a que as persoas participantes puidesen coñecer as técnicas para facer obras de artesanía en pedra. Ademais de dotarse dunha base sólida no cálculo e execución das pezas, o alumnado foi quen de aplicar técnicas propias e aprender a recoñecer os distintos tipos de pedra e ferramentas. O obradoiro tamén afondou na correlación da cantería e a escultura.
A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, está a colaborar con ‘Familias Azuis’ no desenvolvemento do programa TEApuntas, iniciativa que durante tres xornadas permitirá que as persoas con autismo desfruten dunha actividade que favorece e mellora as habilidades sociais de forma espontánea.
O pasado xoves día 4 os e as participantes déronse cita no centro social da rúa Oriente para crear con pezas do Lego un universo colectivo e individual. Este xoves día 11 e o vindeiro xoves día 18 volverán xuntarse nesta actividade de construción con legos, unha actividade que permite mellorar a comprensión de instrucións, a motricidade fina, o xogo simbólico e fomenta o pensamento lateral. Todos estes aspectos, favorecen a súa inclusión na sociedade.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade anima ás familias que teñan persoas con TEA “amantes dos legos e con idade comprendida entre os 6 e 15 anos, a que contacten con Familias Azuis e poidan gozar dunha xornada de lecer”. O número de teléfono de contacto é o 671 496 458 e o enderezo electrónico [email protected]
A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó vén de dar conta da apertura da inscrición para o curso ‘Programación web con software libre. Web development bootcamp‘, iniciativa que se deenvolven ao abeiro do proxecto Millennials da Deputación de Pontevedra.
Hace pocas semanas se celebraron unas nuevas elecciones en ésta país, por cierto, ¿alguien se ha preguntado cuanto nos ha costado a todos los españoles el tener dos elecciones en el plazo de un mes? La cifra es astronómica, pero claro, había que hacer bien los cálculos, porque todo esto está calculado y bien calculado… en coste electoral, claro, que no económico. Éste último da igual, total, pagamos todos los españoles.
A noitiña do xoves pasado, o Bloque Nacionalista Galego de Redondela debateu a postura a tomar ante a conformación dun novo goberno municipal, debate que tivo lugar no que, fontes nacionalistas, cualificaron de “intensa e moi productiva Asemblea con numerosas intervencións” e na que se adoptou a decisión de manterse á marxe da conformación do novo goberno municipal, “e seguir traballando con responsabilidade dende a oposición”.
As pistas da Freixa de Ponteareas acollerán, entre o 20 de xuño e o 30 do mesmo mes, os partidos correspondentes ao X Open Vila do Corpus de Tenis que foi presentado na vila do Tea o pasado día 10. Os encontros disputaránse en base á división realizada en tres bloques diferenciados entre si: Vila do Corpus Promesas, Vila do Corpus Feminino e Vila do Corpus Masculino.
O Vila do Corpus Promesas acollerá as categorías de benjamin, alevín, infantil, cadete e junior, tanto en masculino como en feminino. Espérase contar cunha ampla representación de nenas e nenos de todos os clubs galegos.
No Vila do Corpus Feminino destaca a xa confirmada participación de Carla Do Barrio, número dous da clasificación galega. Esta nova tenista xa disputou este torneo con anterioridade, vencendo en dúas ocasións, e a partir do próximo mes de agosto continuará a súa formación na Universidade Wolf Parck de Neveda (Estados Unidos). Isto mesmo ocorre no Vila do Corpus Masculino, onde destaca a participación do asturiano Roberto Menéndez, quen chegou a posicionarse no número 292 do clasificación ATP e na actualidade é o campión do mundo +40 ITF. A este xogador espéraselle no cadro principal, na categoría absoluta, xa que tamén se contará con outras dúas de veteranos +35 e +45.
