12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO BNG de Redondela homenaxea "ás mulleres de San Simón"

    O BNG de Redondela homenaxea “ás mulleres de San Simón”

    O BNG de Redondela vén de anunciar a convocatoria dun acto de homenaxe ás mulleres de Redondela que “dando un exemplo de dignidade, beleza e heroísmo, foron quen de tecer unha rede de solidariedade para levar un pouco de esperanza aos presos que o rexinme franquista enviou o campo de concentración de San Simón, entre os anos 1936 e 1945”, acto que se enmarca dentro da conmemoración da semana da Patria Galega.

    Esta homenaxe pon en valor ás mulleres de Redondela, Cesantes e A Portela, “que poñendo en risco as súas vidas e as dos seus, déronlle algo de luz a vida daqueles homes, sen pedir nada a cambio”. “Mulleres que amasaban bolas de pan e cociñábanlle empanadas de xoubas, que recollían as súas roupas e logo devolvían lavadas e na que mesmo cosían mensaxes de esperanza para tentar paliar todo aquel horror”, subliña a formación nacionalista.

    Todas elas serán homenaxeadas o sábado 20 a partir das 20:00 horas, nun acto que terá lugar na Portela, no final do paseo marítimo e que dende o BNG convidan a participación da veciñanza.

    A presentación do acto correrá a cargo do responsable local do BNG de Redondela, Anxo Lusquiños e contará coa intervención do deputado no parlamento galego, Luís Bará Torres, quen sendo director xeral da Xunta durante o goberno do bipartito, impulsou a San Simón como ‘Illa da Memoria’ e quen recolle no seu libro sobre a represión franquista en Galiza ‘Non des a esquecemento a historia da xesta humanitaria destas mulleres.

    O acto rematará cunha ofrenda floral no peirao da Portela, onde se porá fin a esta merecida homenaxe

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS