Venres, 28 Marzo de 2025

Aberta a inscrición para a masterclass de Deborah J. Carter, estrela do NigranJazz 2019

O NigranJazz sempre va a máis. Consolidada como unha das citas imprescindibles do jazz a nivel nacional, o festival de Nigrán terá na cantante americana e educadora vocal Deborah J. Carter, a gran estrela da edición deste 2019. A cantante protagonizará a xa tradional masterclass do festival o sábado 27 ao mediodía no Auditorio Municipal de Nigrán (a artista actuará ás 22:30 no escenario do esteiro de A Foz). Os interesados en participar deben incribirse xa no correo [email protected]e abonar 15 € o mesmo día da clase.

Esta clase maxistral é especialmente axeitada para cantantes pero tamén é recomendable para calquera músico ou simplemente ouvinte e afeccionado ao jazz. A sesión estará orientada ao ‘Scat’, técnica que popularizou Louis Armstrong e que consiste en improvisar melodías con sílabas sen sentido textual.

Deborah J. Carter ten unha gran reputación como educadora, de feito é actualmente a profesora de voz de Musikene, o Conservatorio Superior do País Vasco. Ademais, realiza seminarios por todo el mundo dende hai máis de vinte anos, polo que resulta unha oportunidade única para os músicos e afeccionados da contorna.

A masterclass do Nigranjazz forma parte da identidade do festival, xa que sempre se aproveita a presenza de músicos internacionais para que intercambien os seus coñecementos cos músicos locais, tendo sempre gran acollida.