Ademais desta figura, destacan outras a nivel nacional: o madrileño Ricardo Villacorta, no posto 517 ATP e vencedor de numeroso torneos ITF nacionais, e o valisoletano Jorge Hernando, no posto 612 ATP e tamén gañador dos citados torneos nacionais. A nivel autonómico destacan Tomás Curras, número uno na clasificación galega; Yago Salvador Pita, cuarto; Roberto Rodríguez, quinto, e o actual defensor do título Open Vila do Corpus Simón Arca, recentemente chegado do seu primeiro ano universitario en Estados Unidos.
Con respecto a aqueles que resulten campións ou finalistas do torneo, estes recibirán os seus respectivos trofeos. Ademais, repartiranse un total de 1.500€ en premios en metálico nas categorías Absoluto Masculino e Feminino.
A inscrición continúa aberta ata o próximo 18 de xuño na páxina web ibertenis.com.
O PSdeG-PSOE de Salceda reivindicou onte a súa lexitimidade “para liderar un goberno de coalición” ao non terse producido maiorías e “unha candidatura que non alcanzou a maioría absoluta é, por definición, unha minoría”, sinalan os socialistas. Deste xeito, a formación que encabeza Verónica Tourón responde a Movemento Salceda que, no día de onte reclamaba á alcaldía a tenor dos votos obtidos: 1.481 de MS fronte a 1.036 do PSOE.
En todo caso, para os socialistas de Salceda, non é quen vai gobernar “senón como e para que”, polo que propoñen un goberno de coalición “acorde cos resultados”. Para o PSOE, o imprescindible é o feito de que “Salceda precisa outra forma de liderar” e nese outro xeito de facer as cousas entrarían o desenvolvemento de temas “tan importantes como o PXOM, polígono industrial, servizos básicos, fomento do emprego e comercio” sempre, subliñan, “dende o diálogo e consenso”.
Recalca o PSdeG-PSOE que a única maioria absoluta posible “é a suma das forzas de esquerda” e manifestan o seu desexo de “cumprir coa palabra dada mediante un acordo que garantice o compromiso co noso electorado e co pobo de Salceda”.
“Temos o proxecto válido para liderar o gobernos municipal, porque temos un proxecto e somos coherentes co exposto durante a campaña electoral así coma nos últimos catro anos”, puntualiza o PSOE e, nsese sentido, deixan claro a postura adoptada no seu momento de non apoiar a alcaldía de Marcos Besada e “expuxemos un proxecto que queremos levar adiante”. Aseguran. Os socialistas de Salceda son, en todo caso moi claro ao asegurar de xeito rotundo que “todas as falacias saídas na prensa nos últimos días son inventos do Partido popular que non quere un goberno de progreso para Salceda, intentando entorpecer unhas negociacións en curso”.
A comisión delegada pola Asemblea Local do BNG de Redondela, mantivo un encontro con membros do Partido Socialista, para exporlle a postura da organización nacionalista, ante a proposta de que Digna Rivas, sexa investida alcaldesa o vindeiro sábado 15 de xuño.
Tanto Xoán Carlos González, como Cecilia Pérez, integrantes da comisión delegada do BNG, “en todo momento expresaron a vontade da Asemblea Local de Redondela”, concretado nun apoio a investidura, mais baixo unha serie de condicionantes que consideramos asumíbeis polo PSOE”. Igualmente os negociadores nacionalistas consideran que se abre a porta a seguir mantendo encontros nas vindeiras semanas, para chegar a acordos programáticos.
As propostas trasladadas ao Partido Socialista, entregadas na xuntanza mantida na tarde do martes 11 de xuño, “recollen aspectos concretos da xestión do goberno”, recalcaron. Destacaron a capacidade negociadora de ambas partes.
Finalmente o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González afirmou que durante o encontro deixou ben claro, que “dende a nosa organización imos actuar con lealdade, mais tamén co rigor e compromiso político adquirido coa veciñanza, haxa ou non haxa acordo de goberno despois do 15 de xuño”.
