21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra de Miño facilita a conciliación familiar e laboral cos campamentos de...

    Salvaterra de Miño facilita a conciliación familiar e laboral cos campamentos de verán

    Este pasado luns daba, en Salvaterra de Miño, a segunda quincena do Campamento de Verán, unha iniciativa enmarcada no programa de conciliación familiar que desenvolve o Concello que preside Marta Valcárcel. “Este Concello leva anos traballando en diferentes accións e programas de conciliación familiar e laboral, que se desenvolven durante todo o ano, se ben é verdade que é sobre todo na época estival onde se fai un esforzo máis salientable, xa que é a época mais difícil para a propia conciliación”, explica a rexedora municipal.

    Cómpre salientar que Salvaterra de Miño é un Concello en crecemento, “onde moitas parexas novas elixiron vivir e formar a súa familia nun entorno tranquilo e onde o que se prima é a calidade de vida”, di Valcárcel.

    Nun Concello cunha poboación infantil de 4 a 14 anos de máis de 900 nenos é moi importante planificar as accións tanto formativas como de ocio e focalizalas e dirixilas sobre todo a esa franxa de idade, por ese motivo este ano, a Alcaldía “daba un un paso máis” ao estender estes campamentos de conciliación, que nun principio estaban enfocados ao mes de xullo, tamén ao mes de agosto. Así este ano a oferta esténdese as catro quincenas, nas que participan máis de 100 nenos e nenas, coa opción de aula matinal e comedor, en colaboración coa ANPA.

    Durante estes dous meses os participantes realizarán diferentes actividades de animación musical, obradoiros, deporte, xogos de auga…

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS