22.4 C
Pontevedra
Domingo, 24 de Setembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosMos xa ten a súa primeira Campioa de España de Xadrez

    Mos xa ten a súa primeira Campioa de España de Xadrez

     Con tan só oito anos de idade, a mosense Maia Pérez Souxa forma parte xa da selectiva lista –con menos de dez nomes– de galegos e galegas que foron Campións de España de Xadrez. A xadrecista do Club Xadrez Mos, que acadaba este título o domingo 23 de xuño, foi recibida hoxe pola alcaldesa de Mos Nidia Arévalo á que acompañaban o seu adestrador e tesoureiro do Club Xadrez Mos, Brais Otero Nogueira; o seu pai e secretario do Club Xadrez Mos, César Pérez Novás e a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo.

    Aos seus 8 anos de idade, a nova promesa do Xadrez Mos, Maia Pérez Sousa, proclamouse Campioa de España de Xadrez na Categoría Sub-8 no torneo celebrado na localidade granadina de Salobreña, onde se deron cita un total de 99 xogadoras e xogadores, os talentos máis novos do xadrez español. O torneo deu comezo o xoves día 20 e finalizou o domingo 23 de xuño. Catro días de competición durante os que todos os participantes disputaron un total de 9 roldas.

    A pesar de non ter un comezo de competición ideal, perdendo as dúas primeiras partidas, Maia conseguiu sobrepoñerse e alcanzar un total de 6.5 puntos dos 9 posibles que a proclamaron Campioa en Categoría Feminina, e 11º Clasificada na Xeral. Unha actuación brillante na súa primeira participación a nivel Nacional, que pon peche a unha gran tempada para Maia, que finalizara ademais 4ª no Campionato Autonómico, logrando unha bolsa da Federación Galega para participar no Campionato de España, do que finalmente se proclamou Campioa.

    Este gran resultado permite a Maia representar á delegación española no Campionato de Europa de Xadrez en Categoría Sub-8, que se celebrará as dúas primeiras semanas do vindeiro mes de agosto en Bratislava, Eslovaquia.

    Dende o seu equipo, o Club Xadrez Mos, subliñaba o orgullo que supón para o Club “a achega de Maia á historia do xadrez galego, sendo menos de 10 os Campións de España históricos pertencentes á nosa comunidade”. O club aseguraba que este merecido resultado era “froito do esforzo e entrega de Maia, e do labor que está a realizar o Club Xadrez Mos en colaboración co Concello de Mos. Apostando polo xadrez nas escolas, pola difusión entre os máis novos, fundamental para arraigar a paixón do xadrez no noso Concello, e para poder descubrir e potenciar talentos como o de Maia”.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS