20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO 20 de xuño comeza o X Open Vila do Corpus de...

    O 20 de xuño comeza o X Open Vila do Corpus de Tenis

    As pistas da Freixa de Ponteareas acollerán, entre o 20 de xuño e o 30 do mesmo mes, os partidos correspondentes ao X Open Vila do Corpus de Tenis que foi presentado na vila do Tea o pasado día 10. Os encontros disputaránse en base á división realizada en tres bloques diferenciados entre si: Vila do Corpus Promesas, Vila do Corpus Feminino e Vila do Corpus Masculino.

    Vila do Corpus Promesas acollerá as categorías de benjamin, alevín, infantil, cadete e junior, tanto en masculino como en feminino. Espérase contar cunha ampla representación de nenas e nenos de todos os clubs galegos.

    No Vila do Corpus Feminino destaca a xa confirmada participación de Carla Do Barrio, número dous da clasificación galega. Esta nova tenista xa disputou este torneo con anterioridade, vencendo en dúas ocasións, e a partir do próximo mes de agosto continuará a súa formación na Universidade Wolf Parck de Neveda (Estados Unidos). Isto mesmo ocorre no Vila do Corpus Masculino, onde destaca a participación do asturiano Roberto Menéndez, quen chegou a posicionarse no número 292 do clasificación ATP e na actualidade é o campión do mundo +40 ITF. A este xogador espéraselle no cadro principal, na categoría absoluta, xa que tamén se contará con outras dúas de veteranos +35 e +45.

    Ademais desta figura, destacan outras a nivel nacional: o madrileño Ricardo Villacorta, no posto 517 ATP e vencedor de numeroso torneos ITF nacionais, e o valisoletano Jorge Hernando, no posto 612 ATP e tamén gañador dos citados torneos nacionais. A nivel autonómico destacan Tomás Curras, número uno na clasificación galega; Yago Salvador Pita, cuarto; Roberto Rodríguez, quinto, e o actual defensor do título Open Vila do Corpus Simón Arca, recentemente chegado do seu primeiro ano universitario en Estados Unidos.

    Con respecto a aqueles que resulten campións ou finalistas do torneo, estes recibirán os seus respectivos trofeos. Ademais, repartiranse un total de 1.500€ en premios en metálico nas categorías Absoluto Masculino e Feminino.

    A inscrición continúa aberta ata o próximo 18 de xuño na páxina web ibertenis.com.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.