As mestras e mestres composteiros do centro para persoas con discapacidade San Xerome Emiliani, de A Guarda, visitaron o Centro Comunitario de Compostaxe de Goián. Os técnicos do Concello de Tomiño puideron intercambiar experiencias e aprendizaxes con Ana María Losada, Carmen Verde, Enma Fernández, Fabio Martínez, Francisco José Costas, Generoso Pérez, Lourdes Fernández, Lucía Baz, María Penodjona, Maite Barros, Mercedes Rodríguez e Óscar Álvarez e con Marcio Fernández, Manuel Martínez e Olga Rodríguez e co profesor Guillermo Rodríguez Barreiro.
Todos forman parte do proxecto XE-MENTE, que ten a compostaxe como parte da súa formación. “O acrónimo do proxecto xoga cunha dualidade: XE-MENTE é a unión de Xerome e semente, e ademais de valorizar o ecosistema autóctono, de forma simbólica, representa a primeira semente da diversidade plantada por San Xerome, para conseguir xerar un Horto de Plena Inclusión”, explicaron tras a visita.
“Este proxecto xera novos perfís profesionais que contribuirán a crear empregos verdes inclusivos e a preservar a riqueza dun ecosistema auto-sustentable; favorecendo a valorización e preservación de especies autóctonas. Fermoso e útil proxecto. Moitas gracias a todos eles por acollernos na súa asociación e por visitarnos en Goián”, comentaron, pola súa banda, os mestres composteiros de Tomiño.
O Concello de Nigrán ven de rematar o asfaltados de catro camiños da parroquia de Chandebrito (Chandebrito, Monte Alba, Pereiras e Rozadas) cun investimento de 60.526 € co fin de mellorar a seguridade viaria no rural. Trátase de catro actuacións moi demandadas dende a Asociación de Veciños O Castro de Chandebrito e a Comunidade de Montes ao estar dous deles con pavimento asfáltico moi deteriorado (Chandebrito e Monte Alba) e outros dous ser de xabre (Pereiras e Rozadas).
Concretamente, no Camiño de Chandebrito (estrada xeral que une a parroquia con Vigo) reasfaltouse o trazado dunha curva que se atopaba en moi malas condicións e, para evitar que volva a deteriorarse con respecto ao resto da calzada, executouse un drenaxe que permite que vertan as augas pluviais procedentes da cuneta exterior. No Camiño do Monte Alba reasfaltáronse 650 metros e ao mesmo tempo asfaltouse o Camiño das Pereiras e o tramo final das Rozadas (os dous eran de xabre, o primeiro deles permite un novo acceso ao núcleo da Igrexa dende o Camiño de Chandebrito e o segundo unirá As Rozadas coa parroquia de Camos e será o punto de acceso ao futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas)
O xurado dos IV Xogos Florais de Ponteareas, composto por Susana Lamela, Marta Dacosta, Delio García, Manrique Fernández Vázquez, Hortensia Bautista e Sofía Rodríguez entregaron este sábado os premios dos Xogos Florais. En total, presentáronse 52 traballos distribuídos nas tres categorías: infantil, xuvenil e adulta.
Na categoría Infantil, os premios quedaron como segue: • O medio natural presentado baixo o pseudónimo de AYDARA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Nahir Martínez Alfonso. • Palabras invisibles presentado baixo o psudónimo de ROSE. Unha vez aberto o sobre corresponde a Sabela Martínez Vietez. • Seguir sen ti presentado baixo o pseudónimo de VALENTINA. Unha vez aberto o sobre corresponde a lidia Martínez Pérez.
Categoría Xuvenil: • “” presentado baixo o pseudónimo DAwN. Unha vez aberto o sobre correspondente a Lucía Souto Pousa. • Mediocridade presentado baixo o pseudónimo Quixota Xuvenil. Unha vez aberto o sobre correspondente a Jennifer Abal Da Silva. • Cantiga do século XXI presentado baixo o pseudónimo Vento do Norte. Unha vez aberto o sobre correspondente a Roberto Tato Lage.
Categoría Adulto: • Pendurados de tres guillotinas de madeira de oliveira presentado baixo o pseudónimo Naba. Unha vez aberto o sobre correspondente a Moncho Iglesias Miguez. • Dias de Pólvora presentado baixo o pseudónimo Violeta Castro Unha vez aberto o sobre correspondente a Fátima Domínguez Silva. • As mans dos nosos maiores presentado baixo o pseudónimo Largueiro. Unha vez aberto o sobre correspondente a Ángel Herrero Alonso.
