12.7 C
Pontevedra
Martes, 21 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación leva a súa campaña para previr agresións sexuais ao festival...

    A Deputación leva a súa campaña para previr agresións sexuais ao festival ‘Vive Nigrán’

    A Deputación de Pontevedra volverá levar este vindeiro fin de semana a súa campaña de igualdade #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS #CONTACOMIGOEURESPÉCTOTE para previr violacións en cita e as agresións por submisión química ao ‘Vive Nigrán’, un dos sete eventos do verán que conforman os Festivais Rías Baixas e que se desenvolverá os días 19 e 20 deste mes de xullo.

    Co obxectivo de amosar as novidades desta terceira edición e o plan de traballo, así como para presentar o balance da pasada edición da campaña neste festival, as técnicas de Igualdade da Deputación mantiveron hoxe un encontro no salón de plenos do Concello de Nigrán co alcalde, Juan González, representantes da corporación municipal, da Garda Civil, a psicóloga e a avogada do CIM, a técnica de Cultura e representantes da organización do evento.

    A institución provincial volverá instalar un punto de información con cinco axentes de igualdade que entregarán os folletos da campaña, aínda que tamén farán intervencións na praia. #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS vai dirixida tanto aos mozos como as mozas, con materiais nos que se ofrece unha actuación integral de prevención e actuación contra os devanditos tipos de agresión sexual e nos que se amosan con claridade os límites nas relacións entre adolescentes e danse a coñecer este tipo de agresións, facendo fincapé en que son un delito e que a culpa nunca é da vítima. Outros materiais (sombreiros, tarxetas, adhesivos e pulseiras) complementarán a campaña.

    O stand permanecerá no festival o venres 19 desde as 18 ás 22 horas e o sábado 20, de 18 a 23.30 horas. Por parte da organización do festival, informouse que este ano como novidade a empresa de seguridade conta con dúas profesionais que teñen formación en violencia de xénero. E no encontro decidiuse tamén colocar no stand folletos do CIM para que as mulleres que se acheguen coñezan este recurso. Precisamente, o persoal do centro compartiu as impresións sobre a posta en marcha dun punto violeta nas pasadas festas de San Xoán, e informou que se colocará en próximos eventos no concello.

    O pasado ano, polo stand da Deputación pasaron 460 persoas, do total de 8.000 que foron atendidas no marco desta campaña de igualdade nos sete festivais de verán da provincia pontevedresa. No transcurso da reunión, incidiuse na boa resposta á pasada edición, na que se deu un paso máis cara a implicación dos mozos na campaña, baixo o lema “CONTA COMIGO EU RESPÉCTOTE”, coa que se pretende que eles amosen o seu rexeitamento ante este tipo de condutas, non sexan cómplices e se sitúen claramente fronte aos agresores.

    A Deputación desenvolverá estas accións formativas e de coordinación dos colectivos de atención ao público nos cinco concellos restantes nos que se levarán a cabo os Festivais Rías Baixas, co obxectivo de proporcionar ferramentas e desenvolver protocolos de colaboración e coordinación ante unha posible agresión sexual.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS