20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal e Caminha inician contactos para colaborar en programas lúdicos, culturais...

    O Rosal e Caminha inician contactos para colaborar en programas lúdicos, culturais e deportivos

    A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, acompañada pola concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, mantiveron no día de hoxe unha reunión en Caminha co presidente da Câmara Municipal Miguel Alves, de cara a comezar “a tender pontes” entre ámbolos dous municipios de cara a conseguir traballar, de xeito colaborativo, no ámbito da programación lúdica, cultural e deportiva. 

    “Para nós é moi importante que o río Miño deixe de ser unha barreira e se converta nun espazo transfronteirizo cheo de oportunidades”, sinalou a rexedora local do Rosal, polo que considera “fundamental” comezar a traballar conxuntamente “entre ambas marxes do noso río propiciando un entorno que favoreza unha maior dinamización dos nosos pobos”.

    Ánxela Fernandez adiantou que, nas vindeiras datas, o equipo de goberno de Caminha, co presidente da Câmara ao fronte, visitará O Rosal de cara a comezar a traballar conxuntamente.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.