A concelleira de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística en funcións, Hortensia Bautista, adiantou que que os traballos gañadores publicaranse nunha edición conxunta cos gañadores da III edición dos Xogos Florais.
O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte ( CCDR- N).
O proxecto seleccionado busca simplificar a mobilidade transfronteiriza para facilitar a libre circulación de persoas menores que cruzan a fronteira para levar a cabo intercambios culturais, deportivos ou educativos.
A proposta foi consecuencia do Informe elaborado polas Valedoras da cidadanía transfronteiriza Cerveira-Tomiño (un órgano que tenta garantir a defensa dos dereitos e intereses dos residentes coma cidadáns europeos transfronteirizos), que reclamaban en febreiro pasado simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira.
O programa europeo proporcionará agora aos beneficiarios seleccionados asesoramento de expertos legais. Os expertos darán apoio para definir o obstáculo de maneira clara, así como para identificar unha solución. Con ese fin, eses asesores deberán realizar un informe que incluirá: i) unha descrición clara do obstáculo legal, ii) unha indicación clara das disposicións legais que causan o obstáculo e iii) unha folla de ruta cara a unha posible solución con iv) indicación das entidades que participarán nela.
Os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño constataron que os requirimentos para realizar intercambios escolares de menores de idade entre os dous estados é un dos maiores obstáculos para unha fluída relación transfronteiriza. A eliminación ou simplificación deste problema burocrático permitirá incrementar a cooperación transfronteiriza nos programas escolares, culturais e deportivos, permitindo unha maior cohesión territorial, social e económica.
O informe das Valedoras que fundamentou a proposta recomenda “estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local, no marco da Unión Europea, promovendo, en calquera caso, experiencias piloto que permitan avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas, especialmente entre a infancia e a adolescencia”, singularmente entre “poboacións escolares que comparten territorio, intereses e trazos culturais en realidades socioloxicamente afíns como a de Galicia-Norte de Portugal ou a da Eurocidade Cerveira-Tomiño”.
A iniciativa B- Solutions tivo ata agora dúas convocatorias, a primeira en 2018 para proxectos piloto, e agora, en 2019, para proporcionar asesoramento de expertos legais.
A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto- xuvenil será estudiada pola Comisión Europea, a iniciativa de Cerveira e Tomiño
o programa “be solutions” buscará alternativas aos atrancos legais para os intercambios escolares en contextos transfronteirizos
Tomiño, 6 de xuño de 2019.- O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte ( CCDR- N). O proxecto seleccionado busca simplificar a mobilidade transfronteiriza para facilitar a libre circulación de persoas menores que cruzan a fronteira para levar a cabo intercambios culturais, deportivos ou educativos.
A proposta foi consecuencia do Informe elaborado polas Valedoras da cidadanía transfronteiriza Cerveira-Tomiño (un órgano que tenta garantir a defensa dos dereitos e intereses dos residentes coma cidadáns europeos transfronteirizos), que reclamaban en febreiro pasado simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira.
O programa europeo proporcionará agora aos beneficiarios seleccionados asesoramento de expertos legais. Os expertos darán apoio para definir o obstáculo de maneira clara, así como para identificar unha solución. Con ese fin, eses asesores deberán realizar un informe que incluirá: i) unha descrición clara do obstáculo legal, ii) unha indicación clara das disposicións legais que causan o obstáculo e iii) unha folla de ruta cara a unha posible solución con iv) indicación das entidades que participarán nela.
Os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño constataron que os requirimentos para realizar intercambios escolares de menores de idade entre os dous estados é un dos maiores obstáculos para unha fluída relación transfronteiriza. A eliminación ou simplificación deste problema burocrático permitirá incrementar a cooperación transfronteiriza nos programas escolares, culturais e deportivos, permitindo unha maior cohesión territorial, social e económica.
O informe das Valedoras que fundamentou a proposta recomenda “estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local, no marco da Unión Europea, promovendo, en calquera caso, experiencias piloto que permitan avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas, especialmente entre a infancia e a adolescencia”, singularmente entre “poboacións escolares que comparten territorio, intereses e trazos culturais en realidades socioloxicamente afíns como a de Galicia-Norte de Portugal ou a da Eurocidade Cerveira-Tomiño”.
A iniciativa B- Solutions tivo ata agora dúas convocatorias, a primeira en 2018 para proxectos piloto, e agora, en 2019, para proporcionar asesoramento de expertos legais.
Onte luns celebrábase en Salceda a segunda reunión entre Movemento Salceda e PSdeG-PSOE de cara a buscar, de cara ao sábado 15 de xuño, a constitución dun goberno de esquerdas. Logo da reunión, MS trasladaba á comisión negociadora do PSOE un comunicado no que á vista dos votos obtidos por cada formación nas pasadas eleccións –1.481 MS-1.036 PSOE– reclama a alcaldía que estaría acompañada “por unha distribución equitativa dos concelleiros e concelleiras (3+3).
A proposta de Movemento Salceda responde a intención amosada polos socialistas, na xuntanza do 3 de xuño, de presentar a candidatura de Verónica Tourón para ocupar o posto de alcaldesa.
MS cualifica o documento presentado como “realista e rigoroso, acorde aos resultados obtidos nas eleccións do pasado 26 M” e subliña que o obxectivo claro “é o establecemento dun Goberno de coalición forte e estable baseado no principio da lealdade entre MS e PSOE”. Trátase, recalca Movemento Salceda, de “formar un equipo de goberno que traballe man a man na defensa dos intereses de Salceda”.
O documento sobre o que MS propón traballar, recolle unha proposta de distribución de áreas e responsabilidades, así como as liñas estratéxicas nos proxectos que deberían ser fundamentais ó longo desta lexislatura.
O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra, “O teu primeiro emprego”, neste caso para a propia institución provincial. O programa substitúe ao antigo Plan de Práctica Laboral, que converte as bolsas en contratos en prácticas.
O obxectivo deste programa é facilitar que os titulados e tituladas universitarias e de ciclos superiores sen experiencia laboral previa poidan acceder a un primeiro emprego adecuado ao seu nivel de estudos cursados, adquirir experiencia profesional e facilitar a súa futura inserción no mercado laboral. No caso da institución provincial, ao abeiro deste Plan, ofertaranse 33 contratos en prácticas, 19 para graduados e graduadas e 14 para titulados e tituladas en ciclos superiores.
A selección das persoas candidatas farase entre demandantes de emprego, persoas desempregadas ou con cartón de mellora de emprego que estean inscritas no Servizo Público de Emprego e que cumpran cos requisitos do programa. Presentada a oferta de emprego levarase a cabo unha preselección das persoas candidatas, a un máximo de 5 por posto, que se remitirá ao Servizo de Recursos Humanos da Deputación, que nomeará a un tribunal cualificador para seleccionar ás beneficiarias destes contratos en prácticas. O proceso de selección basearase en criterios obxectivos a través dunha valoración dos méritos acreditados polas persoas seleccionadas polo Servizo Público de Emprego.
Máis polo miúdo, terase en conta o expediente académico, que contará ata un máximo de 4 puntos; o doutoramento relacionado co contido da bolsa, 2 puntos; os títulos de máster universitario oficial ou os títulos propios da Universidade relacionados co contido da bolsa, máximo 1 punto; posuír unha titulación académica oficial distinta e relacionada co posto de traballo a desempeñar, de nivel igual ou superior á esixida para a formalización do contrato en prácticas, 0,5 puntos por título ata un máximo de 1 punto, e a asistencia a cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto a desempeñar, ata un máximo de 2 puntos.
Este plan de fomento de empregabilidade estrutúrase en catro programas independentes que son: o teu primeiro emprego na Deputación de Pontevedra, o teu primeiro emprego nos concellos, nas empresas e corporacións sectoriais, e en organizacións sen ánimo de lucro. No caso das outras tres modalidades as bases reguladoras xa foron aprobadas en anteriores Xuntas de Goberno.
A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, a través do seu presidente Juan González, publicou onte no BOP o inicio do proceso de selección para contratar a 18 socorristas máis de cara a tempada de verán nas praias da comarca. Ademais, hai 12 en proceso de selección a través do Servizo Público de Emprego de Baiona (un máximo de 8 deles serán financiados a través dunha subvención da Xunta de Galicia). O obxectivo é contar cun total de 30 socorristas que den servizo nos areais de Nigrán e Baiona entre o 1 de xullo e 31 de agosto.
Con este número e a presenza de Protección Civil elévase a seguridade nos principais areais e, paralelamente, as praias cumplen cos criterios de ADEAC para manter as bandeiras azuis (en Baiona son 5 e Nigrán non solicitou as enseñas este ano pero manterá o mesmo ratio de socorristas, tal e como comprometera).
“Este ano o salario incrementouse en máis de 100 euros mensuais para incentivar a súa contratación porque a realidade é que hai poucos socorristas co título requirido e moita demanda deles, por iso o ano pasado tivemos problemas para acadalos”, recoñece o alcalde, Juan González.
Os interesados dispoñen agora de 7 días para presentar a súa solicitude, poidendo consultar as bases na Sede Electrónica da Mancomunidade. O contrato é do 1 de xullo ao 31 de agosto cunha xornada de traballo de 37,5 horas semanais e 1.296,06 €/brutos ao mes e 1.410 € o coordinador (o ano anterior eran 1.160 € e 1.262 € respectivamente).
O proceso selectivo inclúe unha proba física obrigatoria e eliminatoria na praia e unha proba obrigatoria mediante cuestionario con 20 preguntas tipo test sobre primeiros auxilios e salvamento acuático; a maiores puntúase a experiencia e formación e os permisos para o goberno de embarcacións.
O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición nas Actividades de Verán para nenas e nenos. Unha decena de propostas e, concretamente, oito campus deportivos e dous campamentos: urbano e musical. Piragüismo, tenis, pádel e fútbol; rugby, skate, balonmán e atletismo, son as disciplinas dos campus organizados pola Concellería de Deportes.
O prazo de inscrición ábrese hoxe 10 de xuño e remata o día 25 de xuño (o 24 no caso de piragüismo). O trámite pode realizarse a través da páxina web do Concello, nesta ligazón. As persoas que asistan ás actividades de rugby, skate, atletismo, tenis, pádel, balonmán e fútbol terán unha camiseta de balde.
Para comprobar que o tamaño da mesma é o correcto, pódese comprobar a talla no edificio de Benestar Social do Concello de Tomiño (Barrio da Rocha, 8; antigo centro de saúde). Para máis información ou dúbidas, chamar ao 986 622 001 de luns a venres, de 8 a 14 horas.
O Colebasket que este pasado sábado disputouse en Nigrán organizado polo C.B. Nigrán e no que participaban preto de 100 escolares do municipio, amósouse non só como un éxito de organización e participación, senón tamén como a liña a seguir para promocionar o deporte de base algo no que, o club de Nigrán, é un auténtico experto.
Neste torneo interescolar participaron escolares de entre 6 e 13 anos de todos os colexios de Nigrán e o Divino Salvador. Foron preto de 100 escolares dos centros Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Mallón , Arquitecto Palacios e Divino Salvador os que se deron cita no Pavillón Municipal de Panxón para gozar dunha mañá de baloncesto.
Habilitáronse 3 pistas de xogo nas que os máis pequenos disputaron dferentes partidos distribuídos por cursos e arbitrados por xogadores e xogadoras das categorías de formación do CB Nigrán. Ao finalizar os encontros deportivos tivo lugar clausura na que a organización entregou unha medalla conmemorativa a cada un dos nenos e nenas participantes así como un trofeo aos directores dos colexios e representantes das Anpas tamén presentes. Ao evento asistiu ademais o alcalde de Nigrán, Juan González